Saúdos, lectoras e lectores! Tal vez polas datas correspondese máis unha análise do primeiro ano de goberno do mandato 2015-2019, pero vai ser un exercicio que coste bastante máis esforzo que expoñer a presente cuestión.
Como saberán, dentro da inquedanza na procura de coñecemento sobre os qués, cómos e porqués da nosa administración local, a transparencia é unha das nosas cuestións máis demandadas. Unha das fontes de información máis valiosas soen ser as actas de sesión das administracións e os seus órganos. E entre elas, está a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, un ente local supramunicipal ao que está vinculado o Concello de Narón, xunto cos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Neda e Valdoviño. Poden acceder aos estatutos que a rixen na seguinte ligazón: [Estatutos]. Neles se describe o obxectivo deste ente -que de xeito resumido é aproveitar as vantaxes económicas que supón a xestión conxunta de determinadas cuestións que de xeito individualizado sería máis custoso ou inviable- e o seu funcionamento. Tamén ven a conto lembrar que hai uns meses o noso alcalde -José Manuel Blanco- foi nomeado vicepresidente da Mancomunidade.
Volvendo ao tema das actas, nun xesto de transparencia que no seu momento agradecemos, e seguimos a agradecer, ao principio deste mandato a Xerencia da Mancomunidade engadiu unha sección na web onde publicar as actas das sesións desta entidade. Ainda así, ata hai uns días permanecían so publicadas as actas do ano 2015, algo que nos inquedaba, polo que volvemos a pedir a súa publicación. Haberá quen pense que este "pasatempo" -nos preferimos chamarlle compromiso cidadán- non ten máis resultado que quentarlle a cabeza a xente moi ocupada, pero neste caso deu algún froito interesante -realmente sempre os da, pois o saber é un, pero neste caso cremos que atraerá a atención da xente-.
Para poñernos en situación, compre lembrar a crise dos trihalometanos que tivo á cidadanía de varios concellos da comarca sen poder consumir auga potable dos seus grifos durante tres días no mes de xullo de 2015. Ainda que había voces da veciñanza que consideraban reclamable unha parte do recibo polo perxuizo causado, e que o Concello de Ferrol aplicara un desconto na tarifa por este motivo, en Narón non houbo movemento algún ao respecto ata que no Pleno do 29 de outubro de 2015 o PP presentaba unha moción solicitando que se realizase a citada devolución co seguinte texto:
Debido á que se veu en chamar como “crise do auga” houbo uns días en que o consumo de auga foi restrinxido o conter valores superiores aos permitidos no nivel de Trihalometanos. O día en que se estableceu a restricción foi o 16 de xullo, que durou ata o 19. Coñeceuse posteriormente, tras a restrición, que os primeiros resultados anómalos databan de mostras tomadas o 29 de xuño. Se ben é certo que en Narón temos unha compañía de augas propia, Cosma, da que o alcalde é o seu presidente, o cal non informou de que se houbese detectado nada, o feito fundamental é que Ferrol é quen nola suministra en última instancia. Polo tanto, o caso é que os veciños viñeron pagando por un suministro que non puideron consumir por non reunir os requisitos mínimos.
PROPOSTA
1º.- Instar ao goberno de Narón a propoñer no consello de administración de Cosma, onde ten maioría, descontos na facturación polos días en que os veciños recibiron auga non apta para o consumo.
2º.- Instar ao goberno de Narón a propoñer no consello de administración de Cosma, do mesmo xeito, que se inicie un procedemento de reclamación contra o Concello de Ferrol, para que desconte tamen a parte proporcional onde o auga non foi apta para o consumo.
En Narón, a 23 de outubro de 2015
Asinado: Marcos López Balado - Voceiro Municipal do Partido Popular
Lembraremos tamén que nesa ocasión, e tal e como indica a acta dese Pleno, a moción foi desestimada polos votos en contra de TEGA, PSdeG-PSOE, BNG, EU e a abstención de ENE. Estivemos a buscar na hemeroteca e non atopamos referencias nas que ampararnos, pero lembramos claramente que os motivos que se aduciran para a desestimación eran complicacións co programa informático de xestión que emprega COSMA, e que lles impedía facer esa operación. Algo que no seu momento sinalamos como excusa ridícula, e que esas limitacións caían dentro da responsabilidade de COSMA, non na dos seus clientes.
Pois ben, o 28 de abril de 2016 o PP, tras un informe favorable á devolución enviado pola Valedora do Pobo, -e a negativa do Pleno a admitir a moción en marzo por vía urxente, por estar agardando resposta da Valedora a alegacións feitas polo Concello-, volve a presentar a seguinte moción para o desconto no recibo da auga do consumo estimado de auga potable para os días correspondentes á crise dos trihalometanos:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Grupo Municipal Popular presentou unha moción ao pleno de outubro de 2015, na que se instaba ao goberno de Narón a propoñer no Consello de Administración de Cosma unha compensación na facturación aos usuarios, polos días en que os veciños recibiron un auga non apta para o consumo, nos días que durou a chamada “crise do auga”. Debido a esa “crise”, recordemos, houbo uns días en que o consumo de auga foi restrinxido o conter valores superiores aos permitidos no nivel de Trihalometanos. O día en que se estableceu a restricción foi o 16 de xullo, que durou ata o 19. Coñeceuse posteriormente, tras a restrición, que os primeiros resultados anómalos databan de mostras tomadas o 29 de xuño. Con data 11/02/2016 a Valedora do Pobo remitía aos concellos afectados pola mencionada “crise do auga” un escrito no que se lles suxería a eses Concellos “que no caso de non telo feita xa se determine unha eventual compensación derivada da falta de subministro de auga para consumo durante os días que durou o incidente obxecto das queixas, tal e como xa fixo un dos concellos afectados, e que se faga de forma proporcional aos días que durou o incidente”. En base ao exposto, este grupo municipal ven a facer a seguinte
PROPOSTA
1º.- Instar novamente ao goberno de Narón a propoñer no consello de administración de Cosma, onde ten maioría, que se determine unha compensación derivada da falta de suministro de auga polos días en que os veciños recibiron auga non apta para o consumo.
2º.- Instar ao goberno de Narón a propoñer no consello de administración de Cosma, do mesmo xeito, que se inicie un procedemento de reclamación contra o Concello de Ferrol, para que lle desconte tamen a parte proporcional onde o auga non foi apta para o consumo.
En Narón, a 23 de marzo de 2016
Asinado: Marcos López Balado Voceiro Municipal do Partido Popular
Neste caso -poden ler o debate completo na acta deste pleno de 28 de abril de 2016- a excusa para rexeitar de novo a moción é que segue sen haber contestación da Valedora sobre as alegacións feitas polo Concello de Narón. Ainda así, merece a pena ler o debate sobre esta proposta -e tódalas outras, pois a da rebaixa dos valores catastrais tampouco ten desperdicio algún-. Concretamente, sinalaremos esta parte da intervención do voceiro do grupo do PP:
Algo que podemos facer xa que a deste pleno é a PRIMEIRA acta que se publica ÍNTEGRAMENTE tal e como comprometía a Ordenanza de Transparencia do Concello de Narón. ¿Ven o estupendo da transparencia? Permítenos comprender todo o que hai detrás dunha simple nota de prensa do Concello onde se preden tódolos matices importantes das cuestións tratadas en Pleno.
Volvendo ao caso, aquí é onde enlazamos coas actas da Mancomunidade, pois o que menciona o concelleiro Balado ven reflectido na acta da sesión plenaria da Mancomunidade do 14 de marzo de 2016. Literalmente:
É dicir, que estaban a reclamar a Emafesa, non so o custo da auga, senón que algún alcalde -o de Ares- suxería que se tivese en conta o custo da auga mineral que pagaron os concellos durante os días nos que o consumo estivo prohibido.
Pero isto non é todo. Na nosa lectura da acta da Mancomunidade do 11 de abril de 2016, atopamos algo se cabe máis interesante e revelador:
É dicir, que Emafesa lle devolveu ao Concello de Narón -é dicir, COSMA- a cantidade correspondente ao consumo a deducir pola crise dos trihalometanos. Unha cuestión bastante sangrante polos seguintes motivos:
Agardamos que a próxima vez que esta cuestión se presente a Pleno, a cidadanía ateigue as bancadas do salón portando cartaces nos que expresen as súas demandas e o seu descontento. Cremos que esa é a mellor guía que teñen os distintos grupos políticos para saber cando están a cumplir co seu cometido dentro da administración local.

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR PARA QUE SE APLIQUE NA
FACTURA DE COSMA UN DESCONTO POLOS DÍAS NOS QUE O AUGA NON FOI
APTA PARA O CONSUMO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS FACTURA DE COSMA UN DESCONTO POLOS DÍAS NOS QUE O AUGA NON FOI

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP PARA CUMPLIR INFORME DA
VALEDORA DO POBO E APLICAR COMPENSACIÓN NO RECIBO DE COSMA
POLOS DÍAS QUE A AUGA NON FOI APTA PARA O CONSUMO
VALEDORA DO POBO E APLICAR COMPENSACIÓN NO RECIBO DE COSMA
POLOS DÍAS QUE A AUGA NON FOI APTA PARA O CONSUMO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Grupo Municipal Popular presentou unha moción ao pleno de outubro de 2015, na que se instaba ao goberno de Narón a propoñer no Consello de Administración de Cosma unha compensación na facturación aos usuarios, polos días en que os veciños recibiron un auga non apta para o consumo, nos días que durou a chamada “crise do auga”. Debido a esa “crise”, recordemos, houbo uns días en que o consumo de auga foi restrinxido o conter valores superiores aos permitidos no nivel de Trihalometanos. O día en que se estableceu a restricción foi o 16 de xullo, que durou ata o 19. Coñeceuse posteriormente, tras a restrición, que os primeiros resultados anómalos databan de mostras tomadas o 29 de xuño. Con data 11/02/2016 a Valedora do Pobo remitía aos concellos afectados pola mencionada “crise do auga” un escrito no que se lles suxería a eses Concellos “que no caso de non telo feita xa se determine unha eventual compensación derivada da falta de subministro de auga para consumo durante os días que durou o incidente obxecto das queixas, tal e como xa fixo un dos concellos afectados, e que se faga de forma proporcional aos días que durou o incidente”. En base ao exposto, este grupo municipal ven a facer a seguinte
PROPOSTA
1º.- Instar novamente ao goberno de Narón a propoñer no consello de administración de Cosma, onde ten maioría, que se determine unha compensación derivada da falta de suministro de auga polos días en que os veciños recibiron auga non apta para o consumo.
2º.- Instar ao goberno de Narón a propoñer no consello de administración de Cosma, do mesmo xeito, que se inicie un procedemento de reclamación contra o Concello de Ferrol, para que lle desconte tamen a parte proporcional onde o auga non foi apta para o consumo.
En Narón, a 23 de marzo de 2016
Asinado: Marcos López Balado Voceiro Municipal do Partido Popular
Neste caso -poden ler o debate completo na acta deste pleno de 28 de abril de 2016- a excusa para rexeitar de novo a moción é que segue sen haber contestación da Valedora sobre as alegacións feitas polo Concello de Narón. Ainda así, merece a pena ler o debate sobre esta proposta -e tódalas outras, pois a da rebaixa dos valores catastrais tampouco ten desperdicio algún-. Concretamente, sinalaremos esta parte da intervención do voceiro do grupo do PP:
"La valedora instó a todos los Concellos, a todos los que no lo hubieran hecho, a compensar a los vecinos porque hay ayuntamientos que ya lo hicieron, hablo de Ferrol, por ejemplo, el ayuntamiento de Ferrol ya compensó a sus vecinos. Y los ayuntamientos de Ares, Mugardos y Fene acaban de enviar un escrito también entre los tres para proceder a hacer lo que decía la valedora. El único que está descolgado y sigue sin reconocerlo es el Ayuntamiento de Naron (...)"
Algo que podemos facer xa que a deste pleno é a PRIMEIRA acta que se publica ÍNTEGRAMENTE tal e como comprometía a Ordenanza de Transparencia do Concello de Narón. ¿Ven o estupendo da transparencia? Permítenos comprender todo o que hai detrás dunha simple nota de prensa do Concello onde se preden tódolos matices importantes das cuestións tratadas en Pleno.
Volvendo ao caso, aquí é onde enlazamos coas actas da Mancomunidade, pois o que menciona o concelleiro Balado ven reflectido na acta da sesión plenaria da Mancomunidade do 14 de marzo de 2016. Literalmente:
É dicir, que estaban a reclamar a Emafesa, non so o custo da auga, senón que algún alcalde -o de Ares- suxería que se tivese en conta o custo da auga mineral que pagaron os concellos durante os días nos que o consumo estivo prohibido.
Pero isto non é todo. Na nosa lectura da acta da Mancomunidade do 11 de abril de 2016, atopamos algo se cabe máis interesante e revelador:
É dicir, que Emafesa lle devolveu ao Concello de Narón -é dicir, COSMA- a cantidade correspondente ao consumo a deducir pola crise dos trihalometanos. Unha cuestión bastante sangrante polos seguintes motivos:
- Polo que vemos, o grupo municipal do PP -e supoñemos que o resto de grupos da oposición- descoñecían que EMAFESA tivese feito a devolución desta cantidade ao Concello de Narón, xa que o punto 2 da súa moción mantén a demanda desa devolución ao Concello de Ferrol. Isto plantéxanos dúbidas sobre a cantidade e nivel de información que flue cara os grupos da oposición nas comisións. ¿Informouse desta cuestión? ¿Hai obriga de facelo por parte do Concello? Dende hai un tempo deixaron de publicar a orde do día das sesións destes órganos, coincidindo cos cambios -supostamente a mellor- en materia de transparencia. ¿Haberá algún grupo político que se convirta no noso paladín e defenda as nosas demandas en materia de transparencia no Concello? Polo que se ve, tamén redundaría no seu beneficio.
- A pesar de ter ingresado a devolución, o Concello de Narón segue a porfiar a devolución deses cartos aos consumidores con alegacións á Valedora. ¿Acaso, se a Valedora as admite a trámite, devolverá Narón eses cartos a EMAFESA?
- Volvendo ao debate da última moción presentada polo PP, concretamente á intervencion da concelleira Ferreiro de TEGA: "Cando falan dos 6000 euros…. 6000 euros sería como xa lle aclaramos no seu momento, se houbese un corte total de suministro, pero é que non o houbo, é dicir, houbo unha restricción de auga para o consumo humano en 2 días, que non temos valorado canto serían esas cantidades porque non o podemos valorar e cando fala dos 500 euros da auga que puxo o concello, sobrou auga, é dicir, se lle puxo auga para os veciños e sobrou que se levou ao centro de recursos. Co cal esa cantidade de 500 euros foi máis que suficiente para as necesidades nese momento dos veciños de Narón. Nada máis. Moitas grazas."
Resulta bastante divertido que nun pleno que tivo lugar DESPOIS -11 de abril vs 28 de abril- de que a Mancomunidade dese conta da devolución dunha cantidade dende EMAFESA a Narón, TEGA teña o valor de dicir que descoñecen qué cantidade deberían devolver e como valorala. ¿Acaso non o fixo xa EMAFESA?
Agardamos que a próxima vez que esta cuestión se presente a Pleno, a cidadanía ateigue as bancadas do salón portando cartaces nos que expresen as súas demandas e o seu descontento. Cremos que esa é a mellor guía que teñen os distintos grupos políticos para saber cando están a cumplir co seu cometido dentro da administración local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario