Pois ben, en previsión de que esa dilación indefinida, e con bastante pouco esforzo pola nosa parte, fixemos un listado con direccións de email de entidades activas actualmente, ó que os nosos lectores poderan acceder dende a ligazón https://drive.google.com/open?id=1B7bTTHBk2t0j7GcJCYVxDAfngAxN6qOzot9V49OrFqc ou dende a sección Documentación no menú do noso blog, dentro da carpeta Participación Cidadá.
Nesta lista omitimos todas aquelas entidades que tivesen coma dirección de email algunha que semellase persoal ou de índole laboral. O motivo é o seguinte: segundo a lexislación en materia de protección de datos, as direccións de email vinculadas á prestación dun servizo como é o das asociacións non están enmarcadas dentro do ámbito de aplicación das mesmas. Sen embargo, non poderiamos dicir o mesmo de direccións persoais ou de traballo, pois descoñecemos se é a dirección que aportou a entidade como forma de contacto oficial -algo que so podería aseverar a propia entidade, ou a administración local, responsable da xestión dos datos destas entidades.
Con isto demostramos que non é unha tarefa tan complicada poñer esta información a disposición da cidadanía, e que a demora por parte do Concello no seu compromiso de actualización do Rexistro Municipal de Entidades non debería ser moito.
Coma sempre, quedamos a disposición dos lectores para ampliar ou corrixir esta información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario