martes, 29 de setembro de 2015

Ante posibles irregularidades na conexión dos fogares á rede de saneamento no rural

Nos últimos días, recibimos na redacción información preocupante sobre as obras de conexión de fogares á rede de saneamento de Narón no rural.

Temos constancia de que a empresa que está a facer os traballos lle solicitou a un cidadán a posibilidade de colocar a arqueta de conexión entre a súa propiedade e a do seu veciño, argumentando motivos técnicos para ese feito.  Este cidadán non veu problema algún, así que deu o seu beneplácito para que a empresa realizase tal operación.
Días despois, tras o avance das obras, este cidadán e o seu veciño decatáronse dun feito singular: os dous domicilios quedaron conectados á mesma arqueta.

Neste punto, tanto a estes veciños coma a esta redacción se lles plantexou un dilema: ¿trátase dun caso de picaresca por parte da propia empresa, ou dun feito xustificado por motivos técnicos? No primeiro caso, a empresa estaría a aforrar material, incrementando os seus beneficios, e tal vez creando problemas de futuro no funcionamento da rede de saneamento, e incluso nos fogares destes cidadáns.

Poderiamos dar unha resposta precisa de ter acceso ós planos do proxecto de saneamento, onde teñen que vir reflexados de forma pormenorizada os puntos de conexión coas vivendas, e a situación de cada unha das arquetas. De feito, recomendamos a tódolos cidadáns que teñan dúbidas acudan ó departamento de urbanismo do Concello e soliciten información sobre tódolos detalles da obra na súa propiedade, incluindo os planos da rede nesa zona.

O feito é que, sexa cal sexa o motivo, as dúbidas e sospeitas que podan levantar este tipo de acontecemenos son debidas principalmente á falta de información que se brinda ós cidadáns respecto ás actuacións que se fan dende o Concello. A administración local adícase a enviar de forma rigorosa as facturas da taxa pola acometida á rede xeral de saneamento na zona rural, que segundo a actual Ordenanza Fiscal nº8, reguladora da taxa da rede de sumidoiros, é de 862,07€/vivenda, baixando a 732,76€/vivenda se se solicita durante a realización da obra e construcción da rede. Sen embargo, este cobro non ven acompañado dun documento onde se especifican todas as actuacións que teñen que realizar a empresa encargada de realizar a obra, deixando ós cidadáns a mercede das circunstancias.

Por este motivo, facemos dende esta publicación o seguinte chamamento:

  • Se é vostede un habitante de Narón do rural, e está pendente das obras da acometida, ou ten sospeitas sobre a forma na que se fixo a mesma: 
    • Acoda ó Concello, ó departamento de Urbanismo, e solicite os planos e as actuacións que estaban planeadas para a acometida á rede na túa propiedade. Está no seu dereito. En caso de que lle neguen esta ou outra documentación da que é interesado, non dubide en contactarnos para axudalo a denuncialo públicamente.
    • Ten que saber que hai outra forma de facer as cousas: hai un Regulamento de Participación Cidadá que non está sendo posto en práctica, e que ten por obxectivo establecer canles de comunicación áxiles entre a cidadanía e administración local. De feito, é preciso que saiba que coma individuo foi excluído do proceso de participación cidadá, xa que o regulamento o priva de participar nos órganos de participación territoriais e sectoriais se non é a través dunha asociación. Algo que non ocorre, por exemplo, no veciño Concello de Ferrol. Esta situación pode cambiarse solicitando a modificación deste regulamento.
  • Se é vostede un concelleiro con ganas de traballar:
    • Aproveitando esa vantaxe teórica da que dispón para acceder a información, fágase cunha copia dos planos do proxecto de saneamento e vaia dar un paseo pola zona onde se están facendo as obras de acometida en O Val para verificar que se cumple o estipulado no plano.
    • Lembre que se estivese a funcionar o Regulamento de Participación Cidadá, e se os habitantes de Narón tivesen espazo dentro dos órganos de participación coma individuos, non tería vostede que andar correndo de parroquia en parroquia convocando ás asociacións para que lle conten os seus problemas, coa fin de ter material que levar ó pleno. Bastaría con que asistise ás convocatorias dos Consellos Territoriais e Sectoriais e tomase nota do que alí se debate. Está na súa man pedir que o Regulamento comece a poñerse en práctica, e propoñer enmendas para a súa mellora.

Ler máis »

martes, 15 de setembro de 2015

Transparencia e Eleccións Municipais


Recentemente, forzas políticas coma Podemos comezaron a realizar exercicios de transparencia que ata o de agora resultaban inconcebibles. Un deles é o referente á publicación dos gastos en campaña electoral, e das cantidades apercibidas polo Estado en concepto de subvención.

Esta materia ven regulada pola Ley orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General (LOREG) no seu Capítulo VII. Gastos y Subvenciones electorales. De especial interese resulta en concreto o artigo 193, que recolle o seguinte:

Artículo ciento noventa y tres. Subvenciones de gastos electorales municipales.
1. El Estado subvenciona los gastos que originen las actividades electorales de acuerdo con las siguientes reglas:
a) 270,90 euros por cada Concejal electo.
b) 0,54 euros por cada uno de los votos obtenidos por cada candidatura, uno de cuyos miembros, al menos, hubiera sido proclamado Concejal.
2. Para las elecciones municipales el límite de los gastos electorales será el que resulte de multiplicar por 0,11 euros el número de habitantes correspondientes a las poblaciones de derecho de las circunscripciones donde presente sus candidaturas cada partido, federación, coalición o agrupación. Por cada provincia, aquellos que concurran a las elecciones en, al menos, el 50 por 100 de sus municipios, podrán gastar, además, otros 150.301,11 euros por cada una de las provincias en las que cumplan la referida condición.
3. Además de las subvenciones a que se refieren los apartados anteriores, el Estado subvencionará a los partidos, federaciones, coaliciones o agrupaciones los gastos electorales originados por el envío directo y personal a los electores de sobres y papeletas electorales o de propaganda y publicidad electoral de acuerdo con las reglas siguientes:
a) Se abonarán 0,18 euros por elector en cada una de las circunscripciones en las que haya obtenido representación en las Corporaciones Locales de que se trate, siempre que la candidatura de referencia hubiese presentado listas en el 50 por 100 de los municipios de más de 10.000 habitantes de la provincia correspondiente y haya obtenido, al menos, representación en el 50 por 100 de los mismos.
b) La cantidad subvencionada no estará incluida dentro del límite previsto en el apartado 2 de este artículo, siempre que se haya justificado la realización efectiva de la actividad a la que se refiere este apartado.
4. Las cantidades mencionadas en los apartados anteriores se refieren a euros constantes. Por Orden del Ministerio de Economía y Hacienda se fijan las cantidades actualizadas en los cinco días siguientes a la convocatoria.
5. No habrá lugar al pago de las subvenciones en los supuestos establecidos en los apartados 2, 3 y 4 del artículo 127 de la presente Ley.

En virtude ao expresado no apartado 4 deste artigo, o día 3 de Abril de 2015 o BOE publica a Orden HAP/572/2015, de 1 de abril, por la que se fijan las cantidades de las subvenciones a los gastos originados por actividades electorales para las elecciones locales de 24 de mayo de 2015, onde aparecen as cantidades actualizadas, que en resume son:
  • Subvencións:
    • Forzas que obteñen concelleiros: (A)
      • 270,90€ por concelleiro
      • 0.54€ por voto
    • Forzas con candidaturas no 50% dos concellos da provincia con máis de 10.000 habitantes, e que obtiveran representación no 50% deses concellos (B)
      • 0.22€ por elector, por gastos de envío de sobres, papeletas ou propaganda
  • Límite de gasto:
    • 0,11€ por elector na circunscripción á que se presenta (C)
    • 150.301,11€ adicionais en cada unha das provincias nas que se cumpla que se presenta no 50% dos concellos (D)
Coas letras que aparecen en negriña e cursiva indicamos as diferentes condicións que de cumprirse teñen asociadas un beneficio para o partido.


Trasladando isto ós partidos que se presentaron en Narón, e ós datos dos mesmos para a provincia de A Coruña:

Narón A Coruña Condicións que cumple
Concelleiros Votos Concellos con  candidatura Concellos con representación Concellos >10k hab. con representación
TEGA 10 6408 8 / 93 8 / 93 3 / 21 A, C
PP 5 3639 93 / 93 93 / 93 21 / 21 A, B, C, D
PSdeG-PSOE 2 1489 85 / 93 81 / 93 21 / 21 A, B, C, D
BNG 2 1353 91 / 93 73 / 93 21 / 21 A, B, C, D
EU 1 1008 3 / 93 2 / 93 2 / 21 A, C
ENE 1 888 1 / 93 1 / 93 1 / 21 A, C
C's 0 787 8 / 93 8 / 93 6 / 21 C
CxG 0 710 5 / 93 2 / 93 0 / 21 C

Se facemos as contas, obtemos a seguinte situación:

Partido Subvención asignada Límite de gasto
A B C D
TEGA 6169,32€ 0€ 3552,78€ 0€
PP 3319,56€ 7105,56€
3552,78€ +150301,11€ a repartir na provincia
PSdeG-PSOE 1345,86€ 7105,56€ 3552,78€ +150301,11€ a repartir na provincia
BNG 1272,42€ 7105,56€ 3552,78€ +150301,11€ a repartir na provincia
EU 815,22€ 0€ 3552,78€ 0€
ENE 750,42€ 0€ 3552,78€ 0€
C's 0€ 0€ 3552,78€ 0€
CxG 0€ 0€ 3552,78€ 0€



¿Cómo interpretamos todo isto? 


Bastaría con escoller calquera das filas da última táboa e facer a seguinte lectura:

Para gastos electorais, o Estado concede ó partido P unha subvención de A, sendo o límite de gasto C con unha marxe de D. En caso de xustificar gastos de envío de sobres, papeletas e publicidade, subvencionaranse con ata B, sen ter en conta o límite marcado por C.

Por exemplo, no caso do PP, o Estado concedería unha subvención de 3319,56€, sendo o límite de gasto 3352,78€ con unha marxe de +150301,11€ a repartir na provincia. En caso de xustificar gastos de buzoneo, subvencionaríaselle ata 7105,56€

Botando unha nova ollada ás cifras, un decátase rápidamente da grande vantaxe que teñen os partidos maioritarios, con grande presenza a nivel provincial. Aparte de poder elevar o teito de gasto facendo uso deses 150.000€, reciben subvención para buzoneo de propaganda. Nesta categoría entran PP, PSdeG-PSOE e BNG.
Sen esas vantaxes, para que un partido puidera ter asegurada a subvención do gasto máximo permitido debería conseguir 6 concelleiros. No caso de TEGA, o gasto subvencionable (6169,32€) excede o máximo, polo que tan so se subvencionaría ata ese teito dos 3552,78€.

Lembren os nosos lectores que en todo momento estamos a falar de subvención. Isto significa que será preciso que a formación politica en cuestión xustifique os gastos para que lle sexa concedida esa suma. Neste punto, resultan reveladores os artigos 127 - 129 da LOREG: especialmente cando indican que aqueles partidos que recibisien subvención nas últimas eleccións do mesmo tipo teñen dereito a un adianto do 30% do percibido nesas últimas, que ninguén pode aportar máis de 10.000€ para a campaña dun partido, ou que as empresas que prestan servizo mediante contrato coa adminstración pública non poden facer doazóns con esa fin.



A realidade sobre a transparencia en Narón


Ainda que tódolos partidos, salvo TEGA, inclúen no seu programa unha sección adicada á transparencia, ata o de agora o único que cumpliu o seu compromiso neste punto foi ENE, quen publicou na súa páxina de Facebook os gastos e doazóns recibidas para sufragar os gastos de campaña:  https://www.facebook.com/Eliximos.Naron/posts/838167756220104


Neste punto, é especialmente chamativo o caso do PSdeG-PSOE, que incluía no seu programa electoral o seguinte compromiso:

70. Crearemos o Portal de Transparencia como unha aposta real para garantir a claridade e honestidade como forma de goberno e rendición de contas. Incluirá entre outros datos o currículo dos representantes políticos, as súas retribucións e gastos de representación, publicidade e promoción institucional, o inventario de bens, os acordos plenarios, etc.

O feito é que non da moita confianza un partido que amosa tales pretensións optando á alcaldía, pero que despóis nin sequera publica as contas de campaña.

E aínda que TEGA, nun arranque de coherencia, non mentase a palabra "transparencia" en todo o seu programa electoral, sí fixo alarde dese feito durante a campaña. Para mostra, unha entrevista de Galicia Ártabra ó concelleiro de TEGA Guillermo Sanchez Fojo, con data de 1/02/2015, na que aparecen a seguinte pregunta e resposta:

-GAD-  ¿Le preocupa la entrada de Podemos en Narón?
-GSF- «No me preocupa en absoluto. ¡Si somos nosotros los que llevamos haciendo Podemos! (...) ».

Neste aspecto cremos que aínda lles falta un bo treito para acadar o mesmo estatus que ostenta Podemos, polo menos a nivel estatal.

Agardamos que con este artigo amosásemos ós nosos lectores con claridade cómo se subvencionan os gastos de campaña electoral dos partidos nas eleccións municipais. Aparte, e salvo que estes tres meses fosen de quecemento para as forzas políticas do concello, os nosos lectores poderán apreciar que para a maioría delas certos xestos de tranparencia son considerados supérfluos, incluso cando aparecen recollidos de forma explícita no seu programa electoral.

A nosa intención final é, máis aló da didáctica, que os pequenos trazos que supoñen artigos coma este vaian retratando ó longo deste mandato o proceder de cada unha das forzas políticas que optaron á alcaldía.

Fontes
Ler máis »