venres, 1 de marzo de 2019

Senda Peonil O Val - Valdoviño - Aprobada a segunda fase

A horas intempestivas vimos de averiguar gracias á nova COPE Ferrol - El Consello de la Xunta aprueba las expropiaciones para una senda peatonal y ciclista entre Narón y Valdoviño Será en paralelo a la AC-116, por Meirás que o Consello da Xunta decidía esta tarde aprobar o segundo tramo (Baltar - Valdoviño) desta senda.

Tras botar unha ollada na web da Xunta, observamos que aínda non hai nova información ao respecto no DOG, nin tampouco na páxina da Axencia Galega de Infraestruturas asociada a este proxecto. O que sí atopamos publicado é o documento de información aos medios co título REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR EN SAN CAETANO O 28 DE FEBREIRO DE 2019, BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO, e que contén referencia ao Decreto polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación  dos  bens  e  dereitos  afectados  polo  proxecto  de  construción  Itinerario peonil e ciclista na AC-116. AC-114 – Meirás, puntos quilométricos 6+500 - 12+030, de clave AC/16/063.06, nos concellos de Narón e Valdoviño. Nas páxinas 9 e 10 deste mesmo documento atópase máis información sobre o citado decreto, que reproducimos aquí:

O CONSELLO DA XUNTA APROBA AS EXPROPIACIÓNS PARA A EXECUCIÓN DUNHA SENDA NA ESTRADA AC-116, ENTRE O CRUCEIRO E LAGO, NOS CONCELLOS DE NARÓN E VALDOVIÑO
  • O Goberno galego, que prevé un investimento duns 865.000 euros neste proxecto, incluídas as expropiacións, ten previsto licitar as obras nas vindeiras semanas
  • O Decreto de utilidade pública comprende as expropiacións dos 53 medios necesarios para a construción dun itinerario peonil seguro e accesible entre o p. q. 6+500 e o 10+400 da citada vía
  • A intervención ten por obxecto a execución dunha senda para conectar co paseo que bordea a lagoa da Frouxeira e que chega ata o núcleo de Atios, en Valdoviño, o que permitirá a conexión peonil ao longo de toda a estrada
  • Ademais reformarase a intersección existente no acceso á lagoa de Frouxeira, eliminando parcialmente o carril central de espera para virar á esquerda, para executar un paso de peóns e dar prioridade á circulación peonil

O Consello da Xunta autorizou hoxe o proxecto de decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a execución dun itinerario peonil e ciclista na estrada AC-116, entre O Cruceiro e Lago, ao seu paso polos concellos de Narón e Valdoviño.

O Executivo autonómico, que prevé un investimento duns 865.000 euros neste proxecto, incluíndo o orzamento para as expropiacións, ten previsto licitar as obras nas vindeiras semanas.

O Decreto de utilidade pública comprende as expropiacións dos 53 medios necesarios para a execución dun itinerario peonil seguro e accesible nesta estrada, entre o p. q. 6+500 e o 10+400.

A intervención ten por obxecto a execución dunha senda para conectar co paseo que bordea a lagoa da Frouxeira e que chega ata o núcleo de Atios, no municipio de Valdoviño, o que permitirá a conexión peonil ao longo de toda a estrada AC-116.

Executarase unha senda pola marxe dereita da estrada que sumará 3,2 km, o que permitirá completar un itinerario peonil continuo entre as travesías do Cruceiro, no concello de Narón, e Lago, situado no de Valdoviño.

Desde este punto a AC-116 ten xa beirarrúas ata o seu final, polo que coas sendas previstas quedará conectado o paseo da lagoa de Frouxeira, que parte da travesía de Lago, tanto desde Narón como desde Valdoviño.

Ademais, reformarase a intersección existente no acceso á lagoa da Frouxeira, eliminando parcialmente o carril central de espera para virar á esquerda, para executar un paso de peóns e dar prioridade á circulación peonil.

Os vehículos poderán xirar na glorieta existente a 300 metros, no p. q. 12+360.

A obra compleméntase coa construción das instalacións necesarias para garantir a drenaxe axeitada.


Destacaremos que pretende tramitarse coa mesma urxencia que o primeiro tramo pretendendo licitarse nas vindeiras semanas as obras, e que o trazado transcorrerá pola marxe dereita da estrada, na mesma teima que ata o de agora. Lamentablemente todavía non hai datos sobre o proxecto nin das correccións ou modificacións que puideran terse feito con respecto ao presentado a información pública.

Seguiremos informando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario