xoves, 31 de marzo de 2016

Información sobre o pleno do 31 de marzo de 2016

Chega a fin de mes, e con él, unha nova sesión plenaria. Por desgraza, o calendario na páxina web do Concello desapareceu, así que tivemos que tirar da xenerosidade allea para poder publicar a orde do día do mesmo: temos poucos colaboradores, pero de calidade.


Entre as cuestións interesantes, as seguintes:

  • Modificación da ordenanza reguladora da taxa por recollida do lixo: atención contribuíntes, haberá que ver de que vai o asunto. Polo momento, a transparencia no concello non permite que trascendan estas cuestións.
  • Orzamentos: sobre isto, varias cuestións
    • Bases de execución: hai unha proposta de modificación, e iso que aínda non as publicaron. De tódolos xeitos, tamén hai unha proposta de que se inclúan as bases "específicas" no acordo de aprobación dos orzamentos. Aínda así, non deberían andarse con tantas voltas, e publicalas. Agora que teñen un portal de referencia, habería que sacarlle partido, ¿non sí?
    • Modificación de crédito: e xa van 3 no que vai de orzamento. Teremos que ver a qué responde.
  • Mocións: deixamos aquí información sobre elas. Polo momento, tan so EU ten a ben publicar o texto íntegro das mocións que presentan, mentres que ENE publica bastante información ó respecto no seu facebook e prensa.

  • Como nota final a este punto, quixeramos mencionar que o PP pretendía presentar unha nova moción sobre a devolución no recibo da agua do correspondente á crise da auga do pasado verán, e en virtude do expresado pola Valedora do Pobo. O feito é que ó ser presentada pola via urxente, o goberno municipal desestimou a súa incorporación. Segundo a nova de Galicia Ártabra - En Narón, no a una moción urgente del PP, sí una de IU a favor de la 2ª República, na que o PP protesta pola inadmisión desta moción fronte a admisión da de EU sobre a II República, o alcalde contesta que "se les pidió que la retirasen a la espera de la contestación de un escrito que se le envió a la Valedora do Pobo hace unos diez dias y que además el tema se trataría sin problema alguno en la comisión correspondiente." engadindo que "a petición de los representantes del grupo de gobierno en la junta de portavoces el representante de Eliximos Narón retiró , sin problemas, dos mociones"

Desta vez, agardamos poder ter un corresponsal a grabar o pleno, aínda que cos mesmos humildes medios de sempre.

Para variar, incombustiblemente, e dada a boa a collida, seguiremos informando.
Ler máis »

martes, 23 de febreiro de 2016

Consellos Territoriais de Participación Cidadá 2016 (II) - O noso DAFO de Narón


Continuamos coa serie de artigos relativos ós Consellos Territoriais de Participación Cidadá 2016. Como xa comentaramos no anterior artigo desta serie, esta primeira convocatoria de reunións dos Consellos Territoriais faise de xeito "tutelado" polo Concello, xa que é este quen plantexa a orde do día, cun único punto: realizar unha análise DAFO de cada parroquia.

Unha análise DAFO non é máis que unha sinxela análise realizada a base de detallar Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades daquilo que se pretende estudar -neste caso unha parroquia-. Non é máis que un dos milleiros de métodos que poden empregarse para orientarse sobre qué cuestións é preciso abordar nun asunto, e para facerse unha imaxe global da situación antes de actuar.
Neste punto pode que moita da xente de Narón que nos le plantexe unha queixa do estilo "eu xa sei o que fai falla na miña parroquia e no meu concello". Non dubidamos que sexa o caso. Pero hai que ter en conta unha cousa: é posible que sexan os propios membros da corporación municipal quenes máis precisen facer este exercicio para poñerse en situación, e dado que forman parte do proceso participativo, é xusto poñer o listón o máis baixo posible. Polo tanto rogamos que teñan paciencia con eles. Por outra banda, tódalas suxestións que podan facer poden ser enmarcadas na sección de "oportunidades", ou como solución a debilidades ou ameazas que se detecten, así que tamén serven para facer un debuxo máis preciso da situación.

En fin, que postos a xogar, e polo ben do concello, quixemos facer unha análise DAFO xenérica e poñela a disposición do público, por se algunha entidade o vise interesante e quixese empregala nas reunións destes Consellos Territoriais. Nos polo momento non podemos facelo, xa que non estamos constituídos como asociación. E agardamos que en breve se aborde seriamente o grave feito de que o Regulamento de Participación so permite que participen as entidades asociativas, e non as persoas a título individual, algo que -por exemplo- sí recolle o regulamento vixente no Concello de Ferrol.

Nun principio nos plantexamos realizar un so DAFO, pero a medida que ía crecendo o seu tamaño, decidimos fraccionalo en varios: proceso de participación cidadá, termo municipal e administración local. Deste xeito é moito máis manexable e lexible. Non entraremos en cuestións exclusivas de cada barrio ou parroquia, xa que cremos que é a veciñanza que alí reside quen mellor poden falar sobre elas.

Velaquí os DAFOs:

Proceso de participación cidadá e consellos territoriais



Análise Interna Análise Externa
Debilidades
  • Falta de vontade política: a participación estivo a funcionar, pero paralizouse. Leva na mesma situación 5 anos. Non se traballou nas conclusións extraídas das sesións da Escola de Participación.
  • Horario de celebración dos Consellos Territoriais non apto para a xente que traballa
  • Non se permite a participación de persoas a título individual
  • Non se pon a disposición das asociacións servizos de apoio: tributación, protección de datos, formación, etc ...
  • Ausencia de autonomía: participación dirixida dende o Concello e a Escola de Participación.
  • Dificultade de relación coa administración local: complexidade normativa, falta de información, falta de transparencia
  • Proceso non vinculante: as decisións tomadas nos órganos de participación poden ser desbotadas polo Concello sen xustificación 
  • Ausencia de normativa de uso e cesión de locais sociais. Non mediación do Concello nos conflictos entre entidades asociativas.
  • Falta de promoción da participación no eido educativo
Ameazas
  • Falta de relevo nas asociacións
  • Descrédito no proceso participativo
  • Sociedade orientada ó lecer e consumismo
  • Eliminación de órganos de participación por outras administracións: comisións de participación cidadá das áreas sanitarias
  • Normativa autonómica e estatal en materia de participación e transparencia: pouco rigorosa ou inexistente
Fortalezas
  • Antecedentes participativos: creación dos padroados, mobilizacións cidadás, patrimonio local construído en común por veciños e asociacións (pistas polideportivas, locais, cooperativas, ...)
  • Gran número de asociacións
Oportunidades
  • Fondos de cohesión da Unión Europea: esixen a participación da cidadanía para a elaboración de proxectos.
  • Plan Salud 2020 da OMS/UE: definición de xeito participativo de estratexias de mellora da saúde



Termo municipal de Narón



Análise Interna Análise Externa
Debilidades
  • Dispersión da poboación
  • Desequilibrio do nivel de servizos entre a zona rural e urbán: saneamento, telecomunicacións, ...
  • Pobre ou nula infraestructura de transporte público no rural
  • Patrimonio histórico e paisaxístico sen explotar ou en mal estado de conservación
  • Ria contaminada
  • Existencia de industrias contaminantes e de risco (Megasa, cementeira)
  • Taxa de paro do 25%
  • Poucas medidas de accesibilidade en edificios e mobiliario urbán. 
Ameazas
  • Non se albisca un fin da crise
  • Destrucción do motor industrial da comarca: o naval
  • Ausencia de alternativas económicas ó naval
  • Ausencia de plans de formación ou emprego con perspectivas de reducir a taxa de desemprego
  • Emigración
  • Envellecemento da poboación
  • Núcleos de tráfico de estupefacientes
  • Desmantelamento do transporte ferroviario (FEVE, RENFE)
  • Política e normativa autonómica, estatal e europea con pouca orientación social
Fortalezas
  • Patrimonio histórico relevante
  • Patrimonio paisaxístico
  • Proximidade a núcleos de interese turístico
  • Proximidade á Universidade 
  • Proximidade ó CHUF
  • Conexión con grandes eixos de comunicación (AP-9, AG-64)
  • Productos con denominación de orixe local: pemento do Couto
Oportunidades
  • Fondos de cohesión da Unión Europea
  • Mancomunado con outros concellos de servizos comúns na comarca



Administración local



Análise Interna Análise Externa
Debilidades
  • Falta de transparencia: descoñecemento dos ingresos completos dos cargos electos, mínima información sobre actuacións municipáis e asuntos tratados en comisións ou plenos, ausencia de informes anuais xustificativos das concellerías, non publicidade de bases de convenios, mínima difusión de posibles bonificacións e subvencións ás que pode concorrer a cidadanía, etc ...
  • Falta de orientación participativa do goberno municipal
  • Falta de progresividade tributaria e en taxas como a da auga.
  • Axudas da administración reducidas á caridade en situacións extremas, e xestionadas por institucións caritativas.
  • Ausencia de métricas que permitan coñecer a situación económica e necesidades das familias: infrautilización da concellería de estatística
  • Ausencia de bonificacións dos servizos municipais para persoas empadronadas respecto a persoas alleas ó concello
  • Poucas bonificacións das taxas respecto ó que permite a lei  (por exemplo IBI ...)
  • Ausencia de proxecto municipal, máis aló do mantemento dos servizos existentes
  • Ausencia de vivendas sociais de aluguer como alternativa habitacional a desafiuzados, familias con poucos recursos, mulleres víctimas de violencia machista, etc ...
  • Ausencia de mediación municipal nos procesos de desafiuzamento
  • Ausencia de plans de formación contra o desemprego
  • Ausencia dunha bolsa de emprego municipal
  • Utilización mínima de cláusulas sociais nos contratos: máis orientados a minimizar o custo que a maximizar as prestacións sociais.
  • Ausencia de programas nos centros educativos en materia de igualdade, participación, e bullying
  • Sociocomunitario con pouco persoal e desbordado
  • Ausencia de conexión entre a concellería de salubridade co SERGAS
  • Salario da alcaldía moi por riba da situación económica das familias de Narón
  • Bonificacións por asistencia non dependentes do tempo de duración das sesións.
  • Existencia dun servizo de emerxencias en lugar dun de bombeiros 
  • Gasto en festas excesivo en proporción a outras cuestións máis urxentes/relevantes (emprego, formación, servizos sociais)
Ameazas
  • Normativa e política estatal: LRSAL, art. 135 da Constitución Española
  • Enfrontamentos políticos coa administración autonómica (p.ex: centro de saúde)
  • Normativa e política europea: TTIP
Fortalezas
  • Bo nivel de programación cultural, servizo de biblioteca e normalización lingüística.
Oportunidades
  • Fondos de cohesión da Unión Europea
  • Posibilidade de establecer acordos coa Universidade para desenvolver oportunidades de negocio emerxentes ou sen explotar, formación, etc ...
  • Mancomunado con outros concellos de servizos comúns na comarca
  • Remunicipalización/mancomundado do servizos privatizados (saneamento, auga, lixo, xardinería)


Quedamos a disposición da xente que nos le para corrixir estes DAFOs, contestar a dúbidas, ou incorporar cuestións que escapen ó noso coñecemento, e agardamos que sexan de utilidade nos procesos partipativos que estean en curso.
Ler máis »

venres, 19 de febreiro de 2016

Consellos Territoriais de Participación Cidadá 2016 (I) - Calendario e plantexamento


Este artigo formará parte dunha serie que terá por obxectivo analizar o  proceso participativo cidadán nos Consellos Territoriais de Participación Cidadá, coa fin de arroxar a nosa perspectiva sobre o mesmo, e xeitos que permitan a súa optimización.

Segundo a información compartida pola Escola de Participación Cidadá de Narón na súa páxina de Facebook "Narón Participa", as datas e lugares nas que se fará a primeira reunión dos Consellos Territorias de participación son as seguintes:



  • Luns 15 de febreiro ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE FREIXEIRO (no local da AVV Virxe de Fátima de Freixeiro)
  • Luns 22 de febreiro ás 18:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE SAN MATEO (no local da AVV San Mateo)
  • Mércores 24 de febreiro ás 17:30 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE O ALTO (no local da AVV O Alto)
  • Venres 26 de febreiro ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DA GÁNDARA (no local da AVV Gándara)
  • Luns 29 de febreiro ás 19:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE PIÑEIROS (no local da SC Areosa, centro municipal de Piñeiros)
  • Mércores 2 de marzo ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE SAN XIAO (no local da AVV Ceibe San Xiao)
  • Xoves 3 de marzo ás 19:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE CASTRO (no local da AVV Castro)
  • Luns 14 de marzo ás 17:30 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE O COUTO (no local da AVV O Couto)
  • Martes 15 de marzo ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE SEDES (no local da AVV Sedes)
  • Mércores 16 de marzo ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE XUVIA (no local da AVV Xuvia)
  • Xoves 17 de marzo ás 17:00 horas. CONSELLO TERRITORIAL DE O VAL (no salón de actos do local municipal do Val)

Segundo a propia Escola de Participación, o plantexamento das xuntanzas será o seguinte:


Nestas xuntanzas realizaremos un diagnóstico das principais problemáticas de cada parroquia/barrio, coa idea de sacar adiante as propostas de zona. A sesión de traballo durará 2 horas aproximadamente, baixo o esquema:
  • Identificar as principais características e problemáticas da zona (reflexión individual e posta en común) 
  • Elaboración dun diagnóstico sinxelo (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades) 
  • Ideas propostas para Corrixir as debilidades, Afrontar as ameazas, manter as Fortalezas e Explotar as oportunidades. Nesta fase, traballaremos prioritariamente sobre propostas de intervención para as que teña capacidade o concello (competencia municipal). Posteriormente o persoal técnico municipal poderá estudar a viabilidade das mesmas. Na segunda rolda de sesións de traballo dos Consellos Territoriais -previsiblemente despois do verán- poderemos avanzar sobre a factibilidade destas peticións, prioriozándoas para entregar un informe de cada barrio.
Están convocadas ás sesións dos Consellos todas as entidades desas zonas (pódense sumar novas asociacións que ainda non estean inscritas) e os/as representantes dos distintos grupos municipais (que foron nomeados no pasado pleno).

O feito é que, como estivemos a divulgar a través da nosa páxina de Facebook, achamos uns cantos inconvintes nesta convocatoria:
  • Os horarios non nos parecen axeitados para que poda participar a xente, xa que aquelas persoas que traballen a xornada partida veranse absolutamente imposibilitadas para asistir. Algo que xa se notou na primeira das reunións, na que había máis políticos que membros de entidades.
  • Por outra banda, hai unha limitación que plantexa o propio Regulamento de Participación Cidadá, que é o feito de que so permite a participación de entidades asociativas, deixando ó marxe a toda a veciñanza que non pertence a algunha delas. A este último respecto, recentemente, a Escola ven de comunicar que é consciente desta limitación:
    Ás sesións están convocadas todas as asociacións de cada zona e os representantes dos grupos políticos, tal e como recolle o actual Regulamento de Participación Cidadá (2009), se ben somos conscientes de que en breve será necesario realizar unha reflexión sobre a súa reforma, co ánimo de incorporar á veciñanza e poder participar dun modo máis áxil.

En caso de que alguén sexa quen de detectar calquera cuestión que poda mellorar estea a prexudicar substancialmente este proceso, convidámolo a que llo traslade á Escola de Participación a través da súa dirección de email: escoladeparticipacion@cidadania.coop

Por outra banda, lembramos que o Regulamento de Participación Cidadá é unha lectura máis que aconsellable para aqueles que pretendan comezar a introducirse nos procesos participativos de Narón: http://bop.dicoruna.es/bop/2009/03/18/09-2911-x.htm
Ler máis »

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Sobre o pleno que ven - 28/01/2016

Para variar, entre as esixencias diarias das vidas dos membros deste equipo de redacción, temos que acabar roubando uns minutiños para poñer a disposición do público información. Neste caso trátase de datos que resultarán de interese para os asistentes ó pleno que terá lugar mañá 28 de xaneiro de 2016. Algo que na nosa opinión, podería facer ben de sobra o concello. Farémolo aportando información sobre os distintos puntos da orde do día deste pleno, extraído de novas, e información aportada polos propios partidos.

Imos aló!







1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións de datas 22-12-15 e 30-12-15.

Este punto é unha cuestión rutinaria, xa que en cada sesión se aproba a acta da anterior. Neste caso se fai referencia a dúas datas, xa que o día 22 de decembro tivo lugar un pleno extraordinario.
Respecto ás actas, temos que celebrar que, despóis de meses, por fin temos as actas do ano pasado publicadas. Quen quera botarlles unha ollada, lembramos que pode facelo nesta ligazón: http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/concello/organizacion_municipal/info_institucional/


2.- Proposta de nomeamento de camiños rurais da entidade colectiva de San Xiao.

Lamentablemente, sobre este punto da orde do día non podemos dar ningunha información. De feito, é probable que moitos veciños de San Xiao non saiban a qué se refire este punto. Carece por completo de sentido que unha sesión plenaria sexa pública, pero non haxa ningún tipo de información pública sobre os asuntos que se tratan nela.


3.- Proposta de aprobación inicial da Ordenanza de transparencia, acceso á información pública, reutilización da información e bo goberno do Concello de Narón.

Un dos puntos álxidos deste pleno.  Esta ordenanza crease pola necesidade de adaptarse ó especificado na Disposición Final Novena da Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, que da un prazo de 2 anos ás administracións locais para comezar a aplicar o que está estipulado nesta lei.
Por desgraza, e para variar, o concello non puxo a disposición da cidadanía un borrador desta ordenanza, para permitir que plantexasen enmendas á mesma. Pola contra, parece que sí entregou este borrador ós grupos políticos -que nos corrixan se nos equivocamos-. En fin, que aínda seguimos moi, moi, moi lonxe de que este concello teña visos de ser participativo.
¿E qué agardamos nos? Se fora cousa de desexar, pediriamos que, aparte do estipulado na Lei 19/2013, o Concello tivera a ben publicar as bases dos convenios que asina. Sobre todo porque de sempre, e en contra do especificado na Lei de Subvencións de Galicia, a maior parte dos cartos empregados en subvencións a entidades asociativas e deportivas se entregan utilizando a fórmula do convenio. E se a cidadanía non coñece as bases destes convenios, non é capaz de coñecer se se están a tratar con ecuanimidade a tódalas entidades deportivas e asociativas.
Todo iso, se fora por desexar. Pero sendo realistas, o máis probable é que o goberno municipal decida manter a mesma pose que mantén co salario do alcalde e os 7 asesores dos que dispón: ceñirse estríctamente ó que a lei di, sen facer concesión algunha, ainda que ésta o permita.


4.- Proposta de aprobación do cadro de persoal e Relacións de Postos de Traballo ano 2016.

 Este punto corresponde á obriga especificada no artigo 90 da Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local,  de aprobar anualmente, a través del Presupuesto, la plantilla, que deberá comprender todos los puestos de trabajo reservados a funcionarios, personal laboral y eventual, e de facelo en arreglo a los principios de racionalidad, economía y eficiencia y establecerse de acuerdo con la ordenación general de la economía, sin que los gastos de personal puedan rebasar los límites que se fijen con carácter general
Dado que os nosos coñecementos nesta cuestión son bastante poucos, quedamos á espera dos comentarios e posibles enmendas que podan plantexar os partidos presentes na cámara.


5.- Proposta de aprobación dos orzamentos do Concello e do Padroado da Cultura, dos orzamentos xerais, das bases de execución dos orzamentos e do límite máximo de gasto non financiero para o exercicio 2016.

Velaquí o punto forte da sesión, os orzamentos. Un documento que describe en qué se empregarán os cartos dos que dispón o concello. Cartos entregados tanto pola cidadanía en forma de tributos, ou transferidos doutras administracións, pero que tamén proveñen de tributos. Por iso consideramos que se trata dunha cuestión tan importante: son cartos de todos, e deberían usarse para o ben común. Cabería neste punto facer unha reflexión sobre o noso nivel de satisfación sobre o concello,  o nivel de servizos, o estado do noso entorno, e os esforzos que poda estar a facer para axudar á cidadanía nos seus problemas cotiáns.

Recalcaremos que os orzamentos non son máis que iso: unha estimación pormenorizada de ingresos e gastos. Durante o ano iranse sucedendo modificacións de crédito que alterarán as distintas partidas en función das decisións tomadas en pleno. Así que a liquidación que se faga a final de ano pode variar respecto ó que había proxectado inicialmente.

Sobre esta cuestión, e grazas ó ruido mediático que se foi desencadeando froito do tema do IBI e a presión tributaria en Narón, foron surxindo distintas declaracións que aportan algo de información sobre os orzamentos que se discutirán no pleno.

Datos do Goberno municipal:
Na seguinte ligazón se pode acceder á nota de prensa emitida polo Concello sobre orzamentos: Orzamentos2016.pdf

Este documento amosa de forma moi resumida información sobre as partidas de ingresos e gastos dos orzamentos, e a súa evolución respecto o ano anterior. E non é información suficiente para que a cidadanía poda determinar se os cartos se invirten como e onde lle convén. Para iso sería preciso que se publicase o desglose das partidas, tal e como se amosan as liquidacións dos orzamentos no Consello de Contas de Galicia.

Respecto ós ingresos, cabe dicir que o Concello prevé recadar en 2016 un 2,83% máis que no 2015. Iso significa que, ainda que mínimamente, a presión fiscal segue a subir. Fronte a esta situación, o goberno declara que é algo debido -citamos textualmente- á correcta cuantificación do impacto do 10% da revisión do valor catastral que se realizou na Ponencia de Valores de 2008, compensándose o incremento que corresponde en 2016 coa rebaixa dos tipos. Unha explicación que, por complexa, moita xente abandonará a posibilidade -unha vez máis- de comprender o que lle dí unha administración, abrazando unha vez máis aquilo de "total, fan o que lles da a gana". Nos queremos explicar esta cuestión con claridade, e dar a nosa visión do que implica:
Os artigos do 66 ó 70 do RDL 2/2004 explican que a base liquidable da cuota do IBI se calcula aplicando ó valor catastral un coeficiente reductor. O primeiro ano que aplica a valoración catastral, o coeficiente é de 0,9: isto significa que o primeiro ano, a base liquidable será so o 10% do valor catastral. Este coeficiente vai descendendo, de 0,1 en 0,1 anualmente ata 0,1. Isto quere dicir, que o segundo ano, a base liquidable do IBI será o 20% do valor catastral, o terceiro será o 30%, ... e así ata chegar ó 90%. Por este motivo o IBI sube tódolos anos, SE NON HAI INTERVENCIÓN DO CONCELLO. A base liquidable non é o que paga o cidadán: despóis aplícaselle o tipo de gravame e as bonificacións, conceptos que dependen do concello, e que están regulados nas ordenanzas fiscais.
Volvendo ó caso concreto de Narón, se a valoración catastral é de 2008, a cota líquida a aplicar en 2015 sería do 70% do valor catastral, e en 2016 do 80%. Pero en 2016, e pola presión mediática, o goberno decide baixar o tipo de gravame de 0,70 a 0,66, amortiguando a suba. Deste xeito, a suba estimada da recadación queda nun 2,83%.
¿Aplauso para o goberno municipal? Pois non. Porque esta cuestión ten moitas máis voltas. A primeira delas é que segundo recollemos no noso artigo sobre o IBI, o prezo medio da vivenda na provincia da Coruña dende 2008 caeu máis dun 30%. Polo tanto, os valores catastráis están moi desfasados. Isto quere dicir que o Concello está a recadar moi por riba do valor real da maioría dos inmobles. Polo tanto, non hai aplauso. Pero ainda hai máis. Quen teña o gusto de ler o noso artigo, verá que a pesar da tasa de paro na comarca, non está a poñer a disposición da cidadanía bonificacións que podería facer por lei que poderían reducir a presión fiscal de familias con rendas baixas. Outro motivo para non aplaudir.
Polo tanto, cremos con estos argumentos desarmada a complexa frase, e podemos afirmar que o goberno está a actuar de xeito bastante insensible -ata descarado- en materia tributaria.

Outra cousa que achamos en prensa e á que non lle achamos explicación é a afirmación que da titular a esta noticia: La Voz de Galicia - La inversión en obras en Narón este año subirá a casi cuatro millones
Na nota de prensa citada arriba, o concelleiro de Facenda, Pablo Villamar, só facía mención a un aumento previsto na partida de Inversión Real do 61% (de 1,14M€ en 2015 a 1,83M€ en 2016). Sen embargo, e salvo que se prevea a recepción de subvencións por 2M€, non atopamos fundamento para tal afirmación.

A última hora, atopamos na páxina de Facebook do BNG declaracións sobre os orzamentos, na seguinte ligazón: O orzamento municipal ascenderá a 28,9 millóns de euros en 2016.
Cuestións curiosas: o primeiro, que parece que lle da unha explicación distinta ó pequeno aumento previsto da presión fiscal da que daba a alcaldía. Neste caso, a cuestión é debida a á corrección da previsión coa que se elaborou o Orzamento de 2015. Cremos que con isto se refire a que para o orzamento de 2015 estaba previsto recadar de IBI 7,7M€ e finalmente se recadaron 8,2M€. Despóis si que fai mención ó mesmo tema que a alcaldía.
Outra cuestión que queremos resaltar é a mención seguinte: "As contas", explicou Villamar, "obedecen á situación de crise que vivimos, priorizando o gasto social e o mantemento dos servizos públicos e reducindo a débeda bancaria". A nosa opinión é que dende hai uns anos, a gran prioridade do goberno municipal está a ser reducir a débeda o máis rápido posible, mantendo conxeladas tódalas demáis cuestións. So invirte, e mínimamente, cando percibe inxeccións dende outras administracións.

Reincidimos de novo na necesidade de datos pormenorizados para poder emitir un xuizo respecto ós orzamentos. Así é imposible saber en qué se empregaran eses máis de 28M€. 

Enmendas do PP:
Estes últimos días o PP publicou na prensa que presentara determinadas enmendas ós orzamentos. Pois ben, tiveron o detalle de poñerse en contacto con nos e enviarnos un documento coas enmendas que propoñían, e que está accesible na seguinte ligazón: EnmiendasPresupuesto'16.doc

Este documento está dividido en dúas seccións. A primeira, co título "partidas en baja", representa as partidas das que propoñen retirar a suma indicada. A segunda, co título "partidas en alta", representa a qué destinarían os cartos minorados das partidas en baixa.

Á vista da información presentada, tamén botamos en falta unhas cantas explicacións respecto a estas enmendas:
Hai partidas nas que a simple vista se sabe que se pode facer unha minoración sobre elas (publicidad y progaganda, fiestas), ou unha transformación (como entendemos que é o caso dos convenios en subvencións, algo que xa propuxeran en pleno hai uns meses). Pero sobre outras, por descoñecemento, non saberiamos aseverar se sería viable.
Respecto ás partidas en alta, tamén as hai que resultan máis ou menos claras a simple vista, pero a maioría poderían considerarse unha cuestión de maxia se non veñen explicadas de xeito razonable e orzamentadas a grosso modo. Por exemplo, a gratuidade do transporte público (¿cantos beneficiarios, viaxes por unidade de tempo, etc ...?), plans de formación, promoción, etc ...
A pesar diso, temos que recoñecer que fan referencia a ideas interesantes, pero que precisan desenrolo. Por exemplo, a existencia dun mercado daría posibilidades de comercializar os seus productos a pequenos productores, fomentando o comercio de proximidade, a soberanía alimentaria da zona, e a activación productiva do rural.

Pode que haxa a quen lle pareza inxusto unha análise tan seca, pero algo que pretendemos promover é a figura do elector esixente: unha cidadanía que non so se quede en bandeiras, colores, símbolos, sorrisos, filosofías e publicidade para votar, e que esixa un proxecto ben definido de concello, onde poda participar nas decisións que marquen cómo se vai desenrolar. E en honor a este obxectivo, non podemos dedicarlle loubanzas a aquilo que non está suficientemente desenrolado como para consideralo viable. Doutro xeito, estariamos a caer no máis que recurrido argumento da confianza que esgrimen os políticos e que teñen -ou deberían- á cidadanía bastante escarmentada.

Opinión de ENE:
De momento, en canto ós orzamentos, de Eliximos Narón so atopamos a seguinte nota de prensa:

A Narón pan e circo”, esa é a política do tripartito.
(Nota remitida a prensa hoxe martes, 26 de xaneiro de 2016)

Os políticos romanos decidiron que a política de «pan e circo» era a forma máis efectiva de subir e manterse no poder. Esta era a práctica romana de prover pan gratis aos cidadáns romanos así como custosas formas de entretemento (o teatro, as carreiras e as loitas) como medio para gañar a súa confianza e, sobre todo, de mantelos afastados dos asuntos políticos.

A pesar do paso dos séculos esa práctica, adaptada aos nosos días, segue vixente e é a política do goberno de Narón. Neste caso o «pan» ven a ser a asistencia social para garantir a subsistencia, mentres que o «circo» son as festas, os deportes e as actuacións culturais.

Así o reflexan os orzamentos con:

• Asistencia social primaria: 2,5 millóns de euros (62,9 €/hab., no mesmo orde que a media outros concellos galegos no rango dos 20.000 a 50.000 habitantes).

• Festas populares e festexos: 215.000 €, un 18,2% mais que concellos similares (5,4 fronte 4,1 €/hab.).

• Deporte: 1,91 millóns de euros €, un 21% mais que concellos similares (48,4 fronte 35,9 €/hab.).

• Equipamento y promoción cultural: 2 millóns de euros €, un 215,8% mais que concellos similares (50,4 fronte 14,3 €/hab.).

En total, Festas + Deportes + Cultura = 4,1 millóns de euros €, 1,73 millóns (un 72,2%) mais que concellos similares (104,3 €/hab. fronte aos 54,3 €/hab. dos demais concellos).

Pola contra, as actuacións de carácter económico dos tres sectores levan 371.000 euros, fronte a 1.458.000 doutros concellos similares, un -74,6% (9,4€/hab. fronte aos 14,3 €/hab. dos outros).

Os gastos en fomento do emprego de 253.000 euros tamén se encontran un -55,5% por debaixo dos concellos similares.

En resumen, a aposta política do tripartito e «pan e circo» que levan 6,6 millóns de euros (aínda que moito mais «circo» que «pan») fronte as actuacións de carácter económico e fomento de emprego que levan 1,7 millóns de euros.

Dende Eliximos entendemos que cada cousa ten que ir na súa medida, e que as actuación de carácter económico e o fomento do emprego deberían ter un maior peso para que os naroneses teñan traballo e, por tanto, poidan ganar o pan.

Esta redacción coincide que o mellor que ten este Concello está sempre relacionado co ocio. Lamentablemente, tanto a nivel normativo -xa mencionamos as ordenanzas fiscais- como en inversións, se comporta con deixadez en temas tan importantes como o do emprego e os servizos sociais. E xa non falemos de transparencia e participación.

Non sabemos se ENE ten pensado plantexar, ou se xa plantexou enmendas. Ante estas declaracións, debería estar pensando en facer ese exercicio, algo que lle vai resultar moi necesario se non quere perder fol ante outras propostas políticas en Narón.


Respecto a Esquerda Unida, non atopamos ningunha publicación súa falando de enmendas ou opinións respecto ós orzamentos. Tan so unha reseña na seguinte nova, na que declaraban que o seu grupo estaba a estudialos: La Voz de Galicia - Críticas de la oposición naronesa al retraso en los presupuestos
Salvo que nos chegue algo de última hora, teremos que agardar á súa intervención no Pleno.


6.- Moción do Grupo Mixto Municipal (EU) relativa ao pago do IBI pola igrexa católica.

Respecto a este punto, o concelleiro André Abeledo tivo a ben publicar o texto desta moción, que está accesible na seguinte ligazón: http://elcomunista.net/2016/01/19/esquerda-unida-de-naron-leva-o-pleno-de-ordinario-de-xaneiro-unha-mocion-para-esixir-que-a-igrexa-catolica-pague-o-ibi/

Aproveitamos para explicar que a exención sobre este imposto que se lle practica ós bens da Igrexa é algo que ven expresado no artigo 62.1.c do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales, e que non só afecta á igrexa católica, senón tamén ás demáis asociaciones confesionales no católicas legalmente reconocidas, en los términos establecidos en los respectivos acuerdos de cooperación suscritos en virtud de lo dispuesto en el artículo 16 de la Constitución
O caso da igrexa católica ven desenrolado no artigo IV dos acordos económicos coa Conferencia Episcopal de 1979, no que especifica: 

A) Exención total y permanente de la Contribución Territorial Urbana de los siguientes inmuebles:

1) Los templos y capillas destinados al culto y, asimismo, sus dependencias o edificios y locales anejos destinados a la actividad pastoral.
2) La residencia de los Obispos, de los canónigos y de los sacerdotes con cura de almas.
3) Los locales destinados a oficinas de la Curia diocesana y a oficinas parroquiales.
4) Los seminarios destinados a la formación del clero diocesano y religioso y las Universidades eclesiásticas en tanto en cuanto impartan enseñanzas propias de disciplinas eclesiásticas.

5) Los edificios destinados primordialmente a casas o conventos de las Órdenes, Congregaciones religiosas e Institutos de vida consagrada.


Sen a existencia deste acordo, a Igrexa podería beneficiarse de determinadas exencións cun plantexamento ecuánime, xa que poden ser aplicados sobre bens de calquer propietario. Por exemplo, no RDL 2/2004 especifica que tamén estarán exentos do IBI os que estean catalogados como monumentos ou conxuntos históricos. O que non ten moito sentido na nosa opinión é que non paguen o imposto os inmobles que sirven de residencia, sobre todo cando hai casos que son exemplo de luxo e despilfarro: eldiario.es - La reforma del ático de lujo de Rouco cuesta a la Iglesia más de medio millón de euros

As exencións reguladas nese artigo 62 do RLD 2/2004 son bo material para o debate, xa que incluen ás confesións legalmente recoñecidas e á Cruz Vermella Española, pero non a outras organizacións sen ánimo de lucro que podan estar aportando un beneficio á sociedade nun determinado momento. Tamén aparecen contemplados os colexios concertados, outro elemento controvertido.


7.- Moción do Grupo Mixto Municipal (ENE) relativa á modificación da Ordenanza do IBI en relación a inmobles de características especiais.

Lamentablemente, no momento de escribir este artigo, Eliximos Narón non ten publicada ningunha información sobre esta moción.
Para evitar sustos, explicaremos que os bens inmobles de características especiais están definidos no artigo 8 do Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario, e fan referencia a:

a) Los destinados a la producción de energía eléctrica y gas y al refino de petróleo, y las centrales nucleares.

b) Las presas, saltos de agua y embalses, incluido su lecho o vaso, excepto las destinadas exclusivamente al riego.

c) Las autopistas, carreteras y túneles de peaje.

d) Los aeropuertos y puertos comerciales.

Botando unha ollada á Ordenanza Fiscal nº2 reguladora do imposto sobre bens inmobles do Concello de Narón, e ó noso artigo Analizamos o misterio sobre o IBI en Narón, só se nos ocurre que estéan a demandar a modificación do tipo de gravame para estes inmobles (que actualmente está en 1,14 e que pode oscilar entre 0,4 e 1,3), ou solicitar para eles a bonificación especificada no artigo 74.3 do RDL 2/2004, e que permite bonificar a cota destes bens ata nun 90%.

Teremos que agardar para sabelo.

8.- Moción do Grupo Mixto Municipal (ENE) para instar ao goberno municipal a elaborar un Plan anual de estatística sobre a situación socio-económica do Concello.

Sobre esta moción, Eliximos Narón sí enviou ós medios a seguinte nota de prensa:

Eliximos Narón pide ao tripartito un Plan Anual de Estatística do Concello.
Dende Eliximos, consideramos que o uso anual regular de estatísticas sobre a situación social e económica é unha ferramenta útil e moi necesaria para un coñecemento obxectivo do Concello.
Esta ferramenta pódese usar cara ao futuro para priorizar e dirixir as actuacións, inversións e recursos do Concello a aqueles aspectos que mais o requiran, e tamén de cara ao pasado para coñecer os efectos e a eficacia de ditas accións levadas a cabo polo Concello.
Ao mesmo tempo, as estatísticas obxectivamente elaboradas, tratadas e publicadas son unha importante ferramenta de transparencia sobre o Concello.
Eliximos presentou hoxe unha moción instando a o Tripartito a poñer en funcionamento esta ferramenta, para o cal e necesario un Plan consensuado no que se recollan os aspectos a estudar, a relación de estatísticas a elaborar que permitan dito estudo, e unha dotación orzamentaria para o Plan nos presupostos para este ano 2016 que están pendentes de se aprobar.

Consideramos que é unha moción moi interesante, xa que podería abrir a porta a que a cidadanía poda estudar a evolución das actuacións do concello ó longo do tempo. Por ese mesmo motivo cremos que non vai achar moitos apoios no goberno municipal.
Esta redacción xa se amosou máis dunha vez interesada por que se faga un seguemento da efectividade dos plans de formación, dos alumnos que obteñen un traballo, do tipo de contrato, e a duración do mesmo.


9.- Actividade de control do pleno: Mocións urxentes.

10.- Actividade de control do pleno: Dación de conta resolucións órganos de goberno.

11.- Actividade de control do pleno: Rogos e preguntas.


Agardamos que, como público do pleno, en directo ou diferido, todo o mencionado sexa de utilidade para a xente que nos le.

En caso de que algún grupo político desexe que incorporemos algunha información a este artigo antes do comezo da sesión, quedamos á sua disposición na nosa dirección de email

Ler máis »

sábado, 26 de decembro de 2015

O Tribunal de Cuentas menciona ó Concello de Narón nun recente informe


Hai uns meses que, por pura casualidade, topamos con un informe emitido polo Tribunal de Cuentas do Estado no que se citaba ó Concello de Narón. Trátase concretamente da Resolución de 25 de noviembre de 2014, aprobada por la Comisión Mixta para las Relaciones con el Tribunal de Cuentas, en relación con el Informe de fiscalización sobre las actuaciones realizadas por los Ayuntamientos con cargo al Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local, creado por Real Decreto-ley 13/2009, de 26 de octubre . Ou para que todos o entendan, un informe no que se analizan as actuacións dos concellos españois con cargo ó Plan E da época de Zapatero. 

Se descargamos a versión en PDF do citado documento, e imos ata a páxina 218, veremos que Narón aparece citado nunha táboa como a que segue:


NOTA: A táboa que aquí se amosa foi "retocada" coa fin de que se puideran ver os datos de Narón xunto cos dos restantes concellos de Galicia, acompañados da cabeceira da táboa, para que fosen comprensibles os datos amosados en cada columna

¿Qué quere dicir isto?  

Para entender qué significa que Narón estea anotado nesa táboa, sería preciso retroceder ata a páxina 45 do informe en PDF, concretamente, á sección titulada Concurrencia y fraccionamiento del objeto del contrato. Xa os primeiros parágrafos resultan bastante explicativo:

La LCSP establecía en su artículo 74 que el objeto de los contratos del sector público debe ser determinado, añadiendo que no puede fraccionarse un contrato con la finalidad de disminuir la cuantía del mismo y eludir así los requisitos de publicidad o los relativos al procedimiento de adjudicación que correspondan.

É dicir, que non estaría permitido partir un contrato en varios coa fin de cambiar as normas de axudicación. A continuación, explica con maior detalle:

Cuando el objeto del contrato admita fraccionamiento y así se justifique debidamente en el expediente, podrá preverse la realización independiente de cada una de sus partes mediante su división en lotes, siempre que éstos sean susceptibles de utilización o aprovechamiento separado y constituyan una unidad funcional o así lo exija la naturaleza del objeto, debiendo aplicarse en la adjudicación de cada lote las normas procedimentales y de publicidad que correspondan en función del valor acumulado del conjunto. Asimismo, pueden contratarse separadamente prestaciones diferenciadas dirigidas a integrarse en una obra, tal y como ésta es definida en el artículo 6, cuando dichas prestaciones gocen de una sustantividad propia que permita una ejecución separada por tener que ser realizadas por empresas que cuenten con una determinada habilitación. El Real Decreto-Ley 13/2009 se refirió al fraccionamiento en sus artículos 9.3 y 10.5. El primero señalaba que podían financiarse con cargo al Fondo determinados contratos de suministros que no superasen el 20% del importe del proyecto al que estuvieran vinculados, no pudiendo fraccionarse su objeto con el fin de no superar dicho porcentaje. Por su parte, el artículo 10.5 señalaba que los contratos de obra debían tener un valor estimado, calculado según las reglas del artículo 76 de la LCSP, inferior a 5.000.000 euros, no pudiendo fraccionarse su objeto con el fin de no superar esta cantidad.

De xeito resumido: se no contrato se xustifica que pode fraccionarse, pódese dividir en lotes, pero as normas de publicidade aplicables serían as correspondentes ó valor acumulado do conxunto. Ou cando o teñan que facer empresas distintas con habilitacións específicas. A idea é que a normativa pretende evitar que se fagan fraccionamentos para facer axudicacións a dedo e sen publicitar, algo que a lei permite nas obras menores.

Xa na páxina 46, o informe indica o seguinte:

En el análisis de los proyectos de la Base de Datos tramitados por el procedimiento negociado sin publicidad se ha puesto de manifiesto que 619 proyectos (7%), si bien en la mayoría de los casos la ubicación de la obra a ejecutar no era exactamente la misma, tuvieron objetos muy similares y en ocasiones complementarios y se adjudicaron, en la mayoría de los casos, a la misma empresa y en la misma fecha. Una adecuada planificación y estudio de las necesidades de contratación podrían haber hecho aconsejable su tramitación en un único expediente, uniendo prestaciones muy similares y realizadas de forma simultánea que dan cobertura a una misma necesidad pública.De estos 619 proyectos, 386 se adjudicaron a un mismo contratista y tuvieron por objeto prestaciones similares o complementarias. Su detalle se recoge en el Anexo IX.

Se volvemos á imaxe coa táboa na que aparece Narón mencionado, veremos que está incluída no citado Anexo IX. É dicir, que o Tribunal de Cuentas sinala coma irregular ou extraño o fraccionamento deste contrato en Narón. O feito é que o obxecto do contrato nos tres casos é o mesmo (renovación de redes de abastecimiento y saneamiento). Quedaría averiguar se a empresa, a data e o lugar onde terían lugar esas obras son coincidentes.

En canto á localizacion, se tiramos de Google Maps, veremos que as tres rúas correspondentes a esas obras distan entre sí menos de 500m:



En canto á data, estivemos a buscar polas redes información sobre eses contratos, atopando o seguinte documento: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2010/09/22/2010_0000013325.html
Nel aparecen só reflexados os dous contratos de custo superior a 100.000€, xa que por aquel entonces tan só existía obriga de publicitar información sobre estes. En ámbolos casos, a empresa axudicataria e a data de resolución coinciden, e son, respectivamente, CONSTRUCCIONES Y TRANSPORTES FREIXEIRO S.L., e 27/05/10.

Polo que parece, atendendo a localización, data e empresa, non tería sentido fraccionar estes contratos. Sen embargo, así foi.

¿Debería preocuparnos? 

A resposta daránola a seguinte análise. Segundo especifica o Real Decreto Legislativo 3/2011, de 14 de noviembre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Contratos del Sector Público no seu artigo 177.2:

Artículo 177. Anuncio de licitación y presentación de solicitudes de participación.
2. Igualmente, en los contratos no sujetos a regulación armonizada que puedan adjudicarse por procedimiento negociado por ser su cuantía inferior a la indicada en los artículos 171, letra d), 172, letra b), 173, letra f), 174, letra e) y 175, deberán publicarse anuncios conforme a lo previsto en el artículo 142 cuando su valor estimado sea superior a 200.000 euros, si se trata de contratos de obras, o a 60.000 euros, cuando se trate de otros contratos.

Botando unha ollada a ese artigo 171, letra d) vemos que

Artículo 171. Contratos de obras.
Además de en los casos previstos en el artículo 170, los contratos de obras podrán adjudicarse por procedimiento negociado en los siguientes supuestos:
d) En todo caso, cuando su valor estimado sea inferior a un millón de euros.

Resumindo: os contratos de obras de menos de 1M€ poderán axudicarse usando procedemento negociado, e se son de máis de 200.000€, deberá usarse o procedemento negociado con publicidade.

Se botamos de novo unha ollada ó documento do BOP que sinalabamos arriba, veremos que o procedemento de axudicación empregado foi o PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE. E sumando os valores estimados deses tres proxectos, excédese a cantidade de 200.000€. De feito, excédese símplemente sumando o valor dos dous que aparecen nese documento do BOP. 

Conclusión: semella que o Concello empregou un procedemento de axudicación que non correspondía no caso destas obras valéndose dun fraccionamento que non parece xustificado, tal e como indicaba o informe.

¿Qué consecuencias pode ter este feito?

Neste punto, atopámonos en terreo pantanoso, xa que os membros desta redacción carecen de formación en dereito, e os seus coñecementos foronos adquirindo mediante a lectura de lexislación, e outros recursos que imos achando a través de internet. Polo tanto, o que segue virá amparado en citas a estes recursos.

Buscando información sobre as posibles consecuencias dunha situación como a descrita, pola rede atopamos un interesante artigo titulado El fraccionamiento del objeto de los contratos públicos y la fraudulenta utilización del contrato menor. Este artigo, en referencia a un caso real de fraccionamento irregular, di textualmente:

Una decisión administrativa contraria estará abocada a incurrir en fraude de ley, al eludir, ya sea por error o intencionadamente, una prohibición legal, al recurrir a esta figura eludiendo los normas de preparación y adjudicación de los contratos (12) que en realidad exceden de los importes delimitados para los menores, y provocando la nulidad de pleno derecho por fraccionamiento irregular del objeto (Dictamen del Consejo Consultivo de Andalucía 106/2000, de 25 de julio y del STSJ del País Vasco, de 22 Septiembre de 2006)

É dicir, se realmente o Concello fraccionou de xeito ilícito estes contratos, no seu momento poderían ter sido declarados nulos. Pero o caso é que eses contratos xa foron finalizados e entregados hai moito tempo, de xeito que unha nulidade agora mesmo non tería moito sentido.

Se continuamos lendo o artículo, faise mención a posibilidades moito máis preocupantes, e con consecuencias realmente graves:

El fraccionamiento del objeto del contrato encuentra conexiones con la materia penal en forma de delito de prevaricación si existe dolo. En este sentido, señalar la sentencia de la Audiencia Provincial de Zamora, de 30 Diciembre de 2008, procediendo determinado Ayuntamiento a fraccionar un proyecto de obra pública en varias separatas para eludir el sistema de adjudicación mediante concurso y aplicar el sistema de adjudicación directa, omitiéndose por lo demás las formalidades necesarias en tales procedimientos, para ahorrar dinero al Ayuntamiento y sin justificarse la conducta arbitraria.

É dicir, que no caso de que alguén demostrase mala fe por parte do Concello nesta cuestión, éste último estaría incurrindo nun delicto de prevaricación administrativa, o cal xa é unha cuestión ben seria. Segundo o Código Penal, no seu artigo 404:

Artículo 404.
A la autoridad o funcionario público que, a sabiendas de su injusticia, dictare una resolución arbitraria en un asunto administrativo se le castigará con la pena de inhabilitación especial para empleo o cargo público y para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo por tiempo de nueve a quince años.

O feito é que dende aquí non podemos aclarar nada máis, xa que non dispoñemos de máis datos sobre estes contratos. O que sí podemos aseverar é que a mención que fai o Tribunal de Cuentas do Concello é unha chamada de atención, xa que se estaría a xogar con lume en caso de non ter ben xustificadas cuestións como as que se analizan neste artigo. Non so polas consecuencias que poda ter a nivel persoal, senón tamén porque -citando de novo o artigo sobre fraccionamento de contratos menores- a administración local ten a obriga de "proporcionar las garantías de publicidad, igualdad, libre concurrencia y seguridad jurídica que aseguren a los ciudadanos un tratamiento común por parte de todas las Administraciones Públicas en materia de contratación pública"



Fontes: 
Ler máis »

venres, 27 de novembro de 2015

Aluvión de subvencións da Deputación


Nos pasados días a Deputación da Coruña publicou un aluvión de convocatorias de subvencións. Polo xeral temos costume de poñelas na nosa páxina de Facebook, pero ó ser tantas cremos que acabariamos agobiando tanto a certos lectores que correriamos o risco de que deixasen de seguirnos. Por este motivo, decidimos condensar todos estes anuncios nesta publicación do blog, clasificadas polos colectivos de interese.

Concellos

Neste caso, advertimos que estaremos pendentes de ver se o noso estimado Concello de Narón concorre a elas, ou deixa pasar oportunidades -cando sabemos que a nivel tributario, á veciñanza de Narón non lle están a perdoar nin 3€ para facer unha andaina-. Aplíquense pois:
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11146 - Acordo da Xunta de Goberno de 5/11/2015. Bases reguladoras das convocatorias de subvencións dirixidas aos concellos e outras entidades locais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11139 - Convocatoria de subvencións provinciais (ano 2016), de concorrencia competitiva dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística (SNL)
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11269 - Bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido aos concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para actividades de promoción económica durante o ano 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11270 - Bases específicas da convocatoria do programa de subvencións dirixido aos concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para investimentos de promoción económica durante o ano 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11267 - Bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido aos concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para investimentos en promoción turística durante o exercicio 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11263 - Bases reguladoras do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia para o desenvolvemento de políticas de igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero no ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11262 - Bases reguladoras do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia para o desenvolvemento de servizos sociais no ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11255 - Acordo Xunta de Goberno 17/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar animadores culturais durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11258 - Acordo Xunta de Goberno 17/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza municipais durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11254 - Acordo Xunta de Goberno 17/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para a realización de investimentos culturais durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11253 - Acordo Xunta de Goberno 17/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para realizar actividades culturais durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11252 - Acordo Xunta de Goberno 17/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico deportivo durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11251 - Acordo Xunta de Goberno 17/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para a realización de investimentos deportivos durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11250 - Acordo Xunta de Goberno 17/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para a realización de actividades deportivas durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11249 - Bases reguladoras do Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11246 - Bases reguladoras do Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia para o desenvolvemento de programas de envellecemento activo para as persoas maiores no ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11268 - Bases específicas reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido aos concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para actividades de promoción turística durante o exercicio 2016
    Ver BOP 

Entidades

  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11449 - Bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de agricultura dirixidas ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11448 - Bases específicias da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades da provincia da Coruña para investimentos de promoción económica durante o ano 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11447 - Bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de agricultura dirixidas ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11446 - Bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixidas ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11445 - Bases específicas reguladoras da convocatoria de subvencións de fomento pesqueiro dirixidas ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras da provincia da Coruña para actividades durante o exercicio 2016
    Ver BOP  
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11440 - Bases especificas da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades da provincia da Coruña para actividades de promoción económica durante o ano 2016
    Ver BOP

Entidades sen fins de lucro

  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11148 - Acordo da Xunta de Goberno de 5/11/2015. Bases reguladoras das convocatorias de subvencións dirixidas a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro ou de carácter mercantil), da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11429 - Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11428 - Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11427 - Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas da provincia, sen ánimo de lucro, para infraestruturas e equipamento, durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11426 - Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de eventos deportivos singulares de especial interese na provincia, durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11423 - Acordo Xunta e Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a clubs deportivos, sen ánimo de lucro, que participen en competición federada de ámbito nacional e internacional, durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11421 - Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a clubs deportivos, sen ánimo de lucro, que participen en competición federada de ámbito inferior a nacional, durante o ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11420 - Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero da Deputación Provincial da Coruña 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11419 - Acordo Xunta de Goberno 20/11/15. Convocatoria do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento do deporte, durante o ano 2016
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11418 - Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas sociosanitarios, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11417 - Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para investimentos de servizos sociais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016.
    Ver BOP
  • DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA / Becas. Premios. Cursos. Ayudas. Subvenciones
    2015/11415 - Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de servizos sociais, da Deputación Provincial da Coruña, ano 2016.
    Ver BOP
Ler máis »

mércores, 18 de novembro de 2015

O lado escuro de poñerse en ruta co Concello de Narón


Hai poucos días, o Concello anunciaba en rolda de prensa o gran despregue de medios para celebrar o día de Narón este ano 2015. Ainda que en realidade non haxa tanta cousa: básicamente dous días de feira de artesanía, a gala do deporte, e a primeira edición da andaina “Ponte en ruta con nós". Fin. Ou iso pensabamos na redacción, ata que o Concello, tras unha rolda de prensa o 17 de novembro, fixo público un tríptico con información da actividade. Logo de botarlle unha ollada, descubrimos unhas cantas cousas que na nosa opinión non tiñan nada de inocentes, e que ofuscaban as bondades da actividade deportiva e turística que nun principio encarna esta proposta. Tras unha primeira publicación, o Concello tivo a ben poñerse en contacto connosco para darnos información adicional, grazas á cal correximos certas inexactitudes no contido do artigo. Lamentablemente, non podemos considerar a comunicación oficial, senón oficiosa. Por desgraza, parece que os membros da administración local albergan algún tipo de temor a brindar información oficial, incluso cando se trata de aclarar malas interpretacións. Algo que podería desencadear máis malas interpretacións en lugar de ofrecer claridade á cidadanía, que é o que precisa. En fin, que cos nosos limitados medios e capacidade de análise deducimos o que segue:

Na primeira páxina, correspondente ó interior do tríptico, aparte de información sobre as virtudes do deporte e de cómo inscribirse, aparece unha seña que indica que o custo da actividade son 3€. Antes de que o lector peche esta páxina ó considerar ós membros da redacción uns cutres por queixarse de tal suma, rogamos que lean o razoamento completo. A nosa queixa non é a suma, senón o por qué dela: non é que a actividade custe 3€. De feito, é algo que nos confirmaron dende o Concello: custa máis, e parte se pagará cos fondos municipais. Entón, ¿por qué non a paga completamente o Concello? Para esta pregunta, non houbo unha resposta clara. Básicamente se planificou así, comentando que se todo o pagase o Concello, non habería probablemente cartos para todo.
Antes de dar resposta a este razoamento, permítannos analizar primeiro con detenimento este custo da actividade. O caso é que se indica que o prezo é para sufragar a adquisición duns agasallos, avituallamento e traslados en autobús. Sen embargo, cóbranse estes conceptos en lugar de ofrecer posibilidade de adquirir o agasallo ó final da actividade. Ou de levar da casa comida e bebida do gusto de cada un, en lugar de ceñirse ás opcións que brinde a organización. Neste punto, o noso interlocutor do Concello comenta que á xente lle fai ilusión recibir un agasallo nos eventos deportivos que se organizan. Como é unha cuestión de opinións, deixaremos de lado este aspecto. Sen embargo, volvendo de novo á suma solicitada, se a actividade tivese un grande éxito e se cubrise o cupo de 54 prazas, o recadado en cada evento serían 54 x 3 = 162. Tendo en conta que esta actividade se divide en 8 sesións, en caso de cubrir o cupo en todas o recadado total suporía 162 x 8 = 1.296. Unha suma que non resulta prohibitiba se estudamos os seguintes feitos recentes a nivel orzamentario:
  • O orzamento do Concello para o ano 2015 é de 28.000.000€
    • A parte destinada a deportes dese orzamento é de case 2.000.000€
  • En transferencias nominativas -subvencións "a dedo"- o Concello entregou este ano sumas tan destacables como as seguintes:
    • Convenio Club Cidade de Narón de Futbol Sala: 102.000€
    • Convenio Agrupación Deportiva Santiago Apóstol Baloncesto : 46.595€
    •  Escudería Siroco Narón (Rally de Narón): 41.000€
    • Convenio Sociedade Deportiva O Val (fútbol zona rural): 40.000€
  • Outros datos orzamentarios de interese para calquera contribuínte poderían ser os seguintes:
    • O alcalde, polo feito de selo, ten unha asignación fixa de 54.000€ ó ano. Esta suma non inclúe o que pode percibir por asistencia a órganos consultivos do Concello, plenos, a xunta directiva de COSMA, padroados de Cultura, Deportes, e de fundacións radicadas en Narón que o teñan incluído coma membro do mesmo.
    • A alcaldía conta con 7 asesores, os cales, en suma cobran ó ano un total de 166.555,78€
    • Hai 3 concelleiros que teñen asignado un salario por adicación exclusiva, que supón en suma, ó ano, un total de 86.481,78€
Ó lado de tales sumas, a de 1.300€ palidece por nimia. ¿Buscaría a súa ruina o Concello polo feito de aportar o custo íntegro da actividade? Dubidámolo moito. Por certo, coma curiosidade, lembraremos ós lectores que os nosos representantes electos reciben coma extra, aparte de outras regalías, entradas gratuítas para os partidos do Club Cidade de Narón Futbol Sala -feito que descubrimos cando o concelleiro de EU, André Abeledo, decidíu renunciar públicamente a estas vantaxes, facendo saber que existían-. E iso que as citadas transferencias nominativas están feitas cos cartos de tódolos contribuíntes. Namentres, ós pobres cidadáns tócanos facer "repago" de actividades que xa pagamos coma contribuíntes.
Baixo estas consideracións, o que se nos ocorre pensar é que o Concello non está pola labor de subvencionar actividades saudables para tódolos públicos, pero sí iniciativas deportivas moi concretas correspondentes a clubes grandes que tal vez podan aportar a nivel mediático boa prensa para o Concello coas victorias que consigan. Sobre todo se a foto os colle en tribuna.

Continuando coa análise, se pasamos á segunda páxina do tríptico, veremos que o tercio situado máis á dereita é o que correspondería coa portada do folleto. Na súa parte inferior aparecen unha serie de logotipos, que amosamos a continuación aumentados



Estes logotipos nunca están ahí por estética, senón que aportan información interesante sobre os organizadores da actividade


O primeiro deles, ainda que non nos soaba de nada, tras botar unha ollada na web descubrimos que corresponde a Arasti Barca Grupo Empresarial, que segundo a súa páxina é "un grupo empresarial constituido por Empresas Consultoras que actúan en el área de Servicios Sociales, Formación, Consultoría de Empresas, Ocio y Tiempo Libre, y Deporte". Con isto, deduciamos que a actividade non a realizaría o Concello con persoal propio, senón que lla axudicara a esta empresa. Se ben, nun principio pensabamos que se trataba doutro caso de procedemento de licitación sen publicidade do Concello -é dicir, que a empresa fora seleccionada "a dedo"-, neste caso non é así. Tal e como ven reflexado no Boletin Oficial da Provincia nº 123 do 2/7/2015 - 2015/6999,  Arasti Barca é a empresa axudicataria do procedemento público de licitación do Servizo de Monitores Deportivos para as Escolas Municipais de Narón. Ainda así, a cuestión das andainas non é algo que entre dentro das atribucións das escolas deportivas. A explicación recibida dende o Concello foi que aínda que esta actividade non entra dentro do servizo axudicado, a empresa presentara no seu momento unha mellora mediante a cal se ofrecía a realizar este tipo de actividades. Sinceiramente, a explicación do Concello foi bastante laxa, así que decidimos investigar un pouco o concepto de "mellora". Para elo, botamos man do Real Decreto Legislativo 3/2011, de 14 de noviembre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Contratos del Sector Público. Alí atopamos un par de artigos reveladores sobre esta cuestión das melloras, a saber:

Artículo 145. Proposiciones de los interesados.
1. Las proposiciones de los interesados deberán ajustarse a lo previsto en el pliego de cláusulas administrativas particulares, y su presentación supone la aceptación incondicionada por el empresario del contenido de la totalidad de dichas cláusulas o condiciones, sin salvedad o reserva alguna.
2. Las proposiciones serán secretas y se arbitrarán los medios que garanticen tal carácter hasta el momento de la licitación pública, sin perjuicio de lo dispuesto en los artículos 148 y 182 en cuanto a la información que debe facilitarse a los participantes en una subasta electrónica o en un diálogo competitivo.
3. Cada licitador no podrá presentar más de una proposición, sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 147 sobre admisibilidad de variantes o mejoras y en el artículo 148 sobre presentación de nuevos precios o valores en el seno de una subasta electrónica. Tampoco podrá suscribir ninguna propuesta en unión temporal con otros si lo ha hecho individualmente o figurar en más de una unión temporal. La infracción de estas normas dará lugar a la no admisión de todas las propuestas por él suscritas.
4. En los contratos de concesión de obra pública, la presentación de proposiciones diferentes por empresas vinculadas supondrá la exclusión del procedimiento de adjudicación, a todos los efectos, de las ofertas formuladas. No obstante, si sobreviniera la vinculación antes de que concluya el plazo de presentación de ofertas, o del plazo de presentación de candidaturas en el procedimiento restringido, podrá subsistir la oferta que determinen de común acuerdo las citadas empresas.
En los demás contratos, la presentación de distintas proposiciones por empresas vinculadas producirá los efectos que reglamentariamente se determinen en relación con la aplicación del régimen de ofertas con valores anormales o desproporcionados previsto en el artículo 152.
Se considerarán empresas vinculadas las que se encuentren en alguno de los supuestos previstos en el artículo 42 del Código de Comercio.
5. En la proposición deberá indicarse, como partida independiente, el importe del Impuesto sobre el Valor Añadido que deba ser repercutido.


Artículo 147. Admisibilidad de variantes o mejoras.
1. Cuando en la adjudicación hayan de tenerse en cuenta criterios distintos del precio, el órgano de contratación podrá tomar en consideración las variantes o mejoras que ofrezcan los licitadores, siempre que el pliego de cláusulas administrativas particulares haya previsto expresamente tal posibilidad.
2. La posibilidad de que los licitadores ofrezcan variantes o mejoras se indicará en el anuncio de licitación del contrato precisando sobre qué elementos y en qué condiciones queda autorizada su presentación.
3. En los procedimientos de adjudicación de contratos de suministro o de servicios, los órganos de contratación que hayan autorizado la presentación de variantes o mejoras no podrán rechazar una de ellas por el único motivo de que, de ser elegida, daría lugar a un contrato de servicios en vez de a un contrato de suministro o a un contrato de suministro en vez de a un contrato de servicios.


Resumindo: os que concorren ó proceso de licitación poden ofrecer variantes ou melloras, e no caso de que nas bases veña especificado que se terán en conta á hora de puntuar, serán valoradas á hora de seleccionar quen leva a axudicación. Supoñemos que éste é o caso das escolas deportivas: é dicir, que Arasti Barca incluíu algún tipo de mellora do estilo "se facedes máis actividades deportivas, ofrézovos este prezo competitivo por organizárvolas". O malo é que dende o Concello non nos quixeron dar información detallada sobre o tema, e o resto consistiría en entrar a especular. En breve tentaremos facer unha visitiña ó Concello para aclarar máis este tema, se nolo permiten.

Se o lector xa tivera a oportunidade de ler a versión orixinal deste artigo, botará en falta certa información que descubrimos sobre esta empresa. Información que tería resultado máis reveladora para este caso se a empresa tivese sido contratada adrede para realizar esta actividade. Sen embargo, ó ser a axudicataria dun servizo licitado por procedemento aberto con publicidade, non faría máis que desviar a vista do obxecto principal. Por este motivo, este equipo de redacción considerouno "peza separada", á que xa destinou espazo nun novo artigo que se acha en estado de borrador, e que próximamente poderán velo nas súas pantallas.

Continuando cos logos, se ben os correspondentes ó Padroado de Deportes nos parecen necesarios polo tipo de actividade, o que nos chama a atención é o do "II Plan de Igualdade do Concello de Narón". Na nosa opinión, isto podería significar que parte desta actividade estará sufragada polos fondos destinados ó citado Plan de Igualdade. Sen embargo, na nosa conversa co Concello nos comunican que non é así, e que nas actividades de deportes se está a amosar sempre o logo deste plan de igualdade. Esta redacción, co seu habitual afán de contrastar toda a información que recibe, botou unha ollada ó resto de cartaces das actividades que organizou o Padroado de Deportes dende o comezo do actual mandato, dando coa seguinte colección de imaxes:





Neste punto, retamos ós nosos lectores a que nos sinalen nalgún deles un logotipo do citado programa de igualdade de Narón nalgún deles. De feito, ata estivemos buscando cartaces de andainas pasadas, por se acaso se daba esta circunstancia nalgúnha outra convocatoria, e o feito é que non atopamos ese logotipo en ningunha. Nin en carreiras populares, ou outros eventos semellantes. Así que, aparte de sospeitar que o Concello nos tomou o pelo, seguimos a soster que a existencia dese logo poda deberse a que a actividade estéa realizada con cargo ó orzamento da concellería de igualdade. Se non, ¿por qué había de figurar alí ese logo, se non figura en ningunha outra actividade deportiva? Para máis inri, non atopamos reseña algunha a esa actividade na web da concellería de igualdade. E polo que puidemos ver, na rolda de prensa de presentación das andainas só estaban o concelleiro de Deportes -Román Romero-, e a de festas -Mar Gómez-, sen ter presenza a Concellería de Igualdade. A verdade é que nos achamos desconcertados por este feito. Ainda así, quedamos abertos a futuras explicacións ó respecto.
Porque se a nosa suposición fose certa, ¿por qué motivo se podería estar a facer isto? O primeiro que se nos ven á cabeza sería o motivo publicitario: queda moi bonito de cara á galería dicir que no ano 2015 se destinaron a temas de igualdade "chorromil" euros. Logo, cando é preciso dispoñer deles, basta con usar a excusa de que "é un evento que favorece a igualdade", et voilà!, ¡xa hai cartos! De ser así, non só debería supoñer un motivo de queixa por parte das mulleres en xeral de Narón, e concretamente dos colectivos feministas que continuamente están a pedir inversións serias en materia de igualdade. Tamén suporía unha mostra de debilidade e de total e absoluto abandono e desinterese respecto ás súas responsabilidades por parte da concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, quen debería defender a capa e espada a súa asignación orzamentaria. Algo que sería lamentable, e que viría a engrosar as queixas que fixeron no seu momento tanto esta redacción (https://www.facebook.com/naron.aberto/posts/1707843949445774) coma Podemos Narón (https://www.facebook.com/podemos.naron/photos/a.492460527566448.1073741829.487643841381450/782001105279054/?type=3) en Facebook respecto do actual plan de igualdade.

Coma conclusión: se ben é certo que parte das explicacións aportadas de xeito oficioso dende o Concello varían o contido do noso artigo -sobre todo no que respecta á empresa que realizará a actividade- seguimos considerando unha tomadura de pelo ó feito de que se cobre ese prezo á xente. Hai casos nos que un prezo simbólico é útil -por exemplo, en espectáculos gratuítos nos que se reparten invitacións por orde de recollida, e nos que ocorre que hai quen colle invitacións e logo non se asiste, privando a outros verdadeiramente interesados da posibilidade ir-, pero éste non é nin de lonxe ese caso. E dicimos tomadura de pelo porque calquera contribuínte podería sentilo así tras ver a comparativa entre o que aporta e recibe respecto ás grandes entidades deportivas de Narón. Xa por ese feito, e coma contribuintes, quítansenos as ganas de participar nela. En canto ó difuso tema do rol da Concellería de Igualdade, como xa dixemos máis arriba, só podemos especular. E estariamos encantados de deixar de facelo se o Concello tivese a ben ofrecer información oficial e clara sobre a súa actividade. Unha información que non houbese que obter chamando a determinadas portas, senón que estivese a disposición de tódolos cidadáns de forma aberta e fácilmente accesible.

Fontes:
Ler máis »