Para facer esta análise inicial, usamos os datos publicados polo Ministerio de Interior nas URLs que aparecen ó final deste artigo. Temos previsto facer unha análise máis detallada cando sexan publicados os datos definitivos por distrito. De momento, conformarémonos con facer unha comparativa entre os resultados básicos nas eleccións municipais dos anos 2011 e 2015.
En caso de que aos nosos lectores lles guste experimentar e xogar máis cos resultados, deixamos a disposición deles unha folla de cálculo en formato ODF coa que elaboramos o material exposto a continuación.
Votantes e tipos de votos
Para facer o estudo destas cantidades, construímos a seguinte taboa:cantidade | % | ||||
---|---|---|---|---|---|
2011 | 2015 | Diferencia | 2011 | 2015 | |
Total inscritos | 32047 | 32298 | 251 | 100 | 100 |
Total votantes | 17287 | 16901 | -386 | 53.94 | 52.33 |
Abstención | 14760 | 15397 | 637 | 46.06 | 47.67 |
Votos nulos | 278 | 260 | -18 | 1.61 | 1.54 |
Votos en branco | 796 | 359 | -437 | 4.68 | 2.16 |
Con ela podemos facer a seguinte representación gráfica:
Nesta primeira gráfica podemos observar que respecto ao ano 2011, o número de electores aumentou. Sen embargo, isto non ocasionou unha suba proporcional en votantes e abstención. De feito, a abstención medrou, e o número de persoas que acudiron a votar descendeu. Os motivos poden ser varios, e máis adiante incidiremos de novo sobre este tema.
Resultados por partido político
Para analizar os resultados de cada partido político, construímos a seguinte táboa:votos | % | concelleiros | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
2011 | 2015 | Variación | 2011 | 2015 | 2011 | 2015 | |
TEGA | 5713 | 6408 | 695 | 33.59 | 38.51 | 8 | 10 |
PP | 5496 | 3639 | -1857 | 32.31 | 21.87 | 8 | 5 |
BNG | 1846 | 1353 | -493 | 10.85 | 8.13 | 2 | 2 |
PsdeG-PSOE | 1527 | 1489 | -38 | 8.98 | 8.95 | 2 | 2 |
CG | 1087 | 710 | -377 | 6.39 | 4.27 | 1 | 0 |
EU | 544 | 1008 | 464 | 3.2 | 6.06 | 0 | 1 |
ENE | 0 | 888 | 888 | 0 | 5.34 | 0 | 1 |
C's | 0 | 787 | 787 | 0 | 4.37 | 0 | 0 |
E xeramos as seguintes gráficas:
Con esta primeira, podemos observar a evolución dos distintos partidos respecto a 2011. Pero para ser máis conscientes das gañanzas e perdas en votos, elaboramos a seguinte, ordenada pola variación no número de votos respecto ós comicios do 2011
- O gran perdedor da noite foi sen dúbida o PP, cunha caída de 1857 votos. Consideramos que lle pasou factura o seu papel a nivel estatal, por mor de tódalas políticas que lonxe de amañar a situación de crise, afondaron na desigualdade e precariedade da cidadanía, dos servizos, dereitos, e das liberdades. Un efecto que se sentiu a nivel estatal. Analizando resultados anteriores:
- 2007: 3456 (22,85%)
- 2003: 3436 (21,56%)
-
Resulta sorprendente ver como o BNG é o segundo en perda de votos. Neste caso tamén pode tratarse dunha tendencia a nivel de partido, xa que mirando os concelleiros conseguidos a nivel estatal en anos anteriores:
- 2007: 661
- 2011: 590
- 2015: 468
- No caso de CG non podemos falar de tendencias debido á curta historia do partido. Supoñemos que o desplome ten que ver coa baixa relevancia do papel da súa candidata como concelleira de turismo dende o 2011. O feito de ter entrado no goberno de coalición non axuda, pois os escasos réditos que puidera dar o seu rol (e dos que non temos constancia) probablemente foron a parar ás arcas de TEGA. Por outra banda, o marco ideolóxico do partido non está tan definido como para delimitar de xeito firme unha poboación de electores, caendo tamén estes no espectro de outras forzas emerxentes que puideron tomar parte deste electorado en busca de mellor opción.
- O PSOE protagoniza unha baixada mínima, ainda que tamén coherente co comportamento do partido a nivel estatal. Analizando resultados de outros comicios:
- 2015: 1489 (8,98%)
- 2011: 1527 (8,28%)
- 2007: 1976 (13,7%)
- A menor das subas beneficia a EU, permitíndolle acadar un concelleiro. Neste caso cremos que a mesma forza que fixo baixar ó PP é a responsable desta suba. Non temos moitas novas sobre traballo efectuado por este grupo político en Narón. Haberá que agardar a ver qué da de sí.
- A continuación temos a TEGA, que gaña 695 votos. Un número que se fai pequeno se pensamos que esta forza consegue 2 concelleiros máis. O mérito dese aumento de escanos é debida tanto esa suba de votos coma o desplome do PP, a segunda forza. Utilizando a aplicación do Ministerio do Interior de consulta dos resultados das eleccións locais 2015 é posible facer unha simulación. Basta con restar eses novos votos a TEGA para ver que quedaría con 9 concelleiros, mentres que o PP gañaría un máis.
Observando as cifras de outros anos:
- 2015: 6408 (38,51%)
- 2011: 5713 (33,59%)
- 2007: 6709 (44,37%)
- O seguinte na lista é unha das sorpresas da velada, protagonizada por C's. Unha formación cun mes de idade no concello, e cun potencial económico suficiente coma para xuntar unha lista de xente e facer unha lustrosa campaña electoral. Curiosamente, ainda que está no espectro ideolóxico do PP, consegue emerxer do mesmo xeito que no resto do estado, ainda que sen acadar un escano. Veremos se apostan por desenrolar un traballo durante este novo período, ou se permanecen ocultos ata a próxima campaña.
- E finalmente, o maior ascenso en número de votos é para ENE, partido instrumental creado apropósito para estas municipais, que postula estar aliñeado no espectro de Podemos, pero que non contaba o respaldo oficial desta formación. Este ascenso permitiulle entrar no concello con un escano. Resta por ver cal será o seu funcionamento nos próximos catro anos. Polo de agora, declarou en prensa que rexeitaba pactar con TEGA. Veremos se saca a relucir esa vocación de servizo pola cidadanía que di ter.
Outra volta de torca: incluíndo as abstencións
Tal como se amosaron os resultados anteriores, parece que TEGA ostenta unha posición de maioría inalcanzable polo resto de grupos politicos. Sen embargo, trátase de algo subxectivo, porque estamos a mirar soamente unha parte da información: a relacionada coa xente que exerceu o seu dereito a voto.Atención ó que ocorre cando representamos xuntos eses datos xunto coas cifras da abstención:
Agora podemos ver a dimensión auténtica das cifras electorais no concello. ¿Sorprendente, non?
Con isto, non queremos meternos no problema de comezar a facer extrapolacións extrañas. O feito é que, na nosa ignorancia, quixemos aprender un pouco máis sobre a abstención e os seus motivos, e fomos topar con innumerables estudios ó respecto. Do pouco que fomos capaces de ler, sacamos en conclusión que este grupo ten motivacións heteroxéneas, pero a maioría comparten as características de desafección pola política e a falta de identificación con algunha das opcións dispoñibles. Algo que aparece expresado nos resultados de sondaxes como a realizada pola UE tras as últimas eleccións ó Europarlamento.
De feito, estes datos de abstencionismo elevado son bastante estables:
- 2015: 15397 (47,67%)
- 2011: 14760 (46,06%)
- 2007: 15954 (51,16%
- 2003: 12999 (44,8%)
De todo isto queremos salientar o seguinte:
- O potencial electoral do concello está por explotar.
- As característas de desafección e falta de identificación falan de que as opcións actuais probablemente non convenzan nin motiven a sair do nicho da abstención.
- A pesar dos elevados niveis constantes, non parece preocuparlles esta situación ós partidos que optan ó concello. De feito, os únicos intereses dos que temos constancia pública son os de ENE, pero coma mero nicho de mercado sen explotar, e non coma preocupación.
Por tanto, si una abstención elevada a corto plazo puede no ser una mala señal en cuanto a calidad de la democracia, su persistencia sí indicaría déficits en cuanto al rol de las elecciones como mecanismo regulador del conflicto político. Sobre todo si hablamos de un país donde la participación escasa no se da sólo en el ámbito electoral, sino que forma parte de un déficit participativo mucho más amplio y general que puede acentuar el proceso de elitización de la vida política.
Fontes:
- Ministerio de Interior - Elecciones Locales 2011 http://elecciones.mir.es/resultados2011/99MU/DMU1115905499_L1.htm?d=712&e=0
- Ministerio de Interior - Elecciones Locales 2015 http://resultadoslocales2015.interior.es/99MU/DMU1115905499_L1.htm?d=1207
- Ministerio de Interior - Consulta de Resultados Electorales http://www.infoelectoral.mir.es/min/home.html
- LA ABSTENCION ELECTORAL EN ESPAÑA:CERTEZAS E INTERROGANTES- Joan Font Fàbregas - Universitat Autónoma de Barcelona http://digital.csic.es/bitstream/10261/21074/1/REIS_071_072_04.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario