luns, 26 de outubro de 2015

Direccións de email de contacto con entidades asociativas de Narón: a nosa pequena aportación

Aqueles que estean a seguir este blog, lembrarán que coa nosa anterior publicación Avanzando a pequenos pasos escribiamos outro capítulo do culebrón que está a supoñer conseguir que o Concello de Narón poña ó alcance de todos na súa páxina web o listado de entidades asociativas e a forma de contactar con éstas. Algo que consideramos indispensable para a colaboración entre a cidadanía. Nese capítulo, o concello nos daba por resposta un "estamos trabajando en ello" do que adiantábamos que se podería dilatar de forma indefinida.

Pois ben, en previsión de que esa dilación indefinida, e con bastante pouco esforzo pola nosa parte, fixemos un listado con direccións de email de entidades activas actualmente, ó que os nosos lectores poderan acceder dende a ligazón https://drive.google.com/open?id=1B7bTTHBk2t0j7GcJCYVxDAfngAxN6qOzot9V49OrFqc ou dende a sección  Documentación no menú do noso blog, dentro da carpeta Participación Cidadá.

Nesta lista omitimos todas aquelas entidades que tivesen coma dirección de email algunha que semellase persoal ou de índole laboral. O motivo é o seguinte: segundo a lexislación en materia de protección de datos, as direccións de email vinculadas á prestación dun servizo como é o das asociacións non están enmarcadas dentro do ámbito de aplicación das mesmas. Sen embargo, non poderiamos dicir o mesmo de direccións persoais ou de traballo, pois descoñecemos se é a dirección que aportou a entidade como forma de contacto oficial -algo que so podería aseverar a propia entidade, ou a administración local, responsable da xestión dos datos destas entidades.

Con isto demostramos que non é unha tarefa tan complicada poñer esta información a disposición da cidadanía, e que a demora por parte do Concello no seu compromiso de actualización do Rexistro Municipal de Entidades non debería ser moito.

Coma sempre, quedamos a disposición dos lectores para ampliar ou corrixir esta información.
Ler máis »

domingo, 11 de outubro de 2015

Avanzando a pequenos pasos

¿Lembran vostedes o noso artigo de hai uns meses co título Estado actual do Rexistro municipal de entidades publicado na web do concello? Como comentabamos nese mesmo artigo, presentamos unha petición por rexistro ante o Concello coas demandas recollidas no mesmo. Pois dous meses despóis, recibimos a contestación por parte do Concello, que amosamos a continuación:


A espera non nos parece moi xustificada. Pero o que realmente non estivo xustificado foi ter que chegar a este extremo para avanzar un pouquiño máis no obxectivo de ter un Rexistro Municipal de Asociacións que estea á altura dos que ofrecen os concellos veciños, e que permitan a relación entre entidades e cidadáns de Narón. Xa no noso primeiro artigo Demostración de que ó actual equipo de goberno non lle interesa a Participación Cidadá relatábamos visitas e un tormentoso cruce de escritos entre nós e o Concello demandando un listado actualizado cos teléfonos das entidades de Narón, tras o cal só recibimos unha negativa. Negativa que nos levou a investigar máis a nivel lexislativo para poder dar con argumentos que nos desen a razón e obrigasen ó Concello a aportar esa información. Algo que parece que conseguimos tras consultar a Ley 11/2007, de 22 de junio, de acceso electrónico de los ciudadanos a los Servicios Públicos, pero que supón un exceso de esforzos por ambos lados para algo tan sinxelo, e que ata consideramos un desaproveitamento de recursos por parte da administración local en actos que van en contra dos intereses dos veciños.

Iso sí, aínda non imos cantar victoria: a resposta recibida non da un prazo para rematar este proceso, e  pode constituir unha demora indefinida no mesmo. Sobre todo porque existen outros procesos que parecen tamén aprazados indefinidamente, e que teñen que ver coa participación cidadá, tales como a convocatoria dos Consellos Territoriais e Sectoriais de Participación. É dicir, que non descartamos ter ir elevando o tema ata rematar presentando un contencioso por este motivo.

En resume, volvemos a incidir nas evidencias de que tanto o goberno municipal, formado por TEGA, BNG e PSdG-PSOE, como a concellería de Participación Cidadá, da que é responsable Catalína García, non parecen estar pola labor de que exista unha verdadeira participación cidadá neste concello. Por esta banda, temos que lamentar tamén que por parte da oposición (PP, EU e ENE) non se emitise todavía ningún comunicado preocupándose pola situación, ainda que agardamos que isto cambie.
Ler máis »