xoves, 30 de xullo de 2015

Corresponsal infiltrado en Ferrol: avances na participación cidadá do concello veciño

Pode que os lectores cun arraigado sentimento "naronista" se sintan traizoados pola nosa decisión de asistir o pasado mércores  22 de xullo á asemblea aberta sobre participación cidadá que tiña lugar en Ferrol, no Torrente Ballester, ás 20:00h. Máxime, sabendo que á mesma hora tiña lugar en Narón outra asemblea sobre participación. A motivación que nos levou a facelo é que, aparte de que a asemblea de Narón estaría só enfocada nas subvencións destinadas a asociacións, recibiramos informes sobre que o proceso participativo en Ferrol estaba máis avanzado que en Narón, e queriamos contrastalo.

Á reunión asistiron tanto o alcalde Jorge Suárez, coma os concelleiros de participación, Álvaro Montes, e da zona rural, Rosa Méndez. Tras unha breve presentación por parte dos tres, explicando as intencións de reiniciar o proceso participativo tras a parada que producida durante o anterior goberno, incluíndo a posibilidade de elaborar uns orzamentos participativos, e amosando disposición de diálogo con todas as asociacións, se cedeu a palabra ós asistentes. Das intervencións destes, fomos quen de extraer información do máis interesante, que resumimos a continuación:

  • No regulamento de participación cidadá de Ferrol, os cidadáns a título individual tamén teñen representación nos órganos de participación cidadá: para aqueles que o descoñezan, o Regulamento de Participación Cidadá de Narón so recolle a posibilidade de que as entidades inscritas no Rexistro de Entidades Cidadáns de Narón teñan un lugar nos órganos de participación cidadá (Consellos Sectoriais, Consellos Territoriais e Consello de Participación Cidadá). Os cidadáns que non estéan asociados non poderán participar en tales órganos.
    No seu momento, dende os Consellos Territoriais se elaborara unha proposta de modificación do noso regulamento que incluía este feito, ademáis de outras enmendas, pero foi desbotada polo goberno municipal.
    Tanto o feito de entrar en comparacións entre o regulamento de Ferrol e o de Narón, coma a historia pasada do proceso participativo en Narón darían para encher sendos artigos, así que reservamos o material do que dispoñemos a tal efecto.
  • En Ferrol xa se puxera en práctica a elaboración de orzamentos participativos: no noso Concello, o concepto de "orzamentos participativos" pertence ó ámbito xa non experimental, senón de ficción. De feito, na época na que os órganos de participación funcionaron, ante a proposta de facer algo así, o entón Concelleiro de Facenda tivo a ben respostar que os veciños non estaban capacitados para tomar decisións nese ámbito. Sen embargo, tal e como recolle a noticia Os Orzamentos Participativos 2010 investiránse nos barrios de Ferrol Vello, Canido, Esmelle e Covas , no ano 2010 os veciños decidiron en conxunto en qué empregar a partida de 1.650.000€ destinada a orzamentos participativos.
    De feito, algunas das intervencións das asociacións e veciños asistentes foron a prol de demandar que se completase o plan que se puxera en marcha entón.
  • As diferencias entre urbano-rural e "barrio grande"-"barrio pequeno" están tamén presentes: a pesar de levar vantaxe na aplicación da participación, segue a estar presente esa gran facilidade coa que se deixan ó marxe as zonas do rural respecto ás do urbán. O urbán ten a vantaxe de que máis da metade das actividades son promovidas polo Concello, mentres que no rural son as entidades as encargadas de facer todo o traballo.
    Respecto ós barrios, queda de manifesto que un regulamento de participación non pode plantexar medidas exclusivamente en función da poboación destes, senón tamén do nivel de servizos e de desenrolo. E tampouco deixalo da man de promesas políticas clientelares. Do contrario, moitos barrios quedarían completamente abandonados, tanto pola baixo número de habitantes como polo mínimo peso do voto dos seus veciños no resultado das eleccións. 
  • O sistema de subvencións "típico" é rexeitado polas entidades: con "típico" referímonos á preminencia de gasto en convenios de colaboración e subvencións nominativas, e á forma de pago das subvencións de concurrencia competitiva. As entidades prefiren que se faga unha partida única para subvencións de concurrencia na que se presenten os proxectos para os que se precisa subvención municipal. Respecto á forma de abono, algunha das entidades, facendo referencia á Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia, indicaron que no seu artigo 31 se garante a posibilidade de facer abonos a conta ou anticipados da cantidade subvencionada cando veña xustificado pola natureza do proxecto. Por certo, en canto a este punto, nos consta que tamén é algo que foi demandado polas entidades de Narón na reunión que se mantiña nese mesmo momento no Alto do Castiñeiro.
  • Debe garantirse o funcionamento da participación independentemente do partido no goberno ou da celebración dunhas eleccións municipais:  como xa comentamos, a participación paralizouse no anterior mandato en Ferrol, e unha das cousas demandadas polas entidades eran garantías normativas que impedisen este feito. Un bo regulamento debe proporcionar vías de reclamación cando o goberno municipal se nega a convocar os órganos de participación con una periodicidade mínima que permita o funcionamento correcto dos mesmos.
    No caso do Concello de Narón, o regulamento di que os distintos órganos se reunirán como mínimo unha vez ó semestre, pero é algo que non se cumple dende hai moito tempo. ¿Qué posibilidades teñen as entidades e veciños de reclamar sobre este feito? ¿Recurso vía contencioso-administrativa? ¿Valedor do pobo?
  • As decisións tomadas nos órganos de participación deben ser vinculantes: algo no que insistiron todas as entidades foi neste feito. E non se trata de que estes órganos teñan tanto poder de decisión coma o Pleno, ou os órganos de goberno municipais, senón que os asuntos que aproban sexan tratados dentro da Comisión pertinente, ou se lles dea a mesma consideración que ás mocións que poden presentar os distintos grupos políticos. É dicir, que o seu destino sexa o ser debatidos en Pleno, e se lle poida dar turno de palabra ós implicados no proceso participativo.
Agardamos que a estas alturas o lector máis "naronista" non so nos teña desculpado o desliz, senon que ata o vise convinte, polo interesante dos datos recabados coma infiltrados nesta reunión. Conste que o de "infiltrado" so vai en ton humorístico, xa que ainda que o noso reporteiro desvelou a súa procedencia, se atenderon as súas preguntas e suxerencias con amabilidade e interese, tanto entidades coma os membros do goberno municipal. De feito a nosa aportación foi que, aproveitando que o Concello de Ferrol non ten todavía aprobado un protocolo de emerxencias, estuden a posibilidade de darlle nel un rol ós órganos de participación cidadá. Cremos que sería unha boa medida, xa que durante a asemblea algunhas das entidades se queixaron de problemas de comunicación co Concello durante os días que durou a crise da auga. Isto non só integraría máis a participación no funcionamento do Concello, tamén lle daría máis relevancia a esas estructuras de participación, e se aproveitaría a súa proximidade coa veciñanza para coordinala en tales situacións.


Fontes:

Ler máis »

luns, 20 de xullo de 2015

Inauguramos nova sección co Regulamento Orgánico do Concello de Narón


Así é, estimados lectores: acabamos de crear a sección Documentación no noso blog, que de agora en diante conterá todos aqueles documentos que resulten de interese para os habitantes deste concello. E facémolo con un documento histórico, aínda que descoñecido para nos ata hai uns días: o Regulamento Orgánico do Concello de Narón.

Curiosamente, chegou ós nosos oídos a existencia de tal regulamento tras conversas con membros de EU e ENE sobre a súa situación unha vez instalados nas dependencias municipais; conversas nas que nos relataron que precisaban deste regulamento, pero por ser anterior a 1990 - concretamente, do ano 1988 - non se achaba publicado na web do Boletín Oficial da Provincia da Coruña, e que estaban en espera de que llelo proporcionasen dende secretaría. Parece ser que tras a súa entrada, o alcalde, dando mostras dun talante colaborativo, lles indicou que pediran directamente o que precisasen, que non era necesario demandalo metendo unha solicitude a través do rexistro. Sen embargo, levaban un par de semanas agardando polo citado regulamento, e seguían á espera.

Ó sabelo, nos fixemos a nosa petición por rexistro, da que obtivemos resposta nunha semana. Nela se nos convidaba a recoller unha copia nas oficinas da Secretaría Xeral do Concello. Alí, a funcionaria que nos atendeu dispoñía dunha copia da que facía uso ela, pero que ó ser unha copia dunha copia dunha copia ... perdera parte do contido polos marxes e algunha liña polo pe de páxina. Preguntámoslle sobre a posibilidade de levar copia do orixinal, que estimábamos estaría no arquivo, e amablemente buscou nos libros de actas de sesións plenarias do ano 1988, dando co texto na sesión correspondente ó 27 de Maio dese ano. O lector notará que hai partes cubertas con cadros negros: iso débese a que se tapou o contido do libro de actas que non corresponde a este regulamento, e os selos do Concello e sinaturas do entón Secretario. Polo demáis, o texto está íntegro, tal cual foi plasmado no libro. Tal é así, que contén parágrafos tan reveladores coma a seguinte:

DEBATE. - o Sr. Méndez Batán expón que o Concello Pleno en Setembro de 1.987, a proposta dos Grupos CDS, AP e BNG, acordou deroga-lo anterior Regulamento e elaborar un novo coa participación de tódolos Grupos Políticos, este acordo non se cumplíu xa que á Xunta de Portavoces presentouse un Regulamento xa elaborado, continúa a súa intervención expoñendo que este Regulamento non permite un xogo mínimamente democrático e ampliando aínda máis os poderes do Sr. Alcalde.

O Sr. López Díaz sinala que este Regulamento foi estudiado na Xunta de Portavoces con moita rapidez, ademáis non se adapta ás necesidades de Narón, sendo unha copia do da Coruña.

O Sr. Vigo Ramos fai unha crítica ó comportamento do PSG-EG e manifesta que non se crean canles para a participación cidadán, as Comisións Informativas deberían ser abertas ó público. Nos pedimos que os veciños sexan recibidos antes de trata-los seus problemas. Cada vez se cerra máis o esquema do goberno en Narón, cehgándose a ventilar intereses particulares.


Ainda así, o regulamento foi aprobado por 14 votos a favor (AP, PSOE e PSG-EG), tres en contra (BNG e CDS), e unha abstención dos independentes. Por aquel entón, a forza máis votada fora o PSG-EG (9), seguido de AP (4), PSDG-PSOE (4), CDS (2) e BNG (2).

A pesar da entrada en 1995 de UPN (Unidade Por Narón) como forza máis votada, que transformada en TEGA segue ata os nosos días, e a diversidade de socios de goberno que se foron sucedendo mandato tras mandato, parece que os razonamentos recollidos nesa acta do pleno se perderon no tempo, pois a día de hoxe o Regulamento segue en vigor. ¿Poderíamos afirmar que algúns políticos daquel entón tiñan unha visión máis progresista que os actuais? De ser así, lamentablemente non foron quen de facer que os seus herdeiros conservasen a mesma visión.

Se contamos con tempo e medios suficientes, tentaremos facernos cunha copia do anterior regulamento, coa fin de facer unha comparativa e desvelar se, como parece, o ímpetu democrático provinte da transición se foi esfarelando co tempo ata quedar no seu estado actual.


Ler máis »

mércores, 15 de xullo de 2015

Saneamento: planos do "Proxecto de acondicionamento do interceptor xeral da marxe dereita da ría de Ferrol. Tramo Cadaval-Neda"

Tal e coma os nosos lectores terán visto na prensa, ou no noso facebook, estanse a producir movementos no avance das obras do saneamento da ría, concretamente no relativo á obra dos interceptores - é dicir, as canalizacións que levan as augas dende os tanques de tormenta ata a depuradora.

Ferrol360 - O Concello de Narón acollerá dúas reunións da Comisión das obras de saneamento da ría

Galicia Ártabra - Las obras de saneamiento en el tramo Cadaval-Neda comenzarán este mes


A aparición destas noticias coincidíu coa dun anuncio no taboleiro do Concello de Narón onde se notificaba a apertura dun período de evaluación e consultas para o público do citado proxecto, pero para a parte que é de titularidade da Autoridade Portuaria. Isto xerounos curiosidade, así que nos achegamos ó concello para tentar consultar o citado proxecto. Alí, os funcionarios nos comentaron que o anuncio era para Narón, pero que a información debía proporcionala a Autoridade Portuaria. Alí foi onde nos diriximos: tras ser atendidos en recepción, o funcionario a cargo desa tarefa tivo a xentileza de explicarnos en qué consistía o proxecto, e qué parte era de titularidade deles (concretamente, trátase da zona correspondente á zona de recheo de MEGASA). Tras informalo do noso interese en facernos cunha copia dos planos, comentóusenos que debíamos cubrir unha solicitude que sería estudiada para ver qué información nos podían proporcionar. Ó mesmo tempo, tamén nos informaron que o proxecto estivera exposto públicamente nas instalacións do concello de Narón, e que tal vez alí nolo poderían proporcionar sen tanto trámite. Así, voltamos ó concello de Narón e consultamos o tema. Alí fomos redirixidos ós técnicos de arquitectura do concello, que nos dixeron que xa que se superara o prazo de exposición ó público, non nolo podían ensinar nin proporcionar, e que deberíamos solicitarllo a ACUAES.
A pesar de pecharse esta porta, unha vez comunicada a posición do concello de Narón, e tras as amables xestións por parte dos funcionarios da Autoridade Portuaria, recibimos unha copia dos planos dos interceptores, que decidimos deixar á disposición do público na seguinte URL: https://drive.google.com/file/d/0B6jD0AComNeBS0pKLUo1Y3ZWM0U/view

Se alguén tivese maior curiosidade respecto ó proxecto, na páxina de ACUAES está dispoñible máis información, na seguinte ligazón: http://www.acuaes.com/actuacion/interceptores-generales-de-la-margen-derecha-de-la-ria-del-ferrol

Lamentablemente, esta publicación chega tarde no sentido de que xa rematou o prazo para a evaluación e presentación de alegacións por parte da cidadanía. De tódolos xeitos, cremos que é información interesante, e prometemos avisar de calquera outro procedemento semellante.


Ler máis »

luns, 29 de xuño de 2015

Pleno do 19/06/2015: as tribulacións dun corresponsal amateur


Supoñemos que os nosos estimados lectores estarían agardando a publicación dun novo, emocionante, rigoroso e preciso artigo sobre a actualidade política de Narón.  Se é así, as circunstancias obrígannos a dicir que non será moi preciso, pero tentaremos manter o rigor no noso máximo. ¿Cal é a circunstancia que nos impide falar de precisión? Unha suma que iremos describindo no que segue.

Primeiro, para poder facer un artigo preciso, é necesario un corresponsal que estea puntualmente no pleno, de xeito que non perda detalle dende o principio. Neste caso, chegou 4 minutos tarde.  Inocente, pensaba que esta falta non tería repercusións, pero botando unha ollada á orde do día decatouse de que xa se despacharan 2 puntos da mesma. Isto fala ben do sentido da puntualidade no concello, e ó contrario, da do corresponsal en cuestión.

Superado este susto, o noso corresponsal, boligrafo e papel en man, dispúxose a seguir anotando o relativo ós seguintes puntos da orde do día. Sen embargo, naqueles puntos nos que se citaba máis dun nome, foille prácticamente imposible tomar nota dos que saían por boca do secretario, debido á grande velocidade á que falaba. Non agardábamos tampouco que o secretario actuase coma lendo un dictado para alumnos de primaria, pero tampouco que unha persoa que foi quen de tomar apuntes nunha facultade se achase nesa situación. Vista a velocidade á que estaban a sucederse os puntos, e a pouca información que era capaz de anotar, decidiu grabar un fragmento do pleno que deixamos aquí para a evaluación dos nosos lectores:


En canto ó vídeo, queremos resaltar que cando a mesa de presidencia se decatou de que estaban a ser grabados, a velocidade de lectura se reduciu por momentos. Ainda así da un bo exemplo do transcurso da sesión plenaria.

En fin, temos que recoñecer que a nosa primeira tentativa de cobertura dun pleno foi un fracaso. Sen embargo, tamén sabemos que non hai mellor escola ca esa: así que de todo isto sacamos unhas cantas conclusións positivas que podemos aplicar en vindeiros plenos:
  • A puntualidade é imprescindible.
  • Dada a imposibilidade de utilizar bolígrafo e papel para anotar todo aquilo que se dí, será preciso recurrir á tecnoloxía para tomar rexistro de todo o que se fala na sesión. Chegados a esta conclusión, estamos a avaliar a posibilidade de facer un proxecto máis ambicioso: a grabación e publicación das sesións de pleno no concello. Sobre este feito, avanzaremos máis información nunha vindeira publicación.
  • Algo falla na concepción dos plenos: como xa comentamos máis arriba, non pedimos que se faga un dictado de primaria, senón un equilibrio. Un pleno, coma acto público, ten que permitir ós seus asistentes enterarse do que esta a ocorrer. Senón, esa publicidade perde todo o sentido. Dende aquí, cremos que se gañaría moito poñéndose en práctica o seguinte:
    • A lectura de textos debería facerse a unha velocidade e volume apropiado para que calquera persona fose capaz de entender qué se está a dicir.
    • Proporcionar á cidadanía unha base de información sobre a que facer consideracións respecto ó que se vai a debatir. ¿De qué serve poder ir a un pleno se, a pesar de oir o que se fala, non se entende de qué trata, e non se teñen datos para razonar ó respecto? Por exemplo, dispoñer do texto das propostas que le o secretario sería de moita utilidade. De ser así, a velocidade de lectura non sería un tema tan relevante.
      Este punto merece un artigo aparte, xa que habería que abordalo tamén considerando o estado actual da normativa municipal, o regulamento de participación cidadá que non está a ser aplicado, etc ...
Deixando as leccións a un lado, ¿qué hai do contido do pleno? O feito é que a acta todavía non foi publicada, pero a pesar de todo, usaremos os medios á nosa disposición para informar. Entre eles a prensa, e o feito de que para este caso sí se actualizou a páxina web do concello, a pesar de que permanecera en silencio respecto ao anuncio do pleno do que estamos a falar.

En canto ós cargos, inauguramos unha nova páxina na que deixamos publicada a composición do goberno e as súas responsabilidades, e que iremos completando a medida que vaiamos tendo máis información. E non so nos referimos ó acordado neste pleno, senón tamén ás negociacións que están a ter lugar entre TEGA e BNG. Esta situación mantén sen asignar todavía as concellerías de Xestión Orzamentaria, Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, Promoción Económica e Infraestruturas Públicas, así como as de Promoción Social e Igualdade, ostentadas no anterior mandato polos edís do BNG Pablo Villamar e Teresa Sabio, respectivamente. Segundo o comentado por TEGA e BNG á prensa, é posible que se chegue a un acordo esta semana que entra, tras debatir internamente no BNG determinadas cuestións "de forma" das que non temos coñecemento. Sabendo de tales negociacións, andivemos buscando pola web e redes sociais convocatorias de reunión entre o BNG e os seus afiliados e simpatizantes, pero non atopamos ningunha. Dende esta publicación lamentamos que non sexa así, sobre todo tendo en conta o plantexamento que tivo este partido durante a campaña electoral, na que sí reuniu a simpatizantes en busca de propostas programáticas e de apoios. Cremos que sería de lei continuar esa aposta e convocar a afiliados e simpatizantes para explicar os termos do acordo de goberno, e permitirlles opinar ó respecto. Por desgraza, so temos constancia de o único partido que está a proceder deste xeito é EU. Aparte de agardar que sigan así, gustaríanos ver que outros partidos se unen a esta mesma dinámica, e nos prestamos a difundir polas redes tales convocatorias.

Outro dos puntos sobre o que podemos informar é respecto ás dedicacións exclusivas. Segundo indica a prensa, no pasado mandato gozaban de tal privilexio Xosé Manuel Blanco, Pablo Mauriz e Catalina García; neste, se lle concede o mesmo beneficio a Marián Ferreiro. Sobre este punto da orde do día o PP votou en contra. Tras ser preguntados ó fin da sesión, so manifestaron que estaban en contra do incremento de gasto que supuña esa dedicación. Coma curiosidade atopada na busca de información, comentaremos que ata o ano 2004 o Concello foi quen de funcionar sen concelleiros con adiación exclusiva. Pola nosa banda, tentaremos facer un seguemento estreito da actividade dos concelleiros con este estatus, para determinar se tal é preciso ou non. No tocante a Catalina García, expresamos xa as nosas reservas nun anterior artigo; ademáis, a aplicación do Regulamento de Participación Cidadá está paralizada dende hai anos, cousa que tampouco di nada no seu favor.


Ao marxe do citado, quedarían outros puntos sobre os que informar dos que non fomos quen de obter información todavía: o mantemento dos postos de persoal eventual, os criterios de productividade e a periodicidade das sesións plenarias. Sobre todos estes, informaremos tan pronto coma nos sexa posible.

Fontes:
Ler máis »

mércores, 17 de xuño de 2015

19/06/2015 - Convocatoria Extraordinaria de Pleno oculta



Lamentablemente, estamos a ser testemuñas de novo dunha convocatoria de pleno non anunciada nos medios dixitais do Concello.

Curiosamente, comprobando se a convocatoria fora publicada na web municipal, descubrimos que, un día antes de ter lugar a sesión de constitución, foi publicada unha nova coa convocatoria. O divertido e que días antes, nos publicamos un artigo queixándonos da ausencia de información neste aspecto. Tamén, resulta curioso, e non exento de fachenda, que nesa nova se anuncie a proclamación do alcalde, cando é un feito que, ainda que se poida prever, non se ve materializado ata que se realiza a votación nesa sesión.

Sumando isto e aquilo, non podemos pensar outra cousa que seguiremos coa mesma tónica en canto a información á veciñanza, transparencia e interese pola participación. Ogallá os feitos den por errado este razonamento.

A continuación, indicamos os datos da sesión e a orde do día da mesma:

Órgano: Pleno
Caracter da Sesión: extraordinaria
Día: venres 19 de xuño de 2015
Hora: 10:00h
Lugar: Casa do Concello
Segunda convocatoria: mesma hora, dous días despóis.
Data da notificación: martes 16/06/2015

Orde do día:
  1.  Dar conta de resolucións da Alcaldía sobre designación de Tenientes de Alcalde, Delegados da Alcaldía, membros da Xunta de Goberno Local, e delegacións feitas pola alcaldía na Xunta de Goberno Local.
  2. Dar conta da constitución dos grupos políticos e os seus integrantes e portavoces.
  3. Proposta de nomeamento de representante do Concello ante a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol.
  4. Proposta de designación de representante municipal na Comisión de Participación Cidadá da estructura da Área Sanitaria de Ferrol.
  5. Proposta de modificación da Comisión de Deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño.
  6. Proposta de nomeamento de representantes do pleno ante os padroados de Cultura e Deportes.
  7. Proposta de nomeamento de representante do pleno ante o consello de administración da empresa COSMA. S.A.
  8. Proposta de nomeamento de representantes do pleno ante o padroado da Fundación Parque Científico Tecnolóxico do Río do Pozo.
  9. Proposta de nomeamento dun representante do pleno ante o padroado da Fundación "Terra de Trasancos".
  10. Proposta de nomeamento dun representante do pleno na Asociación Costa Noroeste.
  11. Proposta de nomeamento de representantes do pleno na Mesa Local do Comercio de Narón.
  12. Proposta de nomeamento dun representante do pleno na Cruz Vermella.
  13. Proposta de nomeamento dos representantes municipais nos Consellos Escolares.
  14. Proposta de nomeamento dos representantes municipais no Consello Escolar Municipal.
  15. Proposta de Nomeamento dun representante do Concello de Narón no Consorcio do Camiño Inglés.
  16. Proposta de nomeamento dun representante do Concello de Narón no Fondo Galego de Solidaridade.
  17. Proposta sobre nomeamento de representantes no Consello Xeral de Participación Cidadá do Concello de Narón.
  18. Proposta de periodicidade das Sesións Ordinarias do Pleno da corporación.
  19. Proposta de creación e composición da Xunta de Portavoces e demáis comisións municipais informativas permanentes.
  20. Proposta de creación e composición da Comisión Especial de seguimento da revisión do PXOM de Narón.
  21. Proposta de mantemento dos postos de persoal eventual do Concello de Narón.
  22. Proposta de aprobación de dedicacións exclusivas de cargos públicos.
  23. Proposta de aprobación de criterios xerais de productividade para o persoal ao servicio do Concello de Narón

Reflexións

  •  A hora do pleno nos parece inasumible para permitir a participación da cidadanía interesada no mesmo. Polo que sabemos, parece que o motivo que se quere dar dende o concello é que así se lles facilita a vida ós funcionarios durante a época de verán. De ser así, trátase dun bo xesto; sen embargo, o goberno estase a esquecer da cidadanía, e o ideal sería acadar un equilibrio. Facer un pleno ás 20:00h non privaría ós funcionarios de poder desfrutar da tarde, e o feito de ter que asistir fora de horario podería ser gratificado coma calquera hora extraordinaria. Neste punto, agardamos os comentarios dos lectores e dos propios funcionarios.
  • Agardamos que tódalas entidades que constan no Rexistro de Entidades do Concello recibiran esta comunicación, tal e como se garante no artigo 34.3 do Regulamento de Participación Cidadá de Narón
    O Concello entregara a orde do dia do pleno de forma telemática, con opcion de confirmacion, coa antelacion que fora posible
  • Coma parte da veciñanza, descoñecemos actualmente a función da maioría dos entes mencionados nesta orde do día. A saber: 
    • Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol
    • Comisión de Participación Cidadá da estructura da Área Sanitaria de Ferrol
    • Comisión de Deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño
    • Fundación Parque Científico Tecnolóxico do Río do Pozo
    • Fundación "Terra de Trasancos"
    • Asociación Costa Noroeste
    • Mesa Local do Comercio de Narón
    • Consorcio do Camiño Inglés
    • Fondo Galego de Solidaridade
    • Comisión Especial de seguimento da revisión do PXOM de Narón
    Cremos que sería preciso informar da súa función, composición e actividade, así coma do custo para o Concello e as cantidades que perciben ou poidan percibir os seus membros. Este último punto non se trata dun arranque de paranoia, senón que ven fundamentado: tras buscar lexislación relativa ós padroados das Fundacións, fomos dar coa Ley 50/2002, de 26 de diciembre, de Fundaciones, que no seu artigo 15.4 expón que:
    Los patronos ejercerán su cargo gratuitamente sin perjuicio del derecho a ser reembolsados de los gastos debidamente justificados que el cargo les ocasione en el ejercicio de su función.
    No obstante lo establecido en el párrafo anterior, y salvo que el fundador hubiese dispuesto lo contrario, el Patronato podrá fijar una retribución adecuada a aquellos patronos que presten a la fundación servicios distintos de los que implica el desempeño de las funciones que les corresponden como miembros del Patronato, previa autorización del Protectorado.
  • Entre os cargos que se asignarán, vemos que está o de representantes no Consello Xeral de Participación Cidadá. Gustaríanos que os seleccionados para este cargo botasen a andar de novo o regulamento. Para iso, sería imprescindible que publicasen canto antes un cronograma onde se especificasen as datas e periodicidade de convocatoria  dos Consellos Territoriais e Sectoriais.
  • Respecto ós postos eventuáis, sería interesante saber o tempo que levan en vigor. No caso de levar varios anos, poderían gañar consideración de necesarios, caso no que sería preciso convocar unha oposición para cubrilos. De tratarse de postos sen unha cualificación especial, tal vez se poderían plantexar formulas paliativas contra a situación de desemprego actual: por exemplo, facer contratos rotativos, permitindo a desempregados sen prestación nen subsidio acceder durante uns meses a un posto de traballo, os suficientes como para permitir despóis desfrutar da prestación por desemprego en caso de non atopar outro emprego.



Antes de rematar, quixéramos agradecer de novo a EU e ó seu concelleiro André Abeledo o bo xesto de ternos proporcionado os datos desta convocatoria de pleno. Por outra banda, tamén queremos resaltar os seus esforzos a nivel participativo, materializados nunha reunión para afiliados e simpatizantes que farán este mércores 17 de xuño no Local Social de Castro ás 20.30h para debatir os seguintes puntos:
  • Información da Constitución de Grupo Mixto e posicionamento.
  • Varios
Dado que xa tivemos algún comentario ó respecto, queremos clarificar que non é que sexamos unha publicación aliñada con esta forza política, senón que se trata de algo circunstancial. Estamos desexando que cunda o exemplo entre as demáis forzas políticas, momento no cal, adicaremos tamén unhas liñas a gabar a súa actitude.

Fontes:
Ler máis »

sábado, 13 de xuño de 2015

Crónica da sesión de constitución

Hoxe foi un gran día para Narón, segundo o expresado polo noso corresponsal, que accedeu a unhas bancadas do salón de plenos ateigadas de xente breves intres antes de que comezase a sesión. Tanto era así que parte do público permaneceu en pé toda a sesión.

Neste punto, temos que desculparnos ante os lectores por unha imprecisión na nosa convocatoria: se ben os concelleiros debían acceder ao salón de plenos no segundo andar, o público debía facelo dende o terceiro, onde están as bancadas. Algo que teremos en conta para vindeiras ocasións.

A sesión comezou puntual. O secretario procedeu á lectura dos artigos da Ley 5/1985 que recollimos no noso artigo "¿E agora que xa foron as eleccións, que vai ser?" , explicando o plan para a sesión.

Primeiro, a creación da mesa presidida polos membros de maior e menor idade de entre os concelleiros electos. Neste caso, Jose Manuel Blanco, por TEGA, con 62 anos e Marcos López, polo PP e con 35 anos. Ambos pasaron a ocupar un sitio na mesa de presidencia.
Unha vez feito, procedeuse ao xuramento do cargo en orde alfabética, que ten que obligatoriamente facerse prometendo lealdade ao rei e defender a constitución. Neste punto, en función da súa ideoloxía, varios dos concelleiros elixiron facer pequenas modificacións a este xuramento. André Abeledo (EU) prometeu a pesar do citado, seguir sendo fiel ós seus ideais republicanos. Por outra banda, Hipólito Fariñas xurou polo seu honor defender o cargo. Pablo Villamar (BNG) indicou que facía o xuramento por imperativo legal, supoñemos que en virtude das discrepancias do seu partido respecto á coroa e ao ordenamento constitucional. Durante o proceso de xuramento puidemos comprobar que, se ben os concelleiros de TEGA, EU e algúns do PP eran aplaudidos, e ENE recibiu algún aplauso tímido, o PSdeG-PSOE e BNG non recibiron apenas ningún.

 Tras isto, procedeuse a realizar a votación do alcalde. O voto, segredo, foi introducido nunha urna de cristal situada fronte a mesa de presidencia polos concelleiros, que foron pasando de novo en orde alfabética, ainda que os últimos votos introducidos foron os dos compoñentes da mesa, primeiro Marcos López, e por último José Manuel Blanco. A continuación fíxose o reconto, do que resultou o seguinte:

  • José Manuel Blanco: 14 votos
  • Miguel de Santiago: 5 votos
  • André Abeledo: 1 voto
  • En branco: 1 voto
Tras o reconto, ofreceuse a posibilidade ós concelleiros de explicar o seu voto, pero ningún fixo uso da palabra.
O xa alcalde procedeu a facer un pequeno discurso prometendo manter a Narón no bo camiño do crecemento, e agradecendo a confianza depositada. Tras isto, entregóuselle o bastón de mando, durante o cal recibiu o aplauso dunha parte importante do público (a bancada esquerda, e a parte baixa da dereita). Despóis, procedeu á entrega dos colgantes que acreditan ós novos concelleiros coma tales, tamén co aplauso do público. Unha vez feito isto, o alcalde comunicou que xa fora da orde do día habería "uns pinchos" na cafetería situada na planta superior. O noso corresponsal non asistiu, pero nos agardamos que non se tratase dun acto ostentoso nin excesivo, xa que correrá a cargo do erario público de Narón.

Conclusións e curiosidades varias

  • Os resultados da votación fannos crer que de novo se inviste como alcalde a José Manuel Blanco co apoio de PSdeG-PSOE e BNG. Isto contrasta con determinado feito: durante o xuramento dos cargos, os concelleiros de ámbalas dúas forzas non recibiron recoñecemento algún dos seus socios de TEGA. ¿Cómo pode ser isto? Parece un tanto triste que a esta asociación non sexa valorada entre as filas de TEGA, e fai pensar que, máis que sociedade, é unha relación desigual, con trato de inferioridade para estas dúas forzas.
  • Sorpréndenos o voto en branco. Sospeitamos que este voto foi o emitido polo concelleiro de ENE, ainda que descoñecemos cal é o significado deste xesto. Por unha banda foi o primeiro en dicir ante a prensa que rexeita pactar con TEGA, máis despois aparece un voto en branco. Queremos destacar que un voto en branco é un risco porque non permite garantir con fiabilidade quen o emite. De feito, podería ter ocurrido que alguén das filas de PSdeG-PSOE ou BNG emitisen tal voto en branco. Nese caso, pertencería a Alfonso Casal un dos votos a Blanco (que non é o mesmo). Deixamos este feito para a reflexión dos lectores, e do propio concelleiro.
  • Outra cousa que nos parece curiosa é o feito de facer a elección do alcalde mediante voto segredo, pero ó final da mesma dar a posibilidade de que os concelleiros poidan explicar a súa decisión. Isto resulta cando menos paradóxico. 
  • Nalgún momento tras a votación do alcalde, fíxose lectura dunha cifra sobre a cal o noso corresponsal non anotou o concepto claramente. Falábase de algo máis de 8 millóns de euros nas arcas do concello, pero descoñecemos se é o saldo actual dunha conta, ou a qué corresponde a cifra. Dende aquí nos gustaría comentar que para facer unha análise do estado contable do concello non chega con citar o saldo dunha conta. Hai que ter en consideración outras moitas cousas. Por exemplo, os créditos, servizos, etc ... pendentes de abono por parte do Concello. Por este motivo, consideramos que se trata de algo meramente publicitario e carente de rigor.
Dado que o noso corresponsal non puido levar consigo unha cámara, non podemos dar testemuña gráfica do evento. Neste punto quedamos abertos a colaboracións dos asistentes, e á publicación do material recollido polo corresponsal de TV de Ferrol alí presente.

Por outra banda, os lectores tamén poden consultar o seguinte artigo de La Voz de Galicia onde se relatan as investiduras da comarca, minuto a minuto: http://www.lavozdegalicia.es/retransmision/ferrol/ferrol/2015/06/13/directo-sesiones-investidura-ferrol-comarca/01071434181724885409891.htm

Para calquera colaboración, os lectores poden escribirnos a

Ler máis »

venres, 12 de xuño de 2015

A sesión de constitución oculta: democracia de baixa calidade

Tal e como prometéramos na nosa anterior publicación, informámosvos da data, lugar e hora da sesión de constitución do novo goberno municipal:

Data: sábado 13 de xuño de 2015
Hora: 12:00h
Lugar: Concello de Narón, segundo andar

Tal e como indicábamos nesa publicación, a sesión ten caracter público, así que poderá asistir calquera cidadán que o desexe. Dende Narón Aberto, convidamos a tódolos cidadáns a participar nun acto que para nos resulta de grande importancia. Nesta sesión, os concelleiros xurarán o seu cargo, e nada mellor que facelo ante aqueles que depositaron neles a súa confianza para xestionar os recursos municipais no beneficio da cidadanía. Tamén consideramos que é unha boa ocasión para coñecer en persoa aqueles que se van sentar con tal responsabilidade no salón de plenos do Concello. Ademáis, no caso de aqueles partidos con menor representación resulta especialmente importante, xa que o feito de xurar o cargo co respaldo dos seus electores e simpatizantes lles a relevancia que ás veces non se lles concede, por ser poucos, ainda que tras deles estea depositada a confianza de centos de persoas.

Aparte desta recomendación, que nos mesmos seguiremos de bo grado, tamén usaremos este artigo para lamentar a falta absoluta de información respecto a este evento. Despóis de buscar na prensa e revisar todas as seccións da web municipal, non fomos quen de atopar nada ó respecto. Un podería pensar que é debido a que o concello ten un goberno en funcións que o limita neste sentido. Sen embargo, atopamos que dende que foi disolta a cámara sí se fixeron publicacións nesta web, de modo que esta non sería unha excusa válida. Ainda máis, despois de rebuscar entre as páxinas web e redes sociais dos distintos partidos con representación, tampouco atopamos nada ó respecto.
De feito, temos que agradecer ao novo concelleiro por EU, André Abeledo o ternos proporcionado esta información, e agardamos que este bo xesto se convirta nunha constante durante os próximos catro anos. Tamén nos gustaría crer que este xesto será imitado polos demáis concelleiros, en virtude de todo o expresado polos seus partidos durante a campaña electoral.

Non nos parece comezar con bo pe o ignorar á cidadanía nunha data que cremos importante, sobre todo despóis dunha campaña electoral na que se repetiu ata a saciedade termos coma "participación", "transparencia", "democracia" e outros que en situacións similares parecen alonxados das prácticas habituais neste Narón noso.

Sen máis, agardamos que o lector considere relevante esta data e asista a esta cita. En tal caso, verémonos aló.
Ler máis »

luns, 8 de xuño de 2015

¿E agora que xa foron as eleccións, qué vai ser?


Probablemente a maioría da cidadanía se plantexase nalgún momento qué ocorre tras as eleccións. O normal é que a prensa de unha resposta sinxela a esa pregunta, sen entrar en detalles:



E dado o farragoso de enterarse do funcionamento de algo neste país, moita da xente renuncia a sumerxirse nas profundidades do mar de leis que asolaga o noso espazo normativo.

Por este motivo, decidimos facer un artigo onde se conte cales son os seguintes pasos a dar para formar o novo goberno municipal.

Neste caso, é a Ley orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General a que nos indica nos seus capítulos VIII. Mandato y constitución de las Corporaciones Municipales e IX. Elección del Alcalde .

Concretamente, resultan do noso especial interese os seguintes artigos:

Artículo 194

  1. El mandato de los miembros de los Ayuntamientos es de cuatro años contados a partir de la fecha de su elección en los términos previstos en el artículo 42, apartado 3, de esta Ley Orgánica.
  2. Una vez finalizado su mandato los miembros de las Corporaciones cesantes continuarán sus funciones solamente para la administración ordinaria hasta la toma de posesión de sus sucesores, en ningún caso podrán adoptar acuerdos para los que legalmente se requiera una mayoría cualificada.

Artículo 195

  1. Las Corporaciones municipales se constituyen en sesión pública el vigésimo día posterior a la celebración de las elecciones, salvo que se hubiese presentado recurso contencioso-electoral contra la proclamación de los concejales electos, en cuyo supuesto se constituyen el cuadragésimo día posterior a las elecciones.
  2. A tal fin, se constituye una Mesa de Edad integrada por los elegidos de mayor y menor edad, presentes en el acto, actuando como Secretario el que lo sea de la Corporación.
  3. La Mesa comprueba las credenciales presentadas, o acreditaciones de la personalidad de los electos con base a las certificaciones que al Ayuntamiento hubiera remitido la Junta Electoral de Zona.
  4. Realizada la operación anterior, la Mesa declarará constituida la Corporación si concurren la mayoría absoluta de los Concejales electos. En caso contrario, se celebrará sesión dos días después, quedando constituida la Corporación cualquiera que fuere el número de concejales presentes.

Artículo 196

En la misma sesión de constitución de la Corporación se procede a la elección de Alcalde, de acuerdo con el siguiente procedimiento:
  1. Pueden ser candidatos todos los Concejales que encabecen sus correspondientes listas.
  2. Si alguno de ellos obtiene la mayoría absoluta de los votos de los Concejales es proclamado electo.
  3. Si ninguno de ellos obtiene dicha mayoría es proclamado Alcalde el Concejal que encabece la lista que haya obtenido mayor número devotos populares en el correspondiente Municipio. En caso de empate se resolverá por sorteo.
    En los Municipios comprendidos entre 100 y 250 habitantes pueden ser candidatos a Alcalde todos los concejales; si alguno de los candidatos obtiene la mayoría absoluta de los votos de los concejales es proclamado electo; si ninguno obtuviese dicha mayoría, será proclamado alcalde el Concejal que hubiere obtenido más votos populares en las elecciones de Concejales.

Artículo 108.8

En el momento de tomar posesión y para adquirir la plena condición de sus cargos, los candidatos electos deben jurar o prometer acatamiento a la Constitución, así como cumplimentar los demás requisitos previstos en las leyes o reglamentos respectivos.



Conclusións

Segundo o expresado na lei, e dado que non se formulou recurso contencioso electoral, se contamos 20 días dende o 24 de Maio sáenos que o vindeiro sábado 13 de Xuño de 2015 terá lugar a constitución da nova Corporación Municipal en sesión pública. Agardamos que compareza a maioría absoluta dos concelleiros electos. Do contrario, sería preciso repetir a sesión dous días despóis.

Nesta mesma sesión se fará a elección do novo alcalde. Dado que non hai unha victoria por maioría absoluta, será preciso realizar votación.
Neste proceso de votación descubrirase con qué apoios conta o novo alcalde. TEGA so precisa de un concelleiro máis para acadar esa maioría absoluta, así que a dúbida está en cal dos seus socios no anterior goberno (PSdeG-PSOE ou BNG) será o elixido. E mencionamos só a estes dous partidos dado que ENE declarou públicamente a súa negativa a pactar con TEGA [+ información], e deducimos o mesmo das declaracións de EU [+ información]. Por outra banda, o signo do voto emitido servirá coma declaración de intencións de cada unha das forzas:
  • Un voto en branco será unha concesión á maioría
  • Os que voten á súa propia forza estarán facendo unha mostra de independencia respecto á liña exposta por esta maioría.
Dende esta publicación, animamos á cidadanía a participar neste evento. No momento de publicar este artigo descoñecemos a hora na que terá lugar esa sesión. Cando dispoñamos de tal información, farémola pública.
Ler máis »

xoves, 28 de maio de 2015

Unha primeira análise do resultado das municipais


Para facer esta análise inicial, usamos os datos publicados polo Ministerio de Interior nas URLs que aparecen ó final deste artigo. Temos previsto facer unha análise máis detallada cando sexan publicados os datos definitivos por distrito. De momento, conformarémonos con facer unha comparativa entre os resultados básicos nas eleccións municipais dos anos 2011 e 2015.

En caso de que aos nosos lectores lles guste experimentar e xogar máis cos resultados, deixamos a disposición deles unha folla de cálculo en formato ODF coa que elaboramos o material exposto a continuación.

Votantes e tipos de votos

Para facer o estudo destas cantidades, construímos a seguinte taboa:


cantidade %
2011 2015 Diferencia 2011 2015
Total inscritos 32047 32298 251 100 100
Total votantes 17287 16901 -386 53.94 52.33
Abstención 14760 15397 637 46.06 47.67
Votos nulos 278 260 -18 1.61 1.54
Votos en branco 796 359 -437 4.68 2.16

Con ela podemos facer a seguinte representación gráfica:


Nesta primeira gráfica podemos observar que respecto ao ano 2011, o número de electores aumentou. Sen embargo, isto non ocasionou unha suba proporcional en votantes e abstención. De feito, a abstención medrou, e o número de persoas que acudiron a votar descendeu. Os motivos poden ser varios, e máis adiante incidiremos de novo sobre este tema.



Resultados por partido político

Para analizar os resultados de cada partido político, construímos a seguinte táboa:


votos % concelleiros
2011 2015 Variación 2011 2015 2011 2015
TEGA 5713 6408 695 33.59 38.51 8 10
PP 5496 3639 -1857 32.31 21.87 8 5
BNG 1846 1353 -493 10.85 8.13 2 2
PsdeG-PSOE 1527 1489 -38 8.98 8.95 2 2
CG 1087 710 -377 6.39 4.27 1 0
EU 544 1008 464 3.2 6.06 0 1
ENE 0 888 888 0 5.34 0 1
C's 0 787 787 0 4.37 0 0

E xeramos as seguintes gráficas:

Con esta primeira, podemos observar a evolución dos distintos partidos respecto a 2011. Pero para ser máis conscientes das gañanzas e perdas en votos, elaboramos a seguinte, ordenada pola variación no número de votos respecto ós comicios do 2011

  •  O gran perdedor da noite foi sen dúbida o PP, cunha caída de 1857 votos. Consideramos que lle pasou factura o seu papel a nivel estatal, por mor de tódalas políticas que lonxe de amañar a situación de crise, afondaron na desigualdade e precariedade da cidadanía, dos servizos, dereitos, e das liberdades. Un efecto que se sentiu a nivel estatal. Analizando resultados anteriores: 
    • 2007: 3456 (22,85%)
    • 2003: 3436 (21,56%)
    estimamos que de novo quedan sostidos polo seu electorado fiel. De tódolos xeitos, non queremos crer que se trata dunha caída motivada exclusivamente polo efecto das políticas a nivel estatal. De ter feito un traballo salientable nos últimos catro anos, probablemente fosen capaces de reter parte do electorado que os escollera no ano 2011. Lamentablemente so temos constancia de que fixeran moito ruido mediático respecto a varios temas de índole municipal, sen chegar a aclarar nada en absoluto sobre eles.
  • Resulta sorprendente ver como o BNG é o segundo en perda de votos. Neste caso tamén pode tratarse dunha tendencia a nivel de partido, xa que mirando os concelleiros conseguidos a nivel estatal en anos anteriores:
    • 2007: 661
    • 2011: 590
    • 2015: 468
    vemos unha tendencia descendente. De tódolos xeitos, aplicamos o mesmo razonamento que para o PP, de ter feito un bo traballo, probablemente sería capaz de reter máis electorado. E cónstanos que en temas coma o IBI, a súa actuación foi nefasta.
  •  No caso de CG non podemos falar de tendencias debido á curta historia do partido. Supoñemos que o desplome ten que ver coa baixa relevancia do papel da súa candidata como concelleira de turismo dende o 2011. O feito de ter entrado no goberno de coalición non axuda, pois os escasos réditos que puidera dar o seu rol (e dos que non temos constancia) probablemente foron a parar ás arcas de TEGA. Por outra banda, o marco ideolóxico do partido non está tan definido como para delimitar de xeito firme unha poboación de electores, caendo tamén estes no espectro de outras forzas emerxentes que puideron tomar parte deste electorado en busca de mellor opción.
  • O PSOE protagoniza unha baixada mínima, ainda que tamén coherente co comportamento do partido a nivel estatal. Analizando resultados de outros comicios:
    • 2015: 1489 (8,98%)
    • 2011: 1527 (8,28%)
    • 2007: 1976 (13,7%)
    supoñemos que se acha sostido polo seu electorado máis fiel, xa que ten os seus peores resultados dos últimos 12 anos. Tamén aplicamos o dito a casos anteriores: un traballo máis relevante sería quén de reter votantes. Neste caso, faremos mención ó nulo papel da súa cabeza de lista e concelleira en materia de Participación Cidadá, que leva paralizada dende o ano 2009, salvo épocas pre-electorais, nas que se volve a poñer enriba da mesa.
  • A menor das subas beneficia a EU, permitíndolle acadar un concelleiro. Neste caso cremos que a mesma forza que fixo baixar ó PP é a responsable desta suba. Non temos moitas novas sobre traballo efectuado por este grupo político en Narón. Haberá que agardar a ver qué da de sí.
  • A continuación temos a TEGA, que gaña 695 votos. Un número que se fai pequeno se pensamos que esta forza consegue 2 concelleiros máis. O mérito dese aumento de escanos é debida tanto esa suba de votos coma o desplome do PP, a segunda forza. Utilizando a aplicación do Ministerio do Interior de consulta dos resultados das eleccións locais 2015 é posible facer unha simulación. Basta con restar eses novos votos a TEGA para ver que quedaría con 9 concelleiros, mentres que o PP gañaría un máis.
    Observando as cifras de outros anos:
    • 2015: 6408 (38,51%)
    • 2011: 5713 (33,59%)
    • 2007: 6709 (44,37%)
    podemos concluir que se atopa en valores intermedios dentro do seu espectro de votantes. Así afirmamos que o mellor que lle pasou nestas eleccións foi o afundimento do PP.
  • O seguinte na lista é unha das sorpresas da velada, protagonizada por C's. Unha formación cun mes de idade no concello, e cun potencial económico suficiente coma para xuntar unha lista de xente e facer unha lustrosa campaña electoral. Curiosamente, ainda que está no espectro ideolóxico do PP, consegue emerxer do mesmo xeito que no resto do estado, ainda que sen acadar un escano. Veremos se apostan por desenrolar un traballo durante este novo período, ou se permanecen ocultos ata a próxima campaña.
  • E finalmente, o maior ascenso en número de votos é para ENE, partido instrumental creado apropósito para estas municipais, que postula estar aliñeado no espectro de Podemos, pero que non contaba o respaldo oficial desta formación. Este ascenso permitiulle entrar no concello con un escano. Resta por ver cal será o seu funcionamento nos próximos catro anos. Polo de agora, declarou en prensa que rexeitaba pactar con TEGA. Veremos se saca a relucir esa vocación de servizo pola cidadanía que di ter.
Deixamos un par de gráficas máis para amosar a evolución da composición en escanos e porcentaxe de votos no concello en 2011 e 2015.




Outra volta de torca: incluíndo as abstencións

Tal como se amosaron os resultados anteriores, parece que TEGA ostenta unha posición de maioría inalcanzable polo resto de grupos politicos. Sen embargo, trátase de algo subxectivo, porque estamos a mirar soamente unha parte da información: a relacionada coa xente que exerceu o seu dereito a voto.
Atención ó que ocorre cando representamos xuntos eses datos xunto coas cifras da abstención:


Agora podemos ver a dimensión auténtica das cifras electorais no concello. ¿Sorprendente, non?

Con isto, non queremos meternos no problema de comezar a facer extrapolacións extrañas. O feito é que, na nosa ignorancia, quixemos aprender un pouco máis sobre a abstención e os seus motivos, e fomos topar con innumerables  estudios ó respecto. Do pouco que fomos capaces de ler, sacamos en conclusión que este grupo ten motivacións heteroxéneas, pero a maioría comparten as características de desafección pola política e a falta de identificación con algunha das opcións dispoñibles. Algo que aparece expresado nos resultados de sondaxes como a realizada pola UE tras as últimas eleccións ó Europarlamento.


De feito, estes datos de abstencionismo elevado son bastante estables:

  • 2015: 15397 (47,67%)
  • 2011: 14760 (46,06%)
  • 2007: 15954 (51,16%
  • 2003: 12999 (44,8%)

De todo isto queremos salientar o seguinte:

  • O potencial electoral do concello está por explotar.
  • As característas de desafección e falta de identificación falan de que as opcións actuais probablemente non convenzan nin motiven a sair do nicho da abstención.
  • A pesar dos elevados niveis constantes, non parece preocuparlles esta situación ós partidos que optan ó concello. De feito, os únicos intereses dos que temos constancia pública son os de ENE, pero coma mero nicho de mercado sen explotar, e non coma preocupación.
Queremos deixar coma nota final a esta sección, un párrafo dun deses estudos sobre abstencionismo co que topamos durante a nosa investigación (La abstención electoral en España: certezas e interrogantes), e que nos parece digno de mención:

 Por tanto, si una abstención elevada a corto plazo puede no ser una mala señal en cuanto a calidad de la democracia, su persistencia sí indicaría déficits en cuanto al rol de las elecciones como mecanismo regulador del conflicto político. Sobre todo si hablamos de un país donde la participación escasa no se da sólo en el ámbito electoral, sino que forma parte de un déficit participativo mucho más amplio y general que puede acentuar el proceso de elitización de la vida política.

Fontes:

Ler máis »

domingo, 24 de maio de 2015

AVISO IMPORTANTE A ELECTORES

Dende esta publicación cremos preciso facer o seguinte anuncio, debido a informacións recibidas nas últimas horas.

Segundo o expresado na Ley Orgánica 5/1985, de 19 de junio, del Régimen Electoral General , no seu artigo 86.3 :

Cada elector manifestará su nombre y apellidos al Presidente. Los Vocales e interventores comprobarán, por el examen de las listas del censo electoral o de las certificaciones aportadas, el derecho a votar del elector, así como su identidad, que se justificará conforme a lo dispuesto en el articulo anterior. Inmediatamente, el elector entregará por su propia mano al Presidente el sobre o sobres de votación cerrados. A continuación éste, sin ocultarlos ni un momento a la vista del publico, dirá en voz alta el nombre del elector y, añadiendo "Vota", entregará el sobre o sobres al elector quien los depositará en la urna o urnas.

Temos información sobre casos nos que o sobre foi ocultado da vista do elector, podendo tratarse no peor dun caso de fraude electoral.

Ante calquera irregularidade, notifíquenllo a tódolos membros da mesa, e interventores de tódolas forzas políticas que se atopen no local.  En caso de non ser atendidos convenientemente, diríxanse ó axente de policía que atoparán no exterior do recinto. Ademáis, asegúrense de que se cumple o estipulado no  artigo 94 da mesma lei :

Cualquier incidente que hubiera afectado al orden en los locales de las Secciones, así como el nombre y los apellidos de quienes lo hubieran provocado, serán reseñados en el Acta de la Sesión.


Ler máis »