Á reunión asistiron tanto o alcalde Jorge Suárez, coma os concelleiros de participación, Álvaro Montes, e da zona rural, Rosa Méndez. Tras unha breve presentación por parte dos tres, explicando as intencións de reiniciar o proceso participativo tras a parada que producida durante o anterior goberno, incluíndo a posibilidade de elaborar uns orzamentos participativos, e amosando disposición de diálogo con todas as asociacións, se cedeu a palabra ós asistentes. Das intervencións destes, fomos quen de extraer información do máis interesante, que resumimos a continuación:
- No regulamento de participación cidadá de Ferrol, os cidadáns a título individual tamén teñen representación nos órganos de participación cidadá: para aqueles que o descoñezan, o Regulamento de Participación Cidadá de Narón so recolle a posibilidade de que as entidades inscritas no Rexistro de Entidades Cidadáns de Narón teñan un lugar nos órganos de participación cidadá (Consellos Sectoriais, Consellos Territoriais e Consello de Participación Cidadá). Os cidadáns que non estéan asociados non poderán participar en tales órganos.
No seu momento, dende os Consellos Territoriais se elaborara unha proposta de modificación do noso regulamento que incluía este feito, ademáis de outras enmendas, pero foi desbotada polo goberno municipal.
Tanto o feito de entrar en comparacións entre o regulamento de Ferrol e o de Narón, coma a historia pasada do proceso participativo en Narón darían para encher sendos artigos, así que reservamos o material do que dispoñemos a tal efecto. - En Ferrol xa se puxera en práctica a elaboración de orzamentos participativos: no noso Concello, o concepto de "orzamentos participativos" pertence ó ámbito xa non experimental, senón de ficción. De feito, na época na que os órganos de participación funcionaron, ante a proposta de facer algo así, o entón Concelleiro de Facenda tivo a ben respostar que os veciños non estaban capacitados para tomar decisións nese ámbito. Sen embargo, tal e como recolle a noticia Os Orzamentos Participativos 2010 investiránse nos barrios de Ferrol Vello, Canido, Esmelle e Covas , no ano 2010 os veciños decidiron en conxunto en qué empregar a partida de 1.650.000€ destinada a orzamentos participativos.
De feito, algunas das intervencións das asociacións e veciños asistentes foron a prol de demandar que se completase o plan que se puxera en marcha entón. - As diferencias entre urbano-rural e "barrio grande"-"barrio pequeno" están tamén presentes: a pesar de levar vantaxe na aplicación da participación, segue a estar presente esa gran facilidade coa que se deixan ó marxe as zonas do rural respecto ás do urbán. O urbán ten a vantaxe de que máis da metade das actividades son promovidas polo Concello, mentres que no rural son as entidades as encargadas de facer todo o traballo.
Respecto ós barrios, queda de manifesto que un regulamento de participación non pode plantexar medidas exclusivamente en función da poboación destes, senón tamén do nivel de servizos e de desenrolo. E tampouco deixalo da man de promesas políticas clientelares. Do contrario, moitos barrios quedarían completamente abandonados, tanto pola baixo número de habitantes como polo mínimo peso do voto dos seus veciños no resultado das eleccións. - O sistema de subvencións "típico" é rexeitado polas entidades: con "típico" referímonos á preminencia de gasto en convenios de colaboración e subvencións nominativas, e á forma de pago das subvencións de concurrencia competitiva. As entidades prefiren que se faga unha partida única para subvencións de concurrencia na que se presenten os proxectos para os que se precisa subvención municipal. Respecto á forma de abono, algunha das entidades, facendo referencia á Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia, indicaron que no seu artigo 31 se garante a posibilidade de facer abonos a conta ou anticipados da cantidade subvencionada cando veña xustificado pola natureza do proxecto. Por certo, en canto a este punto, nos consta que tamén é algo que foi demandado polas entidades de Narón na reunión que se mantiña nese mesmo momento no Alto do Castiñeiro.
- Debe garantirse o funcionamento da participación independentemente do partido no goberno ou da celebración dunhas eleccións municipais: como xa comentamos, a participación paralizouse no anterior mandato en Ferrol, e unha das cousas demandadas polas entidades eran garantías normativas que impedisen este feito. Un bo regulamento debe proporcionar vías de reclamación cando o goberno municipal se nega a convocar os órganos de participación con una periodicidade mínima que permita o funcionamento correcto dos mesmos.
No caso do Concello de Narón, o regulamento di que os distintos órganos se reunirán como mínimo unha vez ó semestre, pero é algo que non se cumple dende hai moito tempo. ¿Qué posibilidades teñen as entidades e veciños de reclamar sobre este feito? ¿Recurso vía contencioso-administrativa? ¿Valedor do pobo? - As decisións tomadas nos órganos de participación deben ser vinculantes: algo no que insistiron todas as entidades foi neste feito. E non se trata de que estes órganos teñan tanto poder de decisión coma o Pleno, ou os órganos de goberno municipais, senón que os asuntos que aproban sexan tratados dentro da Comisión pertinente, ou se lles dea a mesma consideración que ás mocións que poden presentar os distintos grupos políticos. É dicir, que o seu destino sexa o ser debatidos en Pleno, e se lle poida dar turno de palabra ós implicados no proceso participativo.
Fontes:
- Galicia Ártabra - Se celebró la primera asamblea participativa de la era del nuevo gobierno municipal - http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/115228
- Diario de Ferrol - El Concello retoma el proceso colectivo de participación de la ciudadanía - http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/concello-retoma-proceso-colectivo-participacion-ciudadania/20150722220219129873.html#votar-5
- Concello de Ferrol - Regulamento de Participación Cidadá - https://www.ferrol.es/arquivos/documentos/normativa/RegulamentoOP.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario