Hai poucos días, o Concello anunciaba en rolda de prensa o gran despregue de medios para celebrar o día de Narón este ano 2015. Ainda que en realidade non haxa tanta cousa: básicamente dous días de feira de artesanía, a gala do deporte, e a primeira edición da andaina “Ponte en ruta con nós". Fin. Ou iso pensabamos na redacción, ata que o Concello, tras unha rolda de prensa o 17 de novembro, fixo público un tríptico con información da actividade. Logo de botarlle unha ollada, descubrimos unhas cantas cousas que na nosa opinión non tiñan nada de inocentes, e que ofuscaban as bondades da actividade deportiva e turística que nun principio encarna esta proposta. Tras unha primeira publicación, o Concello tivo a ben poñerse en contacto connosco para darnos información adicional, grazas á cal correximos certas inexactitudes no contido do artigo. Lamentablemente, non podemos considerar a comunicación oficial, senón oficiosa. Por desgraza, parece que os membros da administración local albergan algún tipo de temor a brindar información oficial, incluso cando se trata de aclarar malas interpretacións. Algo que podería desencadear máis malas interpretacións en lugar de ofrecer claridade á cidadanía, que é o que precisa. En fin, que cos nosos limitados medios e capacidade de análise deducimos o que segue:
Na primeira páxina, correspondente ó interior do tríptico, aparte de información sobre as virtudes do deporte e de cómo inscribirse, aparece unha seña que indica que o custo da actividade son 3€. Antes de que o lector peche esta páxina ó considerar ós membros da redacción uns cutres por queixarse de tal suma, rogamos que lean o razoamento completo. A nosa queixa non é a suma, senón o por qué dela: non é que a actividade custe 3€. De feito, é algo que nos confirmaron dende o Concello: custa máis, e parte se pagará cos fondos municipais. Entón, ¿por qué non a paga completamente o Concello? Para esta pregunta, non houbo unha resposta clara. Básicamente se planificou así, comentando que se todo o pagase o Concello, non habería probablemente cartos para todo.
Antes de dar resposta a este razoamento, permítannos analizar primeiro con detenimento este custo da actividade. O caso é que se indica que o prezo é para sufragar a adquisición duns agasallos, avituallamento e traslados en autobús. Sen embargo, cóbranse estes conceptos en lugar de ofrecer posibilidade de adquirir o agasallo ó final da actividade. Ou de levar da casa comida e bebida do gusto de cada un, en lugar de ceñirse ás opcións que brinde a organización. Neste punto, o noso interlocutor do Concello comenta que á xente lle fai ilusión recibir un agasallo nos eventos deportivos que se organizan. Como é unha cuestión de opinións, deixaremos de lado este aspecto. Sen embargo, volvendo de novo á suma solicitada, se a actividade tivese un grande éxito e se cubrise o cupo de 54 prazas, o recadado en cada evento serían 54 x 3 = 162€. Tendo en conta que esta actividade se divide en 8 sesións, en caso de cubrir o cupo en todas o recadado total suporía 162 x 8 = 1.296€. Unha suma que non resulta prohibitiba se estudamos os seguintes feitos recentes a nivel orzamentario:
Baixo estas consideracións, o que se nos ocorre pensar é que o Concello non está pola labor de subvencionar actividades saudables para tódolos públicos, pero sí iniciativas deportivas moi concretas correspondentes a clubes grandes que tal vez podan aportar a nivel mediático boa prensa para o Concello coas victorias que consigan. Sobre todo se a foto os colle en tribuna.
Continuando coa análise, se pasamos á segunda páxina do tríptico, veremos que o tercio situado máis á dereita é o que correspondería coa portada do folleto. Na súa parte inferior aparecen unha serie de logotipos, que amosamos a continuación aumentados
Estes logotipos nunca están ahí por estética, senón que aportan información interesante sobre os organizadores da actividade
O primeiro deles, ainda que non nos soaba de nada, tras botar unha ollada na web descubrimos que corresponde a Arasti Barca Grupo Empresarial, que segundo a súa páxina é "un grupo empresarial constituido por Empresas Consultoras que actúan en el área de Servicios Sociales, Formación, Consultoría de Empresas, Ocio y Tiempo Libre, y Deporte". Con isto, deduciamos que a actividade non a realizaría o Concello con persoal propio, senón que lla axudicara a esta empresa. Se ben, nun principio pensabamos que se trataba doutro caso de procedemento de licitación sen publicidade do Concello -é dicir, que a empresa fora seleccionada "a dedo"-, neste caso non é así. Tal e como ven reflexado no Boletin Oficial da Provincia nº 123 do 2/7/2015 - 2015/6999, Arasti Barca é a empresa axudicataria do procedemento público de licitación do Servizo de Monitores Deportivos para as Escolas Municipais de Narón. Ainda así, a cuestión das andainas non é algo que entre dentro das atribucións das escolas deportivas. A explicación recibida dende o Concello foi que aínda que esta actividade non entra dentro do servizo axudicado, a empresa presentara no seu momento unha mellora mediante a cal se ofrecía a realizar este tipo de actividades. Sinceiramente, a explicación do Concello foi bastante laxa, así que decidimos investigar un pouco o concepto de "mellora". Para elo, botamos man do Real Decreto Legislativo 3/2011, de 14 de noviembre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Contratos del Sector Público. Alí atopamos un par de artigos reveladores sobre esta cuestión das melloras, a saber:
Resumindo: os que concorren ó proceso de licitación poden ofrecer variantes ou melloras, e no caso de que nas bases veña especificado que se terán en conta á hora de puntuar, serán valoradas á hora de seleccionar quen leva a axudicación. Supoñemos que éste é o caso das escolas deportivas: é dicir, que Arasti Barca incluíu algún tipo de mellora do estilo "se facedes máis actividades deportivas, ofrézovos este prezo competitivo por organizárvolas". O malo é que dende o Concello non nos quixeron dar información detallada sobre o tema, e o resto consistiría en entrar a especular. En breve tentaremos facer unha visitiña ó Concello para aclarar máis este tema, se nolo permiten.
Se o lector xa tivera a oportunidade de ler a versión orixinal deste artigo, botará en falta certa información que descubrimos sobre esta empresa. Información que tería resultado máis reveladora para este caso se a empresa tivese sido contratada adrede para realizar esta actividade. Sen embargo, ó ser a axudicataria dun servizo licitado por procedemento aberto con publicidade, non faría máis que desviar a vista do obxecto principal. Por este motivo, este equipo de redacción considerouno "peza separada", á que xa destinou espazo nun novo artigo que se acha en estado de borrador, e que próximamente poderán velo nas súas pantallas.
Continuando cos logos, se ben os correspondentes ó Padroado de Deportes nos parecen necesarios polo tipo de actividade, o que nos chama a atención é o do "II Plan de Igualdade do Concello de Narón". Na nosa opinión, isto podería significar que parte desta actividade estará sufragada polos fondos destinados ó citado Plan de Igualdade. Sen embargo, na nosa conversa co Concello nos comunican que non é así, e que nas actividades de deportes se está a amosar sempre o logo deste plan de igualdade. Esta redacción, co seu habitual afán de contrastar toda a información que recibe, botou unha ollada ó resto de cartaces das actividades que organizou o Padroado de Deportes dende o comezo do actual mandato, dando coa seguinte colección de imaxes:
Neste punto, retamos ós nosos lectores a que nos sinalen nalgún deles un logotipo do citado programa de igualdade de Narón nalgún deles. De feito, ata estivemos buscando cartaces de andainas pasadas, por se acaso se daba esta circunstancia nalgúnha outra convocatoria, e o feito é que non atopamos ese logotipo en ningunha. Nin en carreiras populares, ou outros eventos semellantes. Así que, aparte de sospeitar que o Concello nos tomou o pelo, seguimos a soster que a existencia dese logo poda deberse a que a actividade estéa realizada con cargo ó orzamento da concellería de igualdade. Se non, ¿por qué había de figurar alí ese logo, se non figura en ningunha outra actividade deportiva? Para máis inri, non atopamos reseña algunha a esa actividade na web da concellería de igualdade. E polo que puidemos ver, na rolda de prensa de presentación das andainas só estaban o concelleiro de Deportes -Román Romero-, e a de festas -Mar Gómez-, sen ter presenza a Concellería de Igualdade. A verdade é que nos achamos desconcertados por este feito. Ainda así, quedamos abertos a futuras explicacións ó respecto.
Porque se a nosa suposición fose certa, ¿por qué motivo se podería estar a facer isto? O primeiro que se nos ven á cabeza sería o motivo publicitario: queda moi bonito de cara á galería dicir que no ano 2015 se destinaron a temas de igualdade "chorromil" euros. Logo, cando é preciso dispoñer deles, basta con usar a excusa de que "é un evento que favorece a igualdade", et voilà!, ¡xa hai cartos! De ser así, non só debería supoñer un motivo de queixa por parte das mulleres en xeral de Narón, e concretamente dos colectivos feministas que continuamente están a pedir inversións serias en materia de igualdade. Tamén suporía unha mostra de debilidade e de total e absoluto abandono e desinterese respecto ás súas responsabilidades por parte da concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, quen debería defender a capa e espada a súa asignación orzamentaria. Algo que sería lamentable, e que viría a engrosar as queixas que fixeron no seu momento tanto esta redacción (https://www.facebook.com/naron.aberto/posts/1707843949445774) coma Podemos Narón (https://www.facebook.com/podemos.naron/photos/a.492460527566448.1073741829.487643841381450/782001105279054/?type=3) en Facebook respecto do actual plan de igualdade.
Coma conclusión: se ben é certo que parte das explicacións aportadas de xeito oficioso dende o Concello varían o contido do noso artigo -sobre todo no que respecta á empresa que realizará a actividade- seguimos considerando unha tomadura de pelo ó feito de que se cobre ese prezo á xente. Hai casos nos que un prezo simbólico é útil -por exemplo, en espectáculos gratuítos nos que se reparten invitacións por orde de recollida, e nos que ocorre que hai quen colle invitacións e logo non se asiste, privando a outros verdadeiramente interesados da posibilidade ir-, pero éste non é nin de lonxe ese caso. E dicimos tomadura de pelo porque calquera contribuínte podería sentilo así tras ver a comparativa entre o que aporta e recibe respecto ás grandes entidades deportivas de Narón. Xa por ese feito, e coma contribuintes, quítansenos as ganas de participar nela. En canto ó difuso tema do rol da Concellería de Igualdade, como xa dixemos máis arriba, só podemos especular. E estariamos encantados de deixar de facelo se o Concello tivese a ben ofrecer información oficial e clara sobre a súa actividade. Unha información que non houbese que obter chamando a determinadas portas, senón que estivese a disposición de tódolos cidadáns de forma aberta e fácilmente accesible.
Fontes:

- O orzamento do Concello para o ano 2015 é de 28.000.000€
- A parte destinada a deportes dese orzamento é de case 2.000.000€
- En transferencias nominativas -subvencións "a dedo"- o Concello entregou este ano sumas tan destacables como as seguintes:
- Convenio Club Cidade de Narón de Futbol Sala: 102.000€
- Convenio Agrupación Deportiva Santiago Apóstol Baloncesto : 46.595€
- Escudería Siroco Narón (Rally de Narón): 41.000€
- Convenio Sociedade Deportiva O Val (fútbol zona rural): 40.000€
- Outros datos orzamentarios de interese para calquera contribuínte poderían ser os seguintes:
- O alcalde, polo feito de selo, ten unha asignación fixa de 54.000€ ó ano. Esta suma non inclúe o que pode percibir por asistencia a órganos consultivos do Concello, plenos, a xunta directiva de COSMA, padroados de Cultura, Deportes, e de fundacións radicadas en Narón que o teñan incluído coma membro do mesmo.
- A alcaldía conta con 7 asesores, os cales, en suma cobran ó ano un total de 166.555,78€
- Hai 3 concelleiros que teñen asignado un salario por adicación exclusiva, que supón en suma, ó ano, un total de 86.481,78€
Baixo estas consideracións, o que se nos ocorre pensar é que o Concello non está pola labor de subvencionar actividades saudables para tódolos públicos, pero sí iniciativas deportivas moi concretas correspondentes a clubes grandes que tal vez podan aportar a nivel mediático boa prensa para o Concello coas victorias que consigan. Sobre todo se a foto os colle en tribuna.
Continuando coa análise, se pasamos á segunda páxina do tríptico, veremos que o tercio situado máis á dereita é o que correspondería coa portada do folleto. Na súa parte inferior aparecen unha serie de logotipos, que amosamos a continuación aumentados
Estes logotipos nunca están ahí por estética, senón que aportan información interesante sobre os organizadores da actividade
O primeiro deles, ainda que non nos soaba de nada, tras botar unha ollada na web descubrimos que corresponde a Arasti Barca Grupo Empresarial, que segundo a súa páxina é "un grupo empresarial constituido por Empresas Consultoras que actúan en el área de Servicios Sociales, Formación, Consultoría de Empresas, Ocio y Tiempo Libre, y Deporte". Con isto, deduciamos que a actividade non a realizaría o Concello con persoal propio, senón que lla axudicara a esta empresa. Se ben, nun principio pensabamos que se trataba doutro caso de procedemento de licitación sen publicidade do Concello -é dicir, que a empresa fora seleccionada "a dedo"-, neste caso non é así. Tal e como ven reflexado no Boletin Oficial da Provincia nº 123 do 2/7/2015 - 2015/6999, Arasti Barca é a empresa axudicataria do procedemento público de licitación do Servizo de Monitores Deportivos para as Escolas Municipais de Narón. Ainda así, a cuestión das andainas non é algo que entre dentro das atribucións das escolas deportivas. A explicación recibida dende o Concello foi que aínda que esta actividade non entra dentro do servizo axudicado, a empresa presentara no seu momento unha mellora mediante a cal se ofrecía a realizar este tipo de actividades. Sinceiramente, a explicación do Concello foi bastante laxa, así que decidimos investigar un pouco o concepto de "mellora". Para elo, botamos man do Real Decreto Legislativo 3/2011, de 14 de noviembre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Contratos del Sector Público. Alí atopamos un par de artigos reveladores sobre esta cuestión das melloras, a saber:
Artículo 145. Proposiciones de los interesados.
1. Las proposiciones de los interesados deberán
ajustarse a lo previsto en el pliego de cláusulas administrativas
particulares, y su presentación supone la aceptación incondicionada por
el empresario del contenido de la totalidad de dichas cláusulas o
condiciones, sin salvedad o reserva alguna.
2. Las proposiciones serán secretas y se arbitrarán
los medios que garanticen tal carácter hasta el momento de la licitación
pública, sin perjuicio de lo dispuesto en los artículos 148 y 182 en
cuanto a la información que debe facilitarse a los participantes en una
subasta electrónica o en un diálogo competitivo.
3. Cada licitador no podrá presentar más de una
proposición, sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 147 sobre
admisibilidad de variantes o mejoras y en el artículo 148 sobre
presentación de nuevos precios o valores en el seno de una subasta
electrónica. Tampoco podrá suscribir ninguna propuesta en unión temporal
con otros si lo ha hecho individualmente o figurar en más de una unión
temporal. La infracción de estas normas dará lugar a la no admisión de
todas las propuestas por él suscritas.
4. En los contratos de concesión de obra pública, la
presentación de proposiciones diferentes por empresas vinculadas
supondrá la exclusión del procedimiento de adjudicación, a todos los
efectos, de las ofertas formuladas. No obstante, si sobreviniera la
vinculación antes de que concluya el plazo de presentación de ofertas, o
del plazo de presentación de candidaturas en el procedimiento
restringido, podrá subsistir la oferta que determinen de común acuerdo
las citadas empresas.
En los demás contratos, la presentación de distintas
proposiciones por empresas vinculadas producirá los efectos que
reglamentariamente se determinen en relación con la aplicación del
régimen de ofertas con valores anormales o desproporcionados previsto en
el artículo 152.
Se considerarán empresas vinculadas las que se
encuentren en alguno de los supuestos previstos en el artículo 42 del
Código de Comercio.
5. En la proposición deberá indicarse, como partida
independiente, el importe del Impuesto sobre el Valor Añadido que deba
ser repercutido.
Artículo 147. Admisibilidad de variantes o mejoras.
1. Cuando en la adjudicación hayan de tenerse en
cuenta criterios distintos del precio, el órgano de contratación podrá
tomar en consideración las variantes o mejoras que ofrezcan los
licitadores, siempre que el pliego de cláusulas administrativas
particulares haya previsto expresamente tal posibilidad.
2. La posibilidad de que los licitadores ofrezcan
variantes o mejoras se indicará en el anuncio de licitación del contrato
precisando sobre qué elementos y en qué condiciones queda autorizada su
presentación.
3. En los procedimientos de adjudicación de contratos
de suministro o de servicios, los órganos de contratación que hayan
autorizado la presentación de variantes o mejoras no podrán rechazar una
de ellas por el único motivo de que, de ser elegida, daría lugar a un
contrato de servicios en vez de a un contrato de suministro o a un
contrato de suministro en vez de a un contrato de servicios.
Resumindo: os que concorren ó proceso de licitación poden ofrecer variantes ou melloras, e no caso de que nas bases veña especificado que se terán en conta á hora de puntuar, serán valoradas á hora de seleccionar quen leva a axudicación. Supoñemos que éste é o caso das escolas deportivas: é dicir, que Arasti Barca incluíu algún tipo de mellora do estilo "se facedes máis actividades deportivas, ofrézovos este prezo competitivo por organizárvolas". O malo é que dende o Concello non nos quixeron dar información detallada sobre o tema, e o resto consistiría en entrar a especular. En breve tentaremos facer unha visitiña ó Concello para aclarar máis este tema, se nolo permiten.
Se o lector xa tivera a oportunidade de ler a versión orixinal deste artigo, botará en falta certa información que descubrimos sobre esta empresa. Información que tería resultado máis reveladora para este caso se a empresa tivese sido contratada adrede para realizar esta actividade. Sen embargo, ó ser a axudicataria dun servizo licitado por procedemento aberto con publicidade, non faría máis que desviar a vista do obxecto principal. Por este motivo, este equipo de redacción considerouno "peza separada", á que xa destinou espazo nun novo artigo que se acha en estado de borrador, e que próximamente poderán velo nas súas pantallas.
Continuando cos logos, se ben os correspondentes ó Padroado de Deportes nos parecen necesarios polo tipo de actividade, o que nos chama a atención é o do "II Plan de Igualdade do Concello de Narón". Na nosa opinión, isto podería significar que parte desta actividade estará sufragada polos fondos destinados ó citado Plan de Igualdade. Sen embargo, na nosa conversa co Concello nos comunican que non é así, e que nas actividades de deportes se está a amosar sempre o logo deste plan de igualdade. Esta redacción, co seu habitual afán de contrastar toda a información que recibe, botou unha ollada ó resto de cartaces das actividades que organizou o Padroado de Deportes dende o comezo do actual mandato, dando coa seguinte colección de imaxes:
Neste punto, retamos ós nosos lectores a que nos sinalen nalgún deles un logotipo do citado programa de igualdade de Narón nalgún deles. De feito, ata estivemos buscando cartaces de andainas pasadas, por se acaso se daba esta circunstancia nalgúnha outra convocatoria, e o feito é que non atopamos ese logotipo en ningunha. Nin en carreiras populares, ou outros eventos semellantes. Así que, aparte de sospeitar que o Concello nos tomou o pelo, seguimos a soster que a existencia dese logo poda deberse a que a actividade estéa realizada con cargo ó orzamento da concellería de igualdade. Se non, ¿por qué había de figurar alí ese logo, se non figura en ningunha outra actividade deportiva? Para máis inri, non atopamos reseña algunha a esa actividade na web da concellería de igualdade. E polo que puidemos ver, na rolda de prensa de presentación das andainas só estaban o concelleiro de Deportes -Román Romero-, e a de festas -Mar Gómez-, sen ter presenza a Concellería de Igualdade. A verdade é que nos achamos desconcertados por este feito. Ainda así, quedamos abertos a futuras explicacións ó respecto.
Porque se a nosa suposición fose certa, ¿por qué motivo se podería estar a facer isto? O primeiro que se nos ven á cabeza sería o motivo publicitario: queda moi bonito de cara á galería dicir que no ano 2015 se destinaron a temas de igualdade "chorromil" euros. Logo, cando é preciso dispoñer deles, basta con usar a excusa de que "é un evento que favorece a igualdade", et voilà!, ¡xa hai cartos! De ser así, non só debería supoñer un motivo de queixa por parte das mulleres en xeral de Narón, e concretamente dos colectivos feministas que continuamente están a pedir inversións serias en materia de igualdade. Tamén suporía unha mostra de debilidade e de total e absoluto abandono e desinterese respecto ás súas responsabilidades por parte da concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, quen debería defender a capa e espada a súa asignación orzamentaria. Algo que sería lamentable, e que viría a engrosar as queixas que fixeron no seu momento tanto esta redacción (https://www.facebook.com/naron.aberto/posts/1707843949445774) coma Podemos Narón (https://www.facebook.com/podemos.naron/photos/a.492460527566448.1073741829.487643841381450/782001105279054/?type=3) en Facebook respecto do actual plan de igualdade.
Coma conclusión: se ben é certo que parte das explicacións aportadas de xeito oficioso dende o Concello varían o contido do noso artigo -sobre todo no que respecta á empresa que realizará a actividade- seguimos considerando unha tomadura de pelo ó feito de que se cobre ese prezo á xente. Hai casos nos que un prezo simbólico é útil -por exemplo, en espectáculos gratuítos nos que se reparten invitacións por orde de recollida, e nos que ocorre que hai quen colle invitacións e logo non se asiste, privando a outros verdadeiramente interesados da posibilidade ir-, pero éste non é nin de lonxe ese caso. E dicimos tomadura de pelo porque calquera contribuínte podería sentilo así tras ver a comparativa entre o que aporta e recibe respecto ás grandes entidades deportivas de Narón. Xa por ese feito, e coma contribuintes, quítansenos as ganas de participar nela. En canto ó difuso tema do rol da Concellería de Igualdade, como xa dixemos máis arriba, só podemos especular. E estariamos encantados de deixar de facelo se o Concello tivese a ben ofrecer información oficial e clara sobre a súa actividade. Unha información que non houbese que obter chamando a determinadas portas, senón que estivese a disposición de tódolos cidadáns de forma aberta e fácilmente accesible.
Fontes:
- www.naron.es > Concello > Información Contable > 2015 - Orzamentos Exercicio - http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/concello/informacion-contable/get/idO/9/
- BOP - Edicto aprobación inicial expediente modificación de créditos 10/2015: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/10/02/2015_0000009723.html
- BOP - Nomeamento de persoal eventual 10/7/2015: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/07/10/2015_0000007328.html
- BOP - Nomeamento de persoal eventual 14/10/2015: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2015/10/14/2015_0000010019.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario