Amosando publicacións coa etiqueta IBI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta IBI. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de xullo de 2016

Análise da semana do 27 de xuño ao 3 de xullo: o pleno, e máis cousas


Narón

Pleno

Evidentemente, o asunto estrela desta semana é o pleno que tivo lugar o xoves 30 de xuño, e xa en horario de verán -10:00h-. Sobre deste asunto, Ferrol360 publica na noticia Narón aproba, de xeito inicial, o Regulamento de cesión de uso de locais e dependencias municipais o contido da nota de prensa enviada polo Concello, mentres que en Galicia Ártabra fan unha análise un pouco máis detallada na noticia Pleno de Narón. Nueva tasa, no a la ayuda a iglesias Sedes y regulamiento de locales municipales Antes de nada, temos que aclarar que erramos en pensar que EU presentaría a moción sobre os desafiuzamentos neste pleno. No seu lugar, e polo que parece, presentaron co PSdeG-PSOE unha moción relativa ao proxecto experimental de escola rural en Sedes que tal e como comentan as citadas noticias, foi aprobado.


Foto: Galícia Ártabra

Así pois, tras a lectura do acontecido, vemos que a cuestión fundamental neste pleno -e sen dúbida a que terá maior incidencia sobre a xente de Narón e os seus petos- é a correspondente aos puntos 3 e 6 da orde do día nos que, respectivamente, se falaba do compromiso de Narón en relación cos custos de explotación dos interceptores xerais do saneamento, e a incidencia destes compromisos económicos nas taxas de auga e saneamento reguladas na ordenanza nº 8. Para quen non estea ao tanto, a cuestión ten que ver co Convenio para la ejecución y explotación de la obra del interceptor general de la margen derecha de la ría de Ferrol: Tramo Cadaval-Neda" asinado entre ACUAES, a Xunta e o Concello de Narón o 26 de marzo de 2015. Este convenio acordaba as normas para o financiamento e construcción dos citados interceptores, e a súa explotación. De xeito resumido, a Narón tocáballe poñer sobre 1,5M€ para a obra dun total de 7,3M€. Quitando 4,2M€ aportados polos fondos FEDER europeos, e 0,84M€ da Xunta, o resto tería que devolvelo Narón ao longo de 45 anos, xunto cos custos de explotación da citada infraestructura. E aínda se está á espera de saber se a parte que será executada este ano será financiada por unha prórroga solicitada aos FEDER, ou terá que ir tamén por conta de Narón.
A cuestión non foi aprobada sen máis, senón que foi levada a un Pleno Extraordinario que tivo lugar o 13 de febreiro de 2015, na que foi aprobada polos votos a favor de TEGA, PP e CxG, abstención de PSdeG-PSOE e en contra do BNG. Os argumentos esgrimidos por este último partido eran que, sendo unha infraestructura de interese estatal, non debería correr por conta do Concello, senón do Estado. Como nota divertida a todo este proceso, convidamos a quen nos lea a botar unha ollada á noticia Narón rechaza las condiciones de financiación del saneamiento de la ría, onde o Concello amosa unha postura mediáticamente combativa respecto a un convenio que finalmente remata acatando. Un "moito ruido e poucas noces" sobre a sempre recurrida defensa dos intereses da xente de Narón no que polo menos o BNG se mantén coherente (El BNG de Narón reitera que tenía razón al votar en contra del convenio de saneamiento).
Pois ben, a cuestión presentada a Pleno era cómo satisfacer para este ano a débeda con ACUAES. E o que se aprobou ven resumido nas noticias A taxa de depuración por un recibo doméstico de ata 30 metros cúbicos de cota de consumo terá un custe de 76,29 euros ao ano, e Narón comenzará a aplicar la tasa de saneamiento a partir de octubre. Sobre os prezos, cada persoa terá que facer as súas contas, pero a suba resulta máis que notable. Respecto á forma de cargarlle este morto á cidadanía, queremos facer varias apreciacións:
  • Segundo as novas, o alcalde tivo a cara de dicir «Trátase dun custe que sabiamos que había que asumir». Cremos que debería ir co seu equipo de goberno a explicar polos barrios esta cuestión, para escoitar de primeira man canta previsión tiña a veciñanza sobre este gasto. Pero non terán o valor de facelo.
    Por outra banda, e contando con esa previsión, tampouco sacaron partido das convocatorias dos Consellos Territoriais de participación cidadá para expoñer a cuestión coa fin de que a cidadanía expresase a súa opinión respecto á forma de recadar os cartos para saldar a débeda contraída coa sinatura do convenio.
  • Respecto á forma de recadar eses cartos:
    • ¿Por qué fixan o mínimo en 30 metros cúbicos? ¿Qué porcentaxe de usuarios supera esa cantidade? Sería preciso comprobalo para ver se o listón está moi alto, e resulta que quen menos consume se ve gravado excesivamente. Polo menos, en cuestión de consumo de auga, ENE xa fixo públicas as súas reservas sobre os prezos da auga en tales situacións. Para poder sabelo, sería necesario que se publicase nun lugar como o Portal de Transparencia un informe anual de COSMA que dese información sobre estas cuestións, algo que actualmente non existe, ou non demos atopado.
    • “A maior tramo de consumo, maior será tamén o importe da citada taxa, como corresponde”, indicaba tamén o alcalde. Pero descoñecemos se se refire á parte da taxa correspondente ao pago da obra, á que corresponde ao seu mantemento, ou ás dúas. Dado que a obra é algo común a tódolos usuarios, a cota a aportar pola súa construcción debería ser a mesma en tódolos casos. Sendo así, e dado que a obra beneficiará a usuarios actuais e futuros, debería correr por conta das arcas municipáis, e non por conta das aportacións na factura dos usuarios actuáis. ¿Terán eles más dereitos sobre a obra que os futuros usuarios? ¿Haberá vantaxes para os usuarios que paguen durante 45 anos, sobre os que paguen durante 20? 
Realmente, o que debería ter sido é que, como obra de interese estatal, fose financiada polos presupostos xerais do Estado. Respecto a isto, tamén podemos facer outra reseña "divertida": segundo a nova de Galicia Ártabra que referiamos arriba, "El portavoz de los populares, López Balado, señaló en el pleno que no estaba de acuerdo con la propuesta del grupo de gobierno porque supone cargar directamente todos los gastos a los vecinos sin que el ayuntamiento ponga ni un solo euro, para ejecutar una obra que tampoco está haciendo el gobierno local". A verdade é que nos costa conxugar estas declaracións, co feito de que fose o Partido Popular -tanto dende o Concello coma dende as administracións autonómica e estatal- quenes impulsaron a sinatura do Convenio que é o motivo polo que a cidadanía de Narón ten que cargar con este custo.

Para finalizar este punto, faremos mención á Posición de EU Narón sobre a taxa da auga e o saneamento que publicaron despóis do Pleno. Respecto a ésta, queremos pararnos na seguinte afirmación: “EU Narón vaise abster neste punto por responsabilidade, porque sabemos que cando se da un servizo este ten un custo, e non tivemos nin tempo nin medios para facer un estudo de ata que punto estes custos están xustificados". Cremos que é necesario invocar á responsabilidade cando o voto é decisivo sobre unha cuestión. E sabendo o resultado que ven da Xunta de Portavoces -que descoñecemos, pero cremos que viría co respaldo do tripartito ao completo- un podería votar en contra coa conciencia tranquila. Máxime, sabendo que non é unha cuestión urxente, xa que ata Outubro non entraría en vigor.

Por certo, segundo o anuncio no BOP, o acordo de modificación da ordenanza nº 8 estará exposto no Concello durante 30 días -ata o 5 de agosto- para quen quixese presentar reclamacións ao respecto.


Cambiando de punto, imos á moción presentada polo PP, que no seu título so facía mención a condenar os ataques ás igrexas de Sedes, pero que traía algo máis de cola. Tanto é así, que titulares como La izquierda naronesa rechaza una moción del PP sobre los ataques a iglesias de Sedes poderían levar a un a engano se non se le o contido da noticia. Isto débese a que a moción realmente demandaba «condenar los hechos ocurridos en Sedes, instar al concello a promover los valores incluidos en la Constitución Española de cara a la libertad de culto, y dotar una partida presupuestaria para contribuir en caso de ser necesario a reparar los daños». Se ben os dous primeiros termos son asumibles sen apenas disertación, o terceiro non o é, xa que se trata de bens privados pertencentes á Igrexa. E xa que falamos da Constitución, sería preciso facer mención ó seu artigo 16.3, no que declara ao Estado como aconfesional. E o citado punto excede as relacións de cooperación que se mencionan no mesmo. De feito, de ser aprobado algo así, calquera persoa ou colectivo que sufrisen un ataque vandálico ou un incendio sentiríanse con dereito a reclamar un trato semellante.
Máis ou menos nesta liña vai a noticia EU Narón contesta a Moción do PP de Narón sobre os actos de vandalismo contra dúas igrexas en Sedes, na que ademáis fan referencia a unha abordaxe desta cuestión na que parece que se pretenda obter beneficio político. Sorprende ver cómo ENE se abstén en cuestións deste tipo, xa que non se trata dun tema tanto ideolóxico, como de ecuanimidade. ¿Cuestión de estratexia, para evitar ser sinalado por uns ou outros?


E deixamos para o final o primeiro punto, ou mellor dito, a visión do Pleno do PSdeG-PSOE: Narón da luz verde ao regulamento de cesión de uso de locais e dependencias municipais é un artigo publicado na súa páxina web no que se fai un resume do pleno. E sempre resulta de agradecer que os partidos dean máis información que a contida nas notas de prensa oficiais.
  • Respecto á cuestión do regulamento, reprochan a ENE que  “pretenda dicirlle aos técnicos como redactar os regulamentos” e lembra que os grupos deben centrarse en aportar ideas que melloren o documento e non na súa redacción. En todo caso, incidiu a edil, “os que terían que opinar serían os representantes das asociacións, que son a quen lle vai influír”. Neste punto -e correndo o risco de opinar sen coñecer a intervención completa de ENE- temos que discrepar: os representantes municipais teñen todo o dereito a dar a súa opinión, incluíndo o resultado do traballo dos técnicos. Dubidamos moito que as "regras" aludidas estean contidas na lexislación que regula a actividade dos concelleiros.  Por desgraza, parece que a base de repetición se pretende facer que a xente rexeite criticar o traballo dos funcionarios. Funcionarios que, como calquera ser humano, non é perfecto, pode equivocarse, e probablemente dentro dun ano saiba facer mellor o seu traballo que agora, e grazas a todo tipo de aportacións que poda recibir ao respecto.
    Sobre o documento, a nosa queixa non será formal, senón conceptual: exite un borrador que hai uns anos foi elaborado no seno dos Consellos de participación cidadá. Pero parece que este modelo de participación, en lugar de respectar as aportacións da cidadanía, se dedica a desbotalas sistemáticamente. Se logo se preguntan por qué a xente non asiste aos Consellos Territoriais, ou non aporta aos borradores que fan os técnicos, aquí poden ter un motivo.
    Por certo, unha cousa máis: o regulamento afectará non so ás asociacións, senón tamén á cidadanía en xeral. Sen embargo non se lles está a dar unha canle para opinar ao respecto, porque todavía non teñen voz nin voto en materia de participación, se non é a través dunha entidade asociativa.
  • En canto ao pago da débeda establecida coa construcción dos interceptores, parece que o mantra que repiten quenes votaron a favor é o de "hai que pagar a obra". Evidentemente: pero ten tanta importancia o xeito do que se paga a débeda. Máis arriba explicámolo con máis detalle, pero o fundamental é que non debería cargarse o custo so aos usuarios do saneamento, pois é unha obra que beneficia a todo o Concello. Máis aínda: recoñecendo que se trata dunha obra que debería pagar o Estado por ser de "interese xeral", o abono dende o Concello debería seguir o mesmo modelo: facelo dende os orzamentos, e non cargando sobre os consumidores.

Varios

O alcalde e edís da corporación recibiron no concello á nova directiva da AVV do Couto. Segundo a nova, na reunión abordaron "varios asuntos de interese da citada parroquia naronesa". Curiosamente, e sendo de interese para a veciñanza do Couto, nin se cita cales, nin a qué conclusións se chegaron. Por desgraza, trátase da dinámica habitual.


ENE informa nun artigo que andamos A voltas co contrato eléctrico tamén en Narón. Para quenes non estean ao tanto do tema -sería ben raro, xa que é un tema candente no veciño Concello de Ferrol-, poden botar unha ollada a esta Intervención da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos e pola Remunicipalización no pleno de Ferrol pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor Lama&Asociados - Vídeo e Texto, onde se pode ver cómo unha plataforma cidadá, advertida de que o contrato eléctrico pendente de asinar e que fora redactado polo anterior goberno é ilegal, está a mobilizarse para conseguir que o actual goberno non o asine.
Pois ben, parece que en Narón tamén está a haber presións das eléctricas para asinar un contrato de suministro e mantemento unificado, cando no caso de Ferrol se indica que é unha das irregularidades. Tamén se comenta que se estaba plantexando mancomunar este servizo.
Respecto ao resto do artigo, está bastante difuso, xa que enlaza con unha cuestión posta de manifesto no Pleno do 28 de abril de 2016, no que se abordou a cuestión do "recoñecemento extraxudicial de créditos". Un tema que explica moi ben o artigo Pagos extrajudiciales, ¿y eso qué es?, e que supón resumidamente, aceptar facturas correspondentes ao período anterior que non tiñan crédito asignado no orzamento sen ter que chegar aos xulgados. Pero non so iso: a situación viña "complicada" porque había un informe de Intervención (PRE10I02Y do 18/04/2016) en contra de certas prácticas relacionadas con tales facturas. Por desgraza, tampouco atopamos este informe de Intervención no portal de transparencia, e lamentamos que non haxa ningún grupo político que estea a demandar a publicación desta información nel. Tampouco descartamos solicitalo, xa que a pouco que buscamos, atopamos casos de administracións que non teñen reparo algún en publicar tales informes, como é o caso do Concello de Pozuelo de Alarcón. Unha mostra máis da indixencia en materia de transparencia na que vivimos en Narón.


E a seguinte non se trata dunha noticia de Narón, pero sí está directamente relacionada co noso concello. Resulta que en Madrid, Carmena baja el IBI entre un 20% y un 40% en 22 barrios del sur de Madrid. Non se equivoquen: non se trata de facer apoloxía da alcaldesa de Madrid, senón de facer un sinxelo paralelismo entre ese concello e o noso respecto ao sempre controvertido tema do IBI:

MadridNarón
A raíz dun estudo realizado entre o Concello de Madrid en colaboración con Catastro, conclúen que en Madrid os valores catastrais rondan -de media- o 55% do prezo de mercado.

Actualmente, considéranse como "normais" os valores catastrais que rondan o 50% do valor de mercado.
No pleno de 30 de abril de 2015 o Concello de Narón aproba solicitar a Facenda a rebaixa dos valores catastrais urbáns. Tras varios meses de silencio, un artigo pola nosa parte (Analizamos o misterio do IBI en Narón, no que indicamos entre outras cousas unha caída dos prezos do mercado de máis dun 30% dende 2008), e indagacións por parte dos grupos da oposición, sae á luz que a petición fora "traspapelada". Despóis de posteriores contactos de ENE con Catastro, e numerosas insinuacións ao goberno municipal sobre que Facenda non era a porta á que había que chamar, chegan novas dunha reunión entre Catastro e o Concello de Narón. Desta reunión, se informa que os valores catastráis de Narón rondan -de media- o 56% do valor de mercado.
O Concello de Madrid en colaboración con Catastro decide realizar unha ponencia de valores parcial nos barrios onde se detectaron maiores variacións con respecto á valoración realizada en 2012, aplicando reduccións de entre o 20% e o 40%.Na citada reunión con Catastro, e segundo a versión do goberno municipal (tal e como se recolle nas noticias La Dirección Xeral do Catastro propondrá bajar el valor de los inmuebles de Narón en el 2017, e O Concello de Narón anuncia una próxima rebaixa do valor catastral dos inmobles, e na acta do Pleno de 28 de abril de 2016), é Catastro quen lles ofrece a aplicación dun coeficiente reductor de 0,92 (un 8%) para tódolos bens inmobles, e comentan que non lles recomenda unha nova ponencia de valores, según lles comenta Catastro, os valores entre o 40% e o 60% do prezo de mercado son "normais".

¿Non lle resulta a ninguén extraña a comparación? Narón tiña unha ponencia de valores aprobada en tempos máis próximos ao estoupido da burbulla inmobiliaria que Madrid (2008 vs 2012), e o mercado inmobiliario non deixou de caer dende entón. É certo que non se pode comparar os prezos de vivenda nun e noutro concello, pero porcentualmente, en Narón tiveron que experimentarse caídas, non só semellantes, senón maiores, no prezo de mercado, e dependentes do tipo de inmoble e a súa ubicación. ¿Como é que so corresponde unha baixada do 8% por "consello" de Catastro?
Sospeitamos que a decisión de Catastro non se fixo en base as súas propias conclusións sobre os prezos de mercado, senón tamén ás directrices marcadas polo Concello de Narón, e para evitar unha caída nos seus ingresos derivados deste tributo. Desgrazadamente, temos que deixalo en mera suposición, xa que non imos ter acceso a informe ningún que nos sirva para corroboralo, nin por parte do Concello de Narón, nin de Catastro. Bendita transparencia ...

Outra nova que tampouco é de Narón, pero que pode ser de interese no noso concello é a Moción sobre a Sanidade Pública no Concello de Oleiros, e que podería servirlle de modelo a algún dos grupos políticos do Concello. Nela se demanda o rexeite do peche de camas nos hospitais, o bloqueo das axendas dos centros de saúde en verán (ver Usuarios de los centros de salud denuncian "bloqueos" de citas por falta de personal), e a derogación da modificación do Artigo 135 da Constitución coa fin de antepoñer a saúde das persoas a excusas de tipo económico. 


Por outra banda, seguen os problemas para os Afectados pola Cooperativa de Pedroso, que están a reclamar ao seu administrador concursal as contas de 2015, sen éxito. Mentres dure o problema, nos seguiremos a facer difusión del.

 

E ainda que temos que lamentar que A Comisión Europea prorroga ‘in extremis’ o glifosato por só 18 meses, polo menos temos o pequeno consolo de que se prohibiu o seu uso en parques públicos, zonas de xogo infantil e xardíns. Algo que deberían anotar no Concello, xa que hai uns meses fomos testemuñas do uso de herbicidas nun parque da zona do Alto, e sabendo que é dos máis usados, hai grandes probabilidades de que fose Glifosato. Por certo, tamén deberían tomar nota que hai concellos -como o de Ponteareas- que se declararon "libres de Glifosato", e que se poden ver neste mapa. Para aqueles grupos políticos interesados, neste artigo da Asociación Galega de Apicultura poderán encontrar un modelo de moción a presentar: A plataforma Fumigacións Non lanza a campaña: #LibresdeGlifosato. Chuvia de mocións para paralizar o uso de Glifosato en espazos públicos. O malo é que esta moción só atinxe ao uso destes productos en espazos públicos, e por desgraza o seu uso agrícola tamén pode derivar na súa filtración cara os acuíferos, para pasar a acumularse nos organismos vivos que o inxiran.


Ferrolterra

Aparte do xa citado na sección de Narón, seguen en Ferrol os avances en materia de remunicipalización. Parece que o impulso cidadán está a conseguir sensibilizar ao goberno deste concello, xa que nesta noticia o seu alcalde Jorge Suárez asegura que non renuncia á remunicipalización do ciclo da auga. E todo grazas a bos argumentos como os que se atopan en artigos como Ferrol cara a remunicipalización, ... Por Alexandre Carrodeguas, un dos membros dunha Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización de Ferrol que está a facer unha estupenda labor. E isto é o que máis nos gusta: o poder cidadán!


En canto á novela negra que protagoniza Reganosa na Ría de Ferrol, temos un novo episodio. Neste caso, e debido á entrada dun gaseiro posterior á ilegalización da planta polo Tribunal Supremo, Declara nos Xulgados de Ferrol o director xeral de Reganosa por unha denuncia do Comité Cidadán de Emerxencia


Cousas que nos parecen interesantes, xa que supoñen a explotación e posta en valor do patrimonio da Comarca, que é moito, e moi desaproveitado: Rutas geológicas por las minas de Moeche en julio y agosto, e a repetición das Rutas turísticas en barco por la ría de Ares los fines de semana de verano


E rematamos no Concello de Mugardos, no que levan 15 días encerrados os empregados do GES, que viven na indefinición sobre a continuidade do servizo. Para chamar a atención sobre eses 15 días, protagonizaron esta Espectacular protesta del GES de Mugardos con descenso en rápel por la fachada del Concello. Segundo relata a noticia, síntense unha arma arroxadiza entre o actual goberno municipal -do PP en minoría- e o anterior goberno  -bipartito EU e BNG-, xa que actualmente, e por avances nesa guerra (La auditoría a las cuentas del bipartito mugardés saca a la luz más de media docena de «dedazos») atópanse nun abandono absoluto.  O máis importante e que, dende o seu punto de vista, cren que existe unha alternativa real que permita que o servizo sexa rendible, e permita pagar a débeda acumulada de 120.000€, cobrando as saídas que realizaban, cousa que non fixeron ata o momento.
Agardamos polo seu ben, o das súas familias, e da cidadanía de Mugardos, atenazada máis que de sobra pola ameaza de Reganosa e a Forestal do Atlántico.


Continuamos a semana que ven!
Ler máis »

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Sobre o pleno que ven - 28/01/2016

Para variar, entre as esixencias diarias das vidas dos membros deste equipo de redacción, temos que acabar roubando uns minutiños para poñer a disposición do público información. Neste caso trátase de datos que resultarán de interese para os asistentes ó pleno que terá lugar mañá 28 de xaneiro de 2016. Algo que na nosa opinión, podería facer ben de sobra o concello. Farémolo aportando información sobre os distintos puntos da orde do día deste pleno, extraído de novas, e información aportada polos propios partidos.

Imos aló!







1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións de datas 22-12-15 e 30-12-15.

Este punto é unha cuestión rutinaria, xa que en cada sesión se aproba a acta da anterior. Neste caso se fai referencia a dúas datas, xa que o día 22 de decembro tivo lugar un pleno extraordinario.
Respecto ás actas, temos que celebrar que, despóis de meses, por fin temos as actas do ano pasado publicadas. Quen quera botarlles unha ollada, lembramos que pode facelo nesta ligazón: http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/concello/organizacion_municipal/info_institucional/


2.- Proposta de nomeamento de camiños rurais da entidade colectiva de San Xiao.

Lamentablemente, sobre este punto da orde do día non podemos dar ningunha información. De feito, é probable que moitos veciños de San Xiao non saiban a qué se refire este punto. Carece por completo de sentido que unha sesión plenaria sexa pública, pero non haxa ningún tipo de información pública sobre os asuntos que se tratan nela.


3.- Proposta de aprobación inicial da Ordenanza de transparencia, acceso á información pública, reutilización da información e bo goberno do Concello de Narón.

Un dos puntos álxidos deste pleno.  Esta ordenanza crease pola necesidade de adaptarse ó especificado na Disposición Final Novena da Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, que da un prazo de 2 anos ás administracións locais para comezar a aplicar o que está estipulado nesta lei.
Por desgraza, e para variar, o concello non puxo a disposición da cidadanía un borrador desta ordenanza, para permitir que plantexasen enmendas á mesma. Pola contra, parece que sí entregou este borrador ós grupos políticos -que nos corrixan se nos equivocamos-. En fin, que aínda seguimos moi, moi, moi lonxe de que este concello teña visos de ser participativo.
¿E qué agardamos nos? Se fora cousa de desexar, pediriamos que, aparte do estipulado na Lei 19/2013, o Concello tivera a ben publicar as bases dos convenios que asina. Sobre todo porque de sempre, e en contra do especificado na Lei de Subvencións de Galicia, a maior parte dos cartos empregados en subvencións a entidades asociativas e deportivas se entregan utilizando a fórmula do convenio. E se a cidadanía non coñece as bases destes convenios, non é capaz de coñecer se se están a tratar con ecuanimidade a tódalas entidades deportivas e asociativas.
Todo iso, se fora por desexar. Pero sendo realistas, o máis probable é que o goberno municipal decida manter a mesma pose que mantén co salario do alcalde e os 7 asesores dos que dispón: ceñirse estríctamente ó que a lei di, sen facer concesión algunha, ainda que ésta o permita.


4.- Proposta de aprobación do cadro de persoal e Relacións de Postos de Traballo ano 2016.

 Este punto corresponde á obriga especificada no artigo 90 da Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local,  de aprobar anualmente, a través del Presupuesto, la plantilla, que deberá comprender todos los puestos de trabajo reservados a funcionarios, personal laboral y eventual, e de facelo en arreglo a los principios de racionalidad, economía y eficiencia y establecerse de acuerdo con la ordenación general de la economía, sin que los gastos de personal puedan rebasar los límites que se fijen con carácter general
Dado que os nosos coñecementos nesta cuestión son bastante poucos, quedamos á espera dos comentarios e posibles enmendas que podan plantexar os partidos presentes na cámara.


5.- Proposta de aprobación dos orzamentos do Concello e do Padroado da Cultura, dos orzamentos xerais, das bases de execución dos orzamentos e do límite máximo de gasto non financiero para o exercicio 2016.

Velaquí o punto forte da sesión, os orzamentos. Un documento que describe en qué se empregarán os cartos dos que dispón o concello. Cartos entregados tanto pola cidadanía en forma de tributos, ou transferidos doutras administracións, pero que tamén proveñen de tributos. Por iso consideramos que se trata dunha cuestión tan importante: son cartos de todos, e deberían usarse para o ben común. Cabería neste punto facer unha reflexión sobre o noso nivel de satisfación sobre o concello,  o nivel de servizos, o estado do noso entorno, e os esforzos que poda estar a facer para axudar á cidadanía nos seus problemas cotiáns.

Recalcaremos que os orzamentos non son máis que iso: unha estimación pormenorizada de ingresos e gastos. Durante o ano iranse sucedendo modificacións de crédito que alterarán as distintas partidas en función das decisións tomadas en pleno. Así que a liquidación que se faga a final de ano pode variar respecto ó que había proxectado inicialmente.

Sobre esta cuestión, e grazas ó ruido mediático que se foi desencadeando froito do tema do IBI e a presión tributaria en Narón, foron surxindo distintas declaracións que aportan algo de información sobre os orzamentos que se discutirán no pleno.

Datos do Goberno municipal:
Na seguinte ligazón se pode acceder á nota de prensa emitida polo Concello sobre orzamentos: Orzamentos2016.pdf

Este documento amosa de forma moi resumida información sobre as partidas de ingresos e gastos dos orzamentos, e a súa evolución respecto o ano anterior. E non é información suficiente para que a cidadanía poda determinar se os cartos se invirten como e onde lle convén. Para iso sería preciso que se publicase o desglose das partidas, tal e como se amosan as liquidacións dos orzamentos no Consello de Contas de Galicia.

Respecto ós ingresos, cabe dicir que o Concello prevé recadar en 2016 un 2,83% máis que no 2015. Iso significa que, ainda que mínimamente, a presión fiscal segue a subir. Fronte a esta situación, o goberno declara que é algo debido -citamos textualmente- á correcta cuantificación do impacto do 10% da revisión do valor catastral que se realizou na Ponencia de Valores de 2008, compensándose o incremento que corresponde en 2016 coa rebaixa dos tipos. Unha explicación que, por complexa, moita xente abandonará a posibilidade -unha vez máis- de comprender o que lle dí unha administración, abrazando unha vez máis aquilo de "total, fan o que lles da a gana". Nos queremos explicar esta cuestión con claridade, e dar a nosa visión do que implica:
Os artigos do 66 ó 70 do RDL 2/2004 explican que a base liquidable da cuota do IBI se calcula aplicando ó valor catastral un coeficiente reductor. O primeiro ano que aplica a valoración catastral, o coeficiente é de 0,9: isto significa que o primeiro ano, a base liquidable será so o 10% do valor catastral. Este coeficiente vai descendendo, de 0,1 en 0,1 anualmente ata 0,1. Isto quere dicir, que o segundo ano, a base liquidable do IBI será o 20% do valor catastral, o terceiro será o 30%, ... e así ata chegar ó 90%. Por este motivo o IBI sube tódolos anos, SE NON HAI INTERVENCIÓN DO CONCELLO. A base liquidable non é o que paga o cidadán: despóis aplícaselle o tipo de gravame e as bonificacións, conceptos que dependen do concello, e que están regulados nas ordenanzas fiscais.
Volvendo ó caso concreto de Narón, se a valoración catastral é de 2008, a cota líquida a aplicar en 2015 sería do 70% do valor catastral, e en 2016 do 80%. Pero en 2016, e pola presión mediática, o goberno decide baixar o tipo de gravame de 0,70 a 0,66, amortiguando a suba. Deste xeito, a suba estimada da recadación queda nun 2,83%.
¿Aplauso para o goberno municipal? Pois non. Porque esta cuestión ten moitas máis voltas. A primeira delas é que segundo recollemos no noso artigo sobre o IBI, o prezo medio da vivenda na provincia da Coruña dende 2008 caeu máis dun 30%. Polo tanto, os valores catastráis están moi desfasados. Isto quere dicir que o Concello está a recadar moi por riba do valor real da maioría dos inmobles. Polo tanto, non hai aplauso. Pero ainda hai máis. Quen teña o gusto de ler o noso artigo, verá que a pesar da tasa de paro na comarca, non está a poñer a disposición da cidadanía bonificacións que podería facer por lei que poderían reducir a presión fiscal de familias con rendas baixas. Outro motivo para non aplaudir.
Polo tanto, cremos con estos argumentos desarmada a complexa frase, e podemos afirmar que o goberno está a actuar de xeito bastante insensible -ata descarado- en materia tributaria.

Outra cousa que achamos en prensa e á que non lle achamos explicación é a afirmación que da titular a esta noticia: La Voz de Galicia - La inversión en obras en Narón este año subirá a casi cuatro millones
Na nota de prensa citada arriba, o concelleiro de Facenda, Pablo Villamar, só facía mención a un aumento previsto na partida de Inversión Real do 61% (de 1,14M€ en 2015 a 1,83M€ en 2016). Sen embargo, e salvo que se prevea a recepción de subvencións por 2M€, non atopamos fundamento para tal afirmación.

A última hora, atopamos na páxina de Facebook do BNG declaracións sobre os orzamentos, na seguinte ligazón: O orzamento municipal ascenderá a 28,9 millóns de euros en 2016.
Cuestións curiosas: o primeiro, que parece que lle da unha explicación distinta ó pequeno aumento previsto da presión fiscal da que daba a alcaldía. Neste caso, a cuestión é debida a á corrección da previsión coa que se elaborou o Orzamento de 2015. Cremos que con isto se refire a que para o orzamento de 2015 estaba previsto recadar de IBI 7,7M€ e finalmente se recadaron 8,2M€. Despóis si que fai mención ó mesmo tema que a alcaldía.
Outra cuestión que queremos resaltar é a mención seguinte: "As contas", explicou Villamar, "obedecen á situación de crise que vivimos, priorizando o gasto social e o mantemento dos servizos públicos e reducindo a débeda bancaria". A nosa opinión é que dende hai uns anos, a gran prioridade do goberno municipal está a ser reducir a débeda o máis rápido posible, mantendo conxeladas tódalas demáis cuestións. So invirte, e mínimamente, cando percibe inxeccións dende outras administracións.

Reincidimos de novo na necesidade de datos pormenorizados para poder emitir un xuizo respecto ós orzamentos. Así é imposible saber en qué se empregaran eses máis de 28M€. 

Enmendas do PP:
Estes últimos días o PP publicou na prensa que presentara determinadas enmendas ós orzamentos. Pois ben, tiveron o detalle de poñerse en contacto con nos e enviarnos un documento coas enmendas que propoñían, e que está accesible na seguinte ligazón: EnmiendasPresupuesto'16.doc

Este documento está dividido en dúas seccións. A primeira, co título "partidas en baja", representa as partidas das que propoñen retirar a suma indicada. A segunda, co título "partidas en alta", representa a qué destinarían os cartos minorados das partidas en baixa.

Á vista da información presentada, tamén botamos en falta unhas cantas explicacións respecto a estas enmendas:
Hai partidas nas que a simple vista se sabe que se pode facer unha minoración sobre elas (publicidad y progaganda, fiestas), ou unha transformación (como entendemos que é o caso dos convenios en subvencións, algo que xa propuxeran en pleno hai uns meses). Pero sobre outras, por descoñecemento, non saberiamos aseverar se sería viable.
Respecto ás partidas en alta, tamén as hai que resultan máis ou menos claras a simple vista, pero a maioría poderían considerarse unha cuestión de maxia se non veñen explicadas de xeito razonable e orzamentadas a grosso modo. Por exemplo, a gratuidade do transporte público (¿cantos beneficiarios, viaxes por unidade de tempo, etc ...?), plans de formación, promoción, etc ...
A pesar diso, temos que recoñecer que fan referencia a ideas interesantes, pero que precisan desenrolo. Por exemplo, a existencia dun mercado daría posibilidades de comercializar os seus productos a pequenos productores, fomentando o comercio de proximidade, a soberanía alimentaria da zona, e a activación productiva do rural.

Pode que haxa a quen lle pareza inxusto unha análise tan seca, pero algo que pretendemos promover é a figura do elector esixente: unha cidadanía que non so se quede en bandeiras, colores, símbolos, sorrisos, filosofías e publicidade para votar, e que esixa un proxecto ben definido de concello, onde poda participar nas decisións que marquen cómo se vai desenrolar. E en honor a este obxectivo, non podemos dedicarlle loubanzas a aquilo que non está suficientemente desenrolado como para consideralo viable. Doutro xeito, estariamos a caer no máis que recurrido argumento da confianza que esgrimen os políticos e que teñen -ou deberían- á cidadanía bastante escarmentada.

Opinión de ENE:
De momento, en canto ós orzamentos, de Eliximos Narón so atopamos a seguinte nota de prensa:

A Narón pan e circo”, esa é a política do tripartito.
(Nota remitida a prensa hoxe martes, 26 de xaneiro de 2016)

Os políticos romanos decidiron que a política de «pan e circo» era a forma máis efectiva de subir e manterse no poder. Esta era a práctica romana de prover pan gratis aos cidadáns romanos así como custosas formas de entretemento (o teatro, as carreiras e as loitas) como medio para gañar a súa confianza e, sobre todo, de mantelos afastados dos asuntos políticos.

A pesar do paso dos séculos esa práctica, adaptada aos nosos días, segue vixente e é a política do goberno de Narón. Neste caso o «pan» ven a ser a asistencia social para garantir a subsistencia, mentres que o «circo» son as festas, os deportes e as actuacións culturais.

Así o reflexan os orzamentos con:

• Asistencia social primaria: 2,5 millóns de euros (62,9 €/hab., no mesmo orde que a media outros concellos galegos no rango dos 20.000 a 50.000 habitantes).

• Festas populares e festexos: 215.000 €, un 18,2% mais que concellos similares (5,4 fronte 4,1 €/hab.).

• Deporte: 1,91 millóns de euros €, un 21% mais que concellos similares (48,4 fronte 35,9 €/hab.).

• Equipamento y promoción cultural: 2 millóns de euros €, un 215,8% mais que concellos similares (50,4 fronte 14,3 €/hab.).

En total, Festas + Deportes + Cultura = 4,1 millóns de euros €, 1,73 millóns (un 72,2%) mais que concellos similares (104,3 €/hab. fronte aos 54,3 €/hab. dos demais concellos).

Pola contra, as actuacións de carácter económico dos tres sectores levan 371.000 euros, fronte a 1.458.000 doutros concellos similares, un -74,6% (9,4€/hab. fronte aos 14,3 €/hab. dos outros).

Os gastos en fomento do emprego de 253.000 euros tamén se encontran un -55,5% por debaixo dos concellos similares.

En resumen, a aposta política do tripartito e «pan e circo» que levan 6,6 millóns de euros (aínda que moito mais «circo» que «pan») fronte as actuacións de carácter económico e fomento de emprego que levan 1,7 millóns de euros.

Dende Eliximos entendemos que cada cousa ten que ir na súa medida, e que as actuación de carácter económico e o fomento do emprego deberían ter un maior peso para que os naroneses teñan traballo e, por tanto, poidan ganar o pan.

Esta redacción coincide que o mellor que ten este Concello está sempre relacionado co ocio. Lamentablemente, tanto a nivel normativo -xa mencionamos as ordenanzas fiscais- como en inversións, se comporta con deixadez en temas tan importantes como o do emprego e os servizos sociais. E xa non falemos de transparencia e participación.

Non sabemos se ENE ten pensado plantexar, ou se xa plantexou enmendas. Ante estas declaracións, debería estar pensando en facer ese exercicio, algo que lle vai resultar moi necesario se non quere perder fol ante outras propostas políticas en Narón.


Respecto a Esquerda Unida, non atopamos ningunha publicación súa falando de enmendas ou opinións respecto ós orzamentos. Tan so unha reseña na seguinte nova, na que declaraban que o seu grupo estaba a estudialos: La Voz de Galicia - Críticas de la oposición naronesa al retraso en los presupuestos
Salvo que nos chegue algo de última hora, teremos que agardar á súa intervención no Pleno.


6.- Moción do Grupo Mixto Municipal (EU) relativa ao pago do IBI pola igrexa católica.

Respecto a este punto, o concelleiro André Abeledo tivo a ben publicar o texto desta moción, que está accesible na seguinte ligazón: http://elcomunista.net/2016/01/19/esquerda-unida-de-naron-leva-o-pleno-de-ordinario-de-xaneiro-unha-mocion-para-esixir-que-a-igrexa-catolica-pague-o-ibi/

Aproveitamos para explicar que a exención sobre este imposto que se lle practica ós bens da Igrexa é algo que ven expresado no artigo 62.1.c do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales, e que non só afecta á igrexa católica, senón tamén ás demáis asociaciones confesionales no católicas legalmente reconocidas, en los términos establecidos en los respectivos acuerdos de cooperación suscritos en virtud de lo dispuesto en el artículo 16 de la Constitución
O caso da igrexa católica ven desenrolado no artigo IV dos acordos económicos coa Conferencia Episcopal de 1979, no que especifica: 

A) Exención total y permanente de la Contribución Territorial Urbana de los siguientes inmuebles:

1) Los templos y capillas destinados al culto y, asimismo, sus dependencias o edificios y locales anejos destinados a la actividad pastoral.
2) La residencia de los Obispos, de los canónigos y de los sacerdotes con cura de almas.
3) Los locales destinados a oficinas de la Curia diocesana y a oficinas parroquiales.
4) Los seminarios destinados a la formación del clero diocesano y religioso y las Universidades eclesiásticas en tanto en cuanto impartan enseñanzas propias de disciplinas eclesiásticas.

5) Los edificios destinados primordialmente a casas o conventos de las Órdenes, Congregaciones religiosas e Institutos de vida consagrada.


Sen a existencia deste acordo, a Igrexa podería beneficiarse de determinadas exencións cun plantexamento ecuánime, xa que poden ser aplicados sobre bens de calquer propietario. Por exemplo, no RDL 2/2004 especifica que tamén estarán exentos do IBI os que estean catalogados como monumentos ou conxuntos históricos. O que non ten moito sentido na nosa opinión é que non paguen o imposto os inmobles que sirven de residencia, sobre todo cando hai casos que son exemplo de luxo e despilfarro: eldiario.es - La reforma del ático de lujo de Rouco cuesta a la Iglesia más de medio millón de euros

As exencións reguladas nese artigo 62 do RLD 2/2004 son bo material para o debate, xa que incluen ás confesións legalmente recoñecidas e á Cruz Vermella Española, pero non a outras organizacións sen ánimo de lucro que podan estar aportando un beneficio á sociedade nun determinado momento. Tamén aparecen contemplados os colexios concertados, outro elemento controvertido.


7.- Moción do Grupo Mixto Municipal (ENE) relativa á modificación da Ordenanza do IBI en relación a inmobles de características especiais.

Lamentablemente, no momento de escribir este artigo, Eliximos Narón non ten publicada ningunha información sobre esta moción.
Para evitar sustos, explicaremos que os bens inmobles de características especiais están definidos no artigo 8 do Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario, e fan referencia a:

a) Los destinados a la producción de energía eléctrica y gas y al refino de petróleo, y las centrales nucleares.

b) Las presas, saltos de agua y embalses, incluido su lecho o vaso, excepto las destinadas exclusivamente al riego.

c) Las autopistas, carreteras y túneles de peaje.

d) Los aeropuertos y puertos comerciales.

Botando unha ollada á Ordenanza Fiscal nº2 reguladora do imposto sobre bens inmobles do Concello de Narón, e ó noso artigo Analizamos o misterio sobre o IBI en Narón, só se nos ocurre que estéan a demandar a modificación do tipo de gravame para estes inmobles (que actualmente está en 1,14 e que pode oscilar entre 0,4 e 1,3), ou solicitar para eles a bonificación especificada no artigo 74.3 do RDL 2/2004, e que permite bonificar a cota destes bens ata nun 90%.

Teremos que agardar para sabelo.

8.- Moción do Grupo Mixto Municipal (ENE) para instar ao goberno municipal a elaborar un Plan anual de estatística sobre a situación socio-económica do Concello.

Sobre esta moción, Eliximos Narón sí enviou ós medios a seguinte nota de prensa:

Eliximos Narón pide ao tripartito un Plan Anual de Estatística do Concello.
Dende Eliximos, consideramos que o uso anual regular de estatísticas sobre a situación social e económica é unha ferramenta útil e moi necesaria para un coñecemento obxectivo do Concello.
Esta ferramenta pódese usar cara ao futuro para priorizar e dirixir as actuacións, inversións e recursos do Concello a aqueles aspectos que mais o requiran, e tamén de cara ao pasado para coñecer os efectos e a eficacia de ditas accións levadas a cabo polo Concello.
Ao mesmo tempo, as estatísticas obxectivamente elaboradas, tratadas e publicadas son unha importante ferramenta de transparencia sobre o Concello.
Eliximos presentou hoxe unha moción instando a o Tripartito a poñer en funcionamento esta ferramenta, para o cal e necesario un Plan consensuado no que se recollan os aspectos a estudar, a relación de estatísticas a elaborar que permitan dito estudo, e unha dotación orzamentaria para o Plan nos presupostos para este ano 2016 que están pendentes de se aprobar.

Consideramos que é unha moción moi interesante, xa que podería abrir a porta a que a cidadanía poda estudar a evolución das actuacións do concello ó longo do tempo. Por ese mesmo motivo cremos que non vai achar moitos apoios no goberno municipal.
Esta redacción xa se amosou máis dunha vez interesada por que se faga un seguemento da efectividade dos plans de formación, dos alumnos que obteñen un traballo, do tipo de contrato, e a duración do mesmo.


9.- Actividade de control do pleno: Mocións urxentes.

10.- Actividade de control do pleno: Dación de conta resolucións órganos de goberno.

11.- Actividade de control do pleno: Rogos e preguntas.


Agardamos que, como público do pleno, en directo ou diferido, todo o mencionado sexa de utilidade para a xente que nos le.

En caso de que algún grupo político desexe que incorporemos algunha información a este artigo antes do comezo da sesión, quedamos á sua disposición na nosa dirección de email

Ler máis »

luns, 18 de maio de 2015

Analizamos o misterio do IBI en Narón

Durante este último mandato, tanto nos plenos do Concello de Narón coma na prensa houbo bastante ruxe-ruxe respecto ó tema do IBI.

NARÓN - Cruce de críticas entre el PP y el gobierno por el IBI 

El PP de Narón acusa al gobierno local de mentir sobre la bajada de impuestos 

El PP naronés denuncia que el IBI subirá más en la zona rural

Villamar pide al PP naronés que aclare de una vez su postura sobre el IBI

El Ayuntamiento reducirá el IBI de las propiedades urbanas a partir del próximo año  

Los grupos del gobierno de Narón presentan una moción a favor de la rebaja del IBI 


O grupo da oposición, conformado polo PP, dedicouse a verter acusacións contra o goberno municipal, suxerindo que se estaba a subir o IBI pagado polos veciños, non chegando nunca a aclaralo por completo. Trístemente, do mesmo xeito escuro negou o equipo de goberno, sen chegar a aclarar nada, deixando ós veciños con esa sensación tan habitual en nos de non saber qué demo pasa dentro do Concello. Costaríalle ben pouco a calquera dos aspirantes ó sillón facer un pouco de didáctica e explicar cómo funciona isto do IBI. Pero isto ten desvantaxes: con coñecementos, pode ser que en calquera momento ós veciños se lles dea por criticar a política tributaria dalgún deles, e iso non e bo. A ignorancia é felicidade, polo menos ata que o peto doe.

A intención deste blog é toda a contraria: é dicir, pretendemos que os veciños teñan na súa man o maior número de coñecementos posibles para poder ter unha opinión con criterio sobre a política municipal. Son os cidadáns os que disfrutan ou sofren os resultados destas políticas, polo que é a súa voz a que debería marcar a tendencia das mesmas. Por iso, decidimos facer este artigo, dentro das nosas moitas limitacións e descoñecemento da materia. Sen máis, comezamos:

Qué é o IBI e cómo se calcula


IBI é a abreviatura do Imposto de Bens Inmobles, tamén coñecido polo nome de contribución. É de caracter obligatorio, recádase de forma anual, e está regulado polo especificado nos artigos 60 - 77 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales.

O cálculo do IBI podemos describilo a grandes rasgos co seguinte diagrama:



Dito con palabras:

  • Valor Catastral: integrado polo valor catastral do solo e o valor catastral da construcción. Podemos consultar estes valores na Oficina Virtual del Catastro Inmobiliario. Como se indica no gráfico, e segundo especifica o Real Decreto Legislativo 1/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Catastro Inmobiliario no seu Artigo 28, os Concellos poderán solicitar unha nova ponencia non antes de que pasaran 5 anos dende a última. Se non, o Catastro fará unha de oficio transcurridos 10 anos dende a última.
  • Base Impoñible: estará constituida polo valor catastral dos bens inmobles, que se determinará, notificará e será susceptible de impugnación ante o Catastro Inmobiliario.
  • Reduccións legais:  son as establecidas no art. 67 do RDL 2/2004, de 5 de marzo. Non entraremos en detalles sobre elas xa que non poden ser afectadas ou modificadas por potestade do Concello.
  • Base liquidable:  será o resultado de practicar na base impoñible as reduccións legais.
  • Tipo impositivo ou de gravamen: porcentaxe fixada polo Concello para cada tipo de inmoble. Ven regulado polo art. 72 do RDL 2/2004, de 5 de marzo . Polo xeral, cumplirase que :
    • Bens urbáns: terá valor entre 0.4 e 1.1
    • Bens rústicos: terá valor entre 0.3 e 0.9

    Pero admite máis consideracións. Se tes interese en coñecer ó detalle o contido deste artigo, pulsa o seguinte enlace [+ información]

    Artículo 72. Tipo de gravamen. Recargo por inmuebles urbanos de uso residencial desocupados con carácter permanente.
    1. El tipo de gravamen mínimo y supletorio será el 0,4 por ciento cuando se trate de bienes inmuebles urbanos y el 0,3 por ciento cuando se trate de bienes inmuebles rústicos, y el máximo será el 1,10 por ciento para los urbanos y 0,90 por ciento para los rústicos.
    2. El tipo de gravamen aplicable a los bienes inmuebles de características especiales, que tendrá carácter supletorio, será del 0,6 por ciento. Los ayuntamientos podrán establecer para cada grupo de ellos existentes en el municipio un tipo diferenciado que, en ningún caso, será inferior al 0,4 por ciento ni superior al 1,3 por ciento.
    3. Los ayuntamientos respectivos podrán incrementar los tipos fijados en el apartado 1 con los puntos porcentuales que para cada caso se indican, cuando concurra alguna de las circunstancias siguientes. En el supuesto de que sean varias, se podrá optar por hacer uso del incremento previsto para una sola, algunas o todas ellas:
    Puntos porcentuales
    Bienes urbanos
    Bienes rústicos
    A) Municipios que sean capital de provincia o comunidad autónoma
    0,07
    0,06
    B) Municipios en los que se preste servicio de transporte público colectivo de superficie
    0,07
    0,05
    C) Municipios cuyos ayuntamientos presten más servicios de aquellos a los que están obligados según lo dispuesto en el artículo 26 de la Ley 7/1985, de 2 de abril
    0,06
    0,06
    D) Municipios en los que los terrenos de naturaleza rústica representan más del 80 por ciento de la superficie total del término
    0,00
    0,15
    4. Dentro de los límites resultantes de lo dispuesto en los apartados anteriores, los ayuntamientos podrán establecer, para los bienes inmuebles urbanos, excluidos los de uso residencial, tipos diferenciados atendiendo a los usos establecidos en la normativa catastral para la valoración de las construcciones. Cuando los inmuebles tengan atribuidos varios usos se aplicará el tipo correspondiente al uso de la edificación o dependencia principal.
    Dichos tipos sólo podrán aplicarse, como máximo, al 10 por ciento de los bienes inmuebles urbanos del término municipal que, para cada uso, tenga mayor valor catastral, a cuyo efecto la ordenanza fiscal del impuesto señalará el correspondiente umbral de valor para todos o cada uno de los usos, a partir del cual serán de aplicación los tipos incrementados.
    Tratándose de inmuebles de uso residencial que se encuentren desocupados con carácter permanente, por cumplir las condiciones que se determinen reglamentariamente, los ayuntamientos podrán exigir un recargo de hasta el 50 por ciento de la cuota líquida del impuesto.
    Dicho recargo, que se exigirá a los sujetos pasivos de este tributo y al que resultarán aplicable, en lo no previsto en este párrafo, sus disposiciones reguladoras, se devengará el 31 de diciembre y se liquidará anualmente por los ayuntamientos, una vez constatada la desocupación del inmueble, juntamente con el acto administrativo por el que ésta se declare.
    5. Por excepción, en los municipios en los que entren en vigor nuevos valores catastrales de inmuebles rústicos y urbanos, resultantes de procedimientos de valoración colectiva de carácter general, los ayuntamientos podrán establecer, durante un período máximo de seis años, tipos de gravamen reducidos, que no podrán ser inferiores al 0,1 por ciento para los bienes inmuebles urbanos ni al 0,075 por ciento, tratándose de inmuebles rústicos.
    6. Los ayuntamientos que acuerden nuevos tipos de gravamen, por estar incurso el municipio respectivo en procedimientos de valoración colectiva de carácter general, deberán aprobar dichos tipos provisionalmente con anterioridad al inicio de las notificaciones individualizadas de los nuevos valores y, en todo caso, antes del 1 de julio del año inmediatamente anterior a aquel en que deban surtir efecto. De este acuerdo se dará traslado a la Dirección General del Catastro dentro de dicho plazo.
    7. En los supuestos a los que se refiere el apartado 3 del artículo 66 de esta ley, los ayuntamientos aplicarán a los bienes inmuebles rústicos y urbanos que pasen a formar parte de su término municipal el tipo de gravamen vigente en el municipio de origen, salvo que acuerden establecer otro distinto.

  • Cota íntegra: será o resultado de aplicar á base liquidable o tipo de gravamen.
  • Bonificacións: son de dous tipos; obligatorias que son de aplicación en tódolos concellos, e potestativas,  que serán de aplicación sólo naqueles concellos que as teñan aprobadas na ordenanza fiscal.
  • Cota líquida: obterase restando da cota íntegra o importe das bonificacións previstas legalmente.

Situación actual en Narón


Unha vez sabemos cómo se calcula o IBI, pasamos a analizar a situación actual de Narón.

Como vimos arriba, o valor do ben inmoble é determinante no cálculo do valor catastral, e polo tanto tamén no cálculo do IBI. Tras consultar na páxina do Catastro cándo foi realizada a última ponencia de valores, obtemos estes datos:

GerenciaMunicipioAño efectoFecha publicación ponenciaFecha publicación valor catastral medioPonencia
CoruñaNARON200924/06/200804/11/2008Ver ponencia de NARON


Sabendo que a última valorción foi feita no 2008, compre ver a evolución do prezo da vivenda dende entón. A gráfica que amosamos a continuación permite ver a evolución do prezo da vivenda dende o ano 2008 ata finais do 2014 segundo datos do INE:



O que nos dí a gráfica é que dende o ano 2008 o prezo da vivenda na provincia da Coruña foi en descenso. De feito en comparación con ese ano, o prezo da vivenda caeu un 30% (do 102% ó 72%, onde o 100% representa o valor da vivenda no ano 2007).

Segundo vimos máis arriba, despóis de 5 anos de aplicación dunha ponencia, o Concello podería solicitar unha nova ó Catastro, o cal axudaría a atallar en parte este problema (en parte, porque a caída dos 5 anos anteriores debería terse compensado de outro xeito). É dicir, que no ano 2014, o concello podería ter feito tal solicitude.



A pesares deste feito, analizaremos se coas ferramentas das que dispón o Concello para regular o valor do IBI foron quen de ir compensando esta caída do prezo da vivenda


Tipo de gravamen

Comecemos polo tipo de gravamen. A seguinte gráfica mostra a evolución dos tipos de gravamen no Concello de Narón dende o ano 2008:


Polo que se pode apreciar, comezamos mal. O tipo de gravamen non so se mantivo estable, senón que nalgún caso medrou. Vexamos os datos para aprecialo con máis claridade:


TIPOS 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015
Urban 0.69 0.67 0.67 0.67 0.67 0.67 0.7 0.7
Rústico 0.6 0.67 0.67 0.67 0.67 0.67 0.7 0.7
Especial 1.1 1.1 1.1 1.1 1.1 1.1 1.14 1.14

Neste punto temos que aclarar un par de feitos que aparecen destacados na taboa en color.

Nos anos 2012 e 2013, en amarelo, ainda que non aparece reflexada nas respectivas ordenanzas fiscais, comeza a aplicar o especificado no Real Decreto-ley 20/2011, de 30 de diciembre, de medidas urgentes en materia presupuestaria, tributaria y financiera para la corrección del déficit público. Esta lei especifica no seu Art. 8 unhas condicións que, de cumprirse por un Concello, obrigan a que éste aumente o tipo de gravame durante os anos 2012 e 2013. [+información]


Artículo 8. Tipos de gravamen del Impuesto sobre Bienes Inmuebles.
1. Con efectos para los periodos impositivos que se inicien en los años 2012 y 2013, los tipos de gravamen del Impuesto sobre Bienes Inmuebles aprobados para los bienes inmuebles urbanos con arreglo a lo dispuesto en el artículo 72 del texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales, aprobado por el Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, resultarán incrementados en los siguientes porcentajes:
a) El 10 por 100 para los municipios que hayan sido objeto de un procedimiento de valoración colectiva de carácter general para bienes inmuebles urbanos como consecuencia de una ponencia de valores total aprobada con anterioridad al año 2002, no pudiendo resultar el tipo de gravamen mínimo y supletorio inferior al 0,5 por ciento en 2012 y al 0,6 por 100 en 2013.
b) El 6 por 100 para los municipios que hayan sido objeto de un procedimiento de valoración colectiva de carácter general para bienes inmuebles urbanos como consecuencia de una ponencia de valores total aprobada entre 2002 y 2004, no pudiendo resultar el tipo de gravamen mínimo y supletorio inferior al 0,5 por ciento.
c) El 4 por 100 para los municipios que hayan sido objeto de un procedimiento de valoración colectiva de carácter general para bienes inmuebles urbanos como consecuencia de una ponencia de valores total aprobada entre 2008 y 2011.
Lo dispuesto en el presente apartado únicamente se aplicará en los siguientes términos:
–A los inmuebles de uso no residencial, en todo caso, incluidos los inmuebles gravados con tipos diferenciados a que se refiere el artículo 72.4 del texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales.
–A la totalidad de los inmuebles de uso residencial a los que les resulte de aplicación una ponencia de valores total aprobada con anterioridad al año 2002.
–A los inmuebles de uso residencial a los que les resulte de aplicación una ponencia de valores total aprobada en el año 2002 o en un año posterior, y que pertenezcan a la mitad con mayor valor catastral del conjunto de los inmuebles del municipio que tengan dicho uso.
Lo dispuesto en el presente artículo no será de aplicación a los municipios cuyas ponencias de valores hayan sido aprobadas entre los años 2005 y 2007. Tampoco tendrá efectos para el periodo impositivo que se inicie en 2013 para aquellos municipios en los que se apruebe una ponencia de valores total en el año 2012.
2. En el supuesto de que el tipo aprobado por un municipio para 2012 o 2013 fuese inferior al vigente en 2011, en el año en que esto ocurra se aplicará lo dispuesto en este artículo tomando como base el tipo vigente en 2011.
3. El tipo máximo aplicable no podrá ser superior, en ningún caso, al establecido en el artículo 72 del texto refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales.

Concretamente, o Concello de Narón cumple o especificado no apartado 1.c) de dito artigo:
El 4 por 100 para los municipios que hayan sido objeto de un procedimiento de valoración colectiva de carácter general para bienes inmuebles urbanos como consecuencia de una ponencia de valores total aprobada entre 2008 y 2011.

Unha suba do 4% suporía o seguinte aumento:

Bens urbáns e rústicos:
0.67 + (4 x 0.67 / 100) = 0.67 +  0.0268 = 0.6968

Bens de características especiais:
1.1 + (4 x 1.1 / 100) = 1.1 + 0.044 = 1.144



De tódolos xeitos, se estudamos detidamente o final do punto 1 deste artigo, veremos que esta suba será so de aplicación
A los inmuebles de uso residencial a los que les resulte de aplicación una ponencia de valores total aprobada en el año 2002 o en un año posterior, y que pertenezcan a la mitad con mayor valor catastral del conjunto de los inmuebles del municipio que tengan dicho uso.

Un feito que, polo que nos consta, non se notificou á veciñanza. Por este motivo, deberían tódolos veciños comprobar se os bens urbáns que lles pertencen están na metade de maior valor catastral do concello. Para iso, deberían solicitar cal é o listón, ou prezo que marca o punto medio entre o inmoble con maior valor catastral e o menor. Do contrario, arríscanse a que o concello lles aplicase unha suba que non lles correspondía pagar, sobre todo tendo en conta a caída do prezo da vivenda




Pero non todo queda aí: para os anos 2014 e 2015 seguiu a aplicarse a suba dictada polo goberno central nos anteriores dous anos, ainda que esta vez por potestade do propio concello. Aplicable a eses anos, o goberno sacou a Ley 16/2013, de 29 de octubre, por la que se establecen determinadas medidas en materia de fiscalidad medioambiental y se adoptan otras medidas tributarias y financieras, cun artigo 8 moi semellante ó do RDL 20/2011, pero que só é aplicable a concellos con ponencias aprobadas entre 2009 e 2012, cando no caso de Narón foi aprobada no ano 2008. Algo que ademáis ven respaldado polos datos sobre os tipos de gravame publicados pola Deputación da Coruña, nos que se pode ver que para os anos 2014 e 2015 xa non era aplicable para Narón a suba imposta polo goberno central.



Na opinión deste equipo de redacción, consideramos que as citadas actuacións son moi negativas, e van por completo en contra de todos eses lemas que estamos a ver publicitados polas rúas por mor das eleccións municipais.

A pesar de todo isto, antes de aventurarnos a aseverar que esta foi a dinámica a seguir polo equipo de goberno, e que non se fixo nada en absoluto para correxir o valor do IBI pola caída do prezo da vivenda, continuaremos o noso estudo evaluando as bonificacións.


Bonificacións

No seguinte cadro analizaremos as bonificacións habilitadas polo Concello sobre este tributo, e compararémolas coas posibilidades brindadas polo RDL 2/2004, de 5 de marzo nos seus artigos 73 e 74. O artigo 73 regula as bonificacións obligatorias (toca aplicalas queira ou non o concello), e as potestativas (o artigo da a base para a bonificación, pero o concello decide se as aplica, en que cuantía e baixo que condicións).

Vexamos:

Bonificación RDL 2/2004 Narón - Ordenanza Fiscal Nº2
Obrigatorias
Obras Art. 73.1: a petición do interesado. Entre o 50% e o 90% da cota íntegra. A solicitar antes de iniciar a obra. Art. 4.1: O 90% da cota íntegra. Dende o seguinte período impositivo ó comezo da obra ata o seguinte período impositivo á finalización. Máximo 3 períodos impositivos.
Conclusións
Consideramos que esta medida ven enmarcada na política estatal de promoción da construcción, en abuso da cal se produciu ese efecto de burbulla inmobiliaria, un dos factores de agudizamento da crise na que estamos sumidos. O feito de que o Concello aplique esta bonificación no seu máximo esplendor é mostra de que a política municipal tamén ten esa mesma tendencia. Por ningures aparece un so termo na ordenanza fiscal indicando por exemplo que esta bonificación só se aplicará no seu máximo se non hai vivenda desocupada na zona, ou similares que eviten fomentar que medre a burbulla.

Ó marxe de estas consideracións, esta bonificación non serviría para corrixir a caída do prezo da vivenda, xa que só afectaría a vivendas novas ou en reforma.
Vivenda protexida Art. 73.2: a petición do interesado. O 50% da cota íntegra, durante os tres períodos impositivos seguintes á calificación definitiva. Pode solicitarse en calquera momento durante eses tres períodos.

Pasado ese período os concellos poderán regular por ordenanza unha bonificación de ata o 50% da cota íntegra, na cantidade e duración que consideren.
Art. 4.2: O 50% da cota íntegra, durante os tres períodos impositivos seguintes á calificación definitiva. Pode solicitarse en calquera momento durante eses tres períodos.
Conclusións
Podemos ver que, a diferencia da construcción, ó Concello non lle interesa promocionar a vivenda protexida. En caso contrario, regularía a bonificación por ordenanza superados os 3 primeiros anos.

Ó marxe destas consideracións, esta bonificación da a posibilidade de rebaixar o IBI a propietarios de vivenda protexida para compensar a caída do prezo da vivenda.
Tamén abre a porta a outras medidas coma exencións en caso de desemprego ou similares.
Cooperativas Art. 73.3: o 95% da cota e recargos, para os bens de naturaleza rústica para Cooperativas Agrarias e de Explotación Comunitaria da Terra consideradas fiscalmente protexidas (ver tamén Art. 33
da Ley 20/1990, de 19 de diciembre, sobre Régimen Fiscal de las Cooperativas )
Non aparece mencionado na ordenanza fiscal nº2
Conclusións
Sendo de obrigada aplicación, non debería ser problema que non apareza mencionada na ordenanza, ainda que cremos que sería interesante a nivel informativo.
Por outra banda, descoñecemos se as cooperativas agrarias existentes en Narón dispoñen do caracter de fiscalmente protexidas. Quedamos abertos a comentarios neste punto.
Potestativas
Zonas con poucos servizos respecto a outras consolidadas do concello Art. 74.1: ata o 90% da la cota íntegra para bens inmobles urbans ubicados en áreas o zonas del municipio que correspondan a asentamientos de poboación singularizados pola vinculación ou preeminencia de actividades primarias de carácter agrícola, gandeiro, forestal, pesqueiro ou análogas e que dispoñan dun nivel de servicios de competencia municipal, infraestructuras ou equipamientos colectivos inferior ó existente nas áreas consolidadas do concello, sempre que as súas características económicas aconsellen especial protección. Non aparece mencionada
Conclusións
Dende o limitado dos nosos coñecementos, dada a situación de crise e desemprego, que coloca a moitas familias nunha situación económica delicada, e que a maior parte do rural de Narón non dispón de servizo de saneamento, e ás veces ata nin de conexión a internet, da visos de poder abrir a porta a aplicar este tipo de exención, axudando de novo a compensar o descenso do prezo da vivenda.
Amortiguación da suba do IBI por aplicación dunha nova valoración catastral Art. 74.2:  permite aplicar a seguinte exención

E = CI(a) - CL(a-1) x C

onde

E= cuantía da exención, sempre que sexa unha cantidade positiva
CI(a) = cota íntegra do ano actual
CI(a-1) = cota líquida do ano anterior
C = coeficiente de incremento máximo anual da cota líquida, fixado polo Concello, con valor entre 0 e 1.

Será efectiva a partir da aplicación dunha nova valoración catastral, durante un máximo de 3 períodos impositivos.
Non aparece mencionada
Conclusións
Non aplica, xa que non se realizou unha nova valoración catastral.
Inmobles con usos para actividades de interese especial para o Concello Art. 74.2 bis:  ata o 95% da cota íntegra a favor de inmobles de organismos públicos de investigación e os de ensinanza universitaria

Art 74.2 ter: ata o 95% da cota íntegra nos declarados expresa e individualizadamente monumento ou xardín histórico de interés cultural, cando estean afectos a explotacións económicas

Art 74.2 quáter: ata o 95% da cota íntegra a favor de inmobles nos que se desenrolen actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal. Corresponderá dita declaración ao Pleno e se acordará, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros




Non aparece mencionada
Conclusións
A este equipo de redacción non se lle ocorren edificios destas características que non sexan de propiedade municipal sobre os que aplicar tales bonificacións. Quedamos abertos a comentarios dos lectores.
Bens inmobles de características especiais Art. 74.3: ata o 90% da cota íntegra a favor de cada grupo de bens inmobles de características especiais (ver definición en  Art. 8 do RDL 1/2004 do 5 de Marzo ).Art. 2.3: considéranse bens inmobles de características especiais:
  • Portos comerciais
  • Autopistas
  • Bens destinados á producción de enerxía eléctrica e gas
Non aparece mención algunha a aplicar bonificacións sobre estes bens.
Conclusións
Considerando o trato de favor que se está a ter a nivel estatal coas autopistas e as eléctricas, agradecemos que non se bonificara o imposto para este tipo de bens.

Familias numerosas Art. 74.4: ata o 90% da cota íntegra a favor de aqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosaArt. 4.3: suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa cando
  1. O ben sexa vivenda habitual do suxeito pasivo
  2. Ingresos inferiores a 3.5 veces o SMI
Bonificación:
  • Tres ou catro fillos: 30%
  • Tres ou catro fillos e algún con minusvalía igual ou superior ó 33%: 50%
  • Cinco ou máis fillos: 50%
Conclusións
Tendo en conta a necesidade de compensar a caída do prezo da vivenda, non parece abondo. Sobre todo no caso de situación de desemprego, xa que hai a posibilidade de aplicar unha exención de ata o 90%.


Inmobles con instalacións solares Art. 74.5: ata o 50% da cota íntegra para os bens inmobles nos que se instalaran sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar. Condicionada a que as instalacións para producción de calor incluan colectores homologados pola Administración competenteNon aparece mencionada
Conclusións
É outra posibilidade de compensar a caída do prezo da vivenda naqueles fogares con este tipo de instalacións. Do mesmo xeito, premiaría ós fogares que optasen polas enerxías renovables


Inmobles rústicos non valorados por un procedemento de valoracion colectiva de caracter xeral Disposición transitoria decimoitava: aplicación dun coeficiente entre 0.5 e 1 para o cálculo do valor catastral do ben rústicoArt. 5: aplicarase un coeficiente de 0.7.
Conclusións
Afecta a aqueles inmobles rústicos que non resultasen valorados nun procedemento de valoración. Por exemplo, no caso de que o procedemento de valoración sexa parcial, para bens urbáns. Cremos que afecta a un conxunto moi pequeno de bens inmobles, polo que non serviría para correxir o descenso do prezo da vivenda. De tódolos xeitos, supón unha mellora na bonificación respecto ó valor por defecto especificado por lei, que era de 0.5



Outros xeitos de reducir o IBI para compensar a caída do prezo da vivenda

Aparte de darlle un repaso ós distintos factores que afectan ó resultado do cálculo do IBI, estivemos a buscar outras formas de rebaixar o seu valor, e atopamos as seguintes:

Art. 9.1 do RDL 2/2004

Neste artigo se especifica que se pode fixar unha rebaixa de ata o 5% da cota para aqueles suxeitos que domicilien a débeda nunha entidad financieira, anticipen pagos ou realicen actuacións que impliquen colaboración na recadación de ingresos [+ información]
Artículo 9. Beneficios fiscales, régimen y compensación.
1. No podrán reconocerse otros beneficios fiscales en los tributos locales que los expresamente previstos en las normas con rango de ley o los derivados de la aplicación de los tratados internacionales.
No obstante, también podrán reconocerse los beneficios fiscales que las entidades locales establezcan en sus ordenanzas fiscales en los supuestos expresamente previstos por la ley. En particular, y en las condiciones que puedan prever dichas ordenanzas, éstas podrán establecer una bonificación de hasta el cinco por ciento de la cuota a favor de los sujetos pasivos que domicilien sus deudas de vencimiento periódico en una entidad financiera, anticipen pagos o realicen actuaciones que impliquen colaboración en la recaudación de ingresos.
2. Las leyes por las que se establezcan beneficios fiscales en materia de tributos locales determinarán las fórmulas de compensación que procedan ; dichas fórmulas tendrán en cuenta las posibilidades de crecimiento futuro de los recursos de las Entidades Locales procedentes de los tributos respecto de los cuales se establezcan los mencionados beneficios fiscales.
Lo anterior no será de aplicación en ningún caso cuando se trate de los beneficios fiscales a que se refiere el párrafo segundo del apartado 1 de este artículo.
3. Cuando el Estado otorgue moratorias o aplazamientos en el pago de tributos locales a alguna persona o entidad, quedará obligado a arbitrar las fórmulas de compensación o anticipo que procedan en favor de la entidad local respectiva.

Sen embargo, o goberno municipal, xa sexa no seu descoñecemento ou con intención, non está a aplicar unha medida semellante.


Outras facilidades sobre o IBI aplicables

Sen pretender corrixir o descenso do prezo da vivenda, hai outras medidas de interese que se poden utilizar para protexer a aqueles cidadáns que teñen unha situación económica máis sensible

Prórroga do pago do imposto

Como exemplo desta posibilidade, atopamos a seguinte noticia

Móstoles aplaza 24 meses el pago del Impuesto de Bienes Inmuebles a los parados

Queremos que conste que non pretendemos de ningún xeito usar esta noticia para facer campaña a favor do partido responsable desa medida en Móstoles, xa que neste concello ese mesmo partido non propuxo en ningún momento facer nada semellante, nin se dignou en explicar con claridade o que dicían que estaba a pasar con respecto ó IBI. O que é aínda peor, contando con un antecedente coma o da propia noticia.

Tampouco se aplicou nada semellante por iniciativa do grupo de goberno, a pesares de ser esta a evolución do paro no concello dende o ano 2008:

Polo tanto, ademáis do xa citado, concluímos que hai unha total falta de sensibilidade neste aspecto, tanto polo grupo de goberno, coma no caso do resto  de partidos

Quedamos tamén abertos a completar este punto con informacións que poidan aportar os nosos lectores.

Resumo das conclusións

  • A última valoración catastral feita en Narón data do ano 2008.
  • Dende entón, e segundo datos do INE, o prezo da vivenda descendeu na provincia da Coruña un 30%
  • O valor catastral repercute directamente sobre o valor do IBI. Se non baixa conforme descendeu o prezo da vivenda, os veciños están a pagar máis do que lles corresponde. Para pagar menos, o Concello de Narón tiña nas súas mans aplicar as seguintes medidas, das que non puxo en práctica NINGUNHA
    • O Concello tivo a posibilidade a partir do ano 2014 de solicitar unha nova valoración catastral para os bens inmobles, coa fin de correxir a descompensación pola caída do prezo da vivenda, pero non o fixo.
    • O Concello puido baixar o tipo de gravamen en calquera momento, salvo nos anos 2012 e 2013 (polo dictado no RDL 20/2011, no seu artigo 8 ), pero non o fixo. De feito, mantivo a suba deses dous anos durante o 2014 e 2015 fixándoo nas ordenanzas municipais.
    • O Concello tivo a posibilidade de poñer en práctica as bonificacións establecidas polo RDL 2/2004 nos seus artigos 73 e 74, pero non o fixo, ou de facelo, non foi na medida precisa para paliar os efectos da caída do prezo da vivenda.
    • O Concello tivo a posibilidade de aplicar unha rebaixa do 5% no recibo por domiciliación, pero non o fixo.
    • O Concello puido prorrogar o pago deste imposto a personas desempregadas para aliviar a súa situación, pero non o fixo.


¿Qué facer?

Dende esta publicación, gustaríanos que este artigo servise para espertar as conciencias dos veciños de Narón, co fin de que descubriran que actualmente nin o grupo de goberno, nin ningún dos partidos políticos deste Concello se están a preocupar realmente destas cuestións. Probablemente, a medida que vaiamos sacando á luz máis información, vexamos que non é un caso illado.

Se crésemos que se trata dun caso resoluble por cambio de opción política nas urnas, a boa fe que destacaríamos esta conclusión, e solicitaríamos ós veciños que recapacitasen neste sentido. Sen embargo, non parece que haiba opcións políticas que demostrasen a efectos prácticos (que non ideolóxicos) que poidan paliar esta situación. O actual n-partito non parece apto. Pero tampouco a oposición. E ningún dos aspirantes sinalou esta cuestión.

¿Entón? Non se engane o lector, non imos suxerir que a única opción é cruzarse de brazos e aguantar. Se tomou a molestia de ler quén somos, verá que para nos os partidos son ferramentas, non solucións. A solución está nunha cidadanía políticamente activa, participativa e esixente. Cremos que é importante saber escoller a ferramenta apropiada, pero moito máis importante é a acción cidadá, coma man que emprega esa ferramenta. Así, propoñemos o seguinte:

  • Para tódolos cidadáns de Narón:  Sexan conscientes de que están a sufrir unha política tributaria inxusta, sobre todo aquelas persoas en situación de desemprego. Como puideron ler, hai solucións. Pero é preciso que as demanden.
    • Soliciten ó concello saber cal era o valor catastral medio de bens inmobles urbáns durante os anos 2012 e 2013. Se o valor catastral dos seus bens inmobles non supera ese valor, non lles debería ter afectado a suba do IBI durante eses dous anos.
    • En previsión de que ningún partido político de Narón se interese por impulsar unha proposta de mellora do IBI, ofrecémonos a levar a cabo esa iniciativa. Se están interesados, póñanse en contacto con nos.
    • Esixan un espazo dentro do mecanismo de Participación Cidadá, ainda que non pertenzan a ningunha asociación. A súa voz ten tanto valor coma a de calquera outro cidadán asociado.
  • Para os afiliados e simpatizantes a un partido:  é preciso darlle a volta á situación. Ata o de agora, a actitude da xente era andar a correr detrás dos partidos para que lles fixeran caso, cando debería ser ó reves. Son os partidos os que precisan do voto da xente para a sua existencia. Polo tanto, toca ser firmes e esixentes para conseguir ese cambio de dinámica. Hai que poñer condicións ós partidos para darlles o voto. Se non aceptan esas condicións, non se lles debe votar. Se un partido non inclúe na súa forma de proceder as encomendas da cidadanía, debe ser descartado coma votable.
  • Para aqueles que non se sinten representados por un partido: a pesar de todo están sometidos ás políticas municipais. Existe a posibilidade de montar un partido que represente os seus intereses. O ideal sería que ese partido non fose una expresión egoista dos desexos dun grupo de xente, senón unha coalición veciñal que velase honestamente pola aplicación de políticas que facilitasen a vida de toda a cidadanía. Isto último requeriría da participación de toda a cidadanía de Narón. Dende aquí, animamos calquera iniciativa neste sentido.
  • Para todos os partidos políticos existentes en Narón: convidámolos a crear un espazo para debatir coa cidadanía dende a honestidade. A situación reflexada neste artigo deixa en evidencia a súa actividade política no Concello, especialmente a de aqueles que están no goberno municipal. Aqueles que descarten esta posibilidade, deben ter en conta que poden quedar fora de xogo se outros lles collen vantaxe neste terreo. Sabemos que a Participación Cidadá en Narón está completamente paralizada dende hai anos. Reactivala, xunto cos consellos veciñais, pode ser a ferramenta adecuada para levar a cabo este diálogo.

    Dende aquí, a todos aqueles partidos políticos que teñan un auténtico interese polos cidadáns, queremos dicirlles que o seu traballo non remata con estas eleccións municipais. Consigan ou non un asento no pleno do Concello, poden seguir traballando para os cidadáns de Narón. Se o goberno entrante non se prega a razóns, invitámolos a participar na elaboración dunha proposta respecto o IBI e unha recollida de sinaturas entre os cidadáns.
  • Para tódalas asociacións de Narón: esixan a posta en marcha do Regulamento de Participación Cidadá e dos consellos veciñais. Aquí e onde se pode establecer un diálogo con goberno municipal e partidos, e aprender a discernir quén goberna para a xente, e quén o fai para os seus intereses propios.
  • Por último, convidamos a tódolos lectores de outros concellos a que usen este artigo coma base para facer o mesmo traballo no seu concello. É posible que descubran que están na mesma situación.
Os responsables desta publicación sabémonos imperfectos, humáns e polo tanto falibles. O noso interese é divulgar información obxectiva, así que en caso de atopar incorreccións neste artigo, agradeceríamos se puxesen en contacto con nos para enmendalas.


Fontes:
Ler máis »