De onde ven este proxecto?
Isto da senda non foi un arrebato espontáneo. Ven de lonxe, e da man da Xunta de Galicia e os Concellos, entre eles, o de Narón
Segundo dito documento, os obxectivo final sería realizar actuacións dentro do estipulado no Programa Operativo FEDER 14-20, sendo un dos seus obxectivos específicos “Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores” (Obxectivo temático 04)." Aínda que nestes obxectivos entran cuestións como a mellora da conexión entre o rural e o urbán, a inversión en transporte colectivo ou en enerxías limpas, a opción escollida neste caso é a de desenvolver a mobilidade sustentable en forma de sendas peonís e ciclistas.
E iso que os obxectivos marcados polas actuacións sostibles son os seguintes:
- SOCIAL: proporcionar unhas adecuadas condicións de accesibilidade dos cidadáns aos mercados de traballo, bens e servizos, favorecendo a equidade social e territorial e os modos de transporte máis saudables;
- AMBIENTAL: contribuír á protección do medio ambiente e a saúde dos cidadáns, reducindo os impactos ambientais do transporte, contribuíndo á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e optimizando o uso dos recursos non renovables, especialmente os enerxéticos.
- ECONÓMICO: satisfacer de forma eficiente as necesidades de mobilidade derivadas das actividades económicas, promovendo desta forma o desenvolvemento e a competitividade.
Na información incluída no Estudo de Identificación de sendas especificábanse unha serie de criterios empregados para seleccionar os trazados que deberían ter as sendas:
Para a selección de alternativas barallan os seguintes criterios
- Administrativos: que o proxecto entre dentro dos criterios para beneficiarse dos fondos FEDER
- De localización
- Masa de poboación potencialmente beneficiada: número de potenciais usuarios.
- Satisfacción de demandas específicas: peticións concretas dos concellos. No caso do Concello de Narón, na páxina 31 deste estudo recóllense as súas demandas, que se resumen en:
- Eje ciclista de la carretera de Castilla
- Completar el tramo de senda costera mixta (ciclista y peatonal) entre O Couto y Megasa)
- Carril bici en la AC-566 desde el núcleo urbano hacia los colegios, el estadio y el polígono Río do Pozo
- Carril bici por el polígono Río do Pozo entre la AC-566 y la AC-116
- Senda ciclista desde el núcleo urbano hasta las playas de Meirás, Lago y Valdoviño
- Mellora da seguridade viaria: escóllese como obxectivo reducir o número de atropelos a peóns e ciclistas.
- Redución de emisións de CO2: redución das toneladas de CO2 xeradas grazas á infraestrutura.
- Conectividade con redes peonís e ciclistas existentes: conexión con itinerarios non motorizados xa existentes.
- Pendente media do tramo: a menor pendente media, maior puntuación.
- Clima da zona: curiosamente recoñecen que o clima da zona non é moi axeitado, pero ainda así usarán parámetros de velocidade do vento, temperatura e precipitacións para facer os cálculos.
- Barreiras atravesadas: interseccións, cruces, nodos, rotondas...
- Contaminación acústica e atmosférica: a mais ruído e contaminación do aire, menor interese dos usuarios pola senda.
- Potencialidade con base nos criterios de localización
- Disponibilidade dos terreos
- Custo de inversión
Aparte da información citada, o documento de estudo de identificación de sendas contén un apartado con copia da información remitida por cada un dos Concellos da comarca respecto aos seus plans e necesidades nesta materia.
A relativa ao Concello de Narón pode atoparse na páxina 37 e inclúe o documento "Plan de movilidad ciclista" de 14 páxinas e 4 planos descritivos. Neles tan so queda constancia de plans para realizar sendas ciclistas tomando como eixo principal a Estrada de Castela, con ramificacións polos barrios urbáns e pola AC-566 (Estrada de Cedeira) ata o Río do Pozo, e outra senda que una o Couto coa rotonda de Megasa. Respecto a sendas polo rural, non hai mención algunha.
Seguindo coa historia: o 20 de maio de 2016 a AXI anuncia a aprobación do documento anterior, e a redación dos proxectos coas solucións técnicas ás propostas elixidas nel.
A partires deste punto, o resto coincide co relatado no noso artigo Información sobre as sendas peonís que construirá a Xunta na parroquia do Val
As queixas veciñais
Tras varios meses de conflicto, detectamos que a pesar da información amosada pola prensa, afectados e administracións non da unha imaxe clara de por qué este proxecto está a ser rexeitado pola veciñanza do Val.
1. Os puntos de interese están da outra beira
De 29 puntos de interese que sinalamos, tan so 7 se atopan na beira leste da AC-116.
O resultado foi o seguinte:
Beira Leste | Beira Oeste |
---|---|
Lambetadas O Val | Local social Os Irmandiños |
Farmacia Rey Leal Begoña | Fundación Terra de Trasancos |
Restaurante A Ponte | CRA NARON COLEXIO O VAL |
Campo de Futbol O VAL | Cooperativa do Val |
Capilla de Santa Margarita | Cajero Banco Caixa Geral |
Café Bar O Cuco | Pista polideportiva ao aire libre Quintá |
Pista polideportiva cuberta Quintá | |
Asociación Chamorro - Centro ocupacional | |
Club De Golf Campomar | |
Iglesia O Val | |
Campo da Festa - Igrexa O Val | |
Cemiterio O Val | |
Convento de Baltar | |
Pena Molexa | |
Praia de Campelo | |
A estrela de Baltar | |
Café - Bar Marinito | |
Bar Xatova | |
Sala de Fiestas La Concha | |
ESTACION DE SERVICIO O VAL | |
Café Bar Leira9 | |
Sendas pola Costa Ártabra | |
Total Leste: 6 (21%) | Total Oeste: 22 (79%) |
Isto suporía unha perda notable de puntos nos seguintes criterios de elección da senda:
- Mellora da seguridade viaria: actualmente os ciclistas circulan polo arcén que lles corresponde. Coa senda, é moi probable que se vexan obrigados a cruzar unha estrada cun bo volume de tráfico.
- Conectividade con redes peonís e ciclistas existentes:
- Barreiras atravesadas: como se verá máis adiante, aínda que hai un número lixeiramente inferior de interseccións con outras vías, obrigar a cruzar a AC-116 por estar da outra banda o maior número de puntos de interese é incluir ésta estrada como barreira.
2. Hai menos vivendas pola outra beira
Beira leste: 63 vivendas. Beira oeste: 47 vivendas
Como se explicará máis adiante, o obxectivo deste argumento non é facer que a veciñanza da outra beira cargue co problema. Os criterios que restarían puntos por este motivo serían:
- Custo de inversión: ao aumentar o número de vivendas, o custo por mor de expropiacións aumenta.
- Mellora da seguridade viaria: máis vivendas supón maior probabilidade de que vehículos a motor atravesen a senda para acceder a propiedades. Isto aumenta o risco de accidente.
3. Pasarela sobre o río en Quintá
Beira leste: necesaria pasarela para salvar o desnivel e o río. Beira oeste: está rechea e o río canalizado.
- Custo de inversión: a pasarela aumenta o custo da inversión, e os materiais condenan a renovala nun prazo non moi longo.
4. Desniveis das vivendas respecto da estrada
Beira leste: hai vivendas por debaixo do nivel da estrada. Aumenta a pendente das rampas de saída das vivendas
Non son moitos os casos, pero sí é certo que polo xeral, mentres terreo da beira oeste está máis elevado ou ao mesmo nivel que a estrada, o da beira leste está ao mesmo nivel ou por debaixo desta. En tódolos casos hai proxectadas expropiacións que entregarían espazo á via, obrigando aos propietarios a aumentar a pendente das vías de acceso ás vivendas. Nos salientamos os seguintes:
-
Lambetadas O Val: o espazo fronte a fachada ten un evidente desnivel que se empregou sempre como aparcadoiro para os clientes. Nos planos do proxecto actual hai sinalada unha expropiación de 64m2 que restaría espazo para aparcar. Ademáis, mentres agora se pode sair á estrada por calquera punto, nos planos tan so lle deixan un pequeno espazo, que terá unha maior pendente.
-
Tres vivendas contiguas na zona de Canteiros: tamén hai un desnivel no acceso a estas tres vivendas, tal e como amosan as curvas de nivel da imaxe.
As dúas primeiras atopanse ao final dunha pendente, mentres que a terceira ten dúas plantas, estando a máis baixa por baixo do nivel da estrada. Mentres que nos primeiros dous casos a extensión da plataforma provocaría un aumento na pendente dos accesos ás vivendas, o caso da terceira é máis grave. Por unha banda, no plano perde unha das saídas das que dispón (a de máis á dereita). Por outra, na saída que lle deixan, o aumento da pendente da rampa de subida podería provocar que varias ventás quedasen por debaixo do nivel do chan.
Nas situacións descritas neste apartado, aparte do perxuizo causado á vivenda que perdería luz por causa de ter que tapar as ventás, e que nun principio non parece que puidese ser compensado económicamente de ningún xeito, veríanse mermados os seguintes criterios:
-
Mellora da seguridade viaria: as pendentes non facilitan a incorporación á vía. Dependendo da visibilidade, sería preciso asomar máis ou menos o morro dos vehículos. Unha manobra brusca por mor da pendente podería provocar accidentes.
5. Visibilidade
Vivendas que quedan pegadas á senda carecen de visibilidade para sair cos vehículos. Tamén hai interseccións que non cumplirán cos requerimentos do proxecto.
-
Ausencia de visibilidade en saídas de vivendas por quedar as construccións pegadas á vía: un caso claro desta situación sería a da vivenda da imaxe, situada despóis de Lambetadas O Val en dirección Valdoviño. Segundo os planos do proxecto, a esta vivenda derrubaráselle o muro aínda que este está aliñado coa fachada da casa. Iso é porque o ancho da senda rebasa da liña da fachada da casa.
Segundo o proxecto, a idea e ter unha senda ancha ata topar coa parede da vivenda, onde se estreita, e unha vez superada a parede, volver a aumentar o ancho da senda de novo.
O primeiro dos problemas que teñen nesta vivenda é que a porta principal queda pegadiña á senda, de xeito que sair da casa sen mirar ben nun mal momento pode derivar nun accidente.
O segundo dos problemas é que quen deseñou o proxecto non reparou que a saída de vehículos desta casa está xusto na esquina onde ensancha a senda de novo. Isto provoca que o vehículo non teña máis remedio que sair "a cegas" da súa propiedade, pregando por non atropelar a alguén, ou contar cunha persoa que mire mentres se realiza a manobra.
Tendo en conta esta última imaxe, imaxinemos que estamos saíndo co coche, pero a parede da construcción non nos deixa ver cómo un ciclista/peón está a punto de doblar a esquina. Accidente asegurado.
-
Ausencia de visibilidade en interseccións por mor de construccións pegadas á vía: o exemplo perfecto para este apartado é a intersección que hai fronte ao cruceiro de Baltar.
Como se pode apreciar, dita intersección linda á dereita cunha vivenda que quedará xusto ao borde da senda, e á esquerda cun muro que, segundo o proxecto, non será derrubado. Unha situación de visibilidade mínima, cando non nula. Algo que por outra banda contravén o estipulado no propio proxecto, onde se especifica que:
La visibilidad es un apartado fundamental en el diseño de las intersecciones. En todas las intersecciones hay que mantener libre de obstáculos un determinado campo de visión para los conductores que ceden el paso. Estas dimensiones son:
- Altura libre entre 0,50 y 2,50 metros.
- Longitud libre de 30 a 40 metros, dentro de este campo puede haber elementos como báculos, señales u otros elementos siempre y cuando no impidan la visibilidad de los ciclistas.
- Mellora da seguridade viaria: créanse máis posibilidades de que se produzan atropelos a ciclistas ou peóns.
6. Derrubamento indiscriminado de muros e cerramentos
Se xa o proxecto exposto a información pública amosaba un bo número de cerramentos que ían ser derrubados, o proxecto definitivo amosou que a cousa sería peor.
TIPO |
NUMERO |
% |
SUPERFICIE |
% |
---|---|---|---|---|
S. núcleo rural |
57 |
90,48% |
2925 |
89,89% |
S. Rústico |
6 |
9,52% |
329 |
10,11% |
63 |
3254 |
CULTIVO/USO |
NUMERO |
% |
SUPERFICIE |
% |
---|---|---|---|---|
Suelo sin edificar |
21 |
33,33% |
812 |
24,95% |
Residencial |
35 |
55,56% |
2087 |
64,14% |
Prados o praderas |
2 |
3,17% |
90 |
2,77% |
Labor o Labradío secano |
4 |
6,35% |
239 |
7,34% |
Industrial |
1 |
1,59% |
26 |
0,80% |
63 |
3254 |
BENS |
||||
---|---|---|---|---|
1 |
18 m Cierre bloque de balaustrada |
|||
2 |
20 m Cierre bloque de balaustrada |
13 m² Cobertizo |
1 Ud Trsaslado portal una hojas |
1 Ud Traslado portal dos hojas |
3 |
22 m Cierre bloque de balaustrada |
1 Ud Traslado portal 1 hoja |
2 Ud Traslado portal 2 hojas |
|
4 |
24 m Cierre bloque de verja |
1 Ud Traslado portal 1 hoja |
1 Ud Traslado portal 2 hojas |
7 m² Pórtico |
5 |
25 m Cierre bloque de balaustrada |
|||
6 |
35 m Cierre de bloque |
23 m Cierre bloque de balaustrada |
||
7 |
65 m Cierre bloque de verja |
|||
8 |
1 Ud Traslado portal 2 hojas |
|||
9 |
10 m Cierre bloque de celosia |
1 Ud Traslado portal 2 hojas |
Pois ben, no documento do proxecto aprobado da primeira fase, na súa páxina 685, amósase unha relación de 66 titulares afectados:
TIPO |
NUMERO |
% |
SUPERFICIE |
% |
---|---|---|---|---|
S. núcleo rural |
60 |
90,91% |
3045 |
90,20% |
S. rústico |
6 |
9,09% |
331 |
9,80% |
66 |
3376 |
CULTIVO/USO |
NUMERO |
% |
SUPERFICIE |
% |
---|---|---|---|---|
Residencial |
35 |
53,03% |
2171 |
64,31% |
Suelo sin edificar |
21 |
31,82% |
848 |
25,12% |
Labor o Labradío secano |
4 |
6,06% |
241 |
7,14% |
Prados o praderas |
2 |
3,03% |
90 |
2,67% |
Industrial |
1 |
1,52% |
26 |
0,77% |
Superficie cedida |
3 |
4,55% |
0 |
0,00% |
66 |
3376 |
BENS |
||||
---|---|---|---|---|
1 |
13 m Cierre bloque de celosia |
1 Ud Traslado portal 1 hoja |
||
2 |
13 m Cierre bloque de verja |
1 Ud Traslado portal 1 hoja |
||
3 |
16 m Cierre bloque de verja |
1 Ud Traslado portal 1 hoja |
||
4 |
18 m Cierre bloque de balaustrada |
|||
5 |
20 m Cierre bloque de balaustrada 13 m² Cobertizo |
1 Ud Trsaslado portal una hojas |
1 Ud Traslado portal dos hojas |
|
6 |
22 m Cierre bloque de balaustrada |
1 Ud Traslado portal 1 hoja |
2 Ud Traslado portal 2 hojas |
|
7 |
22 m Cierre bloque de celosia |
1 Ud Traslado portal 1 hoja |
||
8 |
24 m Cierre bloque de verja |
1 Ud Traslado portal 1 hoja |
1 Ud Traslado portal 2 hojas |
7 m² Pórtico |
9 |
25 m Cierre bloque de balaustrada |
|||
10 |
32 m Cierre bloque de balaustrada |
|||
11 |
35 m Cierre de bloque |
23 m Cierre bloque de balaustrada |
||
12 |
65 m Cierre bloque de verja |
1 Ud Traslado de bomba y depuradora de piscina |
20 m² Cobertizo |
|
13 |
10 m Cierre bloque de celosia |
1 Ud Traslado portal 2 hojas |
||
14 |
1 Ud Traslado portal 2 hojas |
Vemos que non so aumentaron as propiedades afectadas (de 63 a 66), senón tamén os metros expropiados (122m2), e o número de expropiacións con construccións afectadas (que pasan de 9 a 14).
Neste punto alertamos aos afectados polo segundo proxecto, todavía pendente de aprobación definitiva, de que pode pasar outro tanto, moi a pesar do que poda dicir a corporación local de Valdoviño. Estean moi atentos ao que veña.
7. Pérdese unha zona de recollida de escolares
A zona de cuneta contigua á parada de autobuses fronte á Cooperativa é empregada polos pais para recoller aos escolares que baixan do autobús.

Se se pon en práctica o proxectado, e o exposto pola AXI na resposta ás emendas ao proxecto, esa zona de cuneta será ocupada por un carril bici onde non se poderá estacionar. E aínda que os vehículos poderían estacionar no aparcadoiro da Cooperativa, os cativos terían que cruzar esa zona, que aínda que ten regulada a velocidade a 50km/h, non dispón de pasos de peóns, e por mor do carril para cruzar cara a cooperativa é unha zona de vía máis ancha do normal.
Documentación aportada por Eliximos Narón Electores
Distintas aportacións técnicas e documentación oficial sobre o proxecto que aportou Eliximos Narón Electores a través do concelleiro Alfonso Casal
- 01/09/2017 - Documento de alegacións aos proxectos de sendas na AC-116 redactado por Eliximos Narón Electores: contén os problemas técnicos detectados por ENE nos proxectos expostos a información pública.
- 07/12/2017 - Alegacións do Concello de Narón aos proxectos e resposta da Axencia Galega de Infrastruturas (AXI): unha lectura interesante polos seguintes motivos:
- O Concello detecta un bo número de cuestións irregulares, como o enorme número de cambios de sección, a falta de referencia á reposición do saneamento xa instalado, a ausencia de cruzamentos e pasos de peóns, a non contemplación de elementos patrimoniais involucrados nas obras, etc
- O Concello de Narón incorpora a solicitude de extensión das sendas ata o campo de futbol do Val, e o Concello de Baltar
- Descubrimos que no novo PXOM, pretende conectarse o Polígono do Río do Pozo coa AC-116 no cruce da Concha, en lugar de onde estaba orixinalmente proxectado, e que unha imaxe aerea aclara nun intre
Un extraño cambio que, segundo nos confirmaban asistentes á reunión de 14 de xuño que tivo lugar no Val co Concello de Narón e técnicos da Xunta, ten que ver con que os propietarios da parcela onde se ía facer a conexión orixinal co polígono teñen pensado facer alí unha urbanización, e que "xa se encargarían eles". - Segundo a AXI, non son precisos pasos de peóns nin cruzamentos para as bicicletas. Tan so mirar ben que non veñan coches.
- Extracto da ORDE CIRCULAR 4/2017 POLA QUE SE ACTUALIZAN OS CRITERIOS PARA O DESEÑO DAS ACTUACIÓNS CONTEMPLADAS NA ESTRATEXIA EN MATERIA DE MOBILIDADE ALTERNATIVA DE GALICIA ESTABLECIDOS POLAS ORDES CIRCULARES 3/2016 E 4/2016: extracto anotado da propia normativa da Xunta respecto a sendas peonís e ciclistas na que se sinalan incumplimentos dos proxectos
- 23/05/2018 - Moción presentada no Concello de Narón por ENE instando á Xunta a dialogar coa veciñanza afectada pola senda: contén outro resumo pormenorizado dos problemas técnicos detectados e as demandas veciñais. Aínda que aparece o logotipo de EU Narón, finalmente retiraríase de presentar a moción conxuntamente con ENE
- 14/06/2017 - Planos e Texto base de proposta para a AXI de revisión do trazado da senda
Outras cuestións da nosa propia colleita
Perigoso cambio de man da senda no tramo ata o convento de Baltar
No tramo dende o cruceiro de Baltar ata o convento de Baltar, a senda fai un cambio de man nunha zona con pouca visibilidade.
Un vehículo que veña dende o convento en dirección ao cruceiro non ten moita visibilidade para apreciar o que está a acontecer nesa zona, e a manobra de cambio de man pode ser lenta debido a que é unha zona de pendente.
As interseccións non son excusa
Beira leste: 11 interseccións. Beira oeste: 13 interseccións
Aínda que o saldo é favorable á beira leste, hai que ter en conta que non é excesivamente favorable, e que o seu peso vese moi mermado considerando que por estar a maioría de puntos de interese da outra beira, o trazado polo leste obrigaría continuamente aos usuarios a cruzar a AC-116, tendo isto maior risco que atravesar interseccións con estradas de menor categoría.
Acceso a fincas rústicas
Ten vostede unha leira? Olvídese de que lle deixen acceso para entrar con maquinaria agrícola
Segundo unha recente reunión cos afectados no Concello de Valdoviño, a solución é semellante á que se lle plantexou ás afectadas da Estrada do Trece: que cada un vaia falar coa administración competente para pedir permiso de acceso á súa parcela.
Evidentemente, sempre lles quedará o recurso de ir chorar pola porta de atrás. Se cadra, se teñen amigos no lugar adecuado, son quen de amañarlles...
Alternativas
Quere isto dicir que todo quedaría amañado con cambiar de beira a senda?
NON! Isto non quere dicir que a solución sexa empaquetarlle o problema aos veciños da outra beira, senón o contrario: debería servir para concienciar a toda a parroquia, e aos veciños do Concello de Valdoviño, de que é un problema común, que vai afectar en maior ou menor medida a todo o mundo, e que é precisa a participación do maior número de xente posible na súa resolución.
De feito, é moi probable que moitos dos problemas sinalados para a beira leste se dean tamén nun proxecto planificado para a beira oeste, polo que un simple cambio non bastaría, e sería precisa unha nova análise detallada para detectar os problemas xerados por esa intervención.
EN BREVE COMPLETAREMOS A INFORMACIÓN DESTA SECCIÓN CON ALTERNATIVAS.