martes, 12 de maio de 2015

Demostración de que ó actual equipo de goberno non lle interesa a Participación Cidadá

Un dos pilares fundamentáis da participación cidadá é o asociacionismo. As asociacións proporcionan a principal vía para que os cidadáns traballen de forma colaborativa para desenrolar as súas inquedanzas: dende a labor social, ata o ocio. Para poder desenrolar a súa acción, deben existir canles de comunicación que permitan a relación entre a cidadanía e as asociacións. Se se poñen atrancos a esas vías de comunicación, estase a sabotear o movemento asociativo, e polo tanto, a participación cidadá.

No caso que expoñemos, veremos que é o propio goberno municipal o que pon estes atrancos.

Nos primeiros meses do 2014, un cidadán achégase ata o concello para solicitar o listado de asociacións rexistradas coa fin de poñerse en contacto con elas. Para iso, diríxese á concellería de Participación Cidadá, onde é atendido por Catalina García Blanco . Alí faille a súa solicitude, pero ésta explícalle que non é posible. Segundo a concelleira, moitas das asociacións teñen pendente asinar un escrito para ceder os seus datos ó público, e mentres non o fagan, se o concello cede os seus datos estaría incumplindo a famosa Ley Orgánica de Protección de Datos (LOPD).

O protagonista desta historia non se da por vencido, e despois de un tempo indagando, descobre que a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) ten a disposición dos cidadáns un servizo de consultas, así que decide preguntar sobre o caso:

HACE UNOS DÍAS ME HE REUNIDO CON LA CONCEJALA DE PARTICIPACIÓN CIUDADANA DE MI AYUNTAMIENTO (NARÓN) PARA SOLICITARLE UN LISTADO CON EL REGISTRO DE ASOCIACIONES DE DICHO MUNICIPIO, Y FORMA DE CONTACTO CON ELLAS (DIRECCIÓN, EMAIL Y TELÉFONO). LA CONCEJALA EN CUESTIÓN ME NEGÓ ACCESO A ESA INFORMACIÓN HACIENDO MENCIÓN A QUE NO SE LO PERMITÍA LA LOPD MIENTRAS LAS ASOCIACIONES NO FIRMASEN UN CONSENTIMIENTO. ME GUSTARÍA SABER SI ES ESTO CIERTO.

GRACIAS POR ANTICIPADO,

SALUDOS


Para ver o documento coa consulta completa, pulsa o seguinte enlace: [PDF - Consulta]

En poucos días, recibiu a seguinte contestación da AEPD:


(...) no es de aplicación la Ley Orgánica 15/1999 al caso planteado por Vd. relativo al tratamiento de datos de asociaciones, que no son personas físicas

Para ver a resposta completa e os motivos polos que non se considera de aplicación a LOPD, pulsa no seguinte enlace: [PDF - Resposta]


Do anterior, deduciu que a información proporcionada por Catalina non era correcta. Así, o noso protagonista volve a visitar as dependencias do Concello para informar á concelleira do seu achádego.  Unha vez comentado, a propia concelleira, reacia a aceptar a validez da contestación da AEPD, aporta información sobre outros obstáculos:

  • Comenta que a maioría das asociacións non actualiza os seus datos cando fan cambios, de modo que estima que moitos deses datos non sexan válidos.
  • Segundo ela, no caso dos números de teléfono, moitas asociacións aportan como número de contacto o número dun particular da directiva, e en caso de divulgar esa información, sentiríanse molestos por ser contactados directamente ós seus domicilios ou móbiles personais.

A pesar diso, a resposta da AEPD non admite dúbida, e a insistencia do seu interlocutor, termina por ceder, e recoñecendo a súa falta de coñecementos na materia, ofrécelle a posibilidade de ir tratar o tema co secretario, Alfonso de Prado Fernández-Canteli. De novo é preciso explicar a historia dende cero, e despóis discutir o tema dúas ou tres veces tomando coma base a contestación da AEPD, os datos desactualizados, e a xente molesta por recibir chamadas nos seus números particulares.

Tras varias voltas, o secretario claudica e amosa ó solicitante, coa axuda dunha funcionaria, a base de datos onde teñen rexistrados os datos das asociacións. Mentres falan do tema, aparece en escena o formulario REG19, utilizado para dar de alta as asociacións no rexistro municipal, algo do que se sacará partido máis adiante. Neste punto, o secretario pregúntalle ó solicitante:

- A ver, pero tí ... ¿qué é o que queres?
- Que o listado de asociacións e os seus datos de contacto estean dispoñibles para quen os queira consultar.

Despóis de dar un par de voltas máis, a funcionaria e o secretario coinciden en que en breve se actualizará o listado de asociacións na web do Concello de Narón incluíndo a información solicitada. Así que o noso protagonista marcha, non sen antes deixar en rexistro unha solicitude pedindo esa información. Para ver a solicitude completa, pulsa o enlace seguinte: [PDF - Solicitude 1]

Esta vez, a resposta tarda en chegar un par de semanas:


(...) infórmase que o listado de asociacións atópase publicado na páxina web do Concello (Servizos Municipais).


Aínda que inicialmente resulta satisfactoria, por pensar que a información foi actualizada na web, cando consulta a páxina, vemos que está exactamente igual que antes.

A estas alturas, e despóis de dar tantas voltas para algo que tiña que ser bastante sinxelo, o noso cidadán atópase bastante cabreado. Así que, xuntando todo o material no seu poder, redacta a seguinte solicitude: [PDF - Solicitude 2].

Neste caso, a resposta tarda unha semana en chegar. A pesar do ben argumentado e contundente do texto da solicitude, o Concello resposta co seguinte:


(...) comunícaselle que sendo o Rexistro municipal de Entidades Cidadás un rexistro único, levado pola Secrtaría Xeral da Corporación, os seus datos xerais obrigatorios serán públicos, non sendo o número de teléfono un dato obrigatorio establecido pola normativa vixente.

Para ver o documento completo, pulsa o enlace seguinte: [PDF - Resposta final]


Conclusións

  • A Catalina García Blanco, concelleira de Acción Social e Participación Cidadá non lle interesa que os cidadáns teñan contacto coas asociacións. Se ben nun primeiro momento se podería pensar que se trata dun caso de falta de información, a súa actitude pouco colaboradora tras coñecer a contestación da AEPD, e a súa nula mediación no asunto nos fan crer que se trata de unha manobra totalmente consciente para evitar que a cidadanía contacte co tecido asociativo do concello. A máis de outras circunstancias relativas á participación cidadá en Narón sobre as que tentaremos dar cobertura, poderíamos valorar seriamente que non se trata dunha persona apta para desempeñar o cargo que ostenta.
    Por outra banda, e considerando que se trata da candidata á alcaldía polo PSOE de Narón, podemos asegurar que esta forza política ten tanto interese como a súa candidata na participación cidadá no concello.
  • Xa que os escritos de saída veñen asinados polo señor alcalde, D. José Manuel Blanco Suarez, considerámolo tamén como parte interesada, ou máis ben, desinteresada en materia de participación cidadá. De feito, a propia solicitude fai mención expresa ó señor alcalde, incitándoo a participar para resolver a cuestión, aínda que o resultado foi o amosado arriba. Asemade, como cabeza de lista da formación TeGa en Narón, facemos extensible este desinterés ó seu partido.
  • ¿Isto quere dicir que os demáis partido sí están interesados na cuestión de participación cidadá? Tampouco parece que sexa certo. Polo que sabemos, ata o de agora ningún deles amosou interese pola solicitude deste cidadán. Por outra banda, agora mesmo o noso equipo está a estudar os "programas" electorais das distintas forzas políticas que se presentan ás eleccións municipais, e non parece haber ningunha proposta seria neste sentido. E a verdade, tras botar unha ollada os concellos da comarca, o panorama de Narón albíscase máis triste se cadra. Vexamos:

¿Qué facer?

  • Se es un cidadán interesado en que se poña a disposición de todos un listado cos datos de contacto e información detallada sobre cada unha das asociacións do concello, podes utilizar os documentos deste artículo para meter por rexistro unha solicitude esixindo esa información.  
  • Se es membro dunha asociación e cres que che están a crear obstáculos para divulgar a túa actividade con estas actitudes, ou que están poñendo ó teu alcance menos ferramentas de promoción que en outros concellos veciños:
    • Utiliza como modelo os documentos deste artigo para meter por rexistro unha solicitude esixindo que se publique a información de contacto das asociacións. Agora que coñeces os servizos que lles proporcionan noutros concellos ás asociacións, podes utilizar tamén esta solicitude pedindo unha equiparación. Ten en conta que o goberno municipal lle está a dar a Narón o caracter de "grande cidade de Galicia", pero coma cidadán non dispós das mesmas vantaxes que os veciños de outras cidades de Galicia.
    • Se no caso da túa asociación os datos non están actualizados, mete por rexistro o formulario apropiado coa actualización deses datos. Deste xeito, terán menos excusas tras das que agocharse, e facilitarás que as persoas que tenten contactarvos poidan facelo.
  • Se es maior de idade, estás en disposición de escoller quén se vai sentar no concello a administrar os recursos de todos os veciños. Sé esixente. Non deixes que che fagan pensar que precisas ser gobernado. O que precisas é que resolvan os teus problemas. Esixe compromisos. Esixe un programa serio, non promesas para cativos. Un programa onde veñan especificadas as prioridades, unha estimación de custos e un tempo para a execución. Esixe traballo, non unha cara sorrinte. Esixe igualdade e rigor administrativo, non amaños a medida e portas traseiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario