Este artigo formará parte dunha serie que terá por obxectivo analizar o proceso participativo cidadán nos Consellos Territoriais de Participación Cidadá, coa fin de arroxar a nosa perspectiva sobre o mesmo, e
xeitos que permitan a súa optimización.
Segundo a información compartida pola Escola de Participación Cidadá de Narón na súa páxina de Facebook "Narón Participa", as datas e lugares nas que se fará a primeira reunión dos Consellos Territorias de participación son as seguintes:
Segundo a propia Escola de Participación, o plantexamento das xuntanzas será o seguinte:
O feito é que, como estivemos a divulgar a través da nosa páxina de Facebook, achamos uns cantos inconvintes nesta convocatoria:
En caso de que alguén sexa quen de detectar calquera cuestión que poda mellorar estea a prexudicar substancialmente este proceso, convidámolo a que llo traslade á Escola de Participación a través da súa dirección de email: escoladeparticipacion@cidadania.coop
Por outra banda, lembramos que o Regulamento de Participación Cidadá é unha lectura máis que aconsellable para aqueles que pretendan comezar a introducirse nos procesos participativos de Narón: http://bop.dicoruna.es/bop/2009/03/18/09-2911-x.htm

- Luns 15 de febreiro ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE FREIXEIRO (no local da AVV Virxe de Fátima de Freixeiro)
- Luns 22 de febreiro ás 18:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE SAN MATEO (no local da AVV San Mateo)
- Mércores 24 de febreiro ás 17:30 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE O ALTO (no local da AVV O Alto)
- Venres 26 de febreiro ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DA GÁNDARA (no local da AVV Gándara)
- Luns 29 de febreiro ás 19:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE PIÑEIROS (no local da SC Areosa, centro municipal de Piñeiros)
- Mércores 2 de marzo ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE SAN XIAO (no local da AVV Ceibe San Xiao)
- Xoves 3 de marzo ás 19:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE CASTRO (no local da AVV Castro)
- Luns 14 de marzo ás 17:30 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE O COUTO (no local da AVV O Couto)
- Martes 15 de marzo ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE SEDES (no local da AVV Sedes)
- Mércores 16 de marzo ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE XUVIA (no local da AVV Xuvia)
- Xoves 17 de marzo ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE O VAL (no salón de actos do local municipal do Val)
Segundo a propia Escola de Participación, o plantexamento das xuntanzas será o seguinte:
Nestas xuntanzas realizaremos un diagnóstico das principais problemáticas de cada parroquia/barrio, coa idea de sacar adiante as propostas de zona. A sesión de traballo durará 2 horas aproximadamente, baixo o esquema:
- Identificar as principais características e problemáticas da zona (reflexión individual e posta en común)
- Elaboración dun diagnóstico sinxelo (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades)
- Ideas propostas para Corrixir as debilidades, Afrontar as ameazas, manter as Fortalezas e Explotar as oportunidades. Nesta fase, traballaremos prioritariamente sobre propostas de intervención para as que teña capacidade o concello (competencia municipal). Posteriormente o persoal técnico municipal poderá estudar a viabilidade das mesmas. Na segunda rolda de sesións de traballo dos Consellos Territoriais -previsiblemente despois do verán- poderemos avanzar sobre a factibilidade destas peticións, prioriozándoas para entregar un informe de cada barrio.
O feito é que, como estivemos a divulgar a través da nosa páxina de Facebook, achamos uns cantos inconvintes nesta convocatoria:
- Os horarios non nos parecen axeitados para que poda participar a xente, xa que aquelas persoas que traballen a xornada partida veranse absolutamente imposibilitadas para asistir. Algo que xa se notou na primeira das reunións, na que había máis políticos que membros de entidades.
- Por outra banda, hai unha limitación que plantexa o propio Regulamento de Participación Cidadá, que é o feito de que so permite a participación de entidades asociativas, deixando ó marxe a toda a veciñanza que non pertence a algunha delas. A este último respecto, recentemente, a Escola ven de comunicar que é consciente desta limitación:Ás sesións están convocadas todas as asociacións de cada zona e os representantes dos grupos políticos, tal e como recolle o actual Regulamento de Participación Cidadá (2009), se ben somos conscientes de que en breve será necesario realizar unha reflexión sobre a súa reforma, co ánimo de incorporar á veciñanza e poder participar dun modo máis áxil.
En caso de que alguén sexa quen de detectar calquera cuestión que poda mellorar estea a prexudicar substancialmente este proceso, convidámolo a que llo traslade á Escola de Participación a través da súa dirección de email: escoladeparticipacion@cidadania.coop
Por outra banda, lembramos que o Regulamento de Participación Cidadá é unha lectura máis que aconsellable para aqueles que pretendan comezar a introducirse nos procesos participativos de Narón: http://bop.dicoruna.es/bop/2009/03/18/09-2911-x.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario