Narón
Velaquí o tema máis importante desta semana. Na Xunta de Goberno Local 23/06/2016 se aprobaba unha Proposta de aceptación de subvención para a contratación temporal de persoas desempregadas en risgo de exclusión social (RISGA). As bases de dita subvención aparecen descritas na ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga) e se aproba a convocatoria para o ano 2016. Nestas bases, explícase que o obxectivo e subvencionar tódolos custes salariais correspondentes á contratación de persoas perceptoras da RISGA. O número de postos de traballo subvencionables dependía do número de perceptores de RISGA do Concello solicitante. No caso de Narón, e tras consultar os datos do IGE, sabemos que no 2014 contaba con 93 persoas perceptores desta renda de inserción. Polo tanto, e se non se rebasou a cifra de 100 persoas perceptoras, terían dereito a recibir subvención por 10 contratacións. Polo que sabemos, o Concello de Narón concorreu a esta subvención tras o acordo acadado na Xunta de Goberno Local do 18 de febreiro deste ano. Lamentablemente, non está publicada a acta da mesma, así que descoñecemos cantos postos de traballo se ofertaban, nin a súa duración.
O que sí sabemos pola acta da Xunta de Goberno Local do 23 de xuño é que a Xunta de Galicia, por resolución de data 24 de maio de 2016 resolveu conceder ao Concello de Narón o importe de 108.002,30€. A nota negativa do acordo acadado na Xunta de Goberno Local é que a esta suma, o Concello de Narón engadirá 2.636,90 €, é dicir, o 2,38% do total. Polo que se ve, a aposta orzamentaria do Concello neste sentido é bastante "cutre".
A pregunta agora é, ¿qué beneficiarios de RISGA teñen dereito a concorrer a algún destes contratos, e cómo se realizará a selección? As bases, no seu artigo 10, son moi clarificadoras:
As contratacións deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) En todo caso, as contratacións polas
que se conceda a subvención, deberán ser para a realización de obras ou
servizos de interese xeral e utilidade social, competencia das entidades
locais.
b) Con independencia da duración do
contrato, o período de contratación subvencionable será de sete meses e a
xornada de traballo será como máximo do 75 %, non podendo en ningún
caso ser inferior ao 50 %, e deberá iniciarse no prazo máximo dun mes
desde a data de notificación da resolución pola que se conceda a
subvención.
c) A selección de traballadores e
traballadoras que se contraten será realizada por un grupo mixto
constituído para tal fin por representantes da Consellería de Economía,
Emprego e Industria e da entidade beneficiaria, que actuará de
conformidade cos principios de publicidade, transparencia,
obxectividade, igualdade e non discriminación.
d) Os traballadores e traballadoras que
se contraten deberán ser en todo caso persoas perceptoras da Risga e
estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas
demandantes non ocupadas. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no
momento da selección como no da formalización do contrato. Terán
preferencia, en todo caso, as persoas perceptoras da Risga que teñan
asignado un proxecto de inserción de carácter laboral e os maiores de 45
anos e os que teñan cargas familiares.
e) Calquera que sexa a entidade local
que realice as contratacións, deberá solicitar as persoas demandantes
non ocupadas, necesariamente mediante a presentación da oferta
específica do programa de contratación de beneficiarios/as Risga, nas
oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia. Excepcionalmente,
mediante a autorización expresa da respectiva xefatura territorial, e
logo da acreditación da condición de persoa beneficiaria da Risga por
parte da entidade solicitante, poderán utilizarse ofertas especiais con
vinculación nominal.
f) Efectuada a selección dos
traballadores e traballadoras, a entidade beneficiaria procederá á súa
contratación utilizando necesariamente a modalidade de contrato de
traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese
social.
É dicir, en breve comezará a selección e contratación de persoas. Así que se coñecen a alguén que estea a percibir unha RISGA en Narón, fáganlle chegar esta información. O fundamental é que se non está inscrito como demandantes no Servicio Público de Emprego. Segundo a súa páxina web, a oficina correspondente a Narón é a Oficina de Emprego de Esteiro, en Avenida de Vigo, 137, Ferrol [ver mapa].
Ainda así, agardamos que, tal e como se indica no punto (c) citado arriba, que en virtude dos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, as administracións teñan a ben anunciar esta cuestión de forma convinte.
A Xunta de Galicia concedeu 3.000€ de subvención para o Oenach Atlántico como festa de interese turístico de Galicia. Aparece reflexado na RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 17 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos para apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. Lembramos que o Concello xa consignara unha partida orzamentaria de 18.000€ para a celebración deste evento.
En canto a sanidade, atopamos no Diario Oficial de Galicia (DOG) este ANUNCIO do 6 de maio de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución LD-02/2016 da mesma data pola que se convoca a provisión do posto de xefe/a da Unidade de Atención Primaria de Narón.. O interesante deste caso é que a provisión deste posto se fará por libre designación, esixíndose como únicos requisitos "posuír a condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal licenciado sanitario, en situación de servizo activo, desempeñando praza no Servizo de Atención Primaria de Narón, e acreditar un mínimo de tres anos de experiencia profesional na súa categoría profesional en institucións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde".
Isto quere dicir que non só se terán en conta os méritos profesionais das persoas que concorran, senón que entran en xogo máis criterios subxectivos. En referencia a isto, en xuño de 2011 se pronunciaba a
Federación de Asociaciones para la Defensa de la Sanidad Pública (http://bit.ly/2a90WjY):
Politización de la gestión
El sistema está sometido a una fuerte politización que hace que los cargos de gestión y directivos sean de libre designación y decididos básicamente por afinidad política y/o personal. Se produce por lo tanto con frecuencia el acceso a cargos de gestión de personas sin o con baja cualificación. Este proceso favorece la búsqueda del apoyo político y no del buen funcionamiento de los centros y potencia el gerencialismo y la falta de participación profesional. Hay además una tendencia a imponer este sistema de nombramientos por afinidad a toda la cadena (en enfermería es prácticamente la norma y cada vez más frecuente en los cargos médicos). El resultado de este proceso es la desconfianza, la desmotivación y la falta de colaboración de un sector mayoritario de los profesionales
El sistema está sometido a una fuerte politización que hace que los cargos de gestión y directivos sean de libre designación y decididos básicamente por afinidad política y/o personal. Se produce por lo tanto con frecuencia el acceso a cargos de gestión de personas sin o con baja cualificación. Este proceso favorece la búsqueda del apoyo político y no del buen funcionamiento de los centros y potencia el gerencialismo y la falta de participación profesional. Hay además una tendencia a imponer este sistema de nombramientos por afinidad a toda la cadena (en enfermería es prácticamente la norma y cada vez más frecuente en los cargos médicos). El resultado de este proceso es la desconfianza, la desmotivación y la falta de colaboración de un sector mayoritario de los profesionales
Por desgraza, a definición do termo "libre designación" é tan laxa na lexislación, que permite un do mesmo abuso no sentido citado. Algo que explican moi ben, aparte de propoñer solucións -e ata un guiño burlón- o artigo deLaJusticia.com - "Otro talón de Aquiles: la libre designación".
Outra subvención, aínda que en materia medioambiental é a que ofrece a Xunta de Galicia na ORDE do 27 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2016 e 2017, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) Agricultores/as e titulares de terreos forestais privados, entendendo por titular tanto persoas físicas ou xurídicas propietarias ou arrendatarias, preferiblemente residentes en zonas rurais, ou xestores de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na Rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000 ou doutras áreas de alto valor natural.
b) Os concellos incluídos na Rede Natura 2000 na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.
c) As asociacións ambientalistas e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.
b) Os concellos incluídos na Rede Natura 2000 na súa condición de xestores de elementos comúns da paisaxe agraria.
c) As asociacións ambientalistas e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas en áreas elixibles.
Por certo, aproveitamos para lembrar que o Concello de Narón ten elementos incluídos na Rede Natura 2000, como o entorno dos ríos Xubia - Castro e a Costa Ártabra.
A contía máxima por cada proxecto presentado -e so pode presentarse un por cada concorrente á subvención- é de 20.000€, podendo subvencionarse o 100% do custo do mesmo coa subvención. Hai de prazo para presentar as solicitudes ata o vindeiro 8 de agosto.
Tamén esta semana se publicaba o Anuncio del Ayuntamiento de Narón por el que se convoca la licitación del servicio de mantenimiento, conservación y reparación de las áreas de juegos infantiles y biosaludables, cun prezo total estimado de 200.000€, e ao que se poden presentar ofertas e solicitudes de participación ata o 1 de agosto.
Tras botar unha ollada ao prego administrativo, atopamos unhas cantas cuestións que consideramos de interese:
- O contrato non parece incluir cláusulas sociais de ningún tipo. A puntuación da oferta distribúese do seguinte xeito: oferta económica (35 ptos), melloras (20 ptos) e criterios non avaliables automáticamente (45 ptos). Noutros casos que xa analizamos dábase puntuación por contratación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión. Segue a ser unha asignatura pendente deste Concello de Narón.
Ainda así, atopamos que a subcontratación está limitada a un 20% do custo total do servizo, algo de agradecer, e que limita a posibilidade de precarización e que os cartos queden en mans de intermediarios. - Certos "criterios non avaliables automáticamente" poden parecer, senón abusivos, si de aproveitados. Concretamente o 1.2 (Ficha descriptiva de zonas de xogo e biosaludable) ao que corresponden ata 25 ptos, e o 1.3 (Información de adecuación á normativa) ao que corresponden ata 4 ptos. ¿Por qué nos parecen abusivos? No caso da ficha descriptiva están a demandar unha información tan exhaustiva e detallada sobre as zonas de xogo, con fotografías aéreas, inventario de elementos, etc ...), que parece que o Concello estivese tentando aproveitarse, e en lugar de encargar este servizo ou facer él mesmo este traballo, tentase conseguir toda esa información mediante o concurso sen ter que pagar un peso por ela. No caso da información sobre adecuación á normativa, estarían a aforrarse unha auditoría nese aspecto. O lóxico sería demandar esa información á empresa que conseguise gañar o concurso, e non solicitarllo a todas, axitando como cebo unha boa cantidade de puntos que podería ser decisiva á hora de decidir o resultado da licitación.
Anunciaban esa semana tamén que La burocracia retrasa aún mas la entrada en servicio del saneamiento. Polo que parece, a parte finalizada dos interceptores que podería estar enviando auga á depuradora, non comezará a funcionar ata -como moi pronto- o mes de agosto. Mentres tanto Las obras avanzan en los tramos pendientes del río Inxerto y O Cadaval-Neda, para rematar uns interceptores cuxo custo -como xa dicíamos no anterior artigo- se cargará en Narón só sobre o lombo dos usuarios do saneamento. Curioso, tratándose dunha obra de interese xeral, ¿non? ¿Cómo se pode xustificar que as persoas enganchadas actualmente teñan que pagar esa obra a partires de outubro, e que aqueles que se conecten dentro de 10 anos, e que se beneficiarán tamén da mesma, non o farán ata entón? Algo que resulta máis curioso cando se pensa en servizos como o de recollida de lixo, ao que teñen que aportar tódolos propietarios dunha vivenda ou local, ocupada ou non, que estea no termo municipal.
¿Cómo o solucionariamos nos? Asignando unha partida nos orzamentos destinada a pagar esa obra. En caso de ser preciso recadar algo máis, bastaría con buscar a forma de facelo naqueles tributos onde se poda establecer un criterio de progresividade en función do poder adquisitivo do tributante. Unha forma de facelo podería ser aplicar ao IBI fórmulas como as empregadas nos concellos de Zaragoza ou Barcelona, onde se definiron tipos de gravame distintos dependendo do uso do inmoble, e incluso unha penalización no caso dos inmobles de luxo.
Ferrol parece que anda a voltas coa revisión do seu PXOM (La revisión del PXOM recoge la eterna previsión de dos áreas industriales). A noticia non é que en Narón tamén andemos con él a voltas -lamentablmente, xa que deberiamos-, senón que se está aproveitando o movemento de Ferrol para tratar o tema que describe o seguinte titular: El nuevo planeamiento se consensuará con Narón con la idea de ciudad lineal. Se ben, quen nos le apreciará que a nova en cuestión non da moitos detalles, nos estivemos a buscar qué significa iso da "cidade lineal", e demos co proxecto que deu nome a este termo, e que foi a Ciudad Lineal de Arturo Soria. A verdade é que o plantexamento orixinal é moi interesante, pero dista moito da situación actual da Estrada de Castela, que non conta con arbolado entre esta vía e as vivendas que sirva como illamento acústico. E menos se incluímos "enxendros" urbanísticos como as torres de Freixeiro.
Por certo, ¿sabe alguén algo sobre o PXOM de Narón? O último que sabemos é que en xaneiro, despóis de Convocada en Narón la Comisión de Seguimiento del PXOM a petición del PP , dende o Concello anunciaban que Narón no presentará el PXOM hasta que la Xunta apruebe la nueva Lei do Solo. E segundo anunciaba a Xunta de Galicia, A nova Lei do solo entrará en vigor o próximo 19 de marzo co obxectivo de facilitar e axilizar a redacción do planeamento urbanístico aos concellos galegos, referíndose ao 19 de marzo de 2016. Polo tanto, parece que Narón vai con retraso neste tema. E non só iso: todavía non presentou as liñas básicas á cidadanía, para escoitar o seu punto de vista. Tal e como está a funcionar a participación cidadá, consideramos improbable que o fagan, pero aínda así non queremos deixar de sinalar cal sería o camiño adecuado para levar a cabo esta tarefa do xeito máis beneficioso para todo o mundo, e non so para potenciais constructores ou grandes propietarios.
A concellería de Promoción Económica -a cargo de Pablo Villamar- anunciou a bombo e platillo que El Club Narón Gastronómico estrena web y 19 locales participan en la Ruta Horta. Por certo, temos que avisar que a dirección da web é http://clubnarongastronomico.naron.gal/, xa que na anterior noticia amosaban unha dirección incorrecta.
Parécenos estupendo que se axude a potenciar un sector económico dándolle máis medios. Ademáis, segundo datos do IGE de marzo de 2016, o 72% das persoas que traballan en Narón pertencen ao sector servizos, así que se estaría axudando ao sector maioritario.
Sen embargo, tamén vemos un lado negativo: a pena é que non se potencien sectores productivos -que é do que andamos escasos dende o afundimento do naval-, xa que este sector vive a expensas do turismo, e de quen teña capacidade económica para invertir en ocio. Por outra banda, é un dos sectores que acumula maior precariedade laboral, algo que delatan titulares como CC.OO. denuncia que más de 16.000 trabajadores de la hostelería en Galicia trabajan sin convenio colectivo. E cremos que esta cuestión non será abordada dende a administración local.
Aparte de cuestións económicas, atopamos curioso a cantidade de medios cos que se está a dotar a esta área, cando outras como a de participación cidadá se atopa case "cunha man diante e outra detrás". Algo que sona máis desafinado se pensamos que este clube gastronómico podería plantexarse como un Consello Sectorial de Hostelaría dentro da estructura de participación cidadá que admite o actual regulamento. E que se beneficiaría da "apertura" obrigada vinculada a estes consellos, como un regulamento público, reunións periódicas con asistencia de membros de cada grupo político do concello, actas públicas, etc, etc, etc ...
Por certo, falando de participación cidadá: lembramos que en agosto deberían realizarse de novo as reunións dos Consellos Territoriais, xa que segundo o Regulamento de Participación Cidadá, a periodicidade destas é semestral, e tal como informábamos no noso artigo "Consellos Territoriais de Participación Cidadá 2016 (I) - Calendario e plantexamento", estas tiveron lugar en febreiro. Ainda así, e considerando agosto inhabil para a administración pública, darémonos cun canto nos dentes se comezan en setembro.
Para finalizar a rolda de Narón, queremos mencionar un par de fotos-denuncia publicadas pola páxina de Facebook "Sedes Informa", sobre o estado de limpeza das beiras das estradas, e a altura que están a alcanzar as herbas:
https://www.facebook.com/sedesinforma/photos/a.1726837354260380.1073741828.1726831194260996/1756537334623715/?type=3
Tamén de outra na que se sinalan zonas do entorno do local social de Sedes que deberían ser reparadas:
https://www.facebook.com/sedesinforma/posts/1758098544467594
Tamén de outra na que se sinalan zonas do entorno do local social de Sedes que deberían ser reparadas:
https://www.facebook.com/sedesinforma/posts/1758098544467594
Varios
Queremos comezar esta sección cunha nova que atopamos en materia de transparencia. Ao parecer, resulta que Los nombres de directivos que se reúnan con altos cargos no están cubiertos por protección de datos. ¿Qué significa isto? Tal e como explica a noticia, a Lei de Transparencia obriga a que se dea a coñecer o nome das persoas que se reunan con cargos públicos, tanto da parte pública, como da parte privada. E a propia Agencia Estatal de Protección de Datos deulles a razón.De tódolos xeitos, hai certos límites: deben ter como mínimo nivel de subdirector general, subdelegado do goberno provincial, directores de axencias estatais, entes e outros organismos públicos. Outros límites son que non se dará publicidade activa desta información, senón que se poderá conseguir baixo petición. Outra limitación -na que por certo se están a escudar organismos públicos- é que so se ofrecerá a información que sexa almacenada: e polo visto, parece que nas axendas dos entes públicos non se está a meter a información con nomes e apelidos.
Por un lado, consideramos interesante que a xente saiba que, tratándose da administración pública, existe o dereito a fiscalizar a súa actividade. Polo outro, tamén é interesante saber que queda moito que andar para conseguir un nivel de transparencia que permita esta labor de fiscalización. ¿Imaxínanse poder coñecer a ese detalle a axenda da alcaldía e concellerías? Sería estupendo para entender como funciona e con quén se relaciona a administración local de xeito pormenorizado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario