venres, 20 de xullo de 2018

Monográfico - Senda Peonil e Ciclista AC-116 no Val


De onde ven este proxecto?


Isto da senda non foi un arrebato espontáneo. Ven de lonxe, e da man da Xunta de Galicia e os Concellos, entre eles, o de Narón
En decembro de 2015 a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) publica un estudo encargado a Proyfe S.L. baixo o título Planificación de actuación de fomento da mobilidade sostible: sendas peatonais e/ou ciclistas na comarca de Ferrol - Estudio de Identificación de Sendas
Segundo dito documento, os obxectivo final sería realizar actuacións dentro do estipulado no Programa Operativo FEDER 14-20, sendo un dos seus obxectivos específicos “Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores” (Obxectivo temático 04)." Aínda que nestes obxectivos entran cuestións como a mellora da conexión entre o rural e o urbán, a inversión en transporte colectivo ou en enerxías limpas, a opción escollida neste caso é a de desenvolver a mobilidade sustentable en forma de sendas peonís e ciclistas.
E iso que os obxectivos marcados polas actuacións sostibles son os seguintes:
  • SOCIAL: proporcionar unhas adecuadas condicións de accesibilidade dos cidadáns aos mercados de traballo, bens e servizos, favorecendo a equidade social e territorial e os modos de transporte máis saudables;
  • AMBIENTAL: contribuír á protección do medio ambiente e a saúde dos cidadáns, reducindo os impactos ambientais do transporte, contribuíndo á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e optimizando o uso dos recursos non renovables, especialmente os enerxéticos.
  • ECONÓMICO: satisfacer de forma eficiente as necesidades de mobilidade derivadas das actividades económicas, promovendo desta forma o desenvolvemento e a competitividade.
(Nos seguimos pensando que un transporte público de calidade e a un prezo axeitado aportaría máis a estes intereses,...)
Na información incluída no Estudo de Identificación de sendas especificábanse unha serie de criterios empregados para seleccionar os trazados que deberían ter as sendas:


Para a selección de alternativas barallan os seguintes criterios
  • Administrativos: que o proxecto entre dentro dos criterios para beneficiarse dos fondos FEDER
  • De localización
    • Masa de poboación potencialmente beneficiada: número de potenciais usuarios.
    • Satisfacción de demandas específicas: peticións concretas dos concellos. No caso do Concello de Narón, na páxina 31 deste estudo recóllense as súas demandas, que se resumen en:
      • Eje ciclista de la carretera de Castilla
      • Completar el tramo de senda costera mixta (ciclista y peatonal) entre O Couto y Megasa)
      • Carril bici en la AC-566 desde el núcleo urbano hacia los colegios, el estadio y el polígono Río do Pozo
      • Carril bici por el polígono Río do Pozo entre la AC-566 y la AC-116
      • Senda ciclista desde el núcleo urbano hasta las playas de Meirás, Lago y Valdoviño
    • Mellora da seguridade viaria: escóllese como obxectivo reducir o número de atropelos a peóns e ciclistas.
    • Redución de emisións de CO2: redución das toneladas de CO2 xeradas grazas á infraestrutura.
    • Conectividade con redes peonís e ciclistas existentes: conexión con itinerarios non motorizados xa existentes.
    • Pendente media do tramo: a menor pendente media, maior puntuación.
    • Clima da zona: curiosamente recoñecen que o clima da zona non é moi axeitado, pero ainda así usarán parámetros de velocidade do vento, temperatura e precipitacións para facer os cálculos.
    • Barreiras atravesadas: interseccións, cruces, nodos, rotondas...
    • Contaminación acústica e atmosférica: a mais ruído e contaminación do aire, menor interese dos usuarios pola senda.
Das distintas alternativas detectadas, daríase prioridade en función dos seguintes criterios:
  • Potencialidade con base nos criterios de localización
  • Disponibilidade dos terreos
  • Custo de inversión
Todos estes criterios usarémolos na análise que se fará máis adiante do proxecto e dos problemas atopados pola veciñanza.
Aparte da información citada, o documento de estudo de identificación de sendas contén un apartado con copia da información remitida por cada un dos Concellos da comarca respecto aos seus plans e necesidades nesta materia.
A relativa ao Concello de Narón pode atoparse na páxina 37 e inclúe o documento "Plan de movilidad ciclista" de 14 páxinas e 4 planos descritivos. Neles tan so queda constancia de plans para realizar sendas ciclistas tomando como eixo principal a Estrada de Castela, con ramificacións polos barrios urbáns e pola AC-566 (Estrada de Cedeira) ata o Río do Pozo, e outra senda que una o Couto coa rotonda de Megasa. Respecto a sendas polo rural, non hai mención algunha.
Seguindo coa historia: o 20 de maio de 2016 a AXI anuncia a aprobación do documento anterior, e a redación dos proxectos coas solucións técnicas ás propostas elixidas nel.
A partires deste punto, o resto coincide co relatado no noso artigo Información sobre as sendas peonís que construirá a Xunta na parroquia do Val

As queixas veciñais


Tras varios meses de conflicto, detectamos que a pesar da información amosada pola prensa, afectados e administracións non da unha imaxe clara de por qué este proxecto está a ser rexeitado pola veciñanza do Val.

1. Os puntos de interese están da outra beira


De 29 puntos de interese que sinalamos, tan so 7 se atopan na beira leste da AC-116.
No mapa no que reunimos a información sobre a senda sinalamos 29 puntos de interese próximos ao trazado da senda pola AC-116 no termo municipal de Narón, incluíndo destinos turísticos, culturais, históricos, comerciais e de ocio (bares e restaurantes). Para poder velos sobre o mapa, basta con pulsar a casiña correspondente na barra da esquerda.



O resultado foi o seguinte:

Beira Leste Beira Oeste
Lambetadas O Val Local social Os Irmandiños
Farmacia Rey Leal Begoña Fundación Terra de Trasancos
Restaurante A Ponte CRA NARON COLEXIO O VAL
Campo de Futbol O VAL Cooperativa do Val
Capilla de Santa Margarita Cajero Banco Caixa Geral
Café Bar O Cuco Pista polideportiva ao aire libre Quintá

Pista polideportiva cuberta Quintá

Asociación Chamorro - Centro ocupacional

Club De Golf Campomar

Iglesia O Val

Campo da Festa - Igrexa O Val

Cemiterio O Val

Convento de Baltar

Pena Molexa

Praia de Campelo

A estrela de Baltar

Café - Bar Marinito

Bar Xatova

Sala de Fiestas La Concha

ESTACION DE SERVICIO O VAL

Café Bar Leira9

Sendas pola Costa Ártabra
Total Leste: 6 (21%) Total Oeste: 22 (79%)

Isto suporía unha perda notable de puntos nos seguintes criterios de elección da senda:
  • Mellora da seguridade viaria: actualmente os ciclistas circulan polo arcén que lles corresponde. Coa senda, é moi probable que se vexan obrigados a cruzar unha estrada cun bo volume de tráfico.
  • Conectividade con redes peonís e ciclistas existentes:
  • Barreiras atravesadas: como se verá máis adiante, aínda que hai un número lixeiramente inferior de interseccións con outras vías, obrigar a cruzar a AC-116 por estar da outra banda o maior número de puntos de interese é incluir ésta estrada como barreira.


2. Hai menos vivendas pola outra beira


Beira leste: 63 vivendas. Beira oeste: 47 vivendas
No mapa no que recollemos a información contamos todas aquelas propiedades que constasen dunha vivenda ou polo menos un muro que se puidese ver afectado pola obra. Non tivemos en conta a zona da Cooperativa do Val, o campo de golf e a gasolineira porque tan so verían afectadas unha merma en espazo e non en estruturas. Aínda así, a diferencia é suficientemente notable como para que en caso de ser incorporados á conta, o resultado seguiría sen apenas variacións.


Como se explicará máis adiante, o obxectivo deste argumento non é facer que a veciñanza da outra beira cargue co problema. Os criterios que restarían puntos por este motivo serían:
  • Custo de inversión: ao aumentar o número de vivendas, o custo por mor de expropiacións aumenta.
  • Mellora da seguridade viaria: máis vivendas supón maior probabilidade de que vehículos a motor atravesen a senda para acceder a propiedades. Isto aumenta o risco de accidente.

3. Pasarela sobre o río en Quintá


Beira leste: necesaria pasarela para salvar o desnivel e o río. Beira oeste: está rechea e o río canalizado.
Mentres que o trazado pola beira leste obriga a facer un investimento nunha estrutura que salve o desnivel sobre o Rego do Val, de facelo pola beira contraria non sería preciso facer tal xa que o rego atópase canalizado e hai un recheo que deixa o terreo perto do nivel da estrada. Por outra banda, no proxecto está planificado que a estrutura para salvar o rego sexa de madeira, o que lle da unha vida útil moi limitada (dende Eliximos Narón falan de 10 anos), facendo dese investimento algo temporal para sair do paso. Os criterios que restarían puntos por este motivo serían:
  • Custo de inversión: a pasarela aumenta o custo da inversión, e os materiais condenan a renovala nun prazo non moi longo.

4. Desniveis das vivendas respecto da estrada


Beira leste: hai vivendas por debaixo do nivel da estrada. Aumenta a pendente das rampas de saída das vivendas

Non son moitos os casos, pero sí é certo que polo xeral, mentres terreo da beira oeste está máis elevado ou ao mesmo nivel que a estrada, o da beira leste está ao mesmo nivel ou por debaixo desta. En tódolos casos hai proxectadas expropiacións que entregarían espazo á via, obrigando aos propietarios a aumentar a pendente das vías de acceso ás vivendas. Nos salientamos os seguintes:
  • Lambetadas O Val: o espazo fronte a fachada ten un evidente desnivel que se empregou sempre como aparcadoiro para os clientes. Nos planos do proxecto actual hai sinalada unha expropiación de 64m2 que restaría espazo para aparcar. Ademáis, mentres agora se pode sair á estrada por calquera punto, nos planos tan so lle deixan un pequeno espazo, que terá unha maior pendente.

  • Tres vivendas contiguas na zona de Canteiros: tamén hai un desnivel no acceso a estas tres vivendas, tal e como amosan as curvas de nivel da imaxe.


    As dúas primeiras atopanse ao final dunha pendente, mentres que a terceira ten dúas plantas, estando a máis baixa por baixo do nivel da estrada. Mentres que nos primeiros dous casos a extensión da plataforma provocaría un aumento na pendente dos accesos ás vivendas, o caso da terceira é máis grave. Por unha banda, no plano perde unha das saídas das que dispón (a de máis á dereita). Por outra, na saída que lle deixan, o aumento da pendente da rampa de subida podería provocar que varias ventás quedasen por debaixo do nivel do chan.


    Nas situacións descritas neste apartado, aparte do perxuizo causado á vivenda que perdería luz por causa de ter que tapar as ventás, e que nun principio non parece que puidese ser compensado económicamente de ningún xeito, veríanse mermados os seguintes criterios:
  • Mellora da seguridade viaria: as pendentes non facilitan a incorporación á vía. Dependendo da visibilidade, sería preciso asomar máis ou menos o morro dos vehículos. Unha manobra brusca por mor da pendente podería provocar accidentes.

5. Visibilidade


Vivendas que quedan pegadas á senda carecen de visibilidade para sair cos vehículos. Tamén hai interseccións que non cumplirán cos requerimentos do proxecto.
Neste punto temos dúas situacións ben diferenciadas:
  • Ausencia de visibilidade en saídas de vivendas por quedar as construccións pegadas á vía: un caso claro desta situación sería a da vivenda da imaxe, situada despóis de Lambetadas O Val en dirección Valdoviño. Segundo os planos do proxecto, a esta vivenda derrubaráselle o muro aínda que este está aliñado coa fachada da casa. Iso é porque o ancho da senda rebasa da liña da fachada da casa.



    Segundo o proxecto, a idea e ter unha senda ancha ata topar coa parede da vivenda, onde se estreita, e unha vez superada a parede, volver a aumentar o ancho da senda de novo.


    O primeiro dos problemas que teñen nesta vivenda é que a porta principal queda pegadiña á senda, de xeito que sair da casa sen mirar ben nun mal momento pode derivar nun accidente.


    O segundo dos problemas é que quen deseñou o proxecto non reparou que a saída de vehículos desta casa está xusto na esquina onde ensancha a senda de novo. Isto provoca que o vehículo non teña máis remedio que sair "a cegas" da súa propiedade, pregando por non atropelar a alguén, ou contar cunha persoa que mire mentres se realiza a manobra.


    Tendo en conta esta última imaxe, imaxinemos que estamos saíndo co coche, pero a parede da construcción non nos deixa ver cómo un ciclista/peón está a punto de doblar a esquina. Accidente asegurado.
  • Ausencia de visibilidade en interseccións por mor de construccións pegadas á vía: o exemplo perfecto para este apartado é a intersección que hai fronte ao cruceiro de Baltar.


    Como se pode apreciar, dita intersección linda á dereita cunha vivenda que quedará xusto ao borde da senda, e á esquerda cun muro que, segundo o proxecto, non será derrubado. Unha situación de visibilidade mínima, cando non nula. Algo que por outra banda contravén o estipulado no propio proxecto, onde se especifica que:
    La visibilidad es un apartado fundamental en el diseño de las intersecciones. En todas las intersecciones hay que mantener libre de obstáculos un determinado campo de visión para los conductores que ceden el paso. Estas dimensiones son:
    • Altura libre entre 0,50 y 2,50 metros.
    • Longitud libre de 30 a 40 metros, dentro de este campo puede haber elementos como báculos, señales u otros elementos siempre y cuando no impidan la visibilidad de los ciclistas.
Por estes motivos, veríanse mermados os seguintes criterios:
  • Mellora da seguridade viaria: créanse máis posibilidades de que se produzan atropelos a ciclistas ou peóns.

6. Derrubamento indiscriminado de muros e cerramentos


Se xa o proxecto exposto a información pública amosaba un bo número de cerramentos que ían ser derrubados, o proxecto definitivo amosou que a cousa sería peor.
O documento da primeira parte do proxecto posto a exposición pública amosaba na súa páxina 95 a listaxe de titulares expropiados, que facían un total de 63. Despois de clasificar os seus datos, obtivemos o seguinte resultado:

TIPO

NUMERO

%

SUPERFICIE

%

S. núcleo rural

57

90,48%

2925

89,89%

S. Rústico

6

9,52%

329

10,11%

63

3254


CULTIVO/USO

NUMERO

%

SUPERFICIE

%

Suelo sin edificar

21

33,33%

812

24,95%

Residencial

35

55,56%

2087

64,14%

Prados o praderas

2

3,17%

90

2,77%

Labor o Labradío secano

4

6,35%

239

7,34%

Industrial

1

1,59%

26

0,80%

63

3254


BENS

1

18 m Cierre bloque de balaustrada

2

20 m Cierre bloque de balaustrada

13 m² Cobertizo

1 Ud Trsaslado portal una hojas

1 Ud Traslado portal dos hojas

3

22 m Cierre bloque de balaustrada

1 Ud Traslado portal 1 hoja

2 Ud Traslado portal 2 hojas

4

24 m Cierre bloque de verja

1 Ud Traslado portal 1 hoja

1 Ud Traslado portal 2 hojas

7 m² Pórtico

5

25 m Cierre bloque de balaustrada

6

35 m Cierre de bloque

23 m Cierre bloque de balaustrada

7

65 m Cierre bloque de verja

8

1 Ud Traslado portal 2 hojas

9

10 m Cierre bloque de celosia

1 Ud Traslado portal 2 hojas


Pois ben, no documento do proxecto aprobado da primeira fase, na súa páxina 685, amósase unha relación de 66 titulares afectados:

TIPO

NUMERO

%

SUPERFICIE

%

S. núcleo rural

60

90,91%

3045

90,20%

S. rústico

6

9,09%

331

9,80%

66

3376


CULTIVO/USO

NUMERO

%

SUPERFICIE

%

Residencial

35

53,03%

2171

64,31%

Suelo sin edificar

21

31,82%

848

25,12%

Labor o Labradío secano

4

6,06%

241

7,14%

Prados o praderas

2

3,03%

90

2,67%

Industrial

1

1,52%

26

0,77%

Superficie cedida

3

4,55%

0

0,00%

66

3376


BENS

1

13 m Cierre bloque de celosia

1 Ud Traslado portal 1 hoja

2

13 m Cierre bloque de verja

1 Ud Traslado portal 1 hoja

3

16 m Cierre bloque de verja

1 Ud Traslado portal 1 hoja

4

18 m Cierre bloque de balaustrada

5

20 m Cierre bloque de balaustrada 13 m² Cobertizo

1 Ud Trsaslado portal una hojas

1 Ud Traslado portal dos hojas

6

22 m Cierre bloque de balaustrada

1 Ud Traslado portal 1 hoja

2 Ud Traslado portal 2 hojas

7

22 m Cierre bloque de celosia

1 Ud Traslado portal 1 hoja

8

24 m Cierre bloque de verja

1 Ud Traslado portal 1 hoja

1 Ud Traslado portal 2 hojas

7 m² Pórtico

9

25 m Cierre bloque de balaustrada

10

32 m Cierre bloque de balaustrada

11

35 m Cierre de bloque

23 m Cierre bloque de balaustrada

12

65 m Cierre bloque de verja

1 Ud Traslado de bomba y depuradora de piscina

20 m² Cobertizo

13

10 m Cierre bloque de celosia

1 Ud Traslado portal 2 hojas

14

1 Ud Traslado portal 2 hojas


Vemos que non so aumentaron as propiedades afectadas (de 63 a 66), senón tamén os metros expropiados (122m2), e o número de expropiacións con construccións afectadas (que pasan de 9 a 14).
Neste punto alertamos aos afectados polo segundo proxecto, todavía pendente de aprobación definitiva, de que pode pasar outro tanto, moi a pesar do que poda dicir a corporación local de Valdoviño. Estean moi atentos ao que veña.

7. Pérdese unha zona de recollida de escolares


A zona de cuneta contigua á parada de autobuses fronte á Cooperativa é empregada polos pais para recoller aos escolares que baixan do autobús.
Na imaxe que acompaña a este texto aparece sinalada unha zona onde os pais estacionan actualmente os seus vehículos para recoller a rapaces unha vez baixan do transporte público na parada.


Se se pon en práctica o proxectado, e o exposto pola AXI na resposta ás emendas ao proxecto, esa zona de cuneta será ocupada por un carril bici onde non se poderá estacionar. E aínda que os vehículos poderían estacionar no aparcadoiro da Cooperativa, os cativos terían que cruzar esa zona, que aínda que ten regulada a velocidade a 50km/h, non dispón de pasos de peóns, e por mor do carril para cruzar cara a cooperativa é unha zona de vía máis ancha do normal.

Documentación aportada por Eliximos Narón Electores


Distintas aportacións técnicas e documentación oficial sobre o proxecto que aportou Eliximos Narón Electores a través do concelleiro Alfonso Casal

Outras cuestións da nosa propia colleita


Perigoso cambio de man da senda no tramo ata o convento de Baltar


No tramo dende o cruceiro de Baltar ata o convento de Baltar, a senda fai un cambio de man nunha zona con pouca visibilidade.
Para a nosa sorpresa, tras consultar o documento do proxecto do primeiro tramo da senda, observamos que no tramo entre o cruceiro de Baltar e o convento a senda discorría pola beira norte ata unha intersección situada nunha zona de curvas con pouca visibilidade na que cambiaba para a beira sur.

Un vehículo que veña dende o convento en dirección ao cruceiro non ten moita visibilidade para apreciar o que está a acontecer nesa zona, e a manobra de cambio de man pode ser lenta debido a que é unha zona de pendente.

As interseccións non son excusa


Beira leste: 11 interseccións. Beira oeste: 13 interseccións
Un dos criterios que se estaba a ter en conta por motivo de seguridade da senda era que ésta atravesase o menor número de interseccións posible. Para verificalo, tivemos en conta o número de interseccións que non fosen camiños privados e desen servizo a varias vivendas. Como excepción, e polo número de tráfico que soporta, incluímos a entrada á zona da Cooperativa/Local Social/Centro de Saúde/Escola. O resultado quedou sinalado tamén no noso mapa


Aínda que o saldo é favorable á beira leste, hai que ter en conta que non é excesivamente favorable, e que o seu peso vese moi mermado considerando que por estar a maioría de puntos de interese da outra beira, o trazado polo leste obrigaría continuamente aos usuarios a cruzar a AC-116, tendo isto maior risco que atravesar interseccións con estradas de menor categoría.

Acceso a fincas rústicas


Ten vostede unha leira? Olvídese de que lle deixen acceso para entrar con maquinaria agrícola
Se xa hai problemas nos proxectos relativos aos accesos ás vivendas, peor é o caso das fincas rústicas. O proxecto non contempla acceso algún, así que toda aquela persoa que gastase uns cartiños en poñer un tubo e formigón para que puidese entrar maquinaria agrícola na súa leira vai quedar sen el.
Segundo unha recente reunión cos afectados no Concello de Valdoviño, a solución é semellante á que se lle plantexou ás afectadas da Estrada do Trece: que cada un vaia falar coa administración competente para pedir permiso de acceso á súa parcela.
Evidentemente, sempre lles quedará o recurso de ir chorar pola porta de atrás. Se cadra, se teñen amigos no lugar adecuado, son quen de amañarlles...

Alternativas


Quere isto dicir que todo quedaría amañado con cambiar de beira a senda?


NON! Isto non quere dicir que a solución sexa empaquetarlle o problema aos veciños da outra beira, senón o contrario: debería servir para concienciar a toda a parroquia, e aos veciños do Concello de Valdoviño, de que é un problema común, que vai afectar en maior ou menor medida a todo o mundo, e que é precisa a participación do maior número de xente posible na súa resolución.
De feito, é moi probable que moitos dos problemas sinalados para a beira leste se dean tamén nun proxecto planificado para a beira oeste, polo que un simple cambio non bastaría, e sería precisa unha nova análise detallada para detectar os problemas xerados por esa intervención.



EN BREVE COMPLETAREMOS A INFORMACIÓN DESTA SECCIÓN CON ALTERNATIVAS.

Botas en falta algunha información? Tes un caso particular que quixeras expoñer e que non está recollido neste monográfico? Ponte en contacto con nos!
Ler máis »

xoves, 24 de maio de 2018

Novidades sobre a senda peonil O Val - Valdoviño

De xeito moi sintético, publicamos información sobre o estado deste proxecto:
  • Os días 14 e 15 de maio foron convocados no Concello de Narón as afectadas polo primeiro tramo (A Concha - Baltar) para "para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación" (http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/04/03/2018_0000002391.pdf). O día 14, un grupo dunhas 30 persoas afectadas por este proxecto achegáronse ao Concello de Narón solicitando unha reunión. Aínda que a maioría presentou alegacións ao proxecto, moitos non recibiron contestación, ou unha contestación axeitada ao que plantexaban. Entre outras cousas, dábanse situacións como muros marcados para derribar habendo espazo ao outro lado da estrada, saídas de vivendas sen anotar no proxecto, vivendas coa porta pegada ao carril bici -co risco que suporía sair pola porta e atoparse cun ciclista en marcha-, etc...
    Polo que sabemos, un bo número se negou a entregar os seus datos para evitar que os trámites avancen sen que se dialogue con eles.
  • A comezos desta semana, varios veciños comezan a pendurar nas súas propiedades pancartas de protesta sobre o proxecto [Ver fotos]
  • Hoxe, 24 de maio, La Voz de Galicia faise eco na nova "Vecinos de O Val protestan contra la futura senda peatonal y ciclista" da situación relatada por veciños, partidos e administracións. Destacamos:
    • A pesar das queixas dos veciños, a Consellería de Infrastruturas insiste en que "sabendo que os estudos realizados que o tráfico peonil e ciclista da zona do proxecto será baixo, considérase que a sección da senda foi deseñada co grado de seguridade suficente".
    •  "(...)desde el área de Urbanismo local se muestran sorprendidos de que el malestar haya saltado en el arranque del período expropiatorio": resultan curiosas tales declaracións, cando o edil de urbanismo -Manuel Ramos- asistira a unha reunión no Local Social de O Val a finais de agosto de 2017 da que dabamos conta nun artigo e na que xa se vían vir de lonxe os problemas.
    • O grupo mixto (Eliximos Narón + EU Narón) presentaron unha moción que defenderán no vindeiro pleno -xoves 31 de maio ás 19:00h- coa fin de "instar a Xunta ao dialogo cos veciños de O Val afectados polo trazado peonil e ciclista nas vías AC-116 e AC-114". Cumpriría a asistencia das persoas afectadas.
  • Grazas á nova anterior, descubrimos que o Concello de Narón sí presentou alegacións da man do arquitecto municipal. Lamentablemente non tiveron a ben publicalas no flamante portal de transparencia.
  • Poden atopar os afectados as condicións técnicas coas que se licita o proxecto da senda peonil na seguinte ligazón [Descargar .zip]
  • Para rematar, aproveitamos para informar que as afectadas teñen programada unha reunión para este sábado 26 de maio, ás 16:00h nunha aula do Campo de Futbol de O Val.
Polo momento, nada máis. Seguiremos informando
Ler máis »

venres, 1 de decembro de 2017

URXENTE: Aprobado o primeiro tramo de senda peonil do Val (A Concha - Baltar). Despídanse dos seus muros...

Por desgraza acabamos de ver publicado no DOG de hoxe, 1 de decembro de 2017, que o pasado 21 de novembro a Axencia Galega de Infraestruturas aprobaba o plan exposto a información pública do primeiro tramo da senda peonil que cruzará O Val: Itinerario peonil e ciclista na AC-116. Treito: Río do Pozo - AC-114. P.Q. 4+120 - 6+500. (É dicir, tramo A Concha - Cruceiro de Baltar).

Segundo este anuncio publicado no DOG,  e a pesar de valorar tódalas alegacións recibidas, parece que tan so tiveron en conta as presentadas polo Concello de Narón (por certo, alegacións das que non coñeciamos o seu contido, e que o propio concelleiro Manuel Ramos consideraba imposible a súa divulgación en base a escusas peregrinas): concretamente, a petición de estender a senda ata o Convento de Baltar. Neste caso, afortunadamente, e segundo indican no anuncio do DOG, esta extensión non precisará de expropiacións por atravesar exclusivamente solo público.
Aínda así, e lembrando as nosas alegacións sobre o PXOM, é curioso que se faga esa extensión da senda ata un lugar que, aínda que se lle da a consideración de "un dos principais focos de atracción da zona", non está protexido axeitadamente (como no caso do hórreo que pertence a ese conxunto).

Lamentablemente, nunca saberemos en que tería quedado o proxecto de terse establecido un diálogo cos habitantes da zona e os propietarios dos terreos dende que se coñecía a proposta do proxecto, e en base ao acordado, a Concellería de Urbanismo tirase dos seus recursos para ofrecer unha proposta beneficiosa tanto aos propietarios coma aos potenciais usuarios do novo vial.

Por desgraza, e segundo o último parágrafo do citado anuncio, a os propietarios que se consideren prexudicados polo proxecto tan so lles quedan as seguintes posibilidades:
  • Recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa
Neste punto, aproveitamos unha vez máis para resaltar a importancia do funcionamento da participación cidadá no concello: un traballo conxunto administración-cidadanía pode conseguir que unha inversión en infraestruturas sexa algo beneficioso, e non un trauma para os propietarios afectados polas obras. Por desgraza, e tal e como indicabamos nunha recente publicación en Facebooka participación actualmente está desaparecida.

Compre que sexa a veciñanza a que vaia tomando conciencia da participación como unha necesidade, e demandando a súa posta en práctica, aínda que -tristemente- a forma que teña de percibir tal necesidade sexa padecendo disgustos de cando en cando ...


Fontes:
Ler máis »

venres, 15 de setembro de 2017

URXENTE - Alegacións sobre o PXOM de Narón - O prazo remata luns 18 de setembro!

Sabiamos que isto pasaría: a falta de información pública por parte do Concello, a ausencia de asembleas veciñais respecto a este tema, o paroxismo da mecánica de participación cidadá en Narón, o aparente desinterese por parte dos partidos con representación no Concello -salvo contadas queixas [1],[2]-, a nosa falta de recursos e tempo ... Imaxinabamos que chegariamos á recta final do prazo de presentación de alegacións, e aparecerían alegacións importantes a presentar respecto do PXOM. Peor sería que aparecesen unha vez pechado o prazo, pero velaquí estamos.

Hai escasas horas enterámonos de que o colectivo de Castro que leva anos loitando contra a instalación da cementeira no Polígono do Río do Pozo, e que acadou que os tribunais a recoñecesen como ilegal, atopou que o novo PXOM, lonxe de corrixir esa situación, insiste nela. Así, no novo texto, o Concello pretende que o chan no que está instalada de xeito ilegal a factoría, teña a consideración axeitada para que reinicie a súa actividade de xeito legal.

Por outra banda, nos redactamos un humilde texto de alegación no que reclamamos que o hórreo que pertence ao conxunto Convento Sagrado Corazón y Santuario do Corazón de María (Pazo de Baltar) sexa catalogado e protexido polo PXOM e Patrimonio.

 

Cómo enviar as alegacións?

Andamos escasos de tempo: segundo o establecido na páxina habilitada para o período de información pública do PXOM, e tal como anunciaramos no noso anterior artigo, o prazo para enviar as alegacións  finaliza o vindeiro luns 18 de setembro. Así que por orde de axilidade, incluímos aquí a forma de enviar as alegacións:

  1. Enviar o texto das alegacións ([Cementeira], [Horreo]) través do correo electrónico: avaliacion.ambiental.estratexica@xunta.gal, cumplimentando antes nome, apelidos, DNI e domicilio. 
  2. Enviar o texto das alegacións usando o formulario habilitado na web Conselleria de Medioambiente e Ordenación do Territorio
  3. Imprimir o PDF das alegacións ([Cementeira], [Horreo]), cumplimentalo e envialo mediante fax remitido ao número 981 541 048
  4. Imprimir o PDF das alegacións, cumplimentalo, e presentalo  no rexistro administrativo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situado en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela. Realmente non será preciso achegarse a Santiago para presentalo, xa que a Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas indica no seu artigo 16.4 que:

    Los documentos que los interesados dirijan a los órganos de las Administraciones Públicas podrán presentarse:
    a) En el registro electrónico de la Administración u Organismo al que se dirijan, así como en los restantes registros electrónicos de cualquiera de los sujetos a los que se refiere el artículo 2.1.
    b) En las oficinas de Correos, en la forma que reglamentariamente se establezca.
    c) En las representaciones diplomáticas u oficinas consulares de España en el extranjero.
    d) En las oficinas de asistencia en materia de registros.
    e) En cualquier otro que establezcan las disposiciones vigentes.

IMPORTANTE: tal e como se indica no documento TRÁMITE DE CONSULTAS PARA A AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA ORDINARIA será necesario cumplir o seguinte:
En calquera dos medios empregados deberá identificarse quen formula as observacións e suxestións (nome da unidade administrativa, ou nome do colectivo, ou nome e apelidos da persoa), facilitando tamén os datos de contacto.


Dende aquí, aínda que o prazo é breve, animamos a toda a cidadanía a enviar unhas alegacións que -na nosa opinión- é de xustiza presentar. E se dispoñen dunha conta de correo electrónico, non lles custará nin sequera sair da casa. 
Ler máis »

xoves, 20 de xullo de 2017

ALERTA PXOM NARÓN - Período de información pública: 17/07/2017 - 18/09/2017

Aínda que agardabamos atopar na prensa un aviso sobre o comezo do período de información pública do PXOM de Narón, acabamos de levar a sorpresa de ter que descubrir que dito período comezou o pasado luns 17 de xullo de 2017, e que tan so se prolongará ata o vindeiro -tamén luns- 18 de setembro de 2017.


Poden atopar toda a documentación publicada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio na seguinte URL: [Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Narón]

Dada a ausencia de interese por parte do Concello de Narón en sequera informar sobre este feito (ver Concello de Narón - Novas) -xa non digamos en facer actos explicativos polas parroquias informando sobre as novidades que supón o novo PXOM para os seus habitantes- , tocaralle á cidadanía organizarse para poder abordar en conxunto a súa análise e presentar emendas no que consideren lesivo para os seus intereses ou para o interese xeral.

Novas do Concello de Narón do 14/07/2017 - 19/07/2017. Do PXOM, nadiña ...


Da a casualidade que esta semana, os representantes do tecido asociativo de Narón recibiron a seguinte mensaxe de email, relativa á organización dos vindeiros Consellos Territoriais de Participación Cidadá:


Coincidencia ou non, a convocatoria dos Consellos Territoriais pretende demorarse ata o mes de setembro, eliminando a posibilidade de que o PXOM poda ser abordado dentro dos procesos participativos municipáis. Aínda así, o Regulamento de Participación Cidadá establece o seguinte:

Artigo 52. Normas xerais de funcionamento (Consellos Sectoriais)
(...) Reuniranse, como mínimo, unha vez ó semestre con carácter ordinario, e con carácter extraordinario cantas veces sexa preciso a xuízo da presidencia ou cando o soliciten un mínimo de un tercio dos membros do Consello.

Artigo 59. Normas xerais de funcionamento (Consellos Territoriais)
(...) Reuniranse, como mínimo, unha vez ó semestre con carácter ordinario, e con carácter extraordinario cantas veces sexa preciso a xuízo da presidencia ou cando o soliciten un mínimo de un tercio dos membros do Consello.

Artigo 66. Normas xerais de funcionamento (Consello Xeral) 
  1. O Consello Xeral de Participación Cidadá reunirase unha vez ó semestre con carácter ordinario e, con carácter extraordinario, cantas veces sexa preciso a xuízo da Presidencia ou o solicite, polo menos, a metade dos membros.
Evidentemente unha posibilidade pasaría por que os membros ou a presidencia destes Consellos solicitase convocatoria inmediata para poder abordar esta cuestión. Lamentablemente como xa expresamos noutros artigos, no concepto actual de Participación Cidadá que manexa Narón o cidadán non asociado non pinta nada, xa que a súa figura non está contemplada nos citados Consellos, que son os órganos recoñecidos polo Concello para temas de Participación. Así que neste caso estase a mercede da vontade que teñan as entidades que compoñen os Consellos -ou as presidencias dos mesmos -alcaldía ou concelleiros delegados-.

Noutro caso, a cuestión pasaría por que a cidadanía se organizase, analizase a información dispoñible co apoio daquelas persoas con máis coñecementos en urbanismo, e plantexar emendas de xeito individual e colectivo. Isto, curiosamente, supón unha verdadeira Participación Cidadá, xa que non se realiza baixo a tutela -interesada ou non- de administracións ou organizacións, non se somete a prazos, e expresa a vontade da cidadanía sen cortapisas. Evidentemente a relación coas administracións é un paso ineludible, pero esta independencia de operación permite a pervivencia do Movemento Participativo máis aló da duración das lexislaturas e do interese de quen ostenta un goberno ou determinado proxecto político. A combinación dun esforzo semellante en coordinación coa aplicación dun Regulamento de Participación Cidadá -aínda tan deficitario coma o do Concello de Narón- daría para unha verdadeira Participación Cidadá.

Coma sempre, o fundamental queda nas mans da cidadanía. Pola nosa parte, e co tempo limitado co que contamos, botaremos unha ollada á documentación e buscaremos axuda desinteresada para ofrecer información aberta e o máis obxectiva posible para a cidadanía de Narón respecto a esta cuestión. 
Ler máis »

luns, 5 de xuño de 2017

PXOM (II) - Un artigo de ADEGA titulado "Plans de Ordenamento Urbano"

Na nosa busca de información para destacar a importancia do PXOM de Narón, atopamos este artigo de ADEGA (Asociación para a Defensa da Ecoloxía Galega) publicado na súa revista CERNA Nº56, titulado "Plans de Ordenamento Urbano" e escrito por Lois Manoel Toirán.

A continuación reproducimos íntegro o contido dese artigo, ao que engadiremos comentarios sobre as particularidades do caso de Narón:

Portada da revista CERNA - Nº56




PLANS DE ORDENAMENTO URBANO

Lois Manoel Toirán*

Os PXOUs ou PXOMs son os Plans Xerais de Ordenación Urbana ou Municipal, un instrumento do que dispoñen os concellos para, moito máis aló de ordear o crecemento urbanístico ou o desenvolvemento do rural, a ordenación do territorio: cales van ser os seus usos, incluíndo temas esenciais como economía, medio ambiente, infraestruturas, etnografía... ou mesmo a calidade de vida da veciñanza. Paralelamente leva consigo unha normativa que rexerá as futuras actuacións.

PASOS PREVIOS
Na teoría estes documentos precisan para a súa planificación dunha serie de estudos iniciais sobre os que traballar, así como ter en conta a variada lexislación que deben recoller. Ao mesmo tempo deberan de reflectir tamén tanto as necesidades e sensibilidades sociais, como as propostas políticas dos gobernantes do que consideran o camiño a seguir. Pero indo máis aló, estes proxectos terían ao mesmo tempo que ter en conta aspectos comarcais, nacionais, estatais e mesmo internacionais. Aí temos por exemplo a AXENDA 21 ou o cambio climático, os espazos naturais, protección e fomento do rural, ou determinadas políticas galegas ou doutros niveis máis xerais, etc. A coordinación entre institucións debera ser fundamental.
En canto ás fontes de información de partida indicadas neste parágrafo, non temos coñecemento da existencia de estudos iniciais, nin da posibilidade de consultalos, salvo no caso da lexislación. Tampouco sabemos a importancia que lle deron á AXENDA 21, aínda que polo de agora en materia de política municipal a verdade é que a ignoraron en gran medida: de feito, non atopamos informe ou documentación algunha no Portal de Transparencia relativa ao grao de implantación da mesma. O que temos moi claro é que non tiveron modo de obter información sobre as sensibilidades e necesidades sociais, xa que a participación cidadá é moi deficitaria e non inclúe nin ten en conta a toda a cidadanía. De feito, o caso da Cementeira de Castro foi un flagrante caso de insensibilidade urbanística. 
Pero que é o que ocorre en incontábeis casos? Non é nada inusual, para o abraio de todo o mundo, que o propio equipo técnico redactor (que pode ser de Madrid ou de calquera outro sitio e descoñecedor da realidade) conte con cartografía incorrecta ou desfasada para empezar a traballar, con que non haxa nin se realicen catálogos correctos dos bens etnográficos, que non se teña en conta zonas de inundacións e que nin aparezan inventariados os espazos naturais a protexer.
En canto a inundacións, habería que ter en conta os casos reflectidos nas novas dos últimos anos:

Respecto a bens etnográficos, hai que ter moito ollo, xa que hai advertencias de desprotección ou actuacións nefastas:

A esas, nos engadimos o enguedellado traxecto do Camiño Inglés entre A Gándara e o Couto: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8329713

Sobre espazos naturais a protexer, o principal e máis magoado é a ría: e a ubicación actual de industrias contaminantes como Megasa, integrada tamén nun núcleo de poboación deixa bastante que desexar. Temos que lembrar que no seu momento se fixo unha ampliación desta planta facendo un recheo da ría. Haberá que ter ollo para saber se se reservan espazos para usos semellantes.

Por outra banda, mesmo se dan casos nos que o concello teña elaborada a Axenda 21 coa participación da veciñanza e que esta nin apareza mencionada nos estudos ambientais, económicos ou doutra índole nos documentos de ordenación. O mesmo pasa con temas como o cambio climático que quedan exentos e relegados a celebracións e actos propagandísticos do Día da Bicicleta, da Árbore ou doutras efemérides.
Sobre a Axenda 21 xa dixemos abondo arriba. Sobre o dos actos propagandísticos, deron plenamente no cravo.

As leis de aplicación para estes plans como a Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Territorio ou as leis sectoriais (Augas, Patrimonio, Estradas, ...) poden quedar situadas nun segundo plano ante as presións do sector da construción. O exceso de edificabilidade ata límites escandalosos é unha das características máis comúns destes proxectos de urbanismo en moitas localidades.
Segundo a Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais (EIEL), en Narón hai 3.186 vivendas desocupadas, o que supón cerca do 16% da vivenda total existente. Dada a actual situación económica da comarca, que está a provocar o descenso de poboación -sobre todo no caso do veciño Concello de Ferrol- que busca oportunidades laborais, o feito de que a comarca acumule máis de 24.000 vivendas desocupadas (La Voz de Galicia - Ferrolterra, Eume y Ortegal aglutinan 24.442 viviendas desocupadas), o progresivo envellecemento da poboación, a reducción na distancia entre nacementos e defuncións, ... fan crer que a edificación de nova vivenda non debería ser unha gran prioridade para Narón a nivel social. Evidentemente, o sector da construcción e os responsables de recadación do Concello -as licenzas de construcción aportan interesantes sumas- dirán o contrario.





A REALIDADE
A Xunta, como nunca sucedera antes, tivo que adoptar medidas para parar este sen sentido hoxe demostrado, por exemplo, coa crise da construción. Non faltou tempo para que empresarios da construción como a APEC (Asociación de Empresarios da Construción) saíran nos medios criticando calquera medida que procurara unha mellora da situación nun panorama desolador. Mesmo a Lei do Hábitat non se salvaba da “Lei do Tixolo” ditada por aqueles empresarios carentes de sensibilidade.

Milleiros de novas vivendas, millóns de metros cadrados urbanizábeis, novas autoestradas, circunvalacións, viais en xeral, poñíanse ao servizo dos construtores e dos seus patrocinadores-alcaldes nas cidades e vilas para espallar un estilo de vida, unha cultura que ignora os milleiros de vivendas baleiras ou aquelas outras abandonadas sen restaurar, agredendo ao medio rural (especialmente o máis próximo aos núcleos urbanos) e ao contorno natural e desoíndo aos colectivos veciñais e de todo tipo, como os colexios profesionais de arquitectos, xeógrafos, ... a maiores dos ecoloxistas. Aquí hai que resaltar como os novos viais son a ferramenta máis idónea da que se valen os urbanizadores para penetrar en espazos ata o de agora libres deste desenvolvemento insostíbel. O uso dos medios de transporte privados multiplícase e satura as novas vías de comunicación entre a cidade e as urbanizacións ou concellos - dormitorio lindeiros.

https://www.google.es/maps/@43.5187847,-8.1628659,379m/data=!3m1!1e3


Por outra banda, ata o momento foi característico, especialmente das grandes cidades, o illamento e/ou aniquilamento dos núcleos rurais tradicionais e do solo rústico en xeral, nas súas distintas variantes de protección. A urbanización tipo chalé faise dona de determinados espazos, chegando a substituír a cultura, o estilo de vida e mesmo lugares característicos galegos protexidos do contorno rural e natural fornecedor de alimentos, de biodiversidade e de calidade de vida.

Non se libran deste culto á construción os bens etnográficos: castros, camiños reais ou mámoas e conxuntos líticos quedan desfeitos ou sepultados baixo as construcións, se non hai alguén que denuncie a súa existencia e posta en valor.

Pensando nas cidades e vilas non debera ser posíbel que ante os enormes e numerosos polígonos industriais que se instalan (non valoremos agora a súa idoneidade), que non veñan acompañados dunha liña ferroviaria de mercadorías como medio de transporte fundamental.

PERSPECTIVAS
Viuse como a política pola que a construción se convertera nun dos eixos do crecemento económico estaba fondamente errada. Pero o sentido común tamén aconsellaba a través das denuncias xa feitas dende hai décadas (sobre o crecemento negativo da poboación, as consecuencias do uso dos combustíbeis fósiles ou o mal uso das enerxías e a prol da protección dos nosos valores naturais e rurais) que os Plans de Urbanismo deberan ser un instrumento máis para o desenvolvemento sostíbel da sociedade. É visíbel e palpábel que numerosos concellos teñen problemas para a súa tramitación, sexa por recursos presentados por particulares ou colectivos, sexa pola intervención da propia administración autonómica. Nunca houbo tantas leis. Só é necesario, e dun xeito urxente, que se cumpran.

Un cambio favorábel parece que se está a albiscar, insuficiente en numerosos casos. Este cambio na sensibilidade ten que percorrer e limpar, en primeiro termo, ás corporacións municipais e, despois, a todo un sector da sociedade que durante anos aprendeu que a especulación era un xeito de gañar cartos a costa do que fora, do noso contorno, da calidade de vida ou das economías familiares.

* Lois Manoel Toirán é membro de ADEGA e da Plataforma: “Lugo, a mellor cidade do mundo!



Agardamos que o artigo fose do interese dos lectores, e amose a importancia dun PXOM e os vicios dos que adoecen polo xeral. Dende aquí convidamos tanto á cidadanía a organizarse para analizar a parte deste plan que lle corresponda, como a aquelas persoas con coñecementos sobre urbanismo que quixesen aportar a súa opinión de xeito desinteresado para aportar máis puntos de vista sobre este tema. A labor que quedará por facer nos 2 meses que nos da o Concello -pois é quen decidiu gardar a documentación fora do alcance da xente ata que a publique a Consellería de Medioambiente- será enorme, e inabordable se non se fai de xeito colectivo.

Seguiremos informando...
Ler máis »

venres, 2 de xuño de 2017

Ante a próxima aprobación do PXOM

Imaxe extraíde de http://xeografianaron.blogspot.com.es/
Fonte orixinal: www.planeamentourbanistico.xunta.es
Estamos de volta? Qué máis quixéramos... aínda que tamén podemos dicir que dado que nunca abandonamos a nosa faceta de cidadáns, non nos iremos de verdade ata que nos toque. E curiosamente hai cousas que farían espertar a un morto coa preocupación, xa que por afectar, ata poderían afectar aos cemiterios. Agardamos que non sexa o caso, pero o anuncio da próxima exposición pública do PXOM -Plan Xeral de Ordenación Municipal- preocúpanos bastante. Non só por antecedentes recentes de cuestións que non deberan resultar preocupantes, como aquel proxecto de senda peonil e ciclista entre Narón e Valdoviño (ver 1, 2 e 3), que pasou de puntiñas como algo irrelevante e resultou ter potenciais afectacións a veciños por mor de expropiacións, e que por falta de información case chegan tarde a presentar as alegacións. Tamén polas formas: acabamos de saber pola prensa (concretamente por La Voz de Galicia - Personal del equipo redactor del nuevo PXOM informará a los vecinos de las variaciones ) que se informou de que a apertura do período de información pública do PXOM terá lugar como moi tarde a finais deste mes de xuño, e que haberá 2 meses para presentar alegacións. Curiosamente este anuncio se fixo no recentemente estreado Consello de Participación Cidadá de Narón. E ata adiantan que porán o persoal do concello a disposición da cidadanía para resolver dúbidas durante 2 días á semán nese período. Ata aquí parece que todo pinta ben, sempre que non se teñan en conta os seguintes detalles:
  • A participación cidadá en Narón presenta numerosas taras, tal e como puidemos ir sinalando durante o tempo de funcionamento desta publicación. Tal é así, que o Consello de Participación Cidadá debería terse constituído no comezo da lexislatura -por non dicir antes- e que polo tanto leva 2 anos de retraso. Maís aínda se lembramos que os propios Consellos Territoriais teñen o defecto de que tan so convocan aos representantes de entidades asociativas, deixando fora da súa labor a toda a cidadanía non asociada. Cuestión que aínda se agrava máis se pensamos que as actas das reunións destes Consellos non se publican nin se poñen a disposición da veciñanza. 
  • Tendo en conta a situación da participación cidadá, a cousa empeora se pensamos que dende o comezo dos traballos para elaborar o PXOM, non se lle foi entregando a estes órganos de participación a documentación que se ía elaborando para que a cidadanía puidera debatir sobre ela e así adiantar posibles problemas que puideran xurdir.  Pode crer o lector que pedimos moito, salvo que botemos unha ollada á paxina web da CMAOT - Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): alí observaremos que no comezo do proceso de elaboración do PXOM se desenrola un borrador do plan e un documento inicial estratéxico, e que podería ser un bo material para entregar a estes Consellos de Participación co fin de elaborar un PXOM o máis participativo posible. Pero non so iso: nun período de consultas previas as persoas interesadas -por exemplo, veciños afectados- poderían manifestar as súas alegacións ao respecto. Lamentablemente, isto non tivo lugar, e foi evidentemente por falta de vontade do Concello.
    Pero iso non é todo: na nota de prensa publicada polo Concello (Os orzamentos municipais e o borrador do novo PXOM abordáronse na reunión do Consello Xeral de Participación) indican que haberá que agardar ata que Medioambiente emita informe, e que "Unha vez resolva, Medio Ambiente colgará na súa páxina web o documento para que se poida consultar e durante dous meses poderán presentarse alegacións medioambientais e doutros concellos limítrofes". Non so se trata de agardar ata entón cruzados de brazos, senón que despóis, quen saiba facelo, terá que encargarse de descargar a información. Para qué usar o noso flamante e galardoado Portal de Transparencia? Quén querería dar unha volta nun Ferrari puidendo telo aparcado na palleira?
  • Para máis inri, a "axuda" que ofrece o Concello adoece das taras de sempre: faise de xeito individualizado e unipersoal. Básicamente un "divide e vencerás" que ten as seguintes consecuencias:
    • Os consultantes nunca van coñecer se a súa situación é única, ou se hai máis xente coa mesma problemática. Isto péchalles a porta á hora de facer un fronte común respecto a unha medida prexudicial.
    • Relacionado co anterior, non existe a garantía de que a resposta que se lle dea a dúas persoas coa mesma problemática sexa a mesma, xa que moi probablemente esta sexa de caracter verbal.
    • Unha das vantaxes do debate público é que pode "abrir mentes": pode que haxa cousas que non nos parecesen un problema, ata que escoitamos a outra persoa facer un relato e nos deamos conta de que iso nos pode prexudicar a nos tamén.
Comprenden agora a nosa preocupación ao respecto? E máis se botamos a mirada atrás e lembramos manobras de ordenación do territorio como a que permitiu a operación da cementeira de Castro: unha instalación que finalmente foi declarada ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e refrendada polo Tribunal Supremo. Citando a La Voz de Galicia - Los vecinos de Castro buscan que la Xunta paralice la cementera:

«A sentencia deixou sen efecto a autorización ambiental outorgada no seu día polo departamento da Xunta desestimando a modificación do Plan Xeral que se levou a cabo coa aprobación dun plan sectorial, por considerar que dita modificación vai en contra do principio de xerarquía nominativa» 

Cómo se quedaron? Pois velaí o noso motivo para volver a escribir. E volveremos a facelo nos próximos días, aportando información sobre os riscos que supón non elaborar un proceso de debate veciñal colectivo sobre o PXOM que ven, e que fundamentalmente poderían resumirse en que fose redactado para o interese duns poucos, en lugar de para estar ao servizo de toda a cidadanía.

Ata a próxima entrega... 
Ler máis »