Imaxe extraíde de http://xeografianaron.blogspot.com.es/ Fonte orixinal: www.planeamentourbanistico.xunta.es |
- A participación cidadá en Narón presenta numerosas taras, tal e como puidemos ir sinalando durante o tempo de funcionamento desta publicación. Tal é así, que o Consello de Participación Cidadá debería terse constituído no comezo da lexislatura -por non dicir antes- e que polo tanto leva 2 anos de retraso. Maís aínda se lembramos que os propios Consellos Territoriais teñen o defecto de que tan so convocan aos representantes de entidades asociativas, deixando fora da súa labor a toda a cidadanía non asociada. Cuestión que aínda se agrava máis se pensamos que as actas das reunións destes Consellos non se publican nin se poñen a disposición da veciñanza.
- Tendo en conta a situación da participación cidadá, a cousa empeora se pensamos que dende o comezo dos traballos para elaborar o PXOM, non se lle foi entregando a estes órganos de participación a documentación que se ía elaborando para que a cidadanía puidera debatir sobre ela e así adiantar posibles problemas que puideran xurdir. Pode crer o lector que pedimos moito, salvo que botemos unha ollada á paxina web da CMAOT - Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM): alí observaremos que no comezo do proceso de elaboración do PXOM se desenrola un borrador do plan e un documento inicial estratéxico, e que podería ser un bo material para entregar a estes Consellos de Participación co fin de elaborar un PXOM o máis participativo posible. Pero non so iso: nun período de consultas previas as persoas interesadas -por exemplo, veciños afectados- poderían manifestar as súas alegacións ao respecto. Lamentablemente, isto non tivo lugar, e foi evidentemente por falta de vontade do Concello.
Pero iso non é todo: na nota de prensa publicada polo Concello (Os orzamentos municipais e o borrador do novo PXOM abordáronse na reunión do Consello Xeral de Participación) indican que haberá que agardar ata que Medioambiente emita informe, e que "Unha vez resolva, Medio Ambiente colgará na súa páxina web o documento para que se poida consultar e durante dous meses poderán presentarse alegacións medioambientais e doutros concellos limítrofes". Non so se trata de agardar ata entón cruzados de brazos, senón que despóis, quen saiba facelo, terá que encargarse de descargar a información. Para qué usar o noso flamante e galardoado Portal de Transparencia? Quén querería dar unha volta nun Ferrari puidendo telo aparcado na palleira? - Para máis inri, a "axuda" que ofrece o Concello adoece das taras de sempre: faise de xeito individualizado e unipersoal. Básicamente un "divide e vencerás" que ten as seguintes consecuencias:
- Os consultantes nunca van coñecer se a súa situación é única, ou se hai máis xente coa mesma problemática. Isto péchalles a porta á hora de facer un fronte común respecto a unha medida prexudicial.
- Relacionado co anterior, non existe a garantía de que a resposta que se lle dea a dúas persoas coa mesma problemática sexa a mesma, xa que moi probablemente esta sexa de caracter verbal.
- Unha das vantaxes do debate público é que pode "abrir mentes": pode que haxa cousas que non nos parecesen un problema, ata que escoitamos a outra persoa facer un relato e nos deamos conta de que iso nos pode prexudicar a nos tamén.
«A sentencia deixou sen efecto a autorización ambiental outorgada no seu día polo departamento da Xunta desestimando a modificación do Plan Xeral que se levou a cabo coa aprobación dun plan sectorial, por considerar que dita modificación vai en contra do principio de xerarquía nominativa»
Cómo se quedaron? Pois velaí o noso motivo para volver a escribir. E volveremos a facelo nos próximos días, aportando información sobre os riscos que supón non elaborar un proceso de debate veciñal colectivo sobre o PXOM que ven, e que fundamentalmente poderían resumirse en que fose redactado para o interese duns poucos, en lugar de para estar ao servizo de toda a cidadanía.
Ata a próxima entrega...
Ningún comentario:
Publicar un comentario