Amosando publicacións coa etiqueta André Abeledo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta André Abeledo. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de xullo de 2016

Análise da semana do 27 de xuño ao 3 de xullo: o pleno, e máis cousas


Narón

Pleno

Evidentemente, o asunto estrela desta semana é o pleno que tivo lugar o xoves 30 de xuño, e xa en horario de verán -10:00h-. Sobre deste asunto, Ferrol360 publica na noticia Narón aproba, de xeito inicial, o Regulamento de cesión de uso de locais e dependencias municipais o contido da nota de prensa enviada polo Concello, mentres que en Galicia Ártabra fan unha análise un pouco máis detallada na noticia Pleno de Narón. Nueva tasa, no a la ayuda a iglesias Sedes y regulamiento de locales municipales Antes de nada, temos que aclarar que erramos en pensar que EU presentaría a moción sobre os desafiuzamentos neste pleno. No seu lugar, e polo que parece, presentaron co PSdeG-PSOE unha moción relativa ao proxecto experimental de escola rural en Sedes que tal e como comentan as citadas noticias, foi aprobado.


Foto: Galícia Ártabra

Así pois, tras a lectura do acontecido, vemos que a cuestión fundamental neste pleno -e sen dúbida a que terá maior incidencia sobre a xente de Narón e os seus petos- é a correspondente aos puntos 3 e 6 da orde do día nos que, respectivamente, se falaba do compromiso de Narón en relación cos custos de explotación dos interceptores xerais do saneamento, e a incidencia destes compromisos económicos nas taxas de auga e saneamento reguladas na ordenanza nº 8. Para quen non estea ao tanto, a cuestión ten que ver co Convenio para la ejecución y explotación de la obra del interceptor general de la margen derecha de la ría de Ferrol: Tramo Cadaval-Neda" asinado entre ACUAES, a Xunta e o Concello de Narón o 26 de marzo de 2015. Este convenio acordaba as normas para o financiamento e construcción dos citados interceptores, e a súa explotación. De xeito resumido, a Narón tocáballe poñer sobre 1,5M€ para a obra dun total de 7,3M€. Quitando 4,2M€ aportados polos fondos FEDER europeos, e 0,84M€ da Xunta, o resto tería que devolvelo Narón ao longo de 45 anos, xunto cos custos de explotación da citada infraestructura. E aínda se está á espera de saber se a parte que será executada este ano será financiada por unha prórroga solicitada aos FEDER, ou terá que ir tamén por conta de Narón.
A cuestión non foi aprobada sen máis, senón que foi levada a un Pleno Extraordinario que tivo lugar o 13 de febreiro de 2015, na que foi aprobada polos votos a favor de TEGA, PP e CxG, abstención de PSdeG-PSOE e en contra do BNG. Os argumentos esgrimidos por este último partido eran que, sendo unha infraestructura de interese estatal, non debería correr por conta do Concello, senón do Estado. Como nota divertida a todo este proceso, convidamos a quen nos lea a botar unha ollada á noticia Narón rechaza las condiciones de financiación del saneamiento de la ría, onde o Concello amosa unha postura mediáticamente combativa respecto a un convenio que finalmente remata acatando. Un "moito ruido e poucas noces" sobre a sempre recurrida defensa dos intereses da xente de Narón no que polo menos o BNG se mantén coherente (El BNG de Narón reitera que tenía razón al votar en contra del convenio de saneamiento).
Pois ben, a cuestión presentada a Pleno era cómo satisfacer para este ano a débeda con ACUAES. E o que se aprobou ven resumido nas noticias A taxa de depuración por un recibo doméstico de ata 30 metros cúbicos de cota de consumo terá un custe de 76,29 euros ao ano, e Narón comenzará a aplicar la tasa de saneamiento a partir de octubre. Sobre os prezos, cada persoa terá que facer as súas contas, pero a suba resulta máis que notable. Respecto á forma de cargarlle este morto á cidadanía, queremos facer varias apreciacións:
  • Segundo as novas, o alcalde tivo a cara de dicir «Trátase dun custe que sabiamos que había que asumir». Cremos que debería ir co seu equipo de goberno a explicar polos barrios esta cuestión, para escoitar de primeira man canta previsión tiña a veciñanza sobre este gasto. Pero non terán o valor de facelo.
    Por outra banda, e contando con esa previsión, tampouco sacaron partido das convocatorias dos Consellos Territoriais de participación cidadá para expoñer a cuestión coa fin de que a cidadanía expresase a súa opinión respecto á forma de recadar os cartos para saldar a débeda contraída coa sinatura do convenio.
  • Respecto á forma de recadar eses cartos:
    • ¿Por qué fixan o mínimo en 30 metros cúbicos? ¿Qué porcentaxe de usuarios supera esa cantidade? Sería preciso comprobalo para ver se o listón está moi alto, e resulta que quen menos consume se ve gravado excesivamente. Polo menos, en cuestión de consumo de auga, ENE xa fixo públicas as súas reservas sobre os prezos da auga en tales situacións. Para poder sabelo, sería necesario que se publicase nun lugar como o Portal de Transparencia un informe anual de COSMA que dese información sobre estas cuestións, algo que actualmente non existe, ou non demos atopado.
    • “A maior tramo de consumo, maior será tamén o importe da citada taxa, como corresponde”, indicaba tamén o alcalde. Pero descoñecemos se se refire á parte da taxa correspondente ao pago da obra, á que corresponde ao seu mantemento, ou ás dúas. Dado que a obra é algo común a tódolos usuarios, a cota a aportar pola súa construcción debería ser a mesma en tódolos casos. Sendo así, e dado que a obra beneficiará a usuarios actuais e futuros, debería correr por conta das arcas municipáis, e non por conta das aportacións na factura dos usuarios actuáis. ¿Terán eles más dereitos sobre a obra que os futuros usuarios? ¿Haberá vantaxes para os usuarios que paguen durante 45 anos, sobre os que paguen durante 20? 
Realmente, o que debería ter sido é que, como obra de interese estatal, fose financiada polos presupostos xerais do Estado. Respecto a isto, tamén podemos facer outra reseña "divertida": segundo a nova de Galicia Ártabra que referiamos arriba, "El portavoz de los populares, López Balado, señaló en el pleno que no estaba de acuerdo con la propuesta del grupo de gobierno porque supone cargar directamente todos los gastos a los vecinos sin que el ayuntamiento ponga ni un solo euro, para ejecutar una obra que tampoco está haciendo el gobierno local". A verdade é que nos costa conxugar estas declaracións, co feito de que fose o Partido Popular -tanto dende o Concello coma dende as administracións autonómica e estatal- quenes impulsaron a sinatura do Convenio que é o motivo polo que a cidadanía de Narón ten que cargar con este custo.

Para finalizar este punto, faremos mención á Posición de EU Narón sobre a taxa da auga e o saneamento que publicaron despóis do Pleno. Respecto a ésta, queremos pararnos na seguinte afirmación: “EU Narón vaise abster neste punto por responsabilidade, porque sabemos que cando se da un servizo este ten un custo, e non tivemos nin tempo nin medios para facer un estudo de ata que punto estes custos están xustificados". Cremos que é necesario invocar á responsabilidade cando o voto é decisivo sobre unha cuestión. E sabendo o resultado que ven da Xunta de Portavoces -que descoñecemos, pero cremos que viría co respaldo do tripartito ao completo- un podería votar en contra coa conciencia tranquila. Máxime, sabendo que non é unha cuestión urxente, xa que ata Outubro non entraría en vigor.

Por certo, segundo o anuncio no BOP, o acordo de modificación da ordenanza nº 8 estará exposto no Concello durante 30 días -ata o 5 de agosto- para quen quixese presentar reclamacións ao respecto.


Cambiando de punto, imos á moción presentada polo PP, que no seu título so facía mención a condenar os ataques ás igrexas de Sedes, pero que traía algo máis de cola. Tanto é así, que titulares como La izquierda naronesa rechaza una moción del PP sobre los ataques a iglesias de Sedes poderían levar a un a engano se non se le o contido da noticia. Isto débese a que a moción realmente demandaba «condenar los hechos ocurridos en Sedes, instar al concello a promover los valores incluidos en la Constitución Española de cara a la libertad de culto, y dotar una partida presupuestaria para contribuir en caso de ser necesario a reparar los daños». Se ben os dous primeiros termos son asumibles sen apenas disertación, o terceiro non o é, xa que se trata de bens privados pertencentes á Igrexa. E xa que falamos da Constitución, sería preciso facer mención ó seu artigo 16.3, no que declara ao Estado como aconfesional. E o citado punto excede as relacións de cooperación que se mencionan no mesmo. De feito, de ser aprobado algo así, calquera persoa ou colectivo que sufrisen un ataque vandálico ou un incendio sentiríanse con dereito a reclamar un trato semellante.
Máis ou menos nesta liña vai a noticia EU Narón contesta a Moción do PP de Narón sobre os actos de vandalismo contra dúas igrexas en Sedes, na que ademáis fan referencia a unha abordaxe desta cuestión na que parece que se pretenda obter beneficio político. Sorprende ver cómo ENE se abstén en cuestións deste tipo, xa que non se trata dun tema tanto ideolóxico, como de ecuanimidade. ¿Cuestión de estratexia, para evitar ser sinalado por uns ou outros?


E deixamos para o final o primeiro punto, ou mellor dito, a visión do Pleno do PSdeG-PSOE: Narón da luz verde ao regulamento de cesión de uso de locais e dependencias municipais é un artigo publicado na súa páxina web no que se fai un resume do pleno. E sempre resulta de agradecer que os partidos dean máis información que a contida nas notas de prensa oficiais.
  • Respecto á cuestión do regulamento, reprochan a ENE que  “pretenda dicirlle aos técnicos como redactar os regulamentos” e lembra que os grupos deben centrarse en aportar ideas que melloren o documento e non na súa redacción. En todo caso, incidiu a edil, “os que terían que opinar serían os representantes das asociacións, que son a quen lle vai influír”. Neste punto -e correndo o risco de opinar sen coñecer a intervención completa de ENE- temos que discrepar: os representantes municipais teñen todo o dereito a dar a súa opinión, incluíndo o resultado do traballo dos técnicos. Dubidamos moito que as "regras" aludidas estean contidas na lexislación que regula a actividade dos concelleiros.  Por desgraza, parece que a base de repetición se pretende facer que a xente rexeite criticar o traballo dos funcionarios. Funcionarios que, como calquera ser humano, non é perfecto, pode equivocarse, e probablemente dentro dun ano saiba facer mellor o seu traballo que agora, e grazas a todo tipo de aportacións que poda recibir ao respecto.
    Sobre o documento, a nosa queixa non será formal, senón conceptual: exite un borrador que hai uns anos foi elaborado no seno dos Consellos de participación cidadá. Pero parece que este modelo de participación, en lugar de respectar as aportacións da cidadanía, se dedica a desbotalas sistemáticamente. Se logo se preguntan por qué a xente non asiste aos Consellos Territoriais, ou non aporta aos borradores que fan os técnicos, aquí poden ter un motivo.
    Por certo, unha cousa máis: o regulamento afectará non so ás asociacións, senón tamén á cidadanía en xeral. Sen embargo non se lles está a dar unha canle para opinar ao respecto, porque todavía non teñen voz nin voto en materia de participación, se non é a través dunha entidade asociativa.
  • En canto ao pago da débeda establecida coa construcción dos interceptores, parece que o mantra que repiten quenes votaron a favor é o de "hai que pagar a obra". Evidentemente: pero ten tanta importancia o xeito do que se paga a débeda. Máis arriba explicámolo con máis detalle, pero o fundamental é que non debería cargarse o custo so aos usuarios do saneamento, pois é unha obra que beneficia a todo o Concello. Máis aínda: recoñecendo que se trata dunha obra que debería pagar o Estado por ser de "interese xeral", o abono dende o Concello debería seguir o mesmo modelo: facelo dende os orzamentos, e non cargando sobre os consumidores.

Varios

O alcalde e edís da corporación recibiron no concello á nova directiva da AVV do Couto. Segundo a nova, na reunión abordaron "varios asuntos de interese da citada parroquia naronesa". Curiosamente, e sendo de interese para a veciñanza do Couto, nin se cita cales, nin a qué conclusións se chegaron. Por desgraza, trátase da dinámica habitual.


ENE informa nun artigo que andamos A voltas co contrato eléctrico tamén en Narón. Para quenes non estean ao tanto do tema -sería ben raro, xa que é un tema candente no veciño Concello de Ferrol-, poden botar unha ollada a esta Intervención da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización no pleno de Ferrol pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados - Vídeo e Texto, onde se pode ver cómo unha plataforma cidadá, advertida de que o contrato eléctrico pendente de asinar e que fora redactado polo anterior goberno é ilegal, está a mobilizarse para conseguir que o actual goberno non o asine.
Pois ben, parece que en Narón tamén está a haber presións das eléctricas para asinar un contrato de suministro e mantemento unificado, cando no caso de Ferrol se indica que é unha das irregularidades. Tamén se comenta que se estaba plantexando mancomunar este servizo.
Respecto ao resto do artigo, está bastante difuso, xa que enlaza con unha cuestión posta de manifesto no Pleno do 28 de abril de 2016, no que se abordou a cuestión do "recoñecemento extraxudicial de créditos". Un tema que explica moi ben o artigo Pagos extrajudiciales, ¿y eso qué es?, e que supón resumidamente, aceptar facturas correspondentes ao período anterior que non tiñan crédito asignado no orzamento sen ter que chegar aos xulgados. Pero non so iso: a situación viña "complicada" porque había un informe de Intervención (PRE10I02Y do 18/04/2016) en contra de certas prácticas relacionadas con tales facturas. Por desgraza, tampouco atopamos este informe de Intervención no portal de transparencia, e lamentamos que non haxa ningún grupo político que estea a demandar a publicación desta información nel. Tampouco descartamos solicitalo, xa que a pouco que buscamos, atopamos casos de administracións que non teñen reparo algún en publicar tales informes, como é o caso do Concello de Pozuelo de Alarcón. Unha mostra máis da indixencia en materia de transparencia na que vivimos en Narón.


E a seguinte non se trata dunha noticia de Narón, pero sí está directamente relacionada co noso concello. Resulta que en Madrid, Carmena baja el IBI entre un 20% y un 40% en 22 barrios del sur de Madrid. Non se equivoquen: non se trata de facer apoloxía da alcaldesa de Madrid, senón de facer un sinxelo paralelismo entre ese concello e o noso respecto ao sempre controvertido tema do IBI:

MadridNarón
A raíz dun estudo realizado entre o Concello de Madrid en colaboración con Catastro, conclúen que en Madrid os valores catastrais rondan -de media- o 55% do prezo de mercado.

Actualmente, considéranse como "normais" os valores catastrais que rondan o 50% do valor de mercado.
No pleno de 30 de abril de 2015 o Concello de Narón aproba solicitar a Facenda a rebaixa dos valores catastrais urbáns. Tras varios meses de silencio, un artigo pola nosa parte (Analizamos o misterio do IBI en Narón, no que indicamos entre outras cousas unha caída dos prezos do mercado de máis dun 30% dende 2008), e indagacións por parte dos grupos da oposición, sae á luz que a petición fora "traspapelada". Despóis de posteriores contactos de ENE con Catastro, e numerosas insinuacións ao goberno municipal sobre que Facenda non era a porta á que había que chamar, chegan novas dunha reunión entre Catastro e o Concello de Narón. Desta reunión, se informa que os valores catastráis de Narón rondan -de media- o 56% do valor de mercado.
O Concello de Madrid en colaboración con Catastro decide realizar unha ponencia de valores parcial nos barrios onde se detectaron maiores variacións con respecto á valoración realizada en 2012, aplicando reduccións de entre o 20% e o 40%.Na citada reunión con Catastro, e segundo a versión do goberno municipal (tal e como se recolle nas noticias La Dirección Xeral do Catastro propondrá bajar el valor de los inmuebles de Narón en el 2017, e O Concello de Narón anuncia una próxima rebaixa do valor catastral dos inmobles, e na acta do Pleno de 28 de abril de 2016), é Catastro quen lles ofrece a aplicación dun coeficiente reductor de 0,92 (un 8%) para tódolos bens inmobles, e comentan que non lles recomenda unha nova ponencia de valores, según lles comenta Catastro, os valores entre o 40% e o 60% do prezo de mercado son "normais".

¿Non lle resulta a ninguén extraña a comparación? Narón tiña unha ponencia de valores aprobada en tempos máis próximos ao estoupido da burbulla inmobiliaria que Madrid (2008 vs 2012), e o mercado inmobiliario non deixou de caer dende entón. É certo que non se pode comparar os prezos de vivenda nun e noutro concello, pero porcentualmente, en Narón tiveron que experimentarse caídas, non só semellantes, senón maiores, no prezo de mercado, e dependentes do tipo de inmoble e a súa ubicación. ¿Como é que so corresponde unha baixada do 8% por "consello" de Catastro?
Sospeitamos que a decisión de Catastro non se fixo en base as súas propias conclusións sobre os prezos de mercado, senón tamén ás directrices marcadas polo Concello de Narón, e para evitar unha caída nos seus ingresos derivados deste tributo. Desgrazadamente, temos que deixalo en mera suposición, xa que non imos ter acceso a informe ningún que nos sirva para corroboralo, nin por parte do Concello de Narón, nin de Catastro. Bendita transparencia ...

Outra nova que tampouco é de Narón, pero que pode ser de interese no noso concello é a Moción sobre a Sanidade Pública no Concello de Oleiros, e que podería servirlle de modelo a algún dos grupos políticos do Concello. Nela se demanda o rexeite do peche de camas nos hospitais, o bloqueo das axendas dos centros de saúde en verán (ver Usuarios de los centros de salud denuncian "bloqueos" de citas por falta de personal), e a derogación da modificación do Artigo 135 da Constitución coa fin de antepoñer a saúde das persoas a excusas de tipo económico. 


Por outra banda, seguen os problemas para os Afectados pola Cooperativa de Pedroso, que están a reclamar ao seu administrador concursal as contas de 2015, sen éxito. Mentres dure o problema, nos seguiremos a facer difusión del.

 

E ainda que temos que lamentar que A Comisión Europea prorroga ‘in extremis’ o glifosato por só 18 meses, polo menos temos o pequeno consolo de que se prohibiu o seu uso en parques públicos, zonas de xogo infantil e xardíns. Algo que deberían anotar no Concello, xa que hai uns meses fomos testemuñas do uso de herbicidas nun parque da zona do Alto, e sabendo que é dos máis usados, hai grandes probabilidades de que fose Glifosato. Por certo, tamén deberían tomar nota que hai concellos -como o de Ponteareas- que se declararon "libres de Glifosato", e que se poden ver neste mapa. Para aqueles grupos políticos interesados, neste artigo da Asociación Galega de Apicultura poderán encontrar un modelo de moción a presentar: A plataforma Fumigacións Non lanza a campaña: #LibresdeGlifosato. Chuvia de mocións para paralizar o uso de Glifosato en espazos públicos. O malo é que esta moción só atinxe ao uso destes productos en espazos públicos, e por desgraza o seu uso agrícola tamén pode derivar na súa filtración cara os acuíferos, para pasar a acumularse nos organismos vivos que o inxiran.


Ferrolterra

Aparte do xa citado na sección de Narón, seguen en Ferrol os avances en materia de remunicipalización. Parece que o impulso cidadán está a conseguir sensibilizar ao goberno deste concello, xa que nesta noticia o seu alcalde Jorge Suárez asegura que non renuncia á remunicipalización do ciclo da auga. E todo grazas a bos argumentos como os que se atopan en artigos como Ferrol cara a remunicipalización, ... Por Alexandre Carrodeguas, un dos membros dunha Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol que está a facer unha estupenda labor. E isto é o que máis nos gusta: o poder cidadán!


En canto á novela negra que protagoniza Reganosa na Ría de Ferrol, temos un novo episodio. Neste caso, e debido á entrada dun gaseiro posterior á ilegalización da planta polo Tribunal Supremo, Declara nos Xulgados de Ferrol o director xeral de Reganosa por unha denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia


Cousas que nos parecen interesantes, xa que supoñen a explotación e posta en valor do patrimonio da Comarca, que é moito, e moi desaproveitado: Rutas geológicas por las minas de Moeche en julio y agosto, e a repetición das Rutas turísticas en barco por la ría de Ares los fines de semana de verano


E rematamos no Concello de Mugardos, no que levan 15 días encerrados os empregados do GES, que viven na indefinición sobre a continuidade do servizo. Para chamar a atención sobre eses 15 días, protagonizaron esta Espectacular protesta del GES de Mugardos con descenso en rápel por la fachada del Concello. Segundo relata a noticia, síntense unha arma arroxadiza entre o actual goberno municipal -do PP en minoría- e o anterior goberno  -bipartito EU e BNG-, xa que actualmente, e por avances nesa guerra (La auditoría a las cuentas del bipartito mugardés saca a la luz más de media docena de «dedazos») atópanse nun abandono absoluto.  O máis importante e que, dende o seu punto de vista, cren que existe unha alternativa real que permita que o servizo sexa rendible, e permita pagar a débeda acumulada de 120.000€, cobrando as saídas que realizaban, cousa que non fixeron ata o momento.
Agardamos polo seu ben, o das súas familias, e da cidadanía de Mugardos, atenazada máis que de sobra pola ameaza de Reganosa e a Forestal do Atlántico.


Continuamos a semana que ven!
Ler máis »

xoves, 23 de xuño de 2016

Un novo formato: análise da semana do 13 ao 19 de xuño

Esta redacción está a adoecer de dúas inconveniencias: falta de máns para atender a cantidade de cuestións que -potencialmente- poden facerse, e falta de tempo.

É por este motivo que imos tentar os poucos que estamos, e co pouco tempo que contamos, a elaborar un novo formato que sexa abordable por nos, e útil para a xente que nos lea. Lamentablemente, teremos que resignarnos e deixar de ser altofalante de anuncio de eventos, e quedarnos símplemente na análise do sucedido ao longo dunha semana.



Neste caso, como xa foi cuberta nas redes sociais parte da semana, comezaremos dun xeito lixeiro, relatando aquelas cuestións interesantes que quedaran fora do tinteiro.

Narón

EU Narón alerta de que peligra a acollida veraniega de nenos saharauis por burocracia e fondos, indicando que o problema é que, ainda que a administración colabora económicamente, non adianta os cartos, senón que os entrega unha vez se xustifique con facturas. Queremos lembrar que a Lei de Subvencións de Galicia permite que se entreguen os cartos por adiantado. De feito, temos un exemplo no Concello de Narón, que asinaba na acta da Xunta de Goberno do 2 de xuño de 2016 o adianto do pago do convenio asinado co Club Escudería Siroco Narón para a realización do XXIX Rally de Narón. Anuncian que haberá persoas da Asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) -como promotores do programa Vacacións en Paz- recollendo doazóns da cidadanía interesada en colaborar. É unha pena que, dado que o que precisan é o adianto, aparte de que se solicite ás administracións que empreguen unha fórmula de subvención que permita a realización deste programa, non se ofreza como posibilidade á cidadanía que colabore con microcréditos, que serían devoltos unha vez pague a administración a subvención correspondente.

O Borrador do REGULAMENTO MUNICIPAL DE CESIÓN DE USO/UTILIZACIÓN DE LOCAIS E DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE NARÓN irá a Pleno este 30 de xuño para debater a súa aprobación. O 8 de abril, a Escola de Participación Cidadá enviaba este regulamento ás entidades asociativas e daba un prazo de 15 días para aceptar enmendas a este texto. Lamentablemente, non se fixo unha reunión para explicar este regulamento, e debater sobre él. Tampouco se presentou á cidadanía en xeral, a pesares de que serán usuarios destes locais. Temos que dicir que este borrador non ten nada que ver co documento que presentaran hai uns anos as entidades asociativas, elaborado en conxunto nos Consellos Territoriais de Participación Cidadá. Se non se lle da lexitimidade ao proceso participativo, nin ás conclusións ás que chega a veciñanza, ¿de qué serve?

Outra cuestión que tamén irá a Pleno será o da escola infantil rural en Sedes. Nas noticias NARÓN- Gobierno y EU demandan un proxecto educativo integral da escola rural e EU Narón defende o proxecto educativo para escola rural presentado polos veciños de Sedes, e denuncia a actitude do PP que rexeita o proxecto e tenta esconder esta realidade detrás de declaracións de intencións baleiras
explícase como o PP votou en contra do proxecto dos veciños de Sedes que levara AGE ao Parlamento de Galicia, pois ofertaban un Punto de Atención Infantil para nenas e nenos de 0 a 3 anos, en lugar dunha escola infantil para 0 a 6 anos. Por este motivo, plantexarán unha moción para instar que a Xunta se comprometa cun proxecto de escolas infantís rurais que tería como proxecto piloto a escola de Sedes, e do que se faría cargo a Xunta por ter as competencias en educación.

Por outra banda, ENE remitiu á prensa unha nota baixo o título O problema do punto limpo como reflexo do Concello de Narón, no que sinala que o Concello de Narón usa estas noticias para chamar a atención en prensa, mentres que as cousas levan anos sen cambiar. Nos non vemos moi ben fiada a relación, ainda que sí temos claro que, salvo en festas e programación cultural, o noso Concello está sumido no inmobilismo.

A Comarca

Por desgraza, e como ven sendo habitual a estas alturas do ano El Sergas bloquea 46 de las 400 camas del Marcide por el verano. Unha acción contra a que se manifestaron traballadores, e a Plataforma SOS Sanidade Pública. Algo que ven explicado neste artigo con Información sobre a última reunión da Plataforma SOS Sanidade Pública, no que, aparte dos peches de camas, se da información sobre mobilizacións que plantexa esta plataforma, e cuestións perigosas como a tentativa da Xunta de inxerencia nos comités de ética.  En canto aos peches de camas, o feito de que estean baleiras é decisión de Xerencia, que pode axilizar as listas de espera -permitindo hospitalizar a máis xente-, ou mover a pacientes a planta en lugar de telos ateigando os pasillos. Sobre esta cuestión, seguimos sen ter pronunciamento algún dende o Concello de Narón, a pesares de que a cidadanía é usuaria deste centro hospitalario.

Seguindo co tema dos hospitais, atopamos unha Carta aberta a Jorge Suárez da CIG-Saúde Ferrol ante a diminución do servizo de buses ao CHUF, xa que polo que comentan na mesma, foron eliminados servizos nas horas de maior demanda. Algo de interese para a cidadanía de Narón, que tamén é usuaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Ainda así, para as persoas de Narón, o maior hándicap segue a ser a escasez ou ausencia de servizos de transporte público para poder achegarse ata as liñas de Ferrol que viaxan cara o Marcide, sobre todo no rural.

Segue a voltas o tema de Reganosa: mentres O Comité Cidadán de Emerxencia presenta unha denuncia no Xulgado ante a chegada dun gaseiro a Reganosa, cando supostamente, ao carecer das licenzas non debería poder operar, e dado que o Supremo volveu a fallar na súa contra desestimando o recurso presentado hai uns días. Pola súa parte, O presidente do TSXG aclara que a nova situación procesal de Reganosa depende das partes, ou mellor dito, de como actúen. Respecto a isto, e tras 15 anos de loita, temos moi claro que o Comité Cidadan de Emerxencia non se botará atrás para conseguir que se respecte a legalidade, e se deixe de poñer en risco as vidas das persoas que viven próximas á planta, e o medioambiente.

E tras un par de semanas de queixas polas redes sociais da cidadanía, sae á luz que O auga de Ferrol aumenta levemente os seus niveis de cloro pola suba das temperaturas. E as queixas non eran sen motivo xa que segundo comentan na nova, o aumento nos niveis foi levado a cabo o 6 de xuño. Resulta ridículo que despóis de todo o que ocorreu o ano pasado se siga sen informar á cidadanía de xeito preciso nestas cuestións, e non se publiquen aínda os resultados das análises da auga. Isto tamén é transparencia.

E seguindo con servizos públicos -ainda que privatizados-, hai Tranquilidad en el Concello de Ferrol ante la posible venta de Urbaser a un grupo chino. A nos, o que nos sorprende é a propia venda, xa que neste noso país, os negocios máis rendables son sen dúbida as concesións de realización de servizos públicos.

Tamén en canto a servizos públicos, unha boa noticia para as xentes de Ferrol: O Xulgado da-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurso de Socamex/Urbaser, a parte privada de EMAFESA, dando por bo o acordo plenario de suspensión da taxa de depuración, suspensión á que só se opuxera o Partido Popular. É dicir, que os tribunais consideran adecuado suspender o cobro dunha taxa que se estaba a impoñer sen que se estivese a realizar o servizo de depuración. Volvendo ao tema de Urbaser, ¿entenden a nosa sorpresa sobre esa posible venda? Outro motivo máis para considerar a remunicipalización como a forma máis axeitada de abordar os servizos básicos para a cidadanía.

La asociación A Cortiña lleva a San Sadurniño a uno de los mayores expertos en pastos de España, un acto ao que polo visto, asistiu o concelleiro de ENE Alfonso Casal, que publicaba no seu Facebook esta nota: https://www.facebook.com/Eliximos.Naron/posts/1029329273770617. Un evento que podería aportar ideas moi interesantes que facilitasen a explotación sostible dos nosos recursos no rural. Polo que puidemos saber, o Concello de San Sadurniño asinou un convenio de colaboración con A Cortiña para promocionar a agroecoloxía. Algo que non lle viría nada mal ao rural de Narón. Para máis información sobre esta asociación: Facebook - Asociación Agroecolóxica A Cortiña

E unha cuestión que está a supor un gran problema para a agricultura en toda a comarca: o xabarín. Mentres La Xunta expone a entidades de Ferrol sus ayudas para daños causados por jabalíes, o Concello de Cerdido solicita a realización de novas batidas disuasorias polos danos ocasionados polo xabarín, por considerar que os perxuizos ocasionados están a exceder os medios implicados nesta cuestión.
Dende o noso punto de vista, parece que hai interese en que cada vez sexa máis complicado ter un cachiño de terra para realizar producción de subsistencia, en lugar de ter que mercar todo ás grandes explotacións, sobre as que non se ten información sobre cómo se produce. Meter por medio os intereses dos cazadores e poñelos por riba do dereito da xente a aproveitar as súas terras é unha forma de facelo ocultando a verdadeira motivación.

En canto a medioambiente, atopamos este titular: La ría de Ferrol, premio a la contaminación en las ‘Banderas Negras’ de Ecologistas en Acción. O estudo Bandeiras Negras 2016 realizado por esta organización ecoloxista sinala a Ría de Ferrol como un entorno cun gran potencial, pero degradado por mor da contaminación, a falta de saneamento e os recheos que obstaculizan a circulación das augas. Tamén que, para máis inri, coméntase que o grupo Popular Europeo está a tapar os resultados de contaminación que constataran os eurodiputados que visitaran a zona en 2013.

E na zona de información independente, temos un novo artigo de La Boca de la Ría de Ferrol que leva por título ¿Yolanda que haces ahí ?... Y con el DIEGO CALVO.... Ayyyy, e que aporta unha visión interesante sobre o consorcio Sociedade Mixta de Turismo Ferrol S.A., o seu historial, orzamentos, gastos, personalidades relacionadas, e que plantexa dúbidas sobre a súa necesidade e a inversión feita nela.


Ler máis »

mércores, 18 de novembro de 2015

O lado escuro de poñerse en ruta co Concello de Narón


Hai poucos días, o Concello anunciaba en rolda de prensa o gran despregue de medios para celebrar o día de Narón este ano 2015. Ainda que en realidade non haxa tanta cousa: básicamente dous días de feira de artesanía, a gala do deporte, e a primeira edición da andaina “Ponte en ruta con nós". Fin. Ou iso pensabamos na redacción, ata que o Concello, tras unha rolda de prensa o 17 de novembro, fixo público un tríptico con información da actividade. Logo de botarlle unha ollada, descubrimos unhas cantas cousas que na nosa opinión non tiñan nada de inocentes, e que ofuscaban as bondades da actividade deportiva e turística que nun principio encarna esta proposta. Tras unha primeira publicación, o Concello tivo a ben poñerse en contacto connosco para darnos información adicional, grazas á cal correximos certas inexactitudes no contido do artigo. Lamentablemente, non podemos considerar a comunicación oficial, senón oficiosa. Por desgraza, parece que os membros da administración local albergan algún tipo de temor a brindar información oficial, incluso cando se trata de aclarar malas interpretacións. Algo que podería desencadear máis malas interpretacións en lugar de ofrecer claridade á cidadanía, que é o que precisa. En fin, que cos nosos limitados medios e capacidade de análise deducimos o que segue:

Na primeira páxina, correspondente ó interior do tríptico, aparte de información sobre as virtudes do deporte e de cómo inscribirse, aparece unha seña que indica que o custo da actividade son 3€. Antes de que o lector peche esta páxina ó considerar ós membros da redacción uns cutres por queixarse de tal suma, rogamos que lean o razoamento completo. A nosa queixa non é a suma, senón o por qué dela: non é que a actividade custe 3€. De feito, é algo que nos confirmaron dende o Concello: custa máis, e parte se pagará cos fondos municipais. Entón, ¿por qué non a paga completamente o Concello? Para esta pregunta, non houbo unha resposta clara. Básicamente se planificou así, comentando que se todo o pagase o Concello, non habería probablemente cartos para todo.
Antes de dar resposta a este razoamento, permítannos analizar primeiro con detenimento este custo da actividade. O caso é que se indica que o prezo é para sufragar a adquisición duns agasallos, avituallamento e traslados en autobús. Sen embargo, cóbranse estes conceptos en lugar de ofrecer posibilidade de adquirir o agasallo ó final da actividade. Ou de levar da casa comida e bebida do gusto de cada un, en lugar de ceñirse ás opcións que brinde a organización. Neste punto, o noso interlocutor do Concello comenta que á xente lle fai ilusión recibir un agasallo nos eventos deportivos que se organizan. Como é unha cuestión de opinións, deixaremos de lado este aspecto. Sen embargo, volvendo de novo á suma solicitada, se a actividade tivese un grande éxito e se cubrise o cupo de 54 prazas, o recadado en cada evento serían 54 x 3 = 162. Tendo en conta que esta actividade se divide en 8 sesións, en caso de cubrir o cupo en todas o recadado total suporía 162 x 8 = 1.296. Unha suma que non resulta prohibitiba se estudamos os seguintes feitos recentes a nivel orzamentario:
  • O orzamento do Concello para o ano 2015 é de 28.000.000€
    • A parte destinada a deportes dese orzamento é de case 2.000.000€
  • En transferencias nominativas -subvencións "a dedo"- o Concello entregou este ano sumas tan destacables como as seguintes:
    • Convenio Club Cidade de Narón de Futbol Sala: 102.000€
    • Convenio Agrupación Deportiva Santiago Apóstol Baloncesto : 46.595€
    •  Escudería Siroco Narón (Rally de Narón): 41.000€
    • Convenio Sociedade Deportiva O Val (fútbol zona rural): 40.000€
  • Outros datos orzamentarios de interese para calquera contribuínte poderían ser os seguintes:
    • O alcalde, polo feito de selo, ten unha asignación fixa de 54.000€ ó ano. Esta suma non inclúe o que pode percibir por asistencia a órganos consultivos do Concello, plenos, a xunta directiva de COSMA, padroados de Cultura, Deportes, e de fundacións radicadas en Narón que o teñan incluído coma membro do mesmo.
    • A alcaldía conta con 7 asesores, os cales, en suma cobran ó ano un total de 166.555,78€
    • Hai 3 concelleiros que teñen asignado un salario por adicación exclusiva, que supón en suma, ó ano, un total de 86.481,78€
Ó lado de tales sumas, a de 1.300€ palidece por nimia. ¿Buscaría a súa ruina o Concello polo feito de aportar o custo íntegro da actividade? Dubidámolo moito. Por certo, coma curiosidade, lembraremos ós lectores que os nosos representantes electos reciben coma extra, aparte de outras regalías, entradas gratuítas para os partidos do Club Cidade de Narón Futbol Sala -feito que descubrimos cando o concelleiro de EU, André Abeledo, decidíu renunciar públicamente a estas vantaxes, facendo saber que existían-. E iso que as citadas transferencias nominativas están feitas cos cartos de tódolos contribuíntes. Namentres, ós pobres cidadáns tócanos facer "repago" de actividades que xa pagamos coma contribuíntes.
Baixo estas consideracións, o que se nos ocorre pensar é que o Concello non está pola labor de subvencionar actividades saudables para tódolos públicos, pero sí iniciativas deportivas moi concretas correspondentes a clubes grandes que tal vez podan aportar a nivel mediático boa prensa para o Concello coas victorias que consigan. Sobre todo se a foto os colle en tribuna.

Continuando coa análise, se pasamos á segunda páxina do tríptico, veremos que o tercio situado máis á dereita é o que correspondería coa portada do folleto. Na súa parte inferior aparecen unha serie de logotipos, que amosamos a continuación aumentados



Estes logotipos nunca están ahí por estética, senón que aportan información interesante sobre os organizadores da actividade


O primeiro deles, ainda que non nos soaba de nada, tras botar unha ollada na web descubrimos que corresponde a Arasti Barca Grupo Empresarial, que segundo a súa páxina é "un grupo empresarial constituido por Empresas Consultoras que actúan en el área de Servicios Sociales, Formación, Consultoría de Empresas, Ocio y Tiempo Libre, y Deporte". Con isto, deduciamos que a actividade non a realizaría o Concello con persoal propio, senón que lla axudicara a esta empresa. Se ben, nun principio pensabamos que se trataba doutro caso de procedemento de licitación sen publicidade do Concello -é dicir, que a empresa fora seleccionada "a dedo"-, neste caso non é así. Tal e como ven reflexado no Boletin Oficial da Provincia nº 123 do 2/7/2015 - 2015/6999,  Arasti Barca é a empresa axudicataria do procedemento público de licitación do Servizo de Monitores Deportivos para as Escolas Municipais de Narón. Ainda así, a cuestión das andainas non é algo que entre dentro das atribucións das escolas deportivas. A explicación recibida dende o Concello foi que aínda que esta actividade non entra dentro do servizo axudicado, a empresa presentara no seu momento unha mellora mediante a cal se ofrecía a realizar este tipo de actividades. Sinceiramente, a explicación do Concello foi bastante laxa, así que decidimos investigar un pouco o concepto de "mellora". Para elo, botamos man do Real Decreto Legislativo 3/2011, de 14 de noviembre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de Contratos del Sector Público. Alí atopamos un par de artigos reveladores sobre esta cuestión das melloras, a saber:

Artículo 145. Proposiciones de los interesados.
1. Las proposiciones de los interesados deberán ajustarse a lo previsto en el pliego de cláusulas administrativas particulares, y su presentación supone la aceptación incondicionada por el empresario del contenido de la totalidad de dichas cláusulas o condiciones, sin salvedad o reserva alguna.
2. Las proposiciones serán secretas y se arbitrarán los medios que garanticen tal carácter hasta el momento de la licitación pública, sin perjuicio de lo dispuesto en los artículos 148 y 182 en cuanto a la información que debe facilitarse a los participantes en una subasta electrónica o en un diálogo competitivo.
3. Cada licitador no podrá presentar más de una proposición, sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 147 sobre admisibilidad de variantes o mejoras y en el artículo 148 sobre presentación de nuevos precios o valores en el seno de una subasta electrónica. Tampoco podrá suscribir ninguna propuesta en unión temporal con otros si lo ha hecho individualmente o figurar en más de una unión temporal. La infracción de estas normas dará lugar a la no admisión de todas las propuestas por él suscritas.
4. En los contratos de concesión de obra pública, la presentación de proposiciones diferentes por empresas vinculadas supondrá la exclusión del procedimiento de adjudicación, a todos los efectos, de las ofertas formuladas. No obstante, si sobreviniera la vinculación antes de que concluya el plazo de presentación de ofertas, o del plazo de presentación de candidaturas en el procedimiento restringido, podrá subsistir la oferta que determinen de común acuerdo las citadas empresas.
En los demás contratos, la presentación de distintas proposiciones por empresas vinculadas producirá los efectos que reglamentariamente se determinen en relación con la aplicación del régimen de ofertas con valores anormales o desproporcionados previsto en el artículo 152.
Se considerarán empresas vinculadas las que se encuentren en alguno de los supuestos previstos en el artículo 42 del Código de Comercio.
5. En la proposición deberá indicarse, como partida independiente, el importe del Impuesto sobre el Valor Añadido que deba ser repercutido.


Artículo 147. Admisibilidad de variantes o mejoras.
1. Cuando en la adjudicación hayan de tenerse en cuenta criterios distintos del precio, el órgano de contratación podrá tomar en consideración las variantes o mejoras que ofrezcan los licitadores, siempre que el pliego de cláusulas administrativas particulares haya previsto expresamente tal posibilidad.
2. La posibilidad de que los licitadores ofrezcan variantes o mejoras se indicará en el anuncio de licitación del contrato precisando sobre qué elementos y en qué condiciones queda autorizada su presentación.
3. En los procedimientos de adjudicación de contratos de suministro o de servicios, los órganos de contratación que hayan autorizado la presentación de variantes o mejoras no podrán rechazar una de ellas por el único motivo de que, de ser elegida, daría lugar a un contrato de servicios en vez de a un contrato de suministro o a un contrato de suministro en vez de a un contrato de servicios.


Resumindo: os que concorren ó proceso de licitación poden ofrecer variantes ou melloras, e no caso de que nas bases veña especificado que se terán en conta á hora de puntuar, serán valoradas á hora de seleccionar quen leva a axudicación. Supoñemos que éste é o caso das escolas deportivas: é dicir, que Arasti Barca incluíu algún tipo de mellora do estilo "se facedes máis actividades deportivas, ofrézovos este prezo competitivo por organizárvolas". O malo é que dende o Concello non nos quixeron dar información detallada sobre o tema, e o resto consistiría en entrar a especular. En breve tentaremos facer unha visitiña ó Concello para aclarar máis este tema, se nolo permiten.

Se o lector xa tivera a oportunidade de ler a versión orixinal deste artigo, botará en falta certa información que descubrimos sobre esta empresa. Información que tería resultado máis reveladora para este caso se a empresa tivese sido contratada adrede para realizar esta actividade. Sen embargo, ó ser a axudicataria dun servizo licitado por procedemento aberto con publicidade, non faría máis que desviar a vista do obxecto principal. Por este motivo, este equipo de redacción considerouno "peza separada", á que xa destinou espazo nun novo artigo que se acha en estado de borrador, e que próximamente poderán velo nas súas pantallas.

Continuando cos logos, se ben os correspondentes ó Padroado de Deportes nos parecen necesarios polo tipo de actividade, o que nos chama a atención é o do "II Plan de Igualdade do Concello de Narón". Na nosa opinión, isto podería significar que parte desta actividade estará sufragada polos fondos destinados ó citado Plan de Igualdade. Sen embargo, na nosa conversa co Concello nos comunican que non é así, e que nas actividades de deportes se está a amosar sempre o logo deste plan de igualdade. Esta redacción, co seu habitual afán de contrastar toda a información que recibe, botou unha ollada ó resto de cartaces das actividades que organizou o Padroado de Deportes dende o comezo do actual mandato, dando coa seguinte colección de imaxes:





Neste punto, retamos ós nosos lectores a que nos sinalen nalgún deles un logotipo do citado programa de igualdade de Narón nalgún deles. De feito, ata estivemos buscando cartaces de andainas pasadas, por se acaso se daba esta circunstancia nalgúnha outra convocatoria, e o feito é que non atopamos ese logotipo en ningunha. Nin en carreiras populares, ou outros eventos semellantes. Así que, aparte de sospeitar que o Concello nos tomou o pelo, seguimos a soster que a existencia dese logo poda deberse a que a actividade estéa realizada con cargo ó orzamento da concellería de igualdade. Se non, ¿por qué había de figurar alí ese logo, se non figura en ningunha outra actividade deportiva? Para máis inri, non atopamos reseña algunha a esa actividade na web da concellería de igualdade. E polo que puidemos ver, na rolda de prensa de presentación das andainas só estaban o concelleiro de Deportes -Román Romero-, e a de festas -Mar Gómez-, sen ter presenza a Concellería de Igualdade. A verdade é que nos achamos desconcertados por este feito. Ainda así, quedamos abertos a futuras explicacións ó respecto.
Porque se a nosa suposición fose certa, ¿por qué motivo se podería estar a facer isto? O primeiro que se nos ven á cabeza sería o motivo publicitario: queda moi bonito de cara á galería dicir que no ano 2015 se destinaron a temas de igualdade "chorromil" euros. Logo, cando é preciso dispoñer deles, basta con usar a excusa de que "é un evento que favorece a igualdade", et voilà!, ¡xa hai cartos! De ser así, non só debería supoñer un motivo de queixa por parte das mulleres en xeral de Narón, e concretamente dos colectivos feministas que continuamente están a pedir inversións serias en materia de igualdade. Tamén suporía unha mostra de debilidade e de total e absoluto abandono e desinterese respecto ás súas responsabilidades por parte da concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, quen debería defender a capa e espada a súa asignación orzamentaria. Algo que sería lamentable, e que viría a engrosar as queixas que fixeron no seu momento tanto esta redacción (https://www.facebook.com/naron.aberto/posts/1707843949445774) coma Podemos Narón (https://www.facebook.com/podemos.naron/photos/a.492460527566448.1073741829.487643841381450/782001105279054/?type=3) en Facebook respecto do actual plan de igualdade.

Coma conclusión: se ben é certo que parte das explicacións aportadas de xeito oficioso dende o Concello varían o contido do noso artigo -sobre todo no que respecta á empresa que realizará a actividade- seguimos considerando unha tomadura de pelo ó feito de que se cobre ese prezo á xente. Hai casos nos que un prezo simbólico é útil -por exemplo, en espectáculos gratuítos nos que se reparten invitacións por orde de recollida, e nos que ocorre que hai quen colle invitacións e logo non se asiste, privando a outros verdadeiramente interesados da posibilidade ir-, pero éste non é nin de lonxe ese caso. E dicimos tomadura de pelo porque calquera contribuínte podería sentilo así tras ver a comparativa entre o que aporta e recibe respecto ás grandes entidades deportivas de Narón. Xa por ese feito, e coma contribuintes, quítansenos as ganas de participar nela. En canto ó difuso tema do rol da Concellería de Igualdade, como xa dixemos máis arriba, só podemos especular. E estariamos encantados de deixar de facelo se o Concello tivese a ben ofrecer información oficial e clara sobre a súa actividade. Unha información que non houbese que obter chamando a determinadas portas, senón que estivese a disposición de tódolos cidadáns de forma aberta e fácilmente accesible.

Fontes:
Ler máis »

mércores, 17 de xuño de 2015

19/06/2015 - Convocatoria Extraordinaria de Pleno oculta



Lamentablemente, estamos a ser testemuñas de novo dunha convocatoria de pleno non anunciada nos medios dixitais do Concello.

Curiosamente, comprobando se a convocatoria fora publicada na web municipal, descubrimos que, un día antes de ter lugar a sesión de constitución, foi publicada unha nova coa convocatoria. O divertido e que días antes, nos publicamos un artigo queixándonos da ausencia de información neste aspecto. Tamén, resulta curioso, e non exento de fachenda, que nesa nova se anuncie a proclamación do alcalde, cando é un feito que, ainda que se poida prever, non se ve materializado ata que se realiza a votación nesa sesión.

Sumando isto e aquilo, non podemos pensar outra cousa que seguiremos coa mesma tónica en canto a información á veciñanza, transparencia e interese pola participación. Ogallá os feitos den por errado este razonamento.

A continuación, indicamos os datos da sesión e a orde do día da mesma:

Órgano: Pleno
Caracter da Sesión: extraordinaria
Día: venres 19 de xuño de 2015
Hora: 10:00h
Lugar: Casa do Concello
Segunda convocatoria: mesma hora, dous días despóis.
Data da notificación: martes 16/06/2015

Orde do día:
  1.  Dar conta de resolucións da Alcaldía sobre designación de Tenientes de Alcalde, Delegados da Alcaldía, membros da Xunta de Goberno Local, e delegacións feitas pola alcaldía na Xunta de Goberno Local.
  2. Dar conta da constitución dos grupos políticos e os seus integrantes e portavoces.
  3. Proposta de nomeamento de representante do Concello ante a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol.
  4. Proposta de designación de representante municipal na Comisión de Participación Cidadá da estructura da Área Sanitaria de Ferrol.
  5. Proposta de modificación da Comisión de Deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño.
  6. Proposta de nomeamento de representantes do pleno ante os padroados de Cultura e Deportes.
  7. Proposta de nomeamento de representante do pleno ante o consello de administración da empresa COSMA. S.A.
  8. Proposta de nomeamento de representantes do pleno ante o padroado da Fundación Parque Científico Tecnolóxico do Río do Pozo.
  9. Proposta de nomeamento dun representante do pleno ante o padroado da Fundación "Terra de Trasancos".
  10. Proposta de nomeamento dun representante do pleno na Asociación Costa Noroeste.
  11. Proposta de nomeamento de representantes do pleno na Mesa Local do Comercio de Narón.
  12. Proposta de nomeamento dun representante do pleno na Cruz Vermella.
  13. Proposta de nomeamento dos representantes municipais nos Consellos Escolares.
  14. Proposta de nomeamento dos representantes municipais no Consello Escolar Municipal.
  15. Proposta de Nomeamento dun representante do Concello de Narón no Consorcio do Camiño Inglés.
  16. Proposta de nomeamento dun representante do Concello de Narón no Fondo Galego de Solidaridade.
  17. Proposta sobre nomeamento de representantes no Consello Xeral de Participación Cidadá do Concello de Narón.
  18. Proposta de periodicidade das Sesións Ordinarias do Pleno da corporación.
  19. Proposta de creación e composición da Xunta de Portavoces e demáis comisións municipais informativas permanentes.
  20. Proposta de creación e composición da Comisión Especial de seguimento da revisión do PXOM de Narón.
  21. Proposta de mantemento dos postos de persoal eventual do Concello de Narón.
  22. Proposta de aprobación de dedicacións exclusivas de cargos públicos.
  23. Proposta de aprobación de criterios xerais de productividade para o persoal ao servicio do Concello de Narón

Reflexións

  •  A hora do pleno nos parece inasumible para permitir a participación da cidadanía interesada no mesmo. Polo que sabemos, parece que o motivo que se quere dar dende o concello é que así se lles facilita a vida ós funcionarios durante a época de verán. De ser así, trátase dun bo xesto; sen embargo, o goberno estase a esquecer da cidadanía, e o ideal sería acadar un equilibrio. Facer un pleno ás 20:00h non privaría ós funcionarios de poder desfrutar da tarde, e o feito de ter que asistir fora de horario podería ser gratificado coma calquera hora extraordinaria. Neste punto, agardamos os comentarios dos lectores e dos propios funcionarios.
  • Agardamos que tódalas entidades que constan no Rexistro de Entidades do Concello recibiran esta comunicación, tal e como se garante no artigo 34.3 do Regulamento de Participación Cidadá de Narón
    O Concello entregara a orde do dia do pleno de forma telemática, con opcion de confirmacion, coa antelacion que fora posible
  • Coma parte da veciñanza, descoñecemos actualmente a función da maioría dos entes mencionados nesta orde do día. A saber: 
    • Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol
    • Comisión de Participación Cidadá da estructura da Área Sanitaria de Ferrol
    • Comisión de Deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño
    • Fundación Parque Científico Tecnolóxico do Río do Pozo
    • Fundación "Terra de Trasancos"
    • Asociación Costa Noroeste
    • Mesa Local do Comercio de Narón
    • Consorcio do Camiño Inglés
    • Fondo Galego de Solidaridade
    • Comisión Especial de seguimento da revisión do PXOM de Narón
    Cremos que sería preciso informar da súa función, composición e actividade, así coma do custo para o Concello e as cantidades que perciben ou poidan percibir os seus membros. Este último punto non se trata dun arranque de paranoia, senón que ven fundamentado: tras buscar lexislación relativa ós padroados das Fundacións, fomos dar coa Ley 50/2002, de 26 de diciembre, de Fundaciones, que no seu artigo 15.4 expón que:
    Los patronos ejercerán su cargo gratuitamente sin perjuicio del derecho a ser reembolsados de los gastos debidamente justificados que el cargo les ocasione en el ejercicio de su función.
    No obstante lo establecido en el párrafo anterior, y salvo que el fundador hubiese dispuesto lo contrario, el Patronato podrá fijar una retribución adecuada a aquellos patronos que presten a la fundación servicios distintos de los que implica el desempeño de las funciones que les corresponden como miembros del Patronato, previa autorización del Protectorado.
  • Entre os cargos que se asignarán, vemos que está o de representantes no Consello Xeral de Participación Cidadá. Gustaríanos que os seleccionados para este cargo botasen a andar de novo o regulamento. Para iso, sería imprescindible que publicasen canto antes un cronograma onde se especificasen as datas e periodicidade de convocatoria  dos Consellos Territoriais e Sectoriais.
  • Respecto ós postos eventuáis, sería interesante saber o tempo que levan en vigor. No caso de levar varios anos, poderían gañar consideración de necesarios, caso no que sería preciso convocar unha oposición para cubrilos. De tratarse de postos sen unha cualificación especial, tal vez se poderían plantexar formulas paliativas contra a situación de desemprego actual: por exemplo, facer contratos rotativos, permitindo a desempregados sen prestación nen subsidio acceder durante uns meses a un posto de traballo, os suficientes como para permitir despóis desfrutar da prestación por desemprego en caso de non atopar outro emprego.



Antes de rematar, quixéramos agradecer de novo a EU e ó seu concelleiro André Abeledo o bo xesto de ternos proporcionado os datos desta convocatoria de pleno. Por outra banda, tamén queremos resaltar os seus esforzos a nivel participativo, materializados nunha reunión para afiliados e simpatizantes que farán este mércores 17 de xuño no Local Social de Castro ás 20.30h para debatir os seguintes puntos:
  • Información da Constitución de Grupo Mixto e posicionamento.
  • Varios
Dado que xa tivemos algún comentario ó respecto, queremos clarificar que non é que sexamos unha publicación aliñada con esta forza política, senón que se trata de algo circunstancial. Estamos desexando que cunda o exemplo entre as demáis forzas políticas, momento no cal, adicaremos tamén unhas liñas a gabar a súa actitude.

Fontes:
Ler máis »

venres, 12 de xuño de 2015

A sesión de constitución oculta: democracia de baixa calidade

Tal e como prometéramos na nosa anterior publicación, informámosvos da data, lugar e hora da sesión de constitución do novo goberno municipal:

Data: sábado 13 de xuño de 2015
Hora: 12:00h
Lugar: Concello de Narón, segundo andar

Tal e como indicábamos nesa publicación, a sesión ten caracter público, así que poderá asistir calquera cidadán que o desexe. Dende Narón Aberto, convidamos a tódolos cidadáns a participar nun acto que para nos resulta de grande importancia. Nesta sesión, os concelleiros xurarán o seu cargo, e nada mellor que facelo ante aqueles que depositaron neles a súa confianza para xestionar os recursos municipais no beneficio da cidadanía. Tamén consideramos que é unha boa ocasión para coñecer en persoa aqueles que se van sentar con tal responsabilidade no salón de plenos do Concello. Ademáis, no caso de aqueles partidos con menor representación resulta especialmente importante, xa que o feito de xurar o cargo co respaldo dos seus electores e simpatizantes lles a relevancia que ás veces non se lles concede, por ser poucos, ainda que tras deles estea depositada a confianza de centos de persoas.

Aparte desta recomendación, que nos mesmos seguiremos de bo grado, tamén usaremos este artigo para lamentar a falta absoluta de información respecto a este evento. Despóis de buscar na prensa e revisar todas as seccións da web municipal, non fomos quen de atopar nada ó respecto. Un podería pensar que é debido a que o concello ten un goberno en funcións que o limita neste sentido. Sen embargo, atopamos que dende que foi disolta a cámara sí se fixeron publicacións nesta web, de modo que esta non sería unha excusa válida. Ainda máis, despois de rebuscar entre as páxinas web e redes sociais dos distintos partidos con representación, tampouco atopamos nada ó respecto.
De feito, temos que agradecer ao novo concelleiro por EU, André Abeledo o ternos proporcionado esta información, e agardamos que este bo xesto se convirta nunha constante durante os próximos catro anos. Tamén nos gustaría crer que este xesto será imitado polos demáis concelleiros, en virtude de todo o expresado polos seus partidos durante a campaña electoral.

Non nos parece comezar con bo pe o ignorar á cidadanía nunha data que cremos importante, sobre todo despóis dunha campaña electoral na que se repetiu ata a saciedade termos coma "participación", "transparencia", "democracia" e outros que en situacións similares parecen alonxados das prácticas habituais neste Narón noso.

Sen máis, agardamos que o lector considere relevante esta data e asista a esta cita. En tal caso, verémonos aló.
Ler máis »