Lamentablemente, estamos a ser testemuñas de novo dunha convocatoria de pleno non anunciada nos medios dixitais do Concello.
Curiosamente, comprobando se a convocatoria fora publicada na web municipal, descubrimos que, un día antes de ter lugar a sesión de constitución, foi publicada unha nova coa convocatoria. O divertido e que días antes, nos publicamos un artigo queixándonos da ausencia de información neste aspecto. Tamén, resulta curioso, e non exento de fachenda, que nesa nova se anuncie a proclamación do alcalde, cando é un feito que, ainda que se poida prever, non se ve materializado ata que se realiza a votación nesa sesión.
Sumando isto e aquilo, non podemos pensar outra cousa que seguiremos coa mesma tónica en canto a información á veciñanza, transparencia e interese pola participación. Ogallá os feitos den por errado este razonamento.
A continuación, indicamos os datos da sesión e a orde do día da mesma:
Órgano: Pleno
Caracter da Sesión: extraordinaria
Día: venres 19 de xuño de 2015
Hora: 10:00h
Lugar: Casa do Concello
Segunda convocatoria: mesma hora, dous días despóis.
Data da notificación: martes 16/06/2015
Orde do día:
Caracter da Sesión: extraordinaria
Día: venres 19 de xuño de 2015
Hora: 10:00h
Lugar: Casa do Concello
Segunda convocatoria: mesma hora, dous días despóis.
Data da notificación: martes 16/06/2015
Orde do día:
- Dar conta de resolucións da Alcaldía sobre designación de Tenientes de Alcalde, Delegados da Alcaldía, membros da Xunta de Goberno Local, e delegacións feitas pola alcaldía na Xunta de Goberno Local.
- Dar conta da constitución dos grupos políticos e os seus integrantes e portavoces.
- Proposta de nomeamento de representante do Concello ante a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol.
- Proposta de designación de representante municipal na Comisión de Participación Cidadá da estructura da Área Sanitaria de Ferrol.
- Proposta de modificación da Comisión de Deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño.
- Proposta de nomeamento de representantes do pleno ante os padroados de Cultura e Deportes.
- Proposta de nomeamento de representante do pleno ante o consello de administración da empresa COSMA. S.A.
- Proposta de nomeamento de representantes do pleno ante o padroado da Fundación Parque Científico Tecnolóxico do Río do Pozo.
- Proposta de nomeamento dun representante do pleno ante o padroado da Fundación "Terra de Trasancos".
- Proposta de nomeamento dun representante do pleno na Asociación Costa Noroeste.
- Proposta de nomeamento de representantes do pleno na Mesa Local do Comercio de Narón.
- Proposta de nomeamento dun representante do pleno na Cruz Vermella.
- Proposta de nomeamento dos representantes municipais nos Consellos Escolares.
- Proposta de nomeamento dos representantes municipais no Consello Escolar Municipal.
- Proposta de Nomeamento dun representante do Concello de Narón no Consorcio do Camiño Inglés.
- Proposta de nomeamento dun representante do Concello de Narón no Fondo Galego de Solidaridade.
- Proposta sobre nomeamento de representantes no Consello Xeral de Participación Cidadá do Concello de Narón.
- Proposta de periodicidade das Sesións Ordinarias do Pleno da corporación.
- Proposta de creación e composición da Xunta de Portavoces e demáis comisións municipais informativas permanentes.
- Proposta de creación e composición da Comisión Especial de seguimento da revisión do PXOM de Narón.
- Proposta de mantemento dos postos de persoal eventual do Concello de Narón.
- Proposta de aprobación de dedicacións exclusivas de cargos públicos.
- Proposta de aprobación de criterios xerais de productividade para o persoal ao servicio do Concello de Narón
Reflexións
- A hora do pleno nos parece inasumible para permitir a participación da cidadanía interesada no mesmo. Polo que sabemos, parece que o motivo que se quere dar dende o concello é que así se lles facilita a vida ós funcionarios durante a época de verán. De ser así, trátase dun bo xesto; sen embargo, o goberno estase a esquecer da cidadanía, e o ideal sería acadar un equilibrio. Facer un pleno ás 20:00h non privaría ós funcionarios de poder desfrutar da tarde, e o feito de ter que asistir fora de horario podería ser gratificado coma calquera hora extraordinaria. Neste punto, agardamos os comentarios dos lectores e dos propios funcionarios.
- Agardamos que tódalas entidades que constan no Rexistro de Entidades do Concello recibiran esta comunicación, tal e como se garante no artigo 34.3 do Regulamento de Participación Cidadá de Narón:
O Concello entregara a orde do dia do pleno de forma telemática, con opcion de confirmacion, coa antelacion que fora posible
- Coma parte da veciñanza, descoñecemos actualmente a función da maioría dos entes mencionados nesta orde do día. A saber:
- Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol
- Comisión de Participación Cidadá da estructura da Área Sanitaria de Ferrol
- Comisión de Deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño
- Fundación Parque Científico Tecnolóxico do Río do Pozo
- Fundación "Terra de Trasancos"
- Asociación Costa Noroeste
- Mesa Local do Comercio de Narón
- Consorcio do Camiño Inglés
- Fondo Galego de Solidaridade
- Comisión Especial de seguimento da revisión do PXOM de Narón
Los patronos ejercerán su cargo gratuitamente sin perjuicio del derecho a ser reembolsados de los gastos debidamente justificados que el cargo les ocasione en el ejercicio de su función.
No obstante lo establecido en el párrafo anterior, y salvo que el fundador hubiese dispuesto lo contrario, el Patronato podrá fijar una retribución adecuada a aquellos patronos que presten a la fundación servicios distintos de los que implica el desempeño de las funciones que les corresponden como miembros del Patronato, previa autorización del Protectorado. - Entre os cargos que se asignarán, vemos que está o de representantes no Consello Xeral de Participación Cidadá. Gustaríanos que os seleccionados para este cargo botasen a andar de novo o regulamento. Para iso, sería imprescindible que publicasen canto antes un cronograma onde se especificasen as datas e periodicidade de convocatoria dos Consellos Territoriais e Sectoriais.
- Respecto ós postos eventuáis, sería interesante saber o tempo que levan en vigor. No caso de levar varios anos, poderían gañar consideración de necesarios, caso no que sería preciso convocar unha oposición para cubrilos. De tratarse de postos sen unha cualificación especial, tal vez se poderían plantexar formulas paliativas contra a situación de desemprego actual: por exemplo, facer contratos rotativos, permitindo a desempregados sen prestación nen subsidio acceder durante uns meses a un posto de traballo, os suficientes como para permitir despóis desfrutar da prestación por desemprego en caso de non atopar outro emprego.
Antes de rematar, quixéramos agradecer de novo a EU e ó seu concelleiro André Abeledo o bo xesto de ternos proporcionado os datos desta convocatoria de pleno. Por outra banda, tamén queremos resaltar os seus esforzos a nivel participativo, materializados nunha reunión para afiliados e simpatizantes que farán este mércores 17 de xuño no Local Social de Castro ás 20.30h para debatir os seguintes puntos:
- Información da Constitución de Grupo Mixto e posicionamento.
- Varios
Fontes:
- BOE - Ley 50/2002, de 26 de diciembre, de Fundaciones: http://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2002-25180
- BOP - Regulamento de Participación Cidadá de Narón: http://bop.dicoruna.es/bop/2009/03/18/Bop20090318.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario