Segundo este anuncio publicado no DOG, e a pesar de valorar tódalas alegacións recibidas, parece que tan so tiveron en conta as presentadas polo Concello de Narón (por certo, alegacións das que non coñeciamos o seu contido, e que o propio concelleiro Manuel Ramos consideraba imposible a súa divulgación en base a escusas peregrinas): concretamente, a petición de estender a senda ata o Convento de Baltar. Neste caso, afortunadamente, e segundo indican no anuncio do DOG, esta extensión non precisará de expropiacións por atravesar exclusivamente solo público.
Aínda así, e lembrando as nosas alegacións sobre o PXOM, é curioso que se faga esa extensión da senda ata un lugar que, aínda que se lle da a consideración de "un dos principais focos de atracción da zona", non está protexido axeitadamente (como no caso do hórreo que pertence a ese conxunto).
Lamentablemente, nunca saberemos en que tería quedado o proxecto de terse establecido un diálogo cos habitantes da zona e os propietarios dos terreos dende que se coñecía a proposta do proxecto, e en base ao acordado, a Concellería de Urbanismo tirase dos seus recursos para ofrecer unha proposta beneficiosa tanto aos propietarios coma aos potenciais usuarios do novo vial.
Por desgraza, e segundo o último parágrafo do citado anuncio, a os propietarios que se consideren prexudicados polo proxecto tan so lles quedan as seguintes posibilidades:
- Recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa
- O partido maioritario no goberno (TEGA) comeza a tomar posicións de achegamento pola súa conta, e con evidente interese -ata poderiamos dicir exclusivamente- electoral, sen pensar o ridículo deste achegamento vendo o estado da participación cidadá.
- O partido que leva a Concellería de Participación (PSOE), nin fai esforzos por facerse eco da actividade que desenvolve -salvo no caso de festas e outros eventos de ocio, e que consideran participación porque están adicados ao público en xeral-, nin toma a dianteira a TEGA neste achegamento (que do mesmo xeito resultaría ridículo, ainda que en termos de estratexia electoral, sería máis intelixente).
- Aínda por riba, de vez en cando lánzanse titulares esperanzadores que resultan a medio prazo completamente decepcionantes:
- Ferrol360 - Reunión este lunes en Narón para actualizar los cargos del Consello Xeral de Participación Cidadá
- La Voz de Galicia - El Concello de Narón consultará a los vecinos sobre la normativa municipal
- La Voz de Galicia - Narón someterá a los vecinos las nuevas ordenanzas no fiscales
- La Voz de Galicia - El pleno de Narón aprueba la regulación de la participación ciudadana en la normativa
- La Voz de Galicia - El transporte y la seguridad ciudadana, entre las inquietudes de los naroneses
Compre que sexa a veciñanza a que vaia tomando conciencia da participación como unha necesidade, e demandando a súa posta en práctica, aínda que -tristemente- a forma que teña de percibir tal necesidade sexa padecendo disgustos de cando en cando ...
Fontes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario