Pois ben, á citada reunión acudiron ao redor de vinte veciños da parroquia, ademáis dos concelleiros Manuel Antonio Ramos Rodríguez -como responsable de Urbanismo, Medioambiente e Patrimonio e bens inmobeis-, e María del Mar Gómez Casal -responsable de Feiras e Mercados, Festas e Ocio e Estatística-. Tamén se contou coa presenza da AVV do Val, aínda que so asistiu so un dos seus membros.
O concelleiro Alfonso Casal de Eliximos Narón comezou facendo unha exposición dos proxectos, así como das cuestións que detectaron tras estudalo. Unha exposición que se veu multitude de veces interrumpida por uns veciños completamente desorientados sobre cómo ían a ter lugar as obras, cómo ían afectar ás súas propiedades, e visiblemente enfadados pola falta de información, e por non teren sido consultados respecto aos citados proxectos. Durante esas interrupcións, os asistentes aproveitaron para lanzar preguntas e expresar as súas queixas ao concelleiro de urbanismo, nun clima bastante tenso, sendo incluso increpado en varias ocasións. O motivo fundamental: a falta de información.
Na súa defensa, o concelleiro Ramos, co respaldo da súa compañeira de goberno, esgrimiron os seguintes argumentos:
O Concello non sabía nada ata hai un mes
Ou máis concretamente, non consideraron interesante informar de nada mentres non se presentaban a exposición pública os proxectos completos. Lembramos que foi o pasado 29 de xullo cando se abriu durante 30 días hábiles este período de información pública. Sen embargo, e tal e como contamos no noso anterior artigo, a Xunta licitou a finais de 2015 a elaboración dos proxectos da senda, e que a prensa anunciou a finais de marzo de 2016 que os proxectos estaban finalizados. De feito, o Concello de Valdoviño mantivo unha reunión antes do 29 de xuño cos técnicos da Axencia Galega de Infraestructuras na que se falou do proxecto, e a raiz da cal o Concello de Valdoviño presentaba o 29 de xuño unha solicitude pedindo a ampliación do proxecto. O Concello de Narón tivo unha reunión semellante, pero ¿cal foi o resultado? Non trascendeu, pero parece que non fixeron os deberes coma no veciño concello. O máis que chegaron a comunicar dende o Concello de Narón foi unhas declaracións do concelleiro Ramos ao Diario de Ferrol nas que informaba que eles estudarían ampliar a senda peatonal dende a estrada xeral ata o campo de futbol do Val. Iso si, sen consultar antes a ninguén se ese era algo demandado pola cidadanía desta parroquia, ou considerado necesario, debido á baixa afluencia de tráfico por esa pista.O Concello fixo o que tiña que facer
Realmente o que fixo foi o mínimo esixible por lei: a publicación do anuncio do DOG co período de información pública, e deixar a disposición da cidadanía na sede do Concello dunha copia dos proxectos. Máis aló diso, parece que mantiveron unha reunión coa AVV do Val, na que -segundo o membro desta asociación asistente á reunión- lles deron copia do proxecto e do anuncio do período de información pública e lles pediron que o puxesen no taboleiro de anuncios do local social. Tal e como comprobabamos durante a redacción do anterior artigo, non houbo ningunha nova publicada polo Concello en prensa nin nos medios de comunicación municipais referente a este proxecto. Tan so a citada nova do Diario de Ferrol, e a publicación no Taboleiro de Anuncios do Concello de Narón do aviso do período de información pública.Esta posición dos membros do goberno foi mantida de xeito reiterado durante toda a reunión: a obriga de informar non é súa como membros do goberno, e en poder de toda a información relativa ao que ocorre en Narón. A obriga é da cidadanía de consultar o taboleiro de anuncios, e en caso de que ocorra algo -aínda que sexa de interese xeral, ou dun bo número de persoas como é o caso que nos ocupa- asistir en persoa ás oficinas municipales para ser asesorada. Poderiamos dicir que iso non se cumple cando se trata de recadar taxas ou tributos, momento no cal se envía a cada domicilio unha petición personalizada para saldar a débeda. Aínda que tampouco fai falla chegar a ese extremo de comparación: se calquera se conecta estes días á páxina web do Concello, ou á sección de Narón da Voz de Galicia, verá anunciado de forma bastante chamativa a "III Festa Infantil Cidade de Narón" que terá lugar este 4 de setembro. Algo que se ben merece un espazo para ser anunciado, moito máis o merece un proxecto que afectará a 75 parcelas da parroquia do Val.
Publicidade da "III Festa Infantil Cidade de Narón" nas redes |
4) Analizar os elementos do plan de actuación municipal que afecten ó territorio de que se trate. O Concello informara ao consello das actuacions que se van a cometer na parroquia.
5) Facilitar a maior información e publicidade sobre as actividades e acordos municipais que afecten a cada territorio.
6) Colaborar co concello na solución dos problemas do territorio e axudar na aplicación de políticas que preveñan situacións de risco, conflitos veciñais e causas de inseguridade e marxinación
5) Facilitar a maior información e publicidade sobre as actividades e acordos municipais que afecten a cada territorio.
6) Colaborar co concello na solución dos problemas do territorio e axudar na aplicación de políticas que preveñan situacións de risco, conflitos veciñais e causas de inseguridade e marxinación
Atribucións que teñen que ver moito co caso que nos ocupa.
Aínda así, non se convocou ao Consello Territorial do Val, senón a unha única asociación. De feito, non se enviou por email dende a Escola de Participación Cidadá ningún anuncio ás entidades, tal e como se fai cos acordos e ordes do día plenarios, actividades culturais e deportivas, etc. É curioso, pero parece como se o único que funcionase da Concellería de Participación Cidadá fose a Escola, e cando ésta pecha por vacacións fose como se non houbese Concellería, nin concelleira ou persoa delegada que atendese as súas responsabilidades nunha posible ausencia.
Lamentablemente, a AVV do Val non tivo tampouco a ben comentar nada sobre este tema a ningún veciño, nin como curiosidade, porque a grande maioría da xente que estaba na reunión coñecía deste proxecto dende había unhas semanas. Probablemente, apenas mirarían o proxecto. Tal e como comentaba o membro asistente desta asociación "fixemos o que nos mandaron". Un feito que os membros do goberno alí presentes usaron para darlle a volta á situación, xa que ante isto declararon que iso xa era responsabilidade da AVV, e que se ésta non funcionaba, que ao mellor a veciñanza tiña que botalos e poñer a xente válida para esa responsabilidade. Unha resposta non exenta de razón, pero ¿acaso non sería aplicable tamén ao goberno municipal?
Esta actitude debería ser tida en conta moito por calquera outra AVV de Narón: saiban que ante unha deixadez da súa responsabilidade como administración local, é probable que o goberno municipal os use como cabeza de turco para sair indemne da situación. E despóis "ahí me las den todas".
Hai opinións que non merece a pena escoitar
O curioso deste argumento é que non vai referida a casos nos que as increpacións proveñen de persoas con ánimo de montar liorta. Na reunión, unha persoa expresou que na súa opinión o citado proxecto ía supoñer un custo e un trastorno grande nas propiedades da veciñanza e que non ía aportar o beneficio esperado -reducción de tráfico a motor en favor de ciclistas ou peóns-, e que por iso non o quería. Pois ben, ao concelleiro Ramos non lle pareceu unha opinión a ter en conta, nin sequera discutible. O malo é que tampouco o xustificou.Para nos, esa queixa da información moi importante: fainos saber que esta persoa non comprende o obxectivo do proxecto nin os beneficios que aportará. De feito, en ningún material aportado pola Xunta como promotora do proxecto se indican en qué se amparan para supoñer que se obterá ese beneficio. Todos sabemos que camiñar e andar en bicicleta é un hábito máis saludable que andar no coche. Pero non sabemos se tendo en conta as características desta zona -relevo, climatoloxía, lugares de interese, conexión con outras sendas semellantes- e as circunstancias da poboación -idade, tempo libre, ...- esta infraestructura por sí mesma xerará o beneficio esperado. Tal vez sexa necesario coordinalo con outros plans. Ou tal vez houbese outros treitos máis susceptibles de seren afectados e que resultasen máis interesantes para a poboación da zona -como unha senda interior, en lugar da estrada xeral, tal e como indicaba outra persoa asistente a esta reunión-. Lembremos ese posto de préstamo de bicicletas morto de risa no Polígono do Río do Pozo: as bicicletas seguen a ser un medio de transporte saudable e non contaminante, pero alí non están a dar servizo algún.
De feito, os proxectos plantéxanos varias dúbidas. Por exemplo, din que "Se ha seleccionado el margen derecho porque de esta manera se puede realizar la senda continua entre los puntos kilométricos seleccionados sin tener que realizar ningún cruce en la calzada, además la afección a bienes privados es inferior por el lado derecho." Sen embargo, non se indica o custo estimado de facelo polo lado contrario, nin o número de afectados. Ademáis, hai que lembrar que tódolos accesos a praias e áreas comerciais na zona -cooperativas do Val e Meirás-, colexios, varios locais sociais -O Val, Meirás- se atopan no lado esquerdo, e que obrigarán a cruzar a estrada a peatóns e ciclistas nun importante número de ocasións.
Outra cuestión referida no proxecto do tramo 1 é que "La intensidad de peatones y ciclistas para el tramo estudiado es baja" (páx. 54). ¿Non xera isto dúbidas sobre a construcción desta infraestructura? ¿Realmente a Xunta vai executar esta obra por considerala necesaria, ou aproveitando esas subvencións ofrecidas por Europa? Algo que -lamentablemente- nos caracteriza é que por ignorancia temos a mala costume de facer as cousas por inercia e sen crer nelas. Algo que logo non nos da moi boa imaxe de cara ao exterior. Sobre todo cando veñen os inspectores da UE a botar unha ollada e atopan que está todo "manga por hombro". Algo do que os únicos que sacan unha boa tallada son as empresas de construcción de infraestructuras.
Se os políticos de Narón teñen tan claras as cousas, non deberían desprezar as dúbidas da cidadanía, senón que deberían sentirse confiados en poder convencelos con eses argumentos dos que dispoñen. Sobre todo porque o fundamental da labor dun político é a de convencer. Aínda que por desgraza, aquí se estila máis a política de feitos consumados: facer mentres ninguén se entere, e despóis entonar un "agora xa foi".
Conclusións da reunión do sábado 27 de agosto
- Eliximos Narón entregou aos afectados un documento con alegacións que detectaron, así como un formulario no que introducir as que detecten éstes no seu caso particular. Nos puxémolas a disposición de quen as necesite na seguinte ligazón: [Alegacións Eliximos - PDF]
- O concelleiro Ramos comentou que os técnicos municipáis estaban a revisar o proxecto, e que rematarían de facelo o martes 30 de agosto. De ser así, e atendendo ás peticións dos asistentes, convocarían unha reunión para o mércores 31. Pois ben, a estimación anterior debeu cumplirse xa que este martes 30 informáronnos que anunciaran por megafonía na parroquia que o Concello de Narón convoca ás persoas afectadas a unha reunión o mércores 31 de agosto, ás 20:00h no Local Social do Val. Para anuncialo -xa que o Concello non fixo tal anuncio- fixemos o seguinte evento de Facebook que podedes compartir: https://www.facebook.com/events/1163296627068149/
Ningún comentario:
Publicar un comentario