Durante este último mandato, tanto nos plenos do Concello de Narón coma na prensa houbo bastante ruxe-ruxe respecto ó tema do IBI.
NARÓN - Cruce de críticas entre el PP y el gobierno por el IBI
El PP de Narón acusa al gobierno local de mentir sobre la bajada de impuestos
El PP naronés denuncia que el IBI subirá más en la zona rural
Villamar pide al PP naronés que aclare de una vez su postura sobre el IBI
El Ayuntamiento reducirá el IBI de las propiedades urbanas a partir del próximo año
Los grupos del gobierno de Narón presentan una moción a favor de la rebaja del IBI
O grupo da oposición, conformado polo PP, dedicouse a verter acusacións contra o goberno municipal, suxerindo que se estaba a subir o IBI pagado polos veciños, non chegando nunca a aclaralo por completo. Trístemente, do mesmo xeito escuro negou o equipo de goberno, sen chegar a aclarar nada, deixando ós veciños con esa sensación tan habitual en nos de non saber qué demo pasa dentro do Concello. Costaríalle ben pouco a calquera dos aspirantes ó sillón facer un pouco de didáctica e explicar cómo funciona isto do IBI. Pero isto ten desvantaxes: con coñecementos, pode ser que en calquera momento ós veciños se lles dea por criticar a política tributaria dalgún deles, e iso non e bo. A ignorancia é felicidade, polo menos ata que o peto doe.
A intención deste blog é toda a contraria: é dicir, pretendemos que os veciños teñan na súa man o maior número de coñecementos posibles para poder ter unha opinión con criterio sobre a política municipal. Son os cidadáns os que disfrutan ou sofren os resultados destas políticas, polo que é a súa voz a que debería marcar a tendencia das mesmas. Por iso, decidimos facer este artigo, dentro das nosas moitas limitacións e descoñecemento da materia. Sen máis, comezamos:
Qué é o IBI e cómo se calcula
IBI é a abreviatura do
Imposto de Bens Inmobles, tamén coñecido polo nome de
contribución. É de caracter
obligatorio, recádase de forma
anual, e está regulado polo especificado nos artigos 60 - 77 do
Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales.
O cálculo do IBI podemos describilo a grandes rasgos co seguinte diagrama:
Dito con palabras:
- Valor Catastral: integrado polo valor
catastral do solo e o valor catastral da construcción. Podemos
consultar estes valores na Oficina Virtual del Catastro Inmobiliario. Como se indica no gráfico, e segundo especifica o Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario no seu Artigo 28, os Concellos poderán solicitar unha nova ponencia non antes de que pasaran 5 anos dende a última. Se non, o Catastro fará unha de oficio transcurridos 10 anos dende a última.
- Base Impoñible: estará constituida polo valor
catastral dos bens inmobles, que se determinará, notificará e será
susceptible de impugnación ante o Catastro Inmobiliario.
- Reduccións legais: son as establecidas no art. 67 do RDL 2/2004, de 5 de marzo. Non entraremos en detalles sobre elas xa que non poden ser afectadas ou modificadas por potestade do Concello.
- Base liquidable: será o resultado de practicar na base impoñible as reduccións legais.
- Tipo impositivo ou de gravamen: porcentaxe fixada polo Concello para cada tipo de inmoble. Ven regulado polo art. 72 do RDL 2/2004, de 5 de marzo . Polo xeral, cumplirase que :
- Bens urbáns: terá valor entre 0.4 e 1.1
- Bens rústicos: terá valor entre 0.3 e 0.9
Pero admite máis consideracións. Se tes interese en coñecer ó detalle o contido deste artigo, pulsa o seguinte enlace [+ información]
- Cota íntegra: será o resultado de aplicar á base liquidable o tipo de gravamen.
- Bonificacións: son de dous tipos; obligatorias que son de aplicación en tódolos concellos, e potestativas, que serán de aplicación sólo naqueles concellos que as teñan aprobadas na ordenanza fiscal.
- Cota líquida: obterase restando da cota íntegra o importe das bonificacións previstas legalmente.
Situación actual en Narón
Unha vez sabemos cómo se calcula o IBI, pasamos a analizar a situación actual de Narón.
Como vimos arriba, o valor do ben inmoble é determinante no cálculo do valor catastral, e polo tanto tamén no cálculo do IBI. Tras consultar na
páxina do Catastro cándo foi realizada a última ponencia de valores, obtemos estes datos:
Gerencia | Municipio | Año efecto | Fecha publicación ponencia | Fecha publicación valor catastral medio | Ponencia |
Coruña | NARON | 2009 | 24/06/2008 | 04/11/2008 | Ver ponencia de NARON |
Sabendo que a última valorción foi feita no 2008, compre ver a evolución do prezo da vivenda dende entón. A gráfica que amosamos a continuación permite ver a evolución do prezo da vivenda dende o ano 2008 ata finais do 2014 segundo datos do INE:
O que nos dí a gráfica é que dende o ano 2008 o prezo da vivenda na provincia da Coruña foi en descenso. De feito en comparación con ese ano, o prezo da vivenda caeu un 30% (do 102% ó 72%, onde o 100% representa o valor da vivenda no ano 2007).
Segundo vimos máis arriba, despóis de 5 anos de aplicación dunha ponencia, o Concello podería solicitar unha nova ó Catastro, o cal axudaría a atallar en parte este problema (en parte, porque a caída dos 5 anos anteriores debería terse compensado de outro xeito). É dicir, que no ano 2014, o concello podería ter feito tal solicitude.
A pesares deste feito, analizaremos se coas ferramentas das que dispón o Concello para regular o valor do IBI foron quen de ir compensando esta caída do prezo da vivenda
Tipo de gravamen
Comecemos polo tipo de gravamen. A seguinte gráfica mostra a evolución dos tipos de gravamen no Concello de Narón dende o ano 2008:
Polo que se pode apreciar, comezamos mal. O tipo de gravamen non so se mantivo estable, senón que nalgún caso medrou. Vexamos os datos para aprecialo con máis claridade:
TIPOS |
2008 |
2009 |
2010 |
2011 |
2012 |
2013 |
2014 |
2015 |
Urban |
0.69 |
0.67 |
0.67 |
0.67 |
0.67 |
0.67 |
0.7 |
0.7 |
Rústico |
0.6 |
0.67 |
0.67 |
0.67 |
0.67 |
0.67 |
0.7 |
0.7 |
Especial |
1.1 |
1.1 |
1.1 |
1.1 |
1.1 |
1.1 |
1.14 |
1.14 |
Neste punto temos que aclarar un par de feitos que aparecen destacados na taboa en color.
Nos anos 2012 e 2013, en amarelo, ainda que non aparece reflexada nas respectivas ordenanzas fiscais, comeza a aplicar o especificado no
Real Decreto-ley 20/2011, de 30 de diciembre, de medidas urgentes en materia presupuestaria, tributaria y financiera para la corrección del déficit público. Esta lei especifica no seu
Art. 8 unhas condicións que, de cumprirse por un Concello, obrigan a que éste aumente o tipo de gravame durante os anos 2012 e 2013.
[+información]
Concretamente, o Concello de Narón cumple o especificado no apartado
1.c) de dito artigo:
Unha suba do 4% suporía o seguinte aumento:
Bens urbáns e rústicos:
0.67 + (4 x 0.67 / 100) = 0.67 + 0.0268 = 0.6968
Bens de características especiais:
1.1 + (4 x 1.1 / 100) = 1.1 + 0.044 = 1.144
De tódolos xeitos, se estudamos detidamente o final do punto 1 deste artigo, veremos que esta suba será so de aplicación
Un feito que, polo que nos consta, non se notificou á veciñanza.
Por este motivo, deberían tódolos veciños comprobar se os bens urbáns que lles pertencen están na metade de maior valor catastral do concello. Para iso, deberían solicitar cal é o listón, ou prezo que marca o punto medio entre o inmoble con maior valor catastral e o menor. Do contrario, arríscanse a que o concello lles aplicase unha suba que non lles correspondía pagar, sobre todo tendo en conta a caída do prezo da vivenda
Pero non todo queda aí:
para os anos 2014 e 2015 seguiu a aplicarse a suba dictada polo goberno central nos anteriores dous anos, ainda que esta vez por potestade do propio concello. Aplicable a eses anos, o goberno sacou a
Ley 16/2013, de 29 de octubre, por la que se establecen determinadas medidas en materia de fiscalidad medioambiental y se adoptan otras medidas tributarias y financieras, cun artigo 8 moi semellante ó do RDL 20/2011, pero que só é aplicable a concellos con ponencias aprobadas entre 2009 e 2012, cando no caso de Narón foi aprobada no ano 2008. Algo que ademáis ven respaldado polos datos sobre os tipos de gravame publicados pola Deputación da Coruña, nos que se pode ver que para os anos
2014 e
2015 xa non era aplicable para Narón a suba imposta polo goberno central.
Na opinión deste equipo de redacción, consideramos que as citadas actuacións son
moi negativas, e van por completo en contra de todos eses lemas que estamos a ver publicitados polas rúas por mor das eleccións municipais.
A pesar de todo isto, antes de aventurarnos a aseverar que esta foi a dinámica a seguir polo equipo de goberno, e que non se fixo nada en absoluto para correxir o valor do IBI pola caída do prezo da vivenda, continuaremos o noso estudo evaluando as bonificacións.
Bonificacións
No seguinte cadro analizaremos as bonificacións habilitadas polo Concello sobre este tributo, e compararémolas coas posibilidades brindadas polo
RDL 2/2004, de 5 de marzo nos seus artigos 73 e 74. O artigo 73 regula as bonificacións obligatorias (toca aplicalas queira ou non o concello), e as potestativas (o artigo da a base para a bonificación, pero o concello decide se as aplica, en que cuantía e baixo que condicións).
Vexamos:
Bonificación |
RDL 2/2004 |
Narón - Ordenanza Fiscal Nº2
|
Obrigatorias |
Obras |
Art. 73.1: a petición do interesado. Entre o 50% e o 90% da cota íntegra. A solicitar antes de iniciar a obra. |
Art. 4.1: O 90% da cota íntegra. Dende o seguinte período impositivo ó comezo da obra ata o seguinte período impositivo á finalización. Máximo 3 períodos impositivos. |
Conclusións |
Consideramos que esta medida ven enmarcada na política estatal de promoción da construcción, en abuso da cal se produciu ese efecto de burbulla inmobiliaria, un dos factores de agudizamento da crise na que estamos sumidos. O feito de que o Concello aplique esta bonificación no seu máximo esplendor é mostra de que a política municipal tamén ten esa mesma tendencia. Por ningures aparece un so termo na ordenanza fiscal indicando por exemplo que esta bonificación só se aplicará no seu máximo se non hai vivenda desocupada na zona, ou similares que eviten fomentar que medre a burbulla.
Ó marxe de estas consideracións, esta bonificación non serviría para corrixir a caída do prezo da vivenda, xa que só afectaría a vivendas novas ou en reforma.
|
Vivenda protexida |
Art. 73.2: a petición do interesado. O 50% da cota íntegra, durante os tres períodos impositivos seguintes á calificación definitiva. Pode solicitarse en calquera momento durante eses tres períodos.
Pasado ese período os concellos poderán regular por ordenanza unha bonificación de ata o 50% da cota íntegra, na cantidade e duración que consideren. |
Art. 4.2: O 50% da cota íntegra, durante os tres períodos impositivos seguintes á
calificación definitiva. Pode solicitarse en calquera momento durante
eses tres períodos. |
Conclusións |
Podemos ver que, a diferencia da construcción, ó Concello non lle interesa promocionar a vivenda protexida. En caso contrario, regularía a bonificación por ordenanza superados os 3 primeiros anos.
Ó marxe destas consideracións, esta bonificación da a posibilidade de rebaixar o IBI a propietarios de vivenda protexida para compensar a caída do prezo da vivenda.
Tamén abre a porta a outras medidas coma exencións en caso de desemprego ou similares.
|
Cooperativas |
Art. 73.3: o 95% da cota e recargos, para os bens de naturaleza rústica para Cooperativas Agrarias e de Explotación Comunitaria da Terra consideradas fiscalmente protexidas (ver tamén Art. 33
da Ley 20/1990, de 19 de diciembre, sobre Régimen Fiscal de las Cooperativas ) |
Non aparece mencionado na ordenanza fiscal nº2 |
Conclusións |
Sendo de obrigada aplicación, non debería ser problema que non apareza mencionada na ordenanza, ainda que cremos que sería interesante a nivel informativo.
Por outra banda, descoñecemos se as cooperativas agrarias existentes en Narón dispoñen do caracter de fiscalmente protexidas. Quedamos abertos a comentarios neste punto.
|
Potestativas |
Zonas con poucos servizos respecto a outras consolidadas do concello |
Art. 74.1: ata o 90% da la cota íntegra para bens inmobles urbans ubicados en áreas o zonas del
municipio que correspondan a asentamientos de poboación singularizados pola
vinculación ou preeminencia de actividades primarias de carácter
agrícola, gandeiro, forestal, pesqueiro ou análogas e que dispoñan dun
nivel de servicios de competencia municipal, infraestructuras ou
equipamientos colectivos inferior ó existente nas áreas
consolidadas do concello, sempre que as súas características económicas
aconsellen especial protección.
| Non aparece mencionada |
Conclusións |
Dende o limitado dos nosos coñecementos, dada a situación de crise e desemprego, que coloca a moitas familias nunha situación económica delicada, e que a maior parte do rural de Narón non dispón de servizo de saneamento, e ás veces ata nin de conexión a internet, da visos de poder abrir a porta a aplicar este tipo de exención, axudando de novo a compensar o descenso do prezo da vivenda.
|
Amortiguación da suba do IBI por aplicación dunha nova valoración catastral |
Art. 74.2: permite aplicar a seguinte exención
E = CI(a) - CL(a-1) x C
onde
E= cuantía da exención, sempre que sexa unha cantidade positiva
CI(a) = cota íntegra do ano actual
CI(a-1) = cota líquida do ano anterior
C = coeficiente de incremento máximo anual da cota líquida, fixado polo Concello, con valor entre 0 e 1.
Será efectiva a partir da aplicación dunha nova valoración catastral, durante un máximo de 3 períodos impositivos. | Non aparece mencionada |
Conclusións |
Non aplica, xa que non se realizou unha nova valoración catastral.
|
Inmobles con usos para actividades de interese especial para o Concello |
Art. 74.2 bis: ata o 95% da cota íntegra a favor de
inmobles de organismos públicos de investigación e os de ensinanza
universitaria
Art 74.2 ter: ata o 95% da cota íntegra nos declarados expresa e individualizadamente monumento ou xardín histórico de interés cultural, cando estean afectos a explotacións económicas
Art 74.2 quáter: ata o 95% da cota íntegra a favor de
inmobles nos que se desenrolen actividades económicas que sexan
declaradas de especial interese ou utilidade municipal. Corresponderá dita
declaración ao Pleno e se acordará, previa solicitude
do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus
membros
| Non aparece mencionada |
Conclusións |
A este equipo de redacción non se lle ocorren edificios destas características que non sexan de propiedade municipal sobre os que aplicar tales bonificacións. Quedamos abertos a comentarios dos lectores.
|
Bens inmobles de características especiais |
Art. 74.3: ata o 90% da cota íntegra a favor de cada grupo de bens inmobles de características especiais (ver definición en Art. 8 do RDL 1/2004 do 5 de Marzo ). | Art. 2.3: considéranse bens inmobles de características especiais:
- Portos comerciais
- Autopistas
- Bens destinados á producción de enerxía eléctrica e gas
Non aparece mención algunha a aplicar bonificacións sobre estes bens. |
Conclusións |
Considerando o trato de favor que se está a ter a nivel estatal coas autopistas e as eléctricas, agradecemos que non se bonificara o imposto para este tipo de bens.
|
Familias numerosas |
Art. 74.4: ata o 90% da cota íntegra a favor de aqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de
familia numerosa | Art. 4.3: suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa cando
- O ben sexa vivenda habitual do suxeito pasivo
- Ingresos inferiores a 3.5 veces o SMI
Bonificación:
- Tres ou catro fillos: 30%
- Tres ou catro fillos e algún con minusvalía igual ou superior ó 33%: 50%
- Cinco ou máis fillos: 50%
|
Conclusións |
Tendo en conta a necesidade de compensar a caída do prezo da vivenda, non parece abondo. Sobre todo no caso de situación de desemprego, xa que hai a posibilidade de aplicar unha exención de ata o 90%.
|
Inmobles con instalacións solares |
Art. 74.5: ata o 50% da cota íntegra para os bens
inmobles nos que se instalaran sistemas para o aproveitamento
térmico ou eléctrico da enerxía solar. Condicionada a que as instalacións para
producción de calor incluan colectores homologados pola Administración competente | Non aparece mencionada |
Conclusións |
É outra posibilidade de compensar a caída do prezo da vivenda naqueles fogares con este tipo de instalacións. Do mesmo xeito, premiaría ós fogares que optasen polas enerxías renovables
|
Inmobles rústicos non valorados por un procedemento de valoracion colectiva de caracter xeral |
Disposición transitoria decimoitava: aplicación dun coeficiente entre 0.5 e 1 para o cálculo do valor catastral do ben rústico | Art. 5: aplicarase un coeficiente de 0.7. |
Conclusións |
Afecta a aqueles inmobles rústicos que non resultasen valorados nun procedemento de valoración. Por exemplo, no caso de que o procedemento de valoración sexa parcial, para bens urbáns. Cremos que afecta a un conxunto moi pequeno de bens inmobles, polo que non serviría para correxir o descenso do prezo da vivenda. De tódolos xeitos, supón unha mellora na bonificación respecto ó valor por defecto especificado por lei, que era de 0.5
|
Outros xeitos de reducir o IBI para compensar a caída do prezo da vivenda
Aparte de darlle un repaso ós distintos factores que afectan ó resultado do cálculo do IBI, estivemos a buscar outras formas de rebaixar o seu valor, e atopamos as seguintes:
Art. 9.1 do RDL 2/2004
Neste artigo se especifica que se pode fixar unha rebaixa de ata o 5% da cota para aqueles suxeitos que domicilien a débeda nunha entidad
financieira, anticipen pagos ou realicen actuacións que impliquen
colaboración na recadación de ingresos
[+ información]
Sen embargo, o goberno municipal, xa sexa no seu descoñecemento ou con intención, non está a aplicar unha medida semellante.
Outras facilidades sobre o IBI aplicables
Sen pretender corrixir o descenso do prezo da vivenda, hai outras medidas de interese que se poden utilizar para protexer a aqueles cidadáns que teñen unha situación económica máis sensible
Prórroga do pago do imposto
Como exemplo desta posibilidade, atopamos a seguinte noticia
Móstoles aplaza 24 meses el pago del Impuesto de Bienes Inmuebles a los parados
Queremos que conste que non pretendemos de ningún xeito usar esta noticia para facer campaña a favor do partido responsable desa medida en Móstoles, xa que neste concello ese mesmo partido non propuxo en ningún momento facer nada semellante, nin se dignou en explicar con claridade o que dicían que estaba a pasar con respecto ó IBI. O que é aínda peor, contando con un antecedente coma o da propia noticia.
Tampouco se aplicou nada semellante por iniciativa do grupo de goberno, a pesares de ser esta a evolución do paro no concello dende o ano 2008:
Polo tanto, ademáis do xa citado, concluímos que hai unha total falta de sensibilidade neste aspecto, tanto polo grupo de goberno, coma no caso do resto de partidos
Quedamos tamén abertos a completar este punto con informacións que poidan aportar os nosos lectores.
Resumo das conclusións
- A última valoración catastral feita en Narón data do ano 2008.
- Dende entón, e segundo datos do INE, o prezo da vivenda descendeu na provincia da Coruña un 30%
- O valor catastral repercute directamente sobre o valor do IBI. Se non baixa conforme descendeu o prezo da vivenda, os veciños están a pagar máis do que lles corresponde. Para pagar menos, o Concello de Narón tiña nas súas mans aplicar as seguintes medidas, das que non puxo en práctica NINGUNHA:
- O Concello tivo a posibilidade a partir do ano 2014 de solicitar unha nova valoración catastral para os bens inmobles, coa fin de correxir a descompensación pola caída do prezo da vivenda, pero non o fixo.
- O Concello puido baixar o tipo de gravamen en calquera momento, salvo nos anos 2012 e 2013 (polo dictado no RDL 20/2011, no seu artigo 8 ), pero non o fixo. De feito, mantivo a suba deses dous anos durante o 2014 e 2015 fixándoo nas ordenanzas municipais.
- O Concello tivo a posibilidade de poñer en práctica as bonificacións establecidas polo RDL 2/2004 nos seus artigos 73 e 74, pero non o fixo, ou de facelo, non foi na medida precisa para paliar os efectos da caída do prezo da vivenda.
- O Concello tivo a posibilidade de aplicar unha rebaixa do 5% no recibo por domiciliación, pero non o fixo.
- O Concello puido prorrogar o pago deste imposto a personas desempregadas para aliviar a súa situación, pero non o fixo.
¿Qué facer?
Dende esta publicación, gustaríanos que este artigo servise para espertar as conciencias dos veciños de Narón, co fin de que descubriran que actualmente nin o grupo de goberno, nin ningún dos partidos políticos deste Concello se están a preocupar realmente destas cuestións. Probablemente, a medida que vaiamos sacando á luz máis información, vexamos que non é un caso illado.
Se crésemos que se trata dun caso resoluble por cambio de opción política nas urnas, a boa fe que destacaríamos esta conclusión, e solicitaríamos ós veciños que recapacitasen neste sentido. Sen embargo, non parece que haiba opcións políticas que demostrasen
a efectos prácticos (que non ideolóxicos) que poidan paliar esta situación. O actual n-partito non parece apto. Pero tampouco a oposición. E ningún dos aspirantes sinalou esta cuestión.
¿Entón? Non se engane o lector, non imos suxerir que a única opción é cruzarse de brazos e aguantar. Se tomou a molestia de ler
quén somos, verá que para nos os partidos son ferramentas, non solucións. A solución está nunha cidadanía políticamente activa, participativa e esixente. Cremos que é importante saber escoller a ferramenta apropiada, pero moito máis importante é a acción cidadá, coma man que emprega esa ferramenta. Así, propoñemos o seguinte:
- Para tódolos cidadáns de Narón: Sexan conscientes de que están a sufrir unha política tributaria
inxusta, sobre todo aquelas persoas en situación de desemprego. Como
puideron ler, hai solucións. Pero é preciso que as demanden.
- Soliciten ó concello saber cal era o valor catastral medio de bens inmobles urbáns durante os anos 2012 e 2013. Se o valor catastral dos seus bens inmobles non supera ese valor, non lles debería ter afectado a suba do IBI durante eses dous anos.
- En previsión de que ningún partido político de Narón se interese por
impulsar unha proposta de mellora do IBI, ofrecémonos a levar a cabo
esa iniciativa. Se están interesados, póñanse en contacto con nos.
- Esixan un espazo dentro do mecanismo de Participación Cidadá, ainda
que non pertenzan a ningunha asociación. A súa voz ten tanto valor coma a
de calquera outro cidadán asociado.
- Para os afiliados e simpatizantes a un partido: é preciso darlle a volta á situación. Ata o de agora, a actitude da xente era andar a correr detrás dos partidos para que lles fixeran caso, cando debería ser ó reves. Son os partidos os que precisan do voto da xente para a sua existencia. Polo tanto, toca ser firmes e esixentes para conseguir ese cambio de dinámica. Hai que poñer condicións ós partidos para darlles o voto. Se non aceptan esas condicións, non se lles debe votar. Se un partido non inclúe na súa forma de proceder as encomendas da cidadanía, debe ser descartado coma votable.
- Para aqueles que non se sinten representados por un partido: a pesar de todo están sometidos ás políticas municipais. Existe a posibilidade de montar un partido que represente os seus intereses. O ideal sería que ese partido non fose una expresión egoista dos desexos dun grupo de xente, senón unha coalición veciñal que velase honestamente pola aplicación de políticas que facilitasen a vida de toda a cidadanía. Isto último requeriría da participación de toda a cidadanía de Narón. Dende aquí, animamos calquera iniciativa neste sentido.
- Para todos os partidos políticos existentes en Narón: convidámolos a crear un espazo para debatir coa cidadanía dende a honestidade. A situación reflexada neste artigo deixa en evidencia a súa actividade política no Concello, especialmente a de aqueles que están no goberno municipal. Aqueles que descarten esta posibilidade, deben ter en conta que poden quedar fora de xogo se outros lles collen vantaxe neste terreo. Sabemos que a Participación Cidadá en Narón está completamente paralizada dende hai anos. Reactivala, xunto cos consellos veciñais, pode ser a ferramenta adecuada para levar a cabo este diálogo.
Dende aquí, a todos aqueles partidos políticos que teñan un auténtico interese polos cidadáns, queremos dicirlles que o seu traballo non remata con estas eleccións municipais. Consigan ou non un asento no pleno do Concello, poden seguir traballando para os cidadáns de Narón. Se o goberno entrante non se prega a razóns, invitámolos a participar na elaboración dunha proposta respecto o IBI e unha recollida de sinaturas entre os cidadáns.
- Para tódalas asociacións de Narón: esixan a posta en marcha do Regulamento de Participación Cidadá e dos consellos veciñais. Aquí e onde se pode establecer un diálogo con goberno municipal e partidos, e aprender a discernir quén goberna para a xente, e quén o fai para os seus intereses propios.
- Por último, convidamos a tódolos lectores de outros concellos a que usen este artigo coma base para facer o mesmo traballo no seu concello. É posible que descubran que están na mesma situación.
Os responsables desta publicación sabémonos imperfectos, humáns e polo
tanto falibles. O noso interese é divulgar información obxectiva, así
que en caso de atopar incorreccións neste artigo, agradeceríamos se
puxesen en contacto con nos para enmendalas.
Fontes:
- Tributo Local - Cómo se calcula la cuota del IBI : http://www.tributolocal.es/como-se-calcula-la-cuota-del-ibi/
- OCU - El IBI, en 10 preguntas : http://www.ocu.org/dinero/renta-impuestos/informe/ibi-10-preguntas
- BOE - Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario : https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2004-4163
- BOE - Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales : https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2004-4214
- BOE - Real Decreto-ley 20/2011, de 30 de diciembre, de medidas urgentes en materia presupuestaria, tributaria y financiera para la corrección del déficit público : https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2011-20638
- BOE - Ley 16/2013, de 29 de octubre, por la que se establecen determinadas medidas en materia de fiscalidad medioambiental y se adoptan otras medidas tributarias y financieras : https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2013-11331
- Portal de la Dirección General del Catastro - Ponencias de valores : http://www.catastro.meh.es/esp/ponencia_valores.asp
- Portal de la Dirección General del Catastro - Preguntas frecuentes : http://www.catastro.meh.es/esp/faqs.asp
- INE - Índice de precios de vivienda : http://www.ine.es/dyngs/INEbase/es/operacion.htm?c=Estadistica_C&cid=1254736152838&menu=ultiDatos&idp=1254735976607
- El Derecho - ¿Es posible aplicar una minoración del tipo de gravamen del IBI pese al incremento legal impuesto del 10%? http://www.elderecho.com/actualidad/minoracion-gravamen-IBI-incremento-impuesto_25_593375001.html
- Móstoles aplaza 24 meses el pago del Impuesto de Bienes Inmuebles a los parados http://www.madridiario.es/noticia/172712
- datos.gob.es - Paro registrado por municipios : http://datos.gob.es/catalogo/paro-registrado-municipios
- Deputación de A Coruña : Servizos tributarios : Tarifas e tipos : IBI (Imposto sobre bens inmobles) : 2012 : Tipos : http://www.dicoruna.es/files/7414/1458/5788/bienes-inmuebles-urbanos.pdf
- Deputación de A Coruña : Servizos tributarios : Tarifas e tipos : IBI (Imposto sobre bens inmobles) : 2013 : Tipos : http://www.dicoruna.es/files/7414/1458/5789/bienes-inmuebles-urbanos-resumen.pdf
- Deputación de A Coruña : Servizos tributarios : Tarifas e tipos : IBI (Imposto sobre bens inmobles) : 2014 : Tipos : http://www.dicoruna.es/files/8214/1458/5790/bienes-inmuebles-urbanos-resumen.pdf
- Deputación de A Coruña : Servizos tributarios : Tarifas e tipos : IBI (Imposto sobre bens inmobles) : 2015 : Tipos : http://www.dicoruna.es/files/1814/3193/9149/WEB_1_UR_-2015_-_RESUMEN.pdf