mércores, 3 de agosto de 2016

Un marco que desluce unha festa declarada de Interese Turístico de Galicia

Temos traballo atrasado e poucas mans para atendelo, así que, como aperitivo, e coincidindo con que o único membro activo desta redacción tivo a ben tomar un respiro visitando a última xornada da XVIII edición do Oenach Atlántico de Sedes, sacamos este pequeno artigo.

A impresión xeral que se pode sacar sobre o evento baseándose na prensa e boa. Exemplos son:


Sen embargo, nese material non hai unha visión de qué cousas se atopaba o visitante ao achegarse a esta celebración. As seguintes imaxes foron tomadas o domingo 31 de xullo, e corresponden ao entorno inmediato ao espazo onde se celebraba o Oenach:



Narón Aberto - ¿Parada de bus "celta"?


E o seguinte vídeo fai unha pequena mostra do estado de limpeza da Estrada do Trece (DP-5404) entre a Feira do Trece e a rotonda da AC-112.


Neste vídeo contrastan as zonas "a monte" con aquelas nas que os propios veciños pola súa conta, e por limpeza, fixeron o traballo para ter lustroso o acceso aos seus fogares.
Pode que se trate dunha estrada na que o titular é a Deputación, pero aínda así, ¿qué hai da comunicación entre administracións? Tamén contrasta esta situación co recente anuncio do Concello de Narón de redoblar esforzos na limpeza (O Concello e URBASER acordan ampliar durante un mes o horario de traballo dos dous tractores con desbrozadora), e que non so debería incluir aquilo que é da súa responsabilidade directa, senón tamén da que afecta a todo o termo municipal.

Aparte, faremos mención de escaso espazo para estacionar, e dado que a citada Estrada do Trece carece de arcén, obrigaba a moitos visitantes a facer uso do espazo situado fronte a fincas particulares que se achase limpo e cun mínimo desnivel que permitise aparcar. Ademáis da existencia de escasa sinalización ben visible, salvo unhas sinais de dirección prohibida que dada a súa colocación podían facer que un conductor incauto se metese nunha vía que estaba cortada á circulación, obrigándoo a buscar despóis o xeito de incorporarse á circulación na vía principal.

Todas estas cuestións constrúen un marco que desmerece bastante ao intento de promocionar esta festa coa ambición que se pretende. É como unha especie de autosabotaxe de tódolos esforzos previos realizados. palpables -por exemplo- no impulso feito dende o medio favorito do Concello, La Voz de Galicia, o cal non é gratuíto:


En suma, algo semellante ó que ocorría no que relatabamos no noso artigo "Narón: moito evento de nivel, e pouca planificación".


Deixando de lado a cuestión do Oenach, esta deixadez tamén supón unha aldraxe -unha máis- para os veciños do rural, que ven como a súa situación é todo inconvintes: menos servizos, e máis impostos.  Unha visión que puido corroborar o noso reporteiro en conversas con veciños durante a súa visita ao Oenach.

Como sempre dicimos, a solución está nas mans da veciñanza. A auto-organización veciñal, a demanda dunha participación cidadá verdadeira, e a fiscalización da laboura dunha administración local financiada cos cartos de toda a xente de Narón é a única vía para mellorar. Todo comeza cun pequeno paso: unha reunión entre as persoas máis afectadas, ou con máis iniciativa, e con traballo honesto e tendo como único interese o ben común. Así que, anímense: é o seu benestar o que está en xogo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario