martes, 23 de maio de 2023

De empanadas e insectos voadores

Ah ... Están aí? Nos tamén. Canto tempo, non? Que que nos trae por aquí, despóis de tanto tempo? Pois unha situación ben peculiar que estamos a observar, e que segundo a lei da oferta e demanda, pode facer caer o prezo da empanada a mínimos históricos. Se estamos de broma? Non, pero sen dúbida, este ha ser un artigo cun tinte máis ben satírico que analítico. Ata podería ferir sensibilidades ...

Tras varios días lendo -unha vez máis- sobre o drama das invasións dípteras en certa parroquia do noso ilustre Concello, e a abordaxe que se lle está a dar ao tema, non temos más remedio que botar unha gargallada públicamente ao respecto.  E non é que non teñamos un mínimo de solidaridade con quenes están a padecer tal praga, que na nosa ignorancia ata podería xerar preocupación dende o punto de vista sanitario, senón porque posta en escena, parecería guionizada ao estilo dun episodio bíblico, ou dun reportaxe sobre unha crise alimentaria no corno de África. Xa ven, aquí, no chachi-concello-cibdade dos 40.000, soño dourado de Artabria, longamente disputado no terreo político. Dentro titulares:

 

Diario de Ferrol - El infierno negro de las moscas en O Val, Narón 

La Voz de Galicia - SOS de O Val por el problema de las moscas: «Son cien casas afectadas»

 

Pragas, desamparo, rogos, silencios, contención, aguante, ... Facianas duras, carraxudas. Palabras de súplica, de pena. Catro anos. ¡Catro anos! So faltan as veliñas, e rituais en Pena Molexa a deidades pagáns para completar o círculo. E probablemente se farían, churrascada incluída, se non fose que bandadas de convidadas non desexadas estropearían a festa.

Curiosamente, e dados en pensar, resultan curiosos certos silencios de medios, contrapostos cos dos mencionados diarios: un deles con clara tendencia a adular á dereita, e o outro, gran beneficiario da publicidade institucional do Reyno de G.  Será porque a política é como unha competición ... a motor ... e hai versados aspirantes a conquerir o posto máis alto no podium deste Rally. Os silencios, quen coñeza un pouco a prensa local Ártabra, saberán onde están. Porque hai que evitar enfangar a campaña... A campaña? A CAMPAÑA!

 

Porque sí, estamos en eleccións! Decatouse alguén?

Cremos que non. Ou polo menos, non a maioría. Chegaremos a iso... Pero os partidos sí o saben. E os medios tamén. E os problemas sempre son unha boa baza política. Así, hai partidos que tiran dos seus medios para pintar de negro, coma unha nube de insectos, o panorama. Outros prefiren permanecer en silencio ao respecto, e deixar que as voces que "representan" aos veciños afectados sinalen cara administracións de ámbito superior.  E outros, con presenza parlamentaria no Horreo, aproveitan para facer bo uso da mesma (Ferrol360 - El BNG pregunta en el Parlamento de Galicia por la plaga de moscas en O Val) demandando algo E-SEN-CIAL: colaboración urxente e eficaz entre administracións para erradicar a praga.
Lamentablemente, a resposta dende o goberno da Xunta consiste nun lanzamento de pataca quente estilo Javier Clemente (La Voz de Galicia - La Xunta reitera que no tiene competencias sobre la plaga de moscas de Narón). Non é cousa nosa, non temos competencias ... E dicimos lamentablemente, porque nos declaramos escraviños perdidos dos caprichos deses dourados tirabuzóns da delegada territorial (suspiro).

Y el anillo, p'a cuando?

... como diría unha afamada cantante latina. Porque mirando as cousas polo malo, a pataca queima, non hai competencias. E sen embargo, un atopa fácilmente novas como a seguinte:

La Voz de Galicia - La Xunta dice que en Ribadeo tiende a reducirse la plaga de moscas (25/07/2019) no que se pode ler:

 ...el delegado provincial de la Xunta dice que los «tratamentos de control» aplicados ya han hecho posible «unha reducción importante da poboación de moscas»


Que terá Ribadeo que non ten Narón-40k-soño-dourado? De feito, e postos a darlle ao maxín, un pensa ... Como é posible que unha administración como a Xunta poda prohibir a plantación de patacas por mor dun becho, durante anos, pero que non poda facer NADA ante unha praga de moscas, sen recorrer a instancias máis altas?

Sentímolo, mademoiselle Aneiros, no máis fondo do noso corazón, pero o argumento non ten pinta de terse por sí mesmo.

Lamentablemente, non son os únicos que xogan á pataca quente. Outros calan. Imaxinamos que para minorar o posible o efecto que poda ter o feito de que no Concello, contra toda apariencia, hai problemas. E iso significa a necesidade de xestionalos. 

Sorprende que so veramos na prensa unha mención a algo que debería ser o primeiro xesto de calquera responsable dunha administración: a busca de coordinación para achar unha solución efectiva e rápida ao problema. Porque sí, o divertido é ver como o primeiro impulso e buscar un culpable e tentar embarrar para obter rédito político, en lugar de sair na prensa como o primeiro interesado en dar fin ao problema. Sobre todo porque, ... Acaso esta xente non cobra precisamente por iso?

De tódolos xeitos, temos que lamentar que esa perspectiva tan axeitada quede simplemente nun lanzamento de pedra ao terreo da administración autonómica. Porque é simplemente iso: pedir explicacións, poñer unha veliña, e a agardar ...


E a empanada?

Visto o visto, seica haberá que pregar ao altísimo. E agardar que non teña a alguén por riba, e que lle pase a pataca quente. Non? Por certo, a quen van votar o domingo? Porque irán votar, non? Terano clariño e ben decido, non? Como que non!? Con este nivelazo de xestores???

Evidentemente, esta publicación, por moi satírica que sexa, seguirá co mesmo espírito do blogue, e tentará formentar unha cidadanía exemplar e participativa. Por moi ardua que pareza a tarefa agora mesmo...

Chegados a este punto: alguén reparou en qué pinta a empanada en todo isto? Porque insectos voadores hai, pero ... E a empanada? 
 
A empanada, e en grandes cantidades, téñena os sufridos veciños do Val. Porque visto o panorama, son capaces de ir coma borreguiños o domingo a meter a papeleta, como unha santa compaña, e a boca chea: non de empanada, nin de moscas, senon de "eche-o-que-hai". Porque entón, afundimos o mercado mundial da empanada con semellante produción en masa, que nin os de Neda facendo unha folga á xaponesa. 
 
  • Deuse alguén de conta que queda NADA para unhas ELECCIÓNS MUNICIPAIS? 
  • Saben que iso significa a data de renovación dun lucrativo contrato de XESTIÓN dos seus problemas?
  • Déronse de conta que por moitos xestores que hai:
    • Asociacións de veciños
    • Cooperativas
    • Concellos
    • Deputacións
    • Xunta
    • Estado
      ...
      ninguén promete dar solución aos seus problemas?
  • Que aínda que hai partidos que outrora dinamizaron distintas loitas... agora non están dispostos a facer o máis mínimo ruido, non vaia ser que se lles f*d@ o invento?

 

Nin se lles ocurra por asomo facer nada do seguinte!

  • Unhas 100 casas son así como unas 400-500 persoas. Máis se convidan a amigos...
  • Custa ben pouco conseguir megafonía e un coche para facer un anuncio de asemblea
  • Convocan á prensa para a mesma data da asemblea (é ben sinxelo, mandar uns emails, ou facer unhas chamadas, e listo)
  • Na citada asemblea fan un comunidado dicindo que no caso de que antes do domingo non se forme un gabinete de urxencia con políticos e técnicos, do que sairá un plan para abordar o problema, ningún dos asistentes votará a calquera partido con algún tipo de responsabilidade nunha administración (sexa local, autonómica, ou estatal).
  • Agardan a ver que ocorre antes de domingo.

En fin, nin se lles ocorra facelo! Porque:

  • Se deben favores, hanlles tirar das orellas
  • Se teñen amigos, pode que perdan algún

 

En fin, sexa como sexa, disfruten do que exerzan. Sexa unha cidadanía responsable, a empanada con moscas, ou o cóctel que vostedes prefiran. 



 

Ler máis »