O que máis nos sorprendía desta entrevista era a resposta a unha pregunta que se lle facía sobre os orzamentos participativos. Velaquí ese fragmento concreto da entrevista:
Vista a lamentable situación da participación cidadá en Narón, vémonos na obriga de sinalar unhas cantas cuestións en canto a orzamentos participativos, e participación cidadá en xeral:
- Lembramos que no Regulamento de Participación Cidadá, no seu artigo 65 -relativo a funcións e competencias do Consello Xeral de Participacion Cidadá- establece o seguinte compromiso:
6. A corporación municipal facilitará tanto ó consello de participación cidadá como ós consellos sectoriais o orzamento ordinario desglosado en partidas e por programas, co tempo suficiente para que cada consello sectorial poida ter opinión, aportar ideas e achegar propostas a dito orzamento. Unha cuestión da que parece non lembrarse o alcalde na entrevista, e que descoñecemos se é unha omisión oportuna, ou un descoido froito da desatención por parte do Concello das cuestións en materia participativa. Sexa como sexa, é algo que non se está a cumplir, e no que afondaremos máis adiante, cando analicemos o estado dos órganos de participación cidadá. - Cando o alcalde di que hai partidas que quedan fora do ámbito da participación cidadá, como persoal, está moi equivocado: a cidadanía pode participar respecto a esta cuestión sen pretender decidir o que teñen que cobrar os funcionarios.
O persoal da servizo ás distintas concellerías, as cales se encargan de responder ás necesidades do concello. Se hai un área que teña unha grande demanda de atención cidadá, o máis probable é que requira de máis persoal. Neste punto é a cidadanía a que ten máis claro se as súas necesidades se están a satisfacer correctamente, ou se ve que haxa servizos deficitarios en persoal -por exemplo, o sociocomunitario-. Polo tanto, persoal si é unha cuestión dentro do ámbito da participación.
Probablemente o goberno municipal poda aducir na súa defensa o feito de que as últimas reformas feitas polo goberno central do PP -fundamentalmente a Ley de Racionalización y Sostenibilidad de las Administraciones Locales (LRSAL)- dificulten a contratación de persoal en función do aportado pola cidadanía. E é certo: pero hai que ter en conta o seguinte:- Que exista esa dificultade non impide que o Concello recolla a voz da cidadanía nestas cuestións. O xeito de facelo podería ser non só a través dos órganos de participación definidos no regulamento -dos que falaremos máis adiante-, senón publicando informes periódicos de cada unha das áreas, permitindo á cidadanía valorar o seu traballo, publicando finalmente o resultado desas valoracións. A este respecto, na Ordenanza de Transparencia, ANEXO I, apartado f) -servizos e procedementos- ven reflexada a obriga de publicar a seguinte información:
- Procedemento para presentar queixas ou suxestións sobre o seu funcionamento
- Cartas de servizos e outros documentos de compromisos de niveis de calidade estandarizados cos cidadáns
- Grao de cumprimento a través de indicadores de medida e valoración.
- Procedemento para presentar queixas ou suxestións sobre o seu funcionamento
- O Concello non so conta co persoal funcionario para desempeñar as labores que lle son propias. Tamén conta coas seguintes posibilidades:
- Asinar contratos: cando o Concello é promotor dunha actividade por pertencer ao ámbito da súa responsabilidade, pode asinar contratos para garantir a súa prestación. Temos como exemplo os servizos de recollida de lixo, auga, saneamento, xardineiría, etc. Esta posibilidade sempre deberá practicarse dentro dos límites legais -establecidos principalmente na Ley de Contratos de Servicio Público (LCSP), aínda que tamén afecta o estipulado na citada RLSAL-.
Respecto aos contratos, compre sinalar varias cousas:- Segundo a Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de Transparencia, Acceso a la Información Pública y Buen Gobierno, no seu artigo 8.a.1 indica a necesidade de publicar tódolos contratos, incluíndo os menores. Algo que tamén está a incumplir o Concello de Narón, e que outros coma o Concello de Ferrol están a cumplir rigorosamente.
- No artigo 15.2.c da Ordenanza de Transparencia especifícase que a información sobre contratos deberá manterse actualizada e publicada durante cinco anos. Se alguén ten a ben botar unha ollada aos contratos xa formalizados, verá que os pregos xa non están dispoñibles. Algo que non ocorre -por exemplo- no veciño Concello de Ferrol.
- Asinar convenios: para o caso de actividades das que o Concello non é promotor, senón que ten interese no seu fomento, ten a posibilidade de realizar a sinatura de convenios con outras entidades que desenvolvan a actividade que se pretende fomentar. Recentemente o Concello anunciaba a sinatura para este ano 2016 de convenios por case 780.000€.
O problema desta modalidade é que está a escapar por completo da auditoría cidadá debido a que non se publican as bases dos convenios. Non so iso: a xustificación destes queda so no coñecemento da Administración Local. Isto limita completamente a posibilidade de que a cidadanía saiba se a inversión é suficiente ou excesiva, e se está plenamente xustificada. E non so iso: no caso de entidades como as deportivas, que comparten o fomento dunha mesma actividade -por exemplo, clubes de futbol-, non existe a posibilidade de saber se outras ás que non se lles ofrece asinar un convenio estarían a cumplir o estipulado nas bases das asinantes de convenio. Polo tanto non se sabe se hai entidades que merecerían tanto ou máis a sinatura dun convenio respecto ás que disfrutan dese beneficio actualmente.
Por certo, a Ordenanza de Transparencia -ANEXO I, apartado d)- compromete ao Concello a publicar a seguinte información sobre convenios:
- Relación dos convenios subscritos con indicación de:
- Partes asinantes
- Obxecto
- Duración
- Modificacións
- Obrigados á realización das prestacións
- Obrigas económicas
- Relación dos convenios subscritos con indicación de:
- Asinar contratos: cando o Concello é promotor dunha actividade por pertencer ao ámbito da súa responsabilidade, pode asinar contratos para garantir a súa prestación. Temos como exemplo os servizos de recollida de lixo, auga, saneamento, xardineiría, etc. Esta posibilidade sempre deberá practicarse dentro dos límites legais -establecidos principalmente na Ley de Contratos de Servicio Público (LCSP), aínda que tamén afecta o estipulado na citada RLSAL-.
- Que exista esa dificultade non impide que o Concello recolla a voz da cidadanía nestas cuestións. O xeito de facelo podería ser non só a través dos órganos de participación definidos no regulamento -dos que falaremos máis adiante-, senón publicando informes periódicos de cada unha das áreas, permitindo á cidadanía valorar o seu traballo, publicando finalmente o resultado desas valoracións. A este respecto, na Ordenanza de Transparencia, ANEXO I, apartado f) -servizos e procedementos- ven reflexada a obriga de publicar a seguinte información:
- En relación á participación na redacción dos POS (Plans de Obras e Servizos), o alcalde indica que estes se realizan sempre de acordo coas asociacións de veciños. E di que idem para as obras concretas:
- En primeiro lugar, discrepamos rotundamente que sexa así, e convidamos ao Concello a que o desminta publicando as actas das reunións establecidas con estas asociacións relativas a tales cuestións.
- En segundo lugar, e dende o punto de vista do Regulamento de Participación Cidadá, o ámbito para discutir estas cuestións non debería ser unha reunión cunha asociación de veciños, senón os Consellos Territoriais, e posteriormente, o Consello Xeral de Participación. Como xa dixemos, falaremos máis adiante das taras que adoecen estes órganos actualmente.
- En canto a obras concretas, basta con botar unha pequena ollada na prensa para ver cómo houbo e hai un bo número de desencontros -que non debates saudables- entre veciños e Concello en materia de obras, como no caso da Praza de Xúvia, a Casa Reitoral de Pedroso, as cuestións de accesibilidade, a senda peonil polo Val, ... E mirando un pouco máis atrás, ata un conflicto que leva vivo máis de dez anos, como é o da cementeira do Río do Pozo.
-
Respecto aos Padroados de Cultura e Deportes: se ben é certo que entre os seus vogais hai cidadáns escollidos mediante elección, non podemos considerar moi participativo o sistema. Por exemplo, no caso do Padroado de Cultura, o artigo 7 dos seus estatutos explica que os vogais que forman parte da cidadanía so poden ser membros das seguintes entidades: consellos escolares de colexios públicos, asociacións de veciños e asociacións culturais. E non so iso, senón que na elección dos mesmos so poden participar ditas entidades. E non nos parece democrático nin participativo sobre todo polo feito de que as asistencias ás reunións do Padroado son remuneradas -100€ por persoa e sesión-, e eses cartiños saen dos petos daquelas persoas que non tiveron opción a escoller aos seus representantes nese órgano -salvo no caso dos concelleiros que forman parte do Padroado-.
Por outra banda, e tras a aprobación do Regulamento de Participación Cidadá, os Padroados encaixan máis dentro da figura dos Consellos Sectoriais, e parecería razoable integrar as dúas figuras nunha. - Das cuestións que máis nos preocupan en materia de participación é a posición do cidadán a título individual respecto ao Concello. O Regulamento de Participación Cidadá actualmente non lle recoñece aos veciños a capacidade de participar nos Órganos de Participación Cidadá se non é membro dunha entidade asociativa. Esta situación impediría que calquera cidadán cunha suxestión, idea ou queixa que non sexa do interese dunha destas entidades teña voz no Concello, por moito que a cuestión sexa de interese xeral.
De feito, a cousa tena máis que cruda, xa que actualmente, a cidadanía de Narón ten imposibilitado contactar de xeito fiable co tecido asociativo do concello. Isto é debido a que -moi a pesar das nosas reclamacións- seguimos sen dispoñer dunha listaxe pública, completa -con teléfonos cando é posible- e actualizada das entidades asociativas de Narón. Curiosamente, ningún dos Concellos da contorna (Ferrol, Fene, Valdoviño, Ares, Mugardos, ...) parece ter reparos en publicar esa información. Ainda así, parece que temos que crer que somos o non plus ultra da participación cidadá. - En canto aos órganos de participación, podemos facer as seguintes valoracións:
- Consellos Territoriais: se este mandato deu comezo a finais de maio de 2015, e ao pouco xa estaban designados os concelleiros que participarían nestes órganos de participación, a súa convocatoria demorou ata febreiro de 2016. Pero isto non é novo: dende o ano 2013 non houbo convocatoria algunha destes consellos. O máis parecido que tivo lugar foi -no momento en que se achegaban as eleccións municipais- a invitación ao tecido asociativo a participar en xornadas formativas da Escola de Participación.
Por desgraza, os resultados desta primeira convocatoria non foron publicados polo Concello coa fin de que a cidadanía de cada unha das zonas vinculadas a cada consello soubese cales foron os acordos acadados, ou as valoracións feitas. Tan so foron trasladados aos membros do Consello Territorial. E polo que estivemos a buscar -principalmente nos recursos online das asociacións veciñais- tampouco atopamos que éstas tivesen a ben publicar ditas actas ou difundilas.
Hai uns días -e milagrosamente rompendo a dinámica descrita atrás, e cumprindo os prazos de 6 meses estipulados no regulamento- convocáronse de novo estes consellos territoriais.
Sobre a normativa que rexe estes órganos, hai varios puntos dos cales o seu cumprimento -ata o de agora- queda en entredito:
- Artigo 58.2) Recadar propostas cidadás e informar ós órganos de goberno do consello do funcionamento dos servizos municipais do territorio plantexando propostas para o seu mellor funcionamento: non nos consta se existe un mecanismo para recoller estas propostas, ou cal é.
- Artigo 58.3) Presentar ó concello, anualmente, un estado de necesidades e problemas específicos do territorio, con indicación e selección de prioridades para a súa posible inclusión no plan de actuación municipal: non nos consta a existencia destes informes, que non atopamos publicados en ningures. De feito, dados os longos períodos de inactividade dos Consellos Territoriais, extrañaríanos ben que se chegasen a facer.
- Artigo 58.10) Seguimento no cumprimento dos acordos adoptados polo Concello sobre as propostas do consello terrritorial, dándolle traslado do texto completo dos acordos e dos informes técnicos correspondentes si fora necesario. Aínda que tampouco temos constancia da existencia de informes de seguimento destas cuestións, dado que na orde do día da actual convocatoria dos consellos achamos o punto "2. Devolución de información das propostas cidadás recollidas na sesión ordinaria anterior, do semestre.", agardamos que este seguimento quede patente nas actas desta convocatoria.
- Consello Xeral de Participación: do mesmo xeito que no caso dos Consellos Territoriais, este leva sen convocarse dende o ano 2013. Salvo a mención feita ás atribucións respecto ós orzamentos deste órgano, interésanos facer as seguintes mencións á normativa:
- Artigo 65.3 - Debater e valorar as conclusións dos estudos e traballos sobre temas estratéxicos que realice o Concello. Descoñecemos se o Concello fai tales estudos ou traballos, e se os fai, por desgraza non son públicos. ¿De qué xeito poderían debater neste órgano sobre eles se non se proporcionan? Lembramos que, previa discusión neste órgano, debería facerse nos Consellos Territoriais e Sectoriais, e éstes teñen a obriga de informar á cidadanía. ¿Qué mellor cousa entón que publicalos? Por desgraza, o lugar axeitado para a súa publicación -o Portal da Transparencia- segue tendo demasiado espazo baleiro.
- Artigo 65.4 - Ser consultado polo Concello ou polas comisións informativas en asuntos de interese específico para o municipio, estando obrigado a dar resposta. Algo que sería estupendo que ocorrese é esa demanda de opinión en temas de interese á cidadanía dende o Concello, e con resposta obrigada, e todo recollidiño nunha acta. E prometemos facer un extenso artigo, adornado con guirnaldas, luceciñas, laciños e o que se tercie cando se dea tal ocasión, que parece máis ben cuestión de ficción actualmente.
- Consellos Territoriais: se este mandato deu comezo a finais de maio de 2015, e ao pouco xa estaban designados os concelleiros que participarían nestes órganos de participación, a súa convocatoria demorou ata febreiro de 2016. Pero isto non é novo: dende o ano 2013 non houbo convocatoria algunha destes consellos. O máis parecido que tivo lugar foi -no momento en que se achegaban as eleccións municipais- a invitación ao tecido asociativo a participar en xornadas formativas da Escola de Participación.
- O alcalde ten tan desatendida a cuestión da participación cidadá, e sinte tanta desafección por ela que nin sequera é capaz de recoñecer a que cuestións afecta e a cales non. Algo que, como mínimo é un problema de sensibilidade.
- O alcalde sabe ben o que corresponde ao terreo da participación cidadá, pero minte amparándose no descoñecemento da cidadanía, no seu desinterese ou na súa desafección política, e empregando intelixentemente os medios de comunicación para crear esa sensación de que en Narón todo vai de maravilla.
Tristemente, o que supoñemos que ocorrerá é que haberá dentro da oposición quen saque réditos desta información incorporándoos ao seu argumentario, pero -tal e como veu ocorrendo ata agora- non se tomarán medidas para endereitar a situación, mantendo á cidadanía tan alonxada coma sempre de todo aquilo que teña que ver coa política e que non sexa meter unha papeleta nunha urna.
A nos quédanos o consolo de divulgar a información, e a esperanza de que tal vez un día a cidadanía decida tomar as rendas e ocupar o espazo que lle corresponde na vida política.
Ningún comentario:
Publicar un comentario