Aqueles que estean a seguir este blog, lembrarán que coa nosa anterior publicación Avanzando a pequenos pasos escribiamos outro capítulo do culebrón que está a supoñer conseguir que o Concello de Narón poña ó alcance de todos na súa páxina web o listado de entidades asociativas e a forma de contactar con éstas. Algo que consideramos indispensable para a colaboración entre a cidadanía. Nese capítulo, o concello nos daba por resposta un "estamos trabajando en ello" do que adiantábamos que se podería dilatar de forma indefinida.
Pois ben, en previsión de que esa dilación indefinida, e con bastante pouco esforzo pola nosa parte, fixemos un listado con direccións de email de entidades activas actualmente, ó que os nosos lectores poderan acceder dende a ligazón https://drive.google.com/open?id=1B7bTTHBk2t0j7GcJCYVxDAfngAxN6qOzot9V49OrFqc ou dende a sección Documentación no menú do noso blog, dentro da carpeta Participación Cidadá.
Nesta lista omitimos todas aquelas entidades que tivesen coma dirección de email algunha que semellase persoal ou de índole laboral. O motivo é o seguinte: segundo a lexislación en materia de protección de datos, as direccións de email vinculadas á prestación dun servizo como é o das asociacións non están enmarcadas dentro do ámbito de aplicación das mesmas. Sen embargo, non poderiamos dicir o mesmo de direccións persoais ou de traballo, pois descoñecemos se é a dirección que aportou a entidade como forma de contacto oficial -algo que so podería aseverar a propia entidade, ou a administración local, responsable da xestión dos datos destas entidades.
Con isto demostramos que non é unha tarefa tan complicada poñer esta información a disposición da cidadanía, e que a demora por parte do Concello no seu compromiso de actualización do Rexistro Municipal de Entidades non debería ser moito.
Coma sempre, quedamos a disposición dos lectores para ampliar ou corrixir esta información.
¿Lembran vostedes o noso artigo de hai uns meses co título Estado actual do Rexistro municipal de entidades publicado na web do concello? Como comentabamos nese mesmo artigo, presentamos unha petición por rexistro ante o Concello coas demandas recollidas no mesmo. Pois dous meses despóis, recibimos a contestación por parte do Concello, que amosamos a continuación:
A espera non nos parece moi xustificada. Pero o que realmente non estivo xustificado foi ter que chegar a este extremo para avanzar un pouquiño máis no obxectivo de ter un Rexistro Municipal de Asociacións que estea á altura dos que ofrecen os concellos veciños, e que permitan a relación entre entidades e cidadáns de Narón. Xa no noso primeiro artigo Demostración de que ó actual equipo de goberno non lle interesa a Participación Cidadá relatábamos visitas e un tormentoso cruce de escritos entre nós e o Concello demandando un listado actualizado cos teléfonos das entidades de Narón, tras o cal só recibimos unha negativa. Negativa que nos levou a investigar máis a nivel lexislativo para poder dar con argumentos que nos desen a razón e obrigasen ó Concello a aportar esa información. Algo que parece que conseguimos tras consultar a Ley 11/2007, de 22 de junio, de acceso electrónico de los ciudadanos a los Servicios Públicos, pero que supón un exceso de esforzos por ambos lados para algo tan sinxelo, e que ata consideramos un desaproveitamento de recursos por parte da administración local en actos que van en contra dos intereses dos veciños.
Iso sí, aínda non imos cantar victoria: a resposta recibida non da un prazo para rematar este proceso, e pode constituir unha demora indefinida no mesmo. Sobre todo porque existen outros procesos que parecen tamén aprazados indefinidamente, e que teñen que ver coa participación cidadá, tales como a convocatoria dos Consellos Territoriais e Sectoriais de Participación. É dicir, que non descartamos ter ir elevando o tema ata rematar presentando un contencioso por este motivo.
En resume, volvemos a incidir nas evidencias de que tanto o goberno municipal, formado por TEGA, BNG e PSdG-PSOE, como a concellería de Participación Cidadá, da que é responsable Catalína García, non parecen estar pola labor de que exista unha verdadeira participación cidadá neste concello. Por esta banda, temos que lamentar tamén que por parte da oposición (PP, EU e ENE) non se emitise todavía ningún comunicado preocupándose pola situación, ainda que agardamos que isto cambie.
Nos últimos días, recibimos na redacción información preocupante sobre as obras de conexión de fogares á rede de saneamento de Narón no rural.
Temos constancia de que a empresa que está a facer os traballos lle solicitou a un cidadán a posibilidade de colocar a arqueta de conexión entre a súa propiedade e a do seu veciño, argumentando motivos técnicos para ese feito. Este cidadán non veu problema algún, así que deu o seu beneplácito para que a empresa realizase tal operación.
Días despois, tras o avance das obras, este cidadán e o seu veciño decatáronse dun feito singular: os dous domicilios quedaron conectados á mesma arqueta.
Neste punto, tanto a estes veciños coma a esta redacción se lles plantexou un dilema: ¿trátase dun caso de picaresca por parte da propia empresa, ou dun feito xustificado por motivos técnicos? No primeiro caso, a empresa estaría a aforrar material, incrementando os seus beneficios, e tal vez creando problemas de futuro no funcionamento da rede de saneamento, e incluso nos fogares destes cidadáns.
Poderiamos dar unha resposta precisa de ter acceso ós planos do proxecto de saneamento, onde teñen que vir reflexados de forma pormenorizada os puntos de conexión coas vivendas, e a situación de cada unha das arquetas. De feito, recomendamos a tódolos cidadáns que teñan dúbidas acudan ó departamento de urbanismo do Concello e soliciten información sobre tódolos detalles da obra na súa propiedade, incluindo os planos da rede nesa zona.
O feito é que, sexa cal sexa o motivo, as dúbidas e sospeitas que podan levantar este tipo de acontecemenos son debidas principalmente á falta de información que se brinda ós cidadáns respecto ás actuacións que se fan dende o Concello. A administración local adícase a enviar de forma rigorosa as facturas da taxa pola acometida á rede xeral de saneamento na zona rural, que segundo a actual Ordenanza Fiscal nº8, reguladora da taxa da rede de sumidoiros, é de 862,07€/vivenda, baixando a 732,76€/vivenda se se solicita durante a realización da obra e construcción da rede. Sen embargo, este cobro non ven acompañado dun documento onde se especifican todas as actuacións que teñen que realizar a empresa encargada de realizar a obra, deixando ós cidadáns a mercede das circunstancias.
Por este motivo, facemos dende esta publicación o seguinte chamamento:
Se é vostede un habitante de Narón do rural, e está pendente das obras da acometida, ou ten sospeitas sobre a forma na que se fixo a mesma:
Acoda ó Concello, ó departamento de Urbanismo, e solicite os planos e as actuacións que estaban planeadas para a acometida á rede na túa propiedade. Está no seu dereito. En caso de que lle neguen esta ou outra documentación da que é interesado, non dubide en contactarnos para axudalo a denuncialo públicamente.
Ten que saber que hai outra forma de facer as cousas: hai un Regulamento de Participación Cidadá que non está sendo posto en práctica, e que ten por obxectivo establecer canles de comunicación áxiles entre a cidadanía e administración local. De feito, é preciso que saiba que coma individuo foi excluído do proceso de participación cidadá, xa que o regulamento o priva de participar nos órganos de participación territoriais e sectoriais se non é a través dunha asociación. Algo que non ocorre, por exemplo, no veciño Concello de Ferrol. Esta situación pode cambiarse solicitando a modificación deste regulamento.
Se é vostede un concelleiro con ganas de traballar:
Aproveitando esa vantaxe teórica da que dispón para acceder a información, fágase cunha copia dos planos do proxecto de saneamento e vaia dar un paseo pola zona onde se están facendo as obras de acometida en O Val para verificar que se cumple o estipulado no plano.
Lembre que se estivese a funcionar o Regulamento de Participación Cidadá, e se os habitantes de Narón tivesen espazo dentro dos órganos de participación coma individuos, non tería vostede que andar correndo de parroquia en parroquia convocando ás asociacións para que lle conten os seus problemas, coa fin de ter material que levar ó pleno. Bastaría con que asistise ás convocatorias dos Consellos Territoriais e Sectoriais e tomase nota do que alí se debate. Está na súa man pedir que o Regulamento comece a poñerse en práctica, e propoñer enmendas para a súa mellora.
Recentemente, forzas políticas coma Podemos comezaron a realizar exercicios de transparencia que ata o de agora resultaban inconcebibles. Un deles é o referente á publicación dos gastos en campaña electoral, e das cantidades apercibidas polo Estado en concepto de subvención.
Artículo ciento noventa y tres. Subvenciones de gastos electorales municipales.
1. El Estado subvenciona los gastos que originen las actividades electorales de acuerdo con las siguientes reglas:
a) 270,90 euros por cada Concejal electo.
b) 0,54 euros por cada uno de los votos obtenidos
por cada candidatura, uno de cuyos miembros, al menos, hubiera sido
proclamado Concejal.
2. Para las elecciones municipales el límite de
los gastos electorales será el que resulte de multiplicar por 0,11
euros el número de habitantes correspondientes a las poblaciones de
derecho de las circunscripciones donde presente sus candidaturas cada
partido, federación, coalición o agrupación. Por cada provincia,
aquellos que concurran a las elecciones en, al menos, el 50 por 100 de
sus municipios, podrán gastar, además, otros 150.301,11 euros por cada
una de las provincias en las que cumplan la referida condición.
3. Además de las subvenciones a que se refieren los
apartados anteriores, el Estado subvencionará a los partidos,
federaciones, coaliciones o agrupaciones los gastos electorales
originados por el envío directo y personal a los electores de sobres y
papeletas electorales o de propaganda y publicidad electoral de acuerdo
con las reglas siguientes:
a) Se abonarán 0,18 euros por elector en cada una
de las circunscripciones en las que haya obtenido representación en las
Corporaciones Locales de que se trate, siempre que la candidatura de
referencia hubiese presentado listas en el 50 por 100 de los municipios
de más de 10.000 habitantes de la provincia correspondiente y haya
obtenido, al menos, representación en el 50 por 100 de los mismos.
b) La cantidad subvencionada no estará incluida
dentro del límite previsto en el apartado 2 de este artículo, siempre
que se haya justificado la realización efectiva de la actividad a la que
se refiere este apartado.
4. Las cantidades mencionadas en los apartados
anteriores se refieren a euros constantes. Por Orden del Ministerio de
Economía y Hacienda se fijan las cantidades actualizadas en los cinco
días siguientes a la convocatoria.
5. No habrá lugar al pago de las subvenciones en los
supuestos establecidos en los apartados 2, 3 y 4 del artículo 127 de
la presente Ley.
Forzas con candidaturas no 50% dos concellos da provincia con máis de 10.000 habitantes, e que obtiveran representación no 50% deses concellos (B)
0.22€ por elector, por gastos de envío de sobres, papeletas ou propaganda
Límite de gasto:
0,11€ por elector na circunscripción á que se presenta (C)
150.301,11€ adicionais en cada unha das provincias nas que se cumpla que se presenta no 50% dos concellos (D)
Coas letras que aparecen en negriña e cursiva indicamos as diferentes condicións que de cumprirse teñen asociadas un beneficio para o partido.
Trasladando isto ós partidos que se presentaron en Narón, e ós datos dos mesmos para a provincia de A Coruña:
Narón
A Coruña
Condicións que cumple
Concelleiros
Votos
Concellos con candidatura
Concellos con representación
Concellos >10k hab. con representación
TEGA
10
6408
8 / 93
8 / 93
3 / 21
A, C
PP
5
3639
93 / 93
93 / 93
21 / 21
A, B, C, D
PSdeG-PSOE
2
1489
85 / 93
81 / 93
21 / 21
A, B, C, D
BNG
2
1353
91 / 93
73 / 93
21 / 21
A, B, C, D
EU
1
1008
3 / 93
2 / 93
2 / 21
A, C
ENE
1
888
1 / 93
1 / 93
1 / 21
A, C
C's
0
787
8 / 93
8 / 93
6 / 21
C
CxG
0
710
5 / 93
2 / 93
0 / 21
C
Se facemos as contas, obtemos a seguinte situación:
Partido
Subvención asignada
Límite de gasto
A
B
C
D
TEGA
6169,32€
0€
3552,78€
0€
PP
3319,56€
7105,56€
3552,78€
+150301,11€ a repartir na provincia
PSdeG-PSOE
1345,86€
7105,56€
3552,78€
+150301,11€ a repartir na provincia
BNG
1272,42€
7105,56€
3552,78€
+150301,11€ a repartir na provincia
EU
815,22€
0€
3552,78€
0€
ENE
750,42€
0€
3552,78€
0€
C's
0€
0€
3552,78€
0€
CxG
0€
0€
3552,78€
0€
¿Cómo interpretamos todo isto?
Bastaría con escoller calquera das filas da última táboa e facer a seguinte lectura:
Para gastos electorais, o Estado concede ó partido P unha subvención de A, sendo o límite de gasto C con unha marxe de D. En caso de xustificar gastos de envío de sobres, papeletas e publicidade, subvencionaranse con ata B, sen ter en conta o límite marcado por C.
Por exemplo, no caso do PP, o Estado concedería unha subvención de 3319,56€, sendo o límite de gasto 3352,78€ con unha marxe de +150301,11€ a repartir na provincia. En caso de xustificar gastos de buzoneo, subvencionaríaselle ata 7105,56€
Botando unha nova ollada ás cifras, un decátase rápidamente da grande vantaxe que teñen os partidos maioritarios, con grande presenza a nivel provincial. Aparte de poder elevar o teito de gasto facendo uso deses 150.000€, reciben subvención para buzoneo de propaganda. Nesta categoría entran PP, PSdeG-PSOE e BNG.
Sen esas vantaxes, para que un partido puidera ter asegurada a subvención do gasto máximo permitido debería conseguir 6 concelleiros. No caso de TEGA, o gasto subvencionable (6169,32€) excede o máximo, polo que tan so se subvencionaría ata ese teito dos 3552,78€.
Lembren os nosos lectores que en todo momento estamos a falar de subvención. Isto significa que será preciso que a formación politica en cuestión xustifique os gastos para que lle sexa concedida esa suma. Neste punto, resultan reveladores os artigos 127 - 129 da LOREG: especialmente cando indican que aqueles partidos que recibisien subvención nas últimas eleccións do mesmo tipo teñen dereito a un adianto do 30% do percibido nesas últimas, que ninguén pode aportar máis de 10.000€ para a campaña dun partido, ou que as empresas que prestan servizo mediante contrato coa adminstración pública non poden facer doazóns con esa fin.
A realidade sobre a transparencia en Narón
Ainda que tódolos partidos, salvo TEGA, inclúen no seu programa unha sección adicada á transparencia, ata o de agora o único que cumpliu o seu compromiso neste punto foi ENE, quen publicou na súa páxina de Facebook os gastos e doazóns recibidas para sufragar os gastos de campaña: https://www.facebook.com/Eliximos.Naron/posts/838167756220104
Neste punto, é especialmente chamativo o caso do PSdeG-PSOE, que incluía no seu programa electoral o seguinte compromiso:
70. Crearemos o Portal de Transparencia como unha aposta real para garantir a claridade e honestidade como forma de goberno e rendición de contas. Incluirá entre outros datos o currículo dos representantes políticos, as súas retribucións e gastos de representación, publicidade e promoción institucional, o inventario de bens, os acordos plenarios, etc.
O feito é que non da moita confianza un partido que amosa tales pretensións optando á alcaldía, pero que despóis nin sequera publica as contas de campaña.
-GAD-¿Le preocupa la entrada de Podemos en Narón? -GSF-«No me preocupa en absoluto. ¡Si somos nosotros los que llevamos haciendo Podemos! (...) ».
Neste aspecto cremos que aínda lles falta un bo treito para acadar o mesmo estatus que ostenta Podemos, polo menos a nivel estatal.
Agardamos que con este artigo amosásemos ós nosos lectores con claridade cómo se subvencionan os gastos de campaña electoral dos partidos nas eleccións municipais. Aparte, e salvo que estes tres meses fosen de quecemento para as forzas políticas do concello, os nosos lectores poderán apreciar que para a maioría delas certos xestos de tranparencia son considerados supérfluos, incluso cando aparecen recollidos de forma explícita no seu programa electoral.
A nosa intención final é, máis aló da didáctica, que os pequenos trazos que supoñen artigos coma este vaian retratando ó longo deste mandato o proceder de cada unha das forzas políticas que optaron á alcaldía.
No artigo co que inaugurábamos este blog (Demostración de que ó actual equipo de goberno non lle interesa a Participación Cidadá) falábamos das dificultades dun cidadán para contactar co tecido asociativo de Narón, e da negativa do Concello de Narón a publicar o teléfono das asociacións, privando á cidadanía dun xeito de solventar ese problema.
A metodoloxía empregada para tal análise non foi máis que o feito de tentar contactar por email con tódalas aquelas asociacións que teñen asociada unha dirección de email no citado rexistro para facerlles chegar aquel noso primeiro artigo, cousa que considerabamos de interese para estas.
Os resultados foron os seguintes:
O rexistro contén os datos de 310 entidades
De todas elas, 132 (o 43%) teñen dirección de email asociada
De todas esas direccións de email, 25 (o 19%) deron un erro ó enviarlles a mensaxe. Revisando a man as direccións, algunhas parece que puideran fallar debido a erros ortográficos (conteñen palabras coma "ferol", "asocacion", etc ...)
As direccións de email que deron erro foron as seguintes:
No seu artigo 6.1.j) especifica que "los ciudadanos tienen en relación con la utilización de los medios
electrónicos en la actividad administrativa, y en los términos previstos
en la presente Ley"entre outros, o dereito "a la calidad de los servicios públicos prestados por medios electrónicos".
O artigo 4.h) indica que "la utilización de las tecnologías de la información tendrá las
limitaciones establecidas por la Constitución y el resto del
ordenamiento jurídico, respetando el pleno ejercicio por los ciudadanos
de los derechos que tienen reconocidos, y ajustándose" entre outros, ó "principio de responsabilidad y calidad en la veracidad y autenticidad de
las informaciones y servicios ofrecidos por las Administraciones
Públicas a través de medios electrónicos"
O artigo 10.2 especifica que "el establecimiento de una sede electrónica conlleva la responsabilidad
del titular respecto de la integridad, veracidad y actualización de la
información y los servicios a los que pueda accederse a través de la
misma"
No seu artigo 41 expresa que "as entidades inscritas están obrigadas a notificar ao Rexistro calquera
modificación dos datos incluídos na documentación que servise de base
para a inscrición, dentro do mes seguinte ó da data en que tal
modificación se producise". Ademáis, "No mes de xaneiro de cada ano as entidades teñen a obriga de presentar no rexistro do concello a seguinte documentación" entre a que se atopan os "nomes das persoas que ocupan os cargos na xunta directiva, enderezos e teléfonos de contacto".
No seu artigo 42 indica respecto ó rexistro de entidades que "os seus datos xerais serán públicos, coas restriccións que en todo momento prevexa a normativa vixente". Asemade, establece o compromiso de que "anualmente elaborarase un ficheiro de cada unha das entidades cidadás
cos datos que consten no rexistro de entidade cidadás, e as subvencións
municipais que teñan recibido e o motivo, este ficheiro enviarase a
todas as entidades inscritas no rexistro e estará accesible na páxina
web municipal"
Por todo isto, tanto dende esta publicación electrónica, como xa fixemos a través de petición por rexistro, solicitamos:
A actualización da información publicada na sección Rexistro municipal de entidades contida na sede electrónica do Concello de Narón en arreglo á normativa citada.
A inclusión dos números de teléfono entre a información pública das entidades. Somos conscientes de que nunha petición anterior se nos denegou debido a que non se trata de un dato obrigatorio. Sen embargo, lembramos de novo o contido do artigo 42 do Regulamento de Participación, no que se dí que son os datos xerais, e non símplemente os obrigatorios, os que serán públicos, salvo aqueles restrinxidos por normativa vixente.
¿E mentres tanto, qué?
Por pura casualidade, navegando pola sede web da Xunta de Galicia, demos coa páxina da publicación electrónica de rexistros administrativos, que tal como indica o seu título da acceso a distintos rexistros públicos. Para o caso que nos ocupa, resultan de especial interese os dous seguintes:
A imaxe a continuación amosa o resultado dunha busca de clubes de atletismo en Narón. E como se pode apreciar -tomen asento- entre os datos que se obteñen está ... ¡o número de teléfono! Lembremos que se trata dunha páxina da administración autonómica, e non de Wikileaks.
¿Entón, para qué queremos máis? Podería ser a cuestión que se lle
plantexase inmediatamente ó lector. Pero se ten curiosidade dabondo para
facer algunha consulta, verá que os datos que se solicitan fan o tema
un tanto farragoso. Por outra banda, sobre todo no caso de entidades e asociacións fundadas hai anos, é moi probable que en caso de que sigan activas -pode ser que desaparecesen- non enviasen actualizacións de datos á Xunta, polo que é probable que os datos amosados estéan obsoletos.
En fin, contamos con que como mínimo o Concello cumpra as súas obrigas e actualice e corrixa os erros dos datos publicados actualmente. Sobre o tema dos teléfonos, ainda temos esperanzas de que o Concello reaccione de forma apropiada, considere que é algo que lle vai aportar un valor importante á veciñanza. De non ser así, tentaremos darlle unha volta máis de torca a este asunto para conseguir que se ofreza este importante servizo que consideramos está entre os cometidos da corporación municipal.
Pode que os lectores cun arraigado sentimento "naronista" se sintan traizoados pola nosa decisión de asistir o pasado mércores 22 de xullo á asemblea aberta sobre participación cidadá que tiña lugar en Ferrol, no Torrente Ballester, ás 20:00h. Máxime, sabendo que á mesma hora tiña lugar en Narón outra asemblea sobre participación. A motivación que nos levou a facelo é que, aparte de que a asemblea de Narón estaría só enfocada nas subvencións destinadas a asociacións, recibiramos informes sobre que o proceso participativo en Ferrol estaba máis avanzado que en Narón, e queriamos contrastalo.
Á reunión asistiron tanto o alcalde Jorge Suárez, coma os concelleiros de participación, Álvaro Montes, e da zona rural, Rosa Méndez. Tras unha breve presentación por parte dos tres, explicando as intencións de reiniciar o proceso participativo tras a parada que producida durante o anterior goberno, incluíndo a posibilidade de elaborar uns orzamentos participativos, e amosando disposición de diálogo con todas as asociacións, se cedeu a palabra ós asistentes. Das intervencións destes, fomos quen de extraer información do máis interesante, que resumimos a continuación:
No regulamento de participación cidadá de Ferrol, os cidadáns a título individual tamén teñen representación nos órganos de participación cidadá: para aqueles que o descoñezan, o Regulamento de Participación Cidadá de Narón so recolle a posibilidade de que as entidades inscritas no Rexistro de Entidades Cidadáns de Narón teñan un lugar nos órganos de participación cidadá (Consellos Sectoriais, Consellos Territoriais e Consello de Participación Cidadá). Os cidadáns que non estéan asociados non poderán participar en tales órganos. No seu momento, dende os Consellos Territoriais se elaborara unha proposta de modificación do noso regulamento que incluía este feito, ademáis de outras enmendas, pero foi desbotada polo goberno municipal. Tanto o feito de entrar en comparacións entre o regulamento de Ferrol e o de Narón, coma a historia pasada do proceso participativo en Narón darían para encher sendos artigos, así que reservamos o material do que dispoñemos a tal efecto.
En Ferrol xa se puxera en práctica a elaboración de orzamentos participativos: no noso Concello, o concepto de "orzamentos participativos" pertence ó ámbito xa non experimental, senón de ficción. De feito, na época na que os órganos de participación funcionaron, ante a proposta de facer algo así, o entón Concelleiro de Facenda tivo a ben respostar que os veciños non estaban capacitados para tomar decisións nese ámbito. Sen embargo, tal e como recolle a noticia Os Orzamentos Participativos 2010 investiránse nos barrios de Ferrol Vello, Canido, Esmelle e Covas , no ano 2010 os veciños decidiron en conxunto en qué empregar a partida de 1.650.000€ destinada a orzamentos participativos. De feito, algunas das intervencións das asociacións e veciños asistentes foron a prol de demandar que se completase o plan que se puxera en marcha entón.
As diferencias entre urbano-rural e "barrio grande"-"barrio pequeno" están tamén presentes: a pesar de levar vantaxe na aplicación da participación, segue a estar presente esa gran facilidade coa que se deixan ó marxe as zonas do rural respecto ás do urbán. O urbán ten a vantaxe de que máis da metade das actividades son promovidas polo Concello, mentres que no rural son as entidades as encargadas de facer todo o traballo. Respecto ós barrios, queda de manifesto que un regulamento de participación non pode plantexar medidas exclusivamente en función da poboación destes, senón tamén do nivel de servizos e de desenrolo. E tampouco deixalo da man de promesas políticas clientelares. Do contrario, moitos barrios quedarían completamente abandonados, tanto pola baixo número de habitantes como polo mínimo peso do voto dos seus veciños no resultado das eleccións.
O sistema de subvencións "típico" é rexeitado polas entidades: con "típico" referímonos á preminencia de gasto en convenios de colaboración e subvencións nominativas, e á forma de pago das subvencións de concurrencia competitiva. As entidades prefiren que se faga unha partida única para subvencións de concurrencia na que se presenten os proxectos para os que se precisa subvención municipal. Respecto á forma de abono, algunha das entidades, facendo referencia á Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia, indicaron que no seu artigo 31 se garante a posibilidade de facer abonos a conta ou anticipados da cantidade subvencionada cando veña xustificado pola natureza do proxecto. Por certo, en canto a este punto, nos consta que tamén é algo que foi demandado polas entidades de Narón na reunión que se mantiña nese mesmo momento no Alto do Castiñeiro.
Debe garantirse o funcionamento da participación independentemente do partido no goberno ou da celebración dunhas eleccións municipais: como xa comentamos, a participación paralizouse no anterior mandato en Ferrol, e unha das cousas demandadas polas entidades eran garantías normativas que impedisen este feito. Un bo regulamento debe proporcionar vías de reclamación cando o goberno municipal se nega a convocar os órganos de participación con una periodicidade mínima que permita o funcionamento correcto dos mesmos. No caso do Concello de Narón, o regulamento di que os distintos órganos se reunirán como mínimo unha vez ó semestre, pero é algo que non se cumple dende hai moito tempo. ¿Qué posibilidades teñen as entidades e veciños de reclamar sobre este feito? ¿Recurso vía contencioso-administrativa? ¿Valedor do pobo?
As decisións tomadas nos órganos de participación deben ser vinculantes: algo no que insistiron todas as entidades foi neste feito. E non se trata de que estes órganos teñan tanto poder de decisión coma o Pleno, ou os órganos de goberno municipais, senón que os asuntos que aproban sexan tratados dentro da Comisión pertinente, ou se lles dea a mesma consideración que ás mocións que poden presentar os distintos grupos políticos. É dicir, que o seu destino sexa o ser debatidos en Pleno, e se lle poida dar turno de palabra ós implicados no proceso participativo.
Agardamos que a estas alturas o lector máis "naronista" non so nos teña desculpado o desliz, senon que ata o vise convinte, polo interesante dos datos recabados coma infiltrados nesta reunión. Conste que o de "infiltrado" so vai en ton humorístico, xa que ainda que o noso reporteiro desvelou a súa procedencia, se atenderon as súas preguntas e suxerencias con amabilidade e interese, tanto entidades coma os membros do goberno municipal. De feito a nosa aportación foi que, aproveitando que o Concello de Ferrol non ten todavía aprobado un protocolo de emerxencias, estuden a posibilidade de darlle nel un rol ós órganos de participación cidadá. Cremos que sería unha boa medida, xa que durante a asemblea algunhas das entidades se queixaron de problemas de comunicación co Concello durante os días que durou a crise da auga. Isto non só integraría máis a participación no funcionamento do Concello, tamén lle daría máis relevancia a esas estructuras de participación, e se aproveitaría a súa proximidade coa veciñanza para coordinala en tales situacións.
Así é, estimados lectores: acabamos de crear a sección Documentación no noso blog, que de agora en diante conterá todos aqueles documentos que resulten de interese para os habitantes deste concello. E facémolo con un documento histórico, aínda que descoñecido para nos ata hai uns días: o Regulamento Orgánico do Concello de Narón.
Curiosamente, chegou ós nosos oídos a existencia de tal regulamento tras conversas con membros de EU e ENE sobre a súa situación unha vez instalados nas dependencias municipais; conversas nas que nos relataron que precisaban deste regulamento, pero por ser anterior a 1990 - concretamente, do ano 1988 - non se achaba publicado na web do Boletín Oficial da Provincia da Coruña, e que estaban en espera de que llelo proporcionasen dende secretaría. Parece ser que tras a súa entrada, o alcalde, dando mostras dun talante colaborativo, lles indicou que pediran directamente o que precisasen, que non era necesario demandalo metendo unha solicitude a través do rexistro. Sen embargo, levaban un par de semanas agardando polo citado regulamento, e seguían á espera.
Ó sabelo, nos fixemos a nosa petición por rexistro, da que obtivemos resposta nunha semana. Nela se nos convidaba a recoller unha copia nas oficinas da Secretaría Xeral do Concello. Alí, a funcionaria que nos atendeu dispoñía dunha copia da que facía uso ela, pero que ó ser unha copia dunha copia dunha copia ... perdera parte do contido polos marxes e algunha liña polo pe de páxina. Preguntámoslle sobre a posibilidade de levar copia do orixinal, que estimábamos estaría no arquivo, e amablemente buscou nos libros de actas de sesións plenarias do ano 1988, dando co texto na sesión correspondente ó 27 de Maio dese ano. O lector notará que hai partes cubertas con cadros negros: iso débese a que se tapou o contido do libro de actas que non corresponde a este regulamento, e os selos do Concello e sinaturas do entón Secretario. Polo demáis, o texto está íntegro, tal cual foi plasmado no libro. Tal é así, que contén parágrafos tan reveladores coma a seguinte:
DEBATE. - o Sr. Méndez Batán expón que o Concello Pleno en Setembro de 1.987, a proposta dos Grupos CDS, AP e BNG, acordou deroga-lo anterior Regulamento e elaborar un novo coa participación de tódolos Grupos Políticos, este acordo non se cumplíu xa que á Xunta de Portavoces presentouse un Regulamento xa elaborado, continúa a súa intervención expoñendo que este Regulamento non permite un xogo mínimamente democrático e ampliando aínda máis os poderes do Sr. Alcalde.
O Sr. López Díaz sinala que este Regulamento foi estudiado na Xunta de Portavoces con moita rapidez, ademáis non se adapta ás necesidades de Narón, sendo unha copia do da Coruña.
O Sr. Vigo Ramos fai unha crítica ó comportamento do PSG-EG e manifesta que non se crean canles para a participación cidadán, as Comisións Informativas deberían ser abertas ó público. Nos pedimos que os veciños sexan recibidos antes de trata-los seus problemas. Cada vez se cerra máis o esquema do goberno en Narón, cehgándose a ventilar intereses particulares.
Ainda así, o regulamento foi aprobado por 14 votos a favor (AP, PSOE e PSG-EG), tres en contra (BNG e CDS), e unha abstención dos independentes. Por aquel entón, a forza máis votada fora o PSG-EG (9), seguido de AP (4), PSDG-PSOE (4), CDS (2) e BNG (2).
A pesar da entrada en 1995 de UPN (Unidade Por Narón) como forza máis votada, que transformada en TEGA segue ata os nosos días, e a diversidade de socios de goberno que se foron sucedendo mandato tras mandato, parece que os razonamentos recollidos nesa acta do pleno se perderon no tempo, pois a día de hoxe o Regulamento segue en vigor. ¿Poderíamos afirmar que algúns políticos daquel entón tiñan unha visión máis progresista que os actuais? De ser así, lamentablemente non foron quen de facer que os seus herdeiros conservasen a mesma visión.
Se contamos con tempo e medios suficientes, tentaremos facernos cunha copia do anterior regulamento, coa fin de facer unha comparativa e desvelar se, como parece, o ímpetu democrático provinte da transición se foi esfarelando co tempo ata quedar no seu estado actual.
Tal e coma os nosos lectores terán visto na prensa, ou no noso facebook, estanse a producir movementos no avance das obras do saneamento da ría, concretamente no relativo á obra dos interceptores - é dicir, as canalizacións que levan as augas dende os tanques de tormenta ata a depuradora.
A aparición destas noticias coincidíu coa dun anuncio no taboleiro do Concello de Narón onde se notificaba a apertura dun período de evaluación e consultas para o público do citado proxecto, pero para a parte que é de titularidade da Autoridade Portuaria. Isto xerounos curiosidade, así que nos achegamos ó concello para tentar consultar o citado proxecto. Alí, os funcionarios nos comentaron que o anuncio era para Narón, pero que a información debía proporcionala a Autoridade Portuaria. Alí foi onde nos diriximos: tras ser atendidos en recepción, o funcionario a cargo desa tarefa tivo a xentileza de explicarnos en qué consistía o proxecto, e qué parte era de titularidade deles (concretamente, trátase da zona correspondente á zona de recheo de MEGASA). Tras informalo do noso interese en facernos cunha copia dos planos, comentóusenos que debíamos cubrir unha solicitude que sería estudiada para ver qué información nos podían proporcionar. Ó mesmo tempo, tamén nos informaron que o proxecto estivera exposto públicamente nas instalacións do concello de Narón, e que tal vez alí nolo poderían proporcionar sen tanto trámite. Así, voltamos ó concello de Narón e consultamos o tema. Alí fomos redirixidos ós técnicos de arquitectura do concello, que nos dixeron que xa que se superara o prazo de exposición ó público, non nolo podían ensinar nin proporcionar, e que deberíamos solicitarllo a ACUAES.
A pesar de pecharse esta porta, unha vez comunicada a posición do concello de Narón, e tras as amables xestións por parte dos funcionarios da Autoridade Portuaria, recibimos unha copia dos planos dos interceptores, que decidimos deixar á disposición do público na seguinte URL: https://drive.google.com/file/d/0B6jD0AComNeBS0pKLUo1Y3ZWM0U/view
Lamentablemente, esta publicación chega tarde no sentido de que xa rematou o prazo para a evaluación e presentación de alegacións por parte da cidadanía. De tódolos xeitos, cremos que é información interesante, e prometemos avisar de calquera outro procedemento semellante.
Supoñemos que os nosos estimados lectores estarían agardando a publicación dun novo, emocionante, rigoroso e preciso artigo sobre a actualidade política de Narón. Se é así, as circunstancias obrígannos a dicir que non será moi preciso, pero tentaremos manter o rigor no noso máximo. ¿Cal é a circunstancia que nos impide falar de precisión? Unha suma que iremos describindo no que segue.
Primeiro, para poder facer un artigo preciso, é necesario un corresponsal que estea puntualmente no pleno, de xeito que non perda detalle dende o principio. Neste caso, chegou 4 minutos tarde. Inocente, pensaba que esta falta non tería repercusións, pero botando unha ollada á orde do día decatouse de que xa se despacharan 2 puntos da mesma. Isto fala ben do sentido da puntualidade no concello, e ó contrario, da do corresponsal en cuestión.
Superado este susto, o noso corresponsal, boligrafo e papel en man, dispúxose a seguir anotando o relativo ós seguintes puntos da orde do día. Sen embargo, naqueles puntos nos que se citaba máis dun nome, foille prácticamente imposible tomar nota dos que saían por boca do secretario, debido á grande velocidade á que falaba. Non agardábamos tampouco que o secretario actuase coma lendo un dictado para alumnos de primaria, pero tampouco que unha persoa que foi quen de tomar apuntes nunha facultade se achase nesa situación. Vista a velocidade á que estaban a sucederse os puntos, e a pouca información que era capaz de anotar, decidiu grabar un fragmento do pleno que deixamos aquí para a evaluación dos nosos lectores:
En canto ó vídeo, queremos resaltar que cando a mesa de presidencia se decatou de que estaban a ser grabados, a velocidade de lectura se reduciu por momentos. Ainda así da un bo exemplo do transcurso da sesión plenaria.
En fin, temos que recoñecer que a nosa primeira tentativa de cobertura dun pleno foi un fracaso. Sen embargo, tamén sabemos que non hai mellor escola ca esa: así que de todo isto sacamos unhas cantas conclusións positivas que podemos aplicar en vindeiros plenos:
A puntualidade é imprescindible.
Dada a imposibilidade de utilizar bolígrafo e papel para anotar todo aquilo que se dí, será preciso recurrir á tecnoloxía para tomar rexistro de todo o que se fala na sesión. Chegados a esta conclusión, estamos a avaliar a posibilidade de facer un proxecto máis ambicioso: a grabación e publicación das sesións de pleno no concello. Sobre este feito, avanzaremos máis información nunha vindeira publicación.
Algo falla na concepción dos plenos: como xa comentamos máis arriba, non pedimos que se faga un dictado de primaria, senón un equilibrio. Un pleno, coma acto público, ten que permitir ós seus asistentes enterarse do que esta a ocorrer. Senón, esa publicidade perde todo o sentido. Dende aquí, cremos que se gañaría moito poñéndose en práctica o seguinte:
A lectura de textos debería facerse a unha velocidade e volume apropiado para que calquera persona fose capaz de entender qué se está a dicir.
Proporcionar á cidadanía unha base de información sobre a que facer consideracións respecto ó que se vai a debatir. ¿De qué serve poder ir a un pleno se, a pesar de oir o que se fala, non se entende de qué trata, e non se teñen datos para razonar ó respecto? Por exemplo, dispoñer do texto das propostas que le o secretario sería de moita utilidade. De ser así, a velocidade de lectura non sería un tema tan relevante. Este punto merece un artigo aparte, xa que habería que abordalo tamén considerando o estado actual da normativa municipal, o regulamento de participación cidadá que non está a ser aplicado, etc ...
Deixando as leccións a un lado, ¿qué hai do contido do pleno? O feito é que a acta todavía non foi publicada, pero a pesar de todo, usaremos os medios á nosa disposición para informar. Entre eles a prensa, e o feito de que para este caso sí se actualizou a páxina web do concello, a pesar de que permanecera en silencio respecto ao anuncio do pleno do que estamos a falar.
En canto ós cargos, inauguramos unha nova páxina na que deixamos publicada a composición do goberno e as súas responsabilidades, e que iremos completando a medida que vaiamos tendo máis información. E non so nos referimos ó acordado neste pleno, senón tamén ás negociacións que están a ter lugar entre TEGA e BNG. Esta situación mantén sen asignar todavía as concellerías de Xestión Orzamentaria, Promoción e Xestión de Polígonos Industriais,
Promoción Económica e Infraestruturas Públicas, así como as de Promoción Social e
Igualdade, ostentadas no anterior mandato polos edís do BNG Pablo Villamar e Teresa Sabio, respectivamente. Segundo o comentado por TEGA e BNG á prensa, é posible que se chegue a un acordo esta semana que entra, tras debatir internamente no BNG determinadas cuestións "de forma" das que non temos coñecemento. Sabendo de tales negociacións, andivemos buscando pola web e redes sociais convocatorias de reunión entre o BNG e os seus afiliados e simpatizantes, pero non atopamos ningunha. Dende esta publicación lamentamos que non sexa así, sobre todo tendo en conta o plantexamento que tivo este partido durante a campaña electoral, na que sí reuniu a simpatizantes en busca de propostas programáticas e de apoios. Cremos que sería de lei continuar esa aposta e convocar a afiliados e simpatizantes para explicar os termos do acordo de goberno, e permitirlles opinar ó respecto. Por desgraza, so temos constancia de o único partido que está a proceder deste xeito é EU. Aparte de agardar que sigan así, gustaríanos ver que outros partidos se unen a esta mesma dinámica, e nos prestamos a difundir polas redes tales convocatorias.
Outro dos puntos sobre o que podemos informar é respecto ás dedicacións exclusivas. Segundo indica a prensa, no pasado mandato gozaban de tal privilexio Xosé Manuel Blanco, Pablo Mauriz e Catalina García; neste, se lle concede o mesmo beneficio a Marián Ferreiro. Sobre este punto da orde do día o PP votou en contra. Tras ser preguntados ó fin da sesión, so manifestaron que estaban en contra do incremento de gasto que supuña esa dedicación. Coma curiosidade atopada na busca de información, comentaremos que ata o ano 2004 o Concello foi quen de funcionar sen concelleiros con adiación exclusiva. Pola nosa banda, tentaremos facer un seguemento estreito da actividade dos concelleiros con este estatus, para determinar se tal é preciso ou non. No tocante a Catalina García, expresamos xa as nosas reservas nun anterior artigo; ademáis, a aplicación do Regulamento de Participación Cidadá está paralizada dende hai anos, cousa que tampouco di nada no seu favor.
Ao marxe do citado, quedarían outros puntos sobre os que informar dos que non fomos quen de obter información todavía: o mantemento dos postos de persoal eventual, os criterios de productividade e a periodicidade das sesións plenarias. Sobre todos estes, informaremos tan pronto coma nos sexa posible.
Lamentablemente, estamos a ser testemuñas de novo dunha convocatoria de pleno non anunciada nos medios dixitais do Concello.
Curiosamente, comprobando se a convocatoria fora publicada na web municipal, descubrimos que, un día antes de ter lugar a sesión de constitución, foi publicada unha nova coa convocatoria. O divertido e que días antes, nos publicamos un artigo queixándonos da ausencia de información neste aspecto. Tamén, resulta curioso, e non exento de fachenda, que nesa nova se anuncie a proclamación do alcalde, cando é un feito que, ainda que se poida prever, non se ve materializado ata que se realiza a votación nesa sesión.
Sumando isto e aquilo, non podemos pensar outra cousa que seguiremos coa mesma tónica en canto a información á veciñanza, transparencia e interese pola participación. Ogallá os feitos den por errado este razonamento.
A continuación, indicamos os datos da sesión e a orde do día da mesma:
Órgano: Pleno Caracter da Sesión: extraordinaria Día: venres 19 de xuño de 2015 Hora: 10:00h Lugar: Casa do Concello Segunda convocatoria: mesma hora, dous días despóis. Data da notificación: martes 16/06/2015
Orde do día:
Dar conta de resolucións da Alcaldía sobre designación de Tenientes de Alcalde, Delegados da Alcaldía, membros da Xunta de Goberno Local, e delegacións feitas pola alcaldía na Xunta de Goberno Local.
Dar conta da constitución dos grupos políticos e os seus integrantes e portavoces.
Proposta de nomeamento de representante do Concello ante a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol.
Proposta de designación de representante municipal na Comisión de Participación Cidadá da estructura da Área Sanitaria de Ferrol.
Proposta de modificación da Comisión de Deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño.
Proposta de nomeamento de representantes do pleno ante os padroados de Cultura e Deportes.
Proposta de nomeamento de representante do pleno ante o consello de administración da empresa COSMA. S.A.
Proposta de nomeamento de representantes do pleno ante o padroado da Fundación Parque Científico Tecnolóxico do Río do Pozo.
Proposta de nomeamento dun representante do pleno ante o padroado da Fundación "Terra de Trasancos".
Proposta de nomeamento dun representante do pleno na Asociación Costa Noroeste.
Proposta de nomeamento de representantes do pleno na Mesa Local do Comercio de Narón.
Proposta de nomeamento dun representante do pleno na Cruz Vermella.
Proposta de nomeamento dos representantes municipais nos Consellos Escolares.
Proposta de nomeamento dos representantes municipais no Consello Escolar Municipal.
Proposta de Nomeamento dun representante do Concello de Narón no Consorcio do Camiño Inglés.
Proposta de nomeamento dun representante do Concello de Narón no Fondo Galego de Solidaridade.
Proposta sobre nomeamento de representantes no Consello Xeral de Participación Cidadá do Concello de Narón.
Proposta de periodicidade das Sesións Ordinarias do Pleno da corporación.
Proposta de creación e composición da Xunta de Portavoces e demáis comisións municipais informativas permanentes.
Proposta de creación e composición da Comisión Especial de seguimento da revisión do PXOM de Narón.
Proposta de mantemento dos postos de persoal eventual do Concello de Narón.
Proposta de aprobación de dedicacións exclusivas de cargos públicos.
Proposta de aprobación de criterios xerais de productividade para o persoal ao servicio do Concello de Narón
Reflexións
A hora do pleno nos parece inasumible para permitir a participación da cidadanía interesada no mesmo. Polo que sabemos, parece que o motivo que se quere dar dende o concello é que así se lles facilita a vida ós funcionarios durante a época de verán. De ser así, trátase dun bo xesto; sen embargo, o goberno estase a esquecer da cidadanía, e o ideal sería acadar un equilibrio. Facer un pleno ás 20:00h non privaría ós funcionarios de poder desfrutar da tarde, e o feito de ter que asistir fora de horario podería ser gratificado coma calquera hora extraordinaria. Neste punto, agardamos os comentarios dos lectores e dos propios funcionarios.
Agardamos que tódalas entidades que constan no Rexistro de Entidades do Concello recibiran esta comunicación, tal e como se garante no artigo 34.3 do Regulamento de Participación Cidadá de Narón:
O Concello entregara a orde do dia do pleno de forma telemática, con opcion de confirmacion, coa antelacion que fora posible
Coma parte da veciñanza, descoñecemos actualmente a función da maioría dos entes mencionados nesta orde do día. A saber:
Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol
Comisión de Participación Cidadá da estructura da Área Sanitaria de Ferrol
Comisión de Deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño
Fundación Parque Científico Tecnolóxico do Río do Pozo
Fundación "Terra de Trasancos"
Asociación Costa Noroeste
Mesa Local do Comercio de Narón
Consorcio do Camiño Inglés
Fondo Galego de Solidaridade
Comisión Especial de seguimento da revisión do PXOM de Narón
Cremos que sería preciso informar da súa función, composición e actividade, así coma do custo para o Concello e as cantidades que perciben ou poidan percibir os seus membros. Este último punto non se trata dun arranque de paranoia, senón que ven fundamentado: tras buscar lexislación relativa ós padroados das Fundacións, fomos dar coa Ley 50/2002, de 26 de diciembre, de Fundaciones, que no seu artigo 15.4 expón que:
Los patronos ejercerán su cargo gratuitamente sin
perjuicio del derecho a ser reembolsados de los gastos debidamente
justificados que el cargo les ocasione en el ejercicio de su función.
No obstante lo establecido en el párrafo anterior, y
salvo que el fundador hubiese dispuesto lo contrario, el Patronato podrá
fijar una retribución adecuada a aquellos patronos que presten a la
fundación servicios distintos de los que implica el desempeño de las
funciones que les corresponden como miembros del Patronato, previa
autorización del Protectorado.
Entre os cargos que se asignarán, vemos que está o de representantes no Consello Xeral de Participación Cidadá. Gustaríanos que os seleccionados para este cargo botasen a andar de novo o regulamento. Para iso, sería imprescindible que publicasen canto antes un cronograma onde se especificasen as datas e periodicidade de convocatoria dos Consellos Territoriais e Sectoriais.
Respecto ós postos eventuáis, sería interesante saber o tempo que levan en vigor. No caso de levar varios anos, poderían gañar consideración de necesarios, caso no que sería preciso convocar unha oposición para cubrilos. De tratarse de postos sen unha cualificación especial, tal vez se poderían plantexar formulas paliativas contra a situación de desemprego actual: por exemplo, facer contratos rotativos, permitindo a desempregados sen prestación nen subsidio acceder durante uns meses a un posto de traballo, os suficientes como para permitir despóis desfrutar da prestación por desemprego en caso de non atopar outro emprego.
Antes de rematar, quixéramos agradecer de novo a EU e ó seu concelleiro André Abeledo o bo xesto de ternos proporcionado os datos desta convocatoria de pleno. Por outra banda, tamén queremos resaltar os seus esforzos a nivel participativo, materializados nunha reunión para afiliados e simpatizantes que farán este mércores 17 de xuño no Local Social de Castro ás 20.30h para debatir os seguintes puntos:
Información da Constitución de Grupo Mixto e posicionamento.
Varios
Dado que xa tivemos algún comentario ó respecto, queremos clarificar que non é que sexamos unha publicación aliñada con esta forza política, senón que se trata de algo circunstancial. Estamos desexando que cunda o exemplo entre as demáis forzas políticas, momento no cal, adicaremos tamén unhas liñas a gabar a súa actitude.