¿Lembran vostedes o noso artigo de hai uns meses co título Estado actual do Rexistro municipal de entidades publicado na web do concello? Como comentabamos nese mesmo artigo, presentamos unha petición por rexistro ante o Concello coas demandas recollidas no mesmo. Pois dous meses despóis, recibimos a contestación por parte do Concello, que amosamos a continuación:
A espera non nos parece moi xustificada. Pero o que realmente non estivo xustificado foi ter que chegar a este extremo para avanzar un pouquiño máis no obxectivo de ter un Rexistro Municipal de Asociacións que estea á altura dos que ofrecen os concellos veciños, e que permitan a relación entre entidades e cidadáns de Narón. Xa no noso primeiro artigo Demostración de que ó actual equipo de goberno non lle interesa a Participación Cidadá relatábamos visitas e un tormentoso cruce de escritos entre nós e o Concello demandando un listado actualizado cos teléfonos das entidades de Narón, tras o cal só recibimos unha negativa. Negativa que nos levou a investigar máis a nivel lexislativo para poder dar con argumentos que nos desen a razón e obrigasen ó Concello a aportar esa información. Algo que parece que conseguimos tras consultar a Ley 11/2007, de 22 de junio, de acceso electrónico de los ciudadanos a los Servicios Públicos, pero que supón un exceso de esforzos por ambos lados para algo tan sinxelo, e que ata consideramos un desaproveitamento de recursos por parte da administración local en actos que van en contra dos intereses dos veciños.
Iso sí, aínda non imos cantar victoria: a resposta recibida non da un prazo para rematar este proceso, e pode constituir unha demora indefinida no mesmo. Sobre todo porque existen outros procesos que parecen tamén aprazados indefinidamente, e que teñen que ver coa participación cidadá, tales como a convocatoria dos Consellos Territoriais e Sectoriais de Participación. É dicir, que non descartamos ter ir elevando o tema ata rematar presentando un contencioso por este motivo.
En resume, volvemos a incidir nas evidencias de que tanto o goberno municipal, formado por TEGA, BNG e PSdG-PSOE, como a concellería de Participación Cidadá, da que é responsable Catalína García, non parecen estar pola labor de que exista unha verdadeira participación cidadá neste concello. Por esta banda, temos que lamentar tamén que por parte da oposición (PP, EU e ENE) non se emitise todavía ningún comunicado preocupándose pola situación, ainda que agardamos que isto cambie.
Ningún comentario:
Publicar un comentario